José Luis Meilán Gil: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
m Arranxos varios using AWB
Liña 13:
Como deputado nas [[Cortes Xerais]], Meilán defendeu a disposición constitucional que permitía ás comunidades autónomas que no pasado plebiscitaran un Estatuto de autonomía acadar o autogoberno pola vía rápida constitucionalmente prevista. Era a única fórmula que permitía a Galicia acceder en igualdade de condicións que [[Cataluña]] e o [[País Vasco]], pois Galicia non chegara a ter un goberno autónomo propio debido á irrupción do levantamento militar do 18 de xullo de 1936. Tamén se amosou partidario da expresión ''nacionalidades'' incluída no artigo 2 da Constitución.
 
Volveu ser número un na lista de UCD ás eleccións de 1 de marzo de 1979, onde esta forza política acadou en Galicia 17 escanos dos 27 posibles. Como membro da asemblea de parlamentarios participou activamente na redacción do Estatuto de Autonomía. Aínda que non se recolleu o texto do [[Estatuto dos dezaseis]], opúxose aos intentos do Ministro da Presidencia [[Pérez Llorca]] de recortar as competencias de Galicia e denominou á disposición adicional terceira proposta por aquel para condicionar os poderes lexislativos como "trasto inútil".
 
A Comisión Constitucional finalmente aproba un proxecto que só a UCD estatal respaldaba. Ante esta deriva, o nacionalismo de esquerdas confirmaba a necesidade dunha vía de ruptura mediante as [[Bases constitucionais]]. Manuel Fraga Iribarne o 20 de novembro de 1979 anunciaba, pola súa parte, que [[AP]] non consentiría ningunha discriminación para Galicia e o 24 de xaneiro de 1980 formulaba a "Declaración de Cambados" onde facía un chamamento a todos os partidos políticos para acadar un Estatuto aceptado pola maioría<ref> Opus cit, pp 176 e 179</ref>. Persoxes influentes como [[Domingo García-Sabell]], [[Ramón Piñeiro]], [[Eduardo Blanco Amor]] ou [[Xerardo Fernández Albor]], [[Isaac Díaz Pardo]], [[Álvaro Cunqueiro]], [[Xaquín Lorenzo]] ou [[Antón Fraguas]] cualificaban nun manifesto conxunto ao Estatuto de UCD, como unha "agresión política a Galicia". Ante isto, Meilán Gil convoca a UCD da Coruña e na denominada "Declaración de Bergondo" de 30 de marzo propugna a recuperación dun texto axeitado ás arelas de autonomía do país. Isto desembocou no "Pacto do Hostal" do 29 de setembro de 1980 entre UCD, [[PSOE]], [[AP]], [[Partido Galeguista (1978)|PG]], e [[PCE]] que desbloqueou o proceso e permitiu recuperar boa parte do articulado inicial.
 
=== Fin da carreira política ===
Liña 41:
{{Medalla de Ouro de Galicia}}
 
{{ORDENAR:Meilan Gil, Jose Luis}}
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Meilan Gil, Jose Luis}}
[[Categoría:Deputados de Galicia]]
[[Categoría:Escritores de Galicia]]