Sarna: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
m Arranxos varios using AWB
Liña 24:
O principal síntoma é o proído, que aumenta o seu efecto durante as noites e coa calor. O proído está causado pola reacción alérxica do corpo ante o parasito, que se manifesta con pequenos grans, bochas e pequenas úlceras con bostelas. Non causa [[febre]], a menos que exista infección.
 
As lesións máis típicas son os sucos, liñas grisáceas e sinuosas de 1 a 15  mm de longo, que son o reflexo exterior da galería escavada na [[epiderme]] pola femia co fin de desovar, e as vesículas perladas, do grosor dunha cabeza de alfinete, producidas pola secreción do parasito. As lesións predominan nos pulsos, as caras laterais dos dedos e das mans, os cóbados e as nádegas, esténdense a todo o corpo. Algunhas localizacións son electivas, e non necesariamente presentes: no home, o [[prepucio]] e a [[glande]] (chancro escabioso); na muller, a [[aréola]] (fóra da lactación, as lesións bilaterais de ambas as mamas fan pensar na sarna); no neno e o lactante, a planta dos pés.
 
A escabiose pode ir acompañada por lesións inducidas por [[microbio]]s (piodermite, linfanxite etc.). Pola súa banda, nas persoas limpas non se traduce máis que por un mínimo de síntomas e non é prurixinosa. Porén, é igualmente contaxiosa.
Liña 34:
 
== Tratamento ==
A sarna é tratada con escabicidas, que deben aplicarse por todo o corpo, non só nas partes infectadas xa que non se sabe exactamente a localización do parasito, posto que se son adultos poden estar presentes en todo o corpo. Débese ter especial coidado á hora de aplicar o tratamento, evitando as mucosas e esparexendo o produto por todos os pregos da pel, os espazos interdixitais e a zona que queda entre as uñas e a pel, dado que o parasito pode usar estas zonas como reservorios. O tratamento dura de 3 a 5 días se é realizado de maneira adecuada.
 
Algúns accidentes graves ocorreron trala aplicación de [[Lindano]]. Este acaricida e pesticida só pode aplicarse baixo unha dilución e posoloxía fornecida por un facultativo <ref>[http://www.farmakos.com/escabiosis.htm Escabiose (sarna humana) - Tratamento farmacolóxico].</ref>.
Liña 45:
{{commons|Scabies}}
* [http://www.aquiservicios.com/hf266-Sarna-en-nuestras-mascotas.html Sarna e Remedios naturais]
 
 
[[Categoría:Doenzas da pel]]