Reino de Deira: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
m →‎top: Arranxos varios using AWB
Liña 1:
'''Deira''' foi un reino da [[Inglaterra]] setentrional durante o [[século VI]]. Estendíase desde o [[río Humber]] ata o [[Río Tees|Tees]], e desde o mar ata a esquina occidental do [[Vale of York]]. Posteriormente uniuse ao reino de [[Bernicia]], situado máis ao norte, para formar o reino de [[Northumbria]].
 
O nome do reino é de orixe [[linguas britónicas|britoa]], se cadra de ''Deifr'', que significa "augas", ou de ''Daru'', que significa "carballo", en cuxo caso podería equivaler a "a xente do [[Río Derwent, Yorkshire|Derwent]]",unha derivación que tamén se atopa no nome [[lingua latina|latino]] de [[Malton, North Yorkshire|Malton]], ''Derventio''.<ref>N. J. Higham, ''The Kingdom of Northumbria AD 350-1100,'' p. 81</ref>
Liña 5:
Segundo [[Simeón de Durham]] estendíase desde o [[río Humber|Humber]] ata o [[Río Tyne|Tyne]], pero a terra era mala ao norte do [[Río Tees|Tees]]. Despois de que o reino britón con centro en ''Eboracum'', que pode que se chamase [[Ebrauc]], fose tomado por Edwin, a cidade de ''Eboracum'' converteuse na súa capital e pasou a chamarse ''Eoforwic'' (''o lugar do verrón'') polos anglos. Antes de isto é posíbel que a capital teña estado en [[Pocklington]] ou preto de alí.
 
O primeiro rei anglo de Deira do que temos constancia é [[Aella de Deira|Ælla]], que floreceu a finais do século VI tras conquistar o reino aos britóns en [[581]]. Á súa morte, Deira estivo sometida ao rei [[Aethelfrith de Northumbria|Æthelfrith]] de Bernicia, quen uniu ámbolos reinos no de Northumbria. Æthelfrith gobernou ata a ascensión do fillo de Ælla [[Edwin de Northumbria|Edwin]], en [[616]] ou [[617]], quen tamén gobernou os dous reinos ata [[633]].
 
[[Osric de Deira|Osric]], o sobriño de Edwin, gobernou Deira tras Edwin, pero o seu fillo [[Oswine de Deira|Oswine]] foi matado por [[Oswiu de Northumbria|Oswiu]] en [[651]]. Por algúns anos Deira estivo gobernada por [[Aethelwald de Deira|Æthelwald]] fillo de [[Oswald de Bernicia]].