Brooklyn Nets: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-{{Listaref|3}} +{{Listaref|30em}})
m Arranxos varios using AWB
Liña 66:
Durante o comezo dos anos [[1990]] os Nets comezaron a mellorar os seus resultados grazas ao pulo dun grupo de novos xogadores. Entre eles salientan as elección do draft [[Derrick Coleman]] e [[Kenny Anderson]], así como a fichaxe de [[Dražen Petrović]] procedente dos [[Portland Trail Blazers]]. Aínda que os Nets non finalizaron a temporada {{nbay|1992}} cunha marca positiva, clasificáronse para os playoffs, perdendo cos [[Cleveland Cavaliers]] na primeira rolda por 3-1.
 
O equipo mellorou significativamente na temporada {{nbay|1992}} liderado polo trío formado por Petrović, Coleman e Anderson, e dirección desde o banco por [[Chuck Daly]], que fora despedido o ano anterior polos [[Detroit Pistons]]. Con todo, as lesións de Anderson e Petrović ao final da temporada afundiron ao equipo, que encaixou unha serie de 1-10 para terminar a tempada regular. Así e todo, grazas a un global de 43 vitorias por 39 derrotas, os Nets xogaron de novo os playoffs, onde se volveron atopar cos Cavaliers. Con Anderson cunha fractura na man e Petrovic xogando cun xeonllo lesionado, os Nets perderon unha dura serie de cinco partidos.
 
Na pretemporada os Nets sufriron unha traxedia coa de Petrović nun accidente automobilístico en [[Alemaña]]. A pesar da devastadora perda, o equipo logrou gañar 45 partidos durante a temporada {{nbay|1993}}. De feito, esa mesma temporada Anderson e Coleman fixeron a súa única aparición nun partido do [[All-Star da NBA|All-Star]]. Os Nets clasificáronse de novo clasificouse para os playoffs, mais esta vez foron eliminados polos Knicks na primeira rolda por 3−1.<ref>{{cita web|url=http://www.basketball-reference.com/leagues/NBA_1994.html|título=1993-94 NBA Season Summary|obra=Basketball Reference|lingua=inglés|dataacceso=28 de outubro de 2015}}</ref>
Liña 84:
=== Campións de conferencia ===
[[Ficheiro:KiddFTline2.jpg|thumb|[[Jason Kidd]] (2001–2008).]]
Na noite do Draft de 2001, os Nets traspasaron os dereitos sobre a súa selección de primeira rolda ([[Eddie Griffin]]) aos [[Houston Rockets]] a troco de [[Richard Jefferson]], [[Jason Collins]] e [[Brandon Armstrong]]. Ademais, na segunda rolda seleccionaron a [[Brian Scalabrine]]. Un día despois do Draft, o [[28 de xuño]], Thorn decidiu traspasar ao [[All-Star da NBA|All-Star]] [[Stephon Marbury]] aos [[Phoenix Suns]] a cambio doutro [[base (baloncesto)|base]] All-Star, [[Jason Kidd]]. Este movemento deu á franquía algo do que careceu durante practicamente toda a súa historia, un líder na pista que facía mellores aos seus compañeiros. A temporada {{nbay|2001}} resultou ser a mellor tempada na historia da NBA do equipo, e no proceso, os Nets convertéronse nun dos equipos máis emocionantes de ver. O equipo gañou o seu primeiro título da [[División Atlántico da NBA|División Atlántico]] cun récord de 52-30, sendo ademais o cabeza de serie da [[Conferencia Leste da NBA|Conferencia Leste]] nos Playoffs. Na primeira rolda agardaban os [[Indiana Pacers]]. Despois de perder o primeiro partido na casa, os Nets gañaron os dous seguintes encontros antes de perder o cuarto. No partido definitivo, o equipo de Nova Jersey gañaba por nove puntos a falta de cinco minutos, porén, unha canastra triple de [[Reggie Miller]] desde unha ditancia de máis de 10 metros enviaba o pártido á prórroga. Na prolongación, os Nets conseguen gañar e pasar de rolda.
 
En semifinais de Conferencia gañan con menos problemas (4-1) aos [[Charlotte Hornets]], clasificándose para xogar a final de conferencia por primeira vez na súa historia, sendo o rival os [[Boston Celtics]]. Esta serie é lembrada por dibo a que [[Jason Kidd]] tivo que xogar co ollo esquerdo por un golpe recibido durante un dos partidos. Despois de gañar o primeiro enfrontamento, os Nets perderon o segundo partido en casa. No terceiro partido, os de Nova Jersey gañaban de 21 no último cuarto, mais os Celtics conseguiron remontar (94-90) poñéndose por diante na serie. No cuarto partido, co encontro empatado a falta de un minuto para o final, os Nets conseguen levarse a vitoria grazas a uns tiros libres anotados por Harris a falta 6,6 segundos. Os Nets conseguirán gañar os dous seguintes partidos, o que supuxo o seu primeiro campionato de Conferencia da NBA. Con todo, nas Finais foron varridos polos [[Los Angeles Lakers|Lakers]] de [[Shaquille O'Neal]] e [[Kobe Bryant]].
Liña 94:
=== Últimos anos en Nova Jersey ===
[[Ficheiro:Vinsanity.jpg|thumb|left|220px|Vince Carter (2004−2009).]]
Despois de dous campionatos de conferencia consecutivos, os Nets víronse forzados a desprenderse de [[Kerry Kittles]] e [[Kenyon Martin]], aos [[Los Angeles Clippers|Clippers]] e [[Denver Nuggets|Nuggets]] respectivamente, xa que o novo propietario Bruce Ratner non tiña intención de pagarlles o resto do asinado nos seus contratos. Porén, un pobre comezo de temporda {{nbay|2004}} e a perda de [[Richard Jefferson]] para todo o ano por mor dunha lesión, levou aos Nets a reforzarse co xogador estrela dos Toronto Raptors, [[Vince Carter]], en troque de Mourning, Eric Williams, Aaron Williams e eleccións no draft.
 
Aquela tempada, Vince Carter foi elixido para o All-Star Game. Orixinalmente nomeado como reserva, pasou a ser titular debido á lesión de [[Jermaine O'Neal]]. Xunto a Kidd, Carter levantou ao equipo de estar a máis de 10 partidos de entrar nos playoffs a conseguir o último posto da Conferencia Leste. Con todo, os Nets de novo non puideron frear O'Neal e, aínda coa volta de Jefferson, foron varridos polos [[Miami Heat]] na primeira rolda das eliminatorias.
 
A seguinte temporada comezou cunha marca negativa de de 9-12. A pesar diso, apoiados no trío formado por Carter, Kidd e Jefferson, gañaron os seguintes 10 para acandar o liderado da división. O equipo finalizou a fase regular cunha marca de 49-33, conseguindo o cuarto título de división en cinco anos e o terceiro posto nos playoffs. En primeira rolda venceron por 4-2 aos [[Indiana Pacers]], mais na seguinte eliminatoria volveríanse interpoñer os Miami Heat, que venceron por 4-1. Na temporada {{nbay|2006}}, os Nets conseguiron un balance de 41-41, o que non lles chegou para repetir o título de división. O equipo entrou nos Playoffs como sexto clasificado da Conferencia Leste, xogando en primeira rolda aos [[Toronto Raptors]], aos que eliminaron en seis partidos. Na seguinte eliminatoria, a temporada finalizou para as Nets tras caer por 4-2 fronte a [[Cleveland Cavaliers]].
 
A seguinte campaña foi unha decepción para os afeccionados das Nets, que a pesar de comezar con grandes expectativas, o equipo non logrou clasificarse para a postemporada por primeira vez en sete anos. O [[19 de febreiro]] de 2008, Jason Kidd, [[Malik Allen]] e [[Antoine Wright]] foron traspasados a Dallas Mavericks a cambio de [[Devin Harris]], [[Keith Van Horn]], [[Maurice Ager]], [[DeSagana Diop]], [[Trenton Hassell]], tres millóns de dólares e as eleccións de primeira rolda dos drafts de 2008 e 2010. Os Nets seguían inmersos na reconstrución, proba diso foi o traspaso no verán de 2008 de Jefferson a Milwaukee Bucks a cambio de [[Yi Jianlian]] e [[Bobby Simmons]]. Porén, por segunda campaña consecutiva os Nets quedaban sen disputar os playoffs. Ademais, á baixa de Kidd e Jefferson acabouse sumando a de Vince Carter, quen foi traspasado xunto con [[Ryan Anderson]] a [[Orlando Magic]] por [[Rafer Alston]], [[Courtney Lee]] e [[Tony Battie]].
 
Sen o seu tridente dos últimos anos, a {{nbay|2009}} foi a peor temporada da historia da franquía. De feito, comezaron a temporada cunha marca de 0-18, o que no momento supuxo o peor comezo dun equipo na historia da NBA. Os de Nova Jersey acabaron a campaña cunha marca de 12 vitorias e 70 derrotas, sendo así o quinto equipo que caía derrotado en 70 ocasións nunha tempada xunto aos [[Philadelphia 76ers]] de 1973 (9-73), [[Los Angeles Clippers]] de 1987 (12-70), os [[Dallas Mavericks]] de 1993 (11-71) e os [[Denver Nuggets]] de 1998 (11-71).