Fauna de Galicia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
corrixo lingua
m Arranxos varios using AWB
Liña 5:
{{Artigo principal|Lista dos mamíferos de Galicia}}
[[Ficheiro:Fauna Mastológica de Galicia ó Historia natural de los Mamíferos de este antiguo reino, aplicada á la Medicina, á la Agricultura, á la Industria, á las Artes y al Comercio.pdf|thumb]]
Entre os grandes [[carnívoro]]s destacan dúas especies desaparecidas de boa parte da [[Europa occidental]], o [[oso pardo europeo|oso pardo]], noutrora espallado polos principais montes das catro provincias galaicas e hoxe visitante ocasional dos [[Serra dos Ancares|Ancares]] [[provincia de Lugo|lucenses]], e o [[canis lupus signatus|lobo ibérico]], subespecie endémica da Península que conta cunha poboación de 600 exemplares (o 30% da peninsular<ref>La Xunta no considera que sea una especie amenazada, pues su población no está en descenso, sino bastante estabilizada en esta autonomía. La Comunidad gallega concentra unas 80 manadas de lobos, entre 500 y 600 ejemplares, una cifras que suponen el 30% del total en España. Además, la Xunta no considera que sea una especie amenazada, pues su población no está en descenso, sino bastante estabilizada en esta autonomía. Lavozdegalicia.es 29/11/2005, Consultada o 07/07/09</ref>), o que fai de Galicia a comunidade onde se atopa a maior densidade desta especie.<ref>[http://www.lavozdegalicia.es/sociedad/2008/08/13/0003_7056715.htm?idioma=galego Os ecoloxistas esixen axudas para fomentar a pervivencia do lobo] Lavozdegalicia.es 13/8/2008, Consultada o 07/07/09</ref> Outros carnívoros destacados son o [[Felis silvestris|gato montés]], escaso en Galicia (distribúese polas zonas rochosas e os bosques caducifolios máis afastadas do home),<ref>[http://www.secem.es/GALEMYS/PDF%20de%20Galemys/17%20(NE).%20pdf/003%20Barja%20y%20B%E1rcena%2029-40.pdf DISTRIBUCIÓN Y ABUNDANCIA DE GATO MONTÉS (Felis silvestris) EN EL PARQUE NATURAL OS MONTES DO INVERNADEIRO (GALICIA, NO DE ESPAÑA): FACTORES DE HÁBITAT IMPLICADOS Y RELACIÓN CON LA PRESENCIA DE ZORRO Y MARTA] 2005, Consultada o 07/07/09</ref> o [[raposo]] e os [[mustélido]]s; [[teixugo]], [[furón bravo]], [[donicela]], [[lutra lutra|londra]], [[visón americano]] (introducido polas granxas peleteiras nos anos 60, hoxe en día constitúe unha ameaza para as aves),<ref>[http://medioambiente.xunta.es/espazosNaturais/blobs/especieficha.jsp?ID_ESPECIE=333&pdf=Mustela%20vison.pdf. Visón americano en Galicia] Medioambiente.xunta.es, Consultada o 08/07/09</ref> [[martaraña]] e [[garduña]]. Os [[Vivérridos]] están representados coa presenza da [[algaria]]. [[Ficheiro:WildZwijn.jpg|miniatura|Co abandono do rural especies coma o corzo e, en particular, o xabaril están vivindo unha rápida expansión]]
Os [[herbívoro]]s están representados por especies bastante espalladas como algúns cérvidos: [[cervo común]], [[gamo]], (introducidos como especies cinexéticas) e [[corzo]]. Poboacións de [[cabra montesa]] (reintroducida en [[1997]]), [[carneiro bravo]] (introducido como especie cinexética) e redutos de [[rebezo]]. Co paseniño abandono do rural galego, destaca o incremento das poboacións de [[xabaril]] e [[corzo]].<ref>[http://www.elcorreogallego.es/galicia/galicia-ambiental/ecg/furtivismo-s-a/idEdicion-2008-05-17/idNoticia-301473/ Furtivismo S.A.] Elcorreogallego.es 17/05/2008, Consultada o 08/07/09</ref> Segundo a ''Asociación del Corzo Español'', Galicia é a comunidade española coa maior densidade desta especie, destacando en particular a [[provincia de Lugo]] onde se cifrou unha poboación duns 22.000 corzos (2007).<ref>[http://www.corzo.info/foro/read.php?5,6879 LA FACULTAD DE VETERINARIA DE LUGO Y LA A.C.E. LLEVAN A CABO UN ESTUDIO SOBRE LAS ENFERMEDADES PARASITARIAS QUE AFECTAN AL CORZO EN GALICIA.] Corzo.info 23/11/09, Consultada o 08/07/09</ref> No tocante ao xabaril, a súa poboación estimouse nuns 40.000 animais, cifra que sen a incidencia das batidas podería chegar ata os 100 mil, consituíndo unha auténtica praga no monte galego.<ref>[http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2009/03/01/0003_7561056.htm?idioma=galego O imparable abandono do campo apontoa o imperio do xabaril] Lavozdegalicia.es 01/03/09, Consultada o 08/07/09</ref>
 
Liña 32:
En segundo lugar, un volume máis ou menos importante de aves mariñas do Atlántico Norte ten cuarteis de invernada nas augas de Galicia tal e como sucede co [[corvo mariño grande]], as gaivotas [[gaivota escura|escura]] e [[gaivota chorona|chorona]], o [[arao dos cons]], [[arao romeiro|romeiro]], e [[arao papagaio|papagaio]], o [[mascato]], o [[paíño gallado]] e os carráns [[carrán cristado|cristado]], [[carrán ártico|ártico]] e [[carrán común|común]].
 
As costas galegas destacan tamén polas súas colonias de cría de aves mariñas. En Galicia hai 7 especies aniñantes: o [[paíño do mal tempo]], o [[corvo mariño cristado]], as gaivotas [[gaivota escura|escura]], [[gaivota chorona|chorona]], [[gaivota patiamarela|patiamarela]], [[gaivota tridáctila|tridáctila]], e mailo [[arao dos cons]]. O [[paíño do mal tempo]] foi descuberto como aniñante no ano [[1989]] no illote de Agoeira, nas [[Illas Cíes]]. Dende entón descubríronse niños nas furnas de illotes aillados ao longo de toda a costa galega.<ref>[http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2004/03/17/2515338.shtml Os paíños europeos das illas galegas] Lavozdegalicia.es 17/03/04, Consultada o 22/07/09</ref> Arcos & Gil (2001) estimaron unha poboación de máis de 240 parellas.<ref>[http://www.seo.org/media/docs/Libro%20Rojo%20de%20las%20Aves%20(pa%C3%AD%C3%B1o).pdf Paíño Europeo ''Hydrobates pelagicus''] Seo.org 24/07/09</ref> O [[corvo mariño cristado]] aniña ao longo de toda a costa, atopándose o groso da poboación no [[Parque nacional das Illas Atlánticas]] onde se atopa a maior colonia europea.<ref>[http://medioambiente.xunta.es/espazosNaturais/detalleespeciecat.jsp?ID_ESPECIE=16&ID_CATEGORIA=11 Corvo mariño cristado (Phalacrocorax aristotelis)] Medioambiente.xunta.es, Consultada o 25/07/09</ref> O primeiro censo galego da especie data de [[1976]], cando se citou unha poboación de 539-555 parellas, a poboación seguiu medrando ata chegar a un máximo de 2.500 pp entre os anos 2000-03.<ref>{{cita libro|autor=Xosé Manuel Penas Patiño & Carlos Pedreira López & Calros Silvar|título=Guía das aves de Galicia|editor=Baía Edicións.|ano=2005|páxinas=50|id=ISBN 84-96128-69-5}}</ref> A partir desa data, mentres o resto das poboacións galegas medraban notablemente, as colonias principais sufriron un descenso maior ao 40%, pasándose a unha poboación total de 1.266 en [[2007]] (un 33 % menos)<ref>[https://sites.google.com/site/comoraniberico/poblacion Web dedicada ao estudo e a divulgación de información sobre o cormorán moñudo na Península Ibérica] {{es}}. (Consultado o 25/07/09)</ref>.
 
[[Ficheiro:Phalacrocorax aristotelis.jpg|miniatura|[[Corvo mariño cristado]] no niño.]]
Liña 40:
=== Aves de rapina ===
[[Ficheiro:Buteo 6(loz).JPG|miniatura|O [[miñato común]] é a ave de rapina máis abondosa de Galicia]]
En Galicia habitan cinco xéneros de aves de rapina: os xéneros accipitrae, falconidae e mailo pandionidae (rapinas diúrnas) e os xéneros tytonidae e strigidae (rapinas nocturnas). Na súa maioría estas aves distribúense ao longo de todo o territorio galaico, mais son as provincias de [[provincia de Lugo|Lugo]] e [[provincia de Ourense|Ourense]] onde se atopa unha maior diversidade destas aves.<ref name=Lino>[http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2006/12/02/5338551.shtml?idioma=galego A maioría das aves rapaces de Galicia habitan en Ourense e Lugo] Lavozdegalicia.es 02/12/06, Consultada o 29/07/09</ref>
 
Segundo apunta o [[bioloxía|biólogo]] Lino Fontán, as principais ameazas que afectan ás rapinas son os [[incendio forestal|incendios forestais]], a urbanización descontrolada, os traballos forestais inaxeitados, a proliferación de pistas, a destrución das tradicionais zonas abertas con arboredo, a [[cinexética|caza]], e os [[pesticida]]s e praguicidas que matan ou reducen a variedade de plantas e insectos onde viven estas aves.<ref name=Lino/>
 
As principais rapinas do xénero accipitridae son o [[miñato común]] (3.000-4.000 pp.),<ref> [http://www.mma.es/secciones/biodiversidad/inventarios/inb/atlas_aves_reproductoras/pdf/busardo_ratonero.pdf Busardo ratonero: Ministerio de medio ambiente] Mma.es, Consultada o 28/07/09</ref> o [[gabián (ave)|gabián común]] (2.000-3.000 pp.),<ref>[http://www.mma.es/secciones/biodiversidad/inventarios/inb/atlas_aves_reproductoras/pdf/gavilan_comun.pdf Gavilán común: Ministerio de medio ambiente] Mma.es, Consultada o 28/07/09</ref> o [[azor común]] (800-1.400 pp.),<ref>[http://www.mma.es/secciones/biodiversidad/inventarios/inb/atlas_aves_reproductoras/pdf/azor_comun.pdf Azor común: Ministerio de medio ambiente] Mma.es, Consultada o 28/07/09</ref> o [[miñato queimado]] (560 pp.),<ref>[http://www.seo.org/media/docs/11-Milano%20negro%20color%20LR.pdf El milano negro en España I Censo nacional (2005)] Seo.org 2005, Consultada o 28/07/09</ref> e mailo [[miñato abelleiro]] (100-130 pp.).<ref>[http://www.chioglossa.com/fotos/1220400610_3LEL.pdf Situación actual e estado do Miñato abelleiro (''Pernis apivorus'') en Galicia] Chioglossa.com 2004, Consultada o 28/07/09</ref> Destacan tamén outras aves coma a [[tartaraña cincenta]] (non chega a común<ref>{{cita libro|autor=Xosé Manuel Penas Patiño & Carlos Pedreira López & Carlos Silvar|título=Guía das aves de Galicia|editor=Baía Edicións.|ano=2005|páxinas=128|id=ISBN 84-96128-69-5}}</ref>), o [[miñato real]],<ref>[http://medioambiente.xunta.es/espazosNaturais/detalleespeciecat.jsp?ID_ESPECIE=22&ID_CATEGORIA=2] Consellería de Medio Ambiente, Consultada o 02/01/10</ref> a [[aguia albela]] (30-80 pp.),<ref>[http://www.mma.es/secciones/biodiversidad/especies_amenazadas/vertebrados/libro_rojo_vert/pdf/Aguila_culebrera.pdf http://www.mma.es/secciones/biodiversidad/especies_amenazadas/vertebrados/libro_rojo_vert/pdf/Aguila_culebrera.pdf] Ministerio de Medio Ambiente, Consultada o 02/01/10</ref> a [[tartaraña arpella]], a [[gatafornela]] (38-57),<ref>[http://www.ardeola.org/files/Ardeola_41(2)_177-181.pdf Distribución actual y estima poblacional del aguilucho pálido en España (1994)] Consultada o 02/01/10</ref> a [[aguia real]] (>5 pp; en perigo de extinción<ref>[http://www.mma.es/secciones/biodiversidad/especies_amenazadas/catalogo_especies/vertebrados_aves/pdf/ver134.pdf Ministerio de medio ambiente: Águila real] Mma.es, Consultada o 29/07/09</ref>), a [[aguia caudal]], e mailo [[voitre branco]] (1 p. &nbsp;2007),<ref>[http://medioambiente.xunta.es/espazosNaturais/blobs/especieficha.jsp?ID_ESPECIE=172&pdf=Neophron%20percnopterus.pdf. Consellería de medio ambiente: Voitre branco] Medioambiente.xunta.es, Consultada o 28/07/09</ref> todas elas nidificantes e escasas.<ref>{{cita libro|autor=Xosé Manuel Penas Patiño & Carlos Pedreira López & Carlos Silvar|título=Guía das aves de Galicia|editor=Baía Edicións.|ano=2005|id=ISBN 84-96128-69-5}}</ref> Outras aves do xénero que habitan en Galicia malia non aniñar nela son o [[voitre común]] (en aumento<ref>{{cita libro|autor=Xosé Manuel Penas Patiño & Carlos Pedreira López & Carlos Silvar|título=Guía das aves de Galicia|editor=Baía Edicións.|ano=2005|páxinas=124|id=ISBN 84-96128-69-5}}</ref>) a [[aguia perdiceira]], e mailo [[peneireiro cincento]] (en aumento, descubríronse indicios de aniñamento). Do xénero pandionidae atópase tan só a [[aguia peixeira]], que fica en terras galegas durante a época de invernación. Do xénero falconidae as aves máis abondosas son o [[lagarteiro peneireiro]] (min. 1.500 pp.)<ref>[http://www.mma.es/secciones/biodiversidad/inventarios/inb/atlas_aves_reproductoras/pdf/cernicalo_vulgar.pdf Cernícalo vulgar: Ministerio de medio ambiente] Mma.es, Consultada o 28/07/09</ref> e mailo [[falcón peregrino]] (<50 pp.),<ref>[http://www.chioglossa.com/fotos/1220402823_D6eg.pdf Situación del halcón peregrino (Falco peregrinus) en A Coruña (No España): población reproductora, distribución y amenazas] Consultada o 02/01/10</ref> outro falcónido que aniña localmente no país é o [[falcón pequeno]] (>30 pp.),<ref>[http://www.mma.es/secciones/biodiversidad/especies_amenazadas/vertebrados/libro_rojo_vert/pdf/Alcotan.pdf ''Falco subbuteo'' Ministerio de medio ambiente] Mma.es, Consultada o 28/07/09</ref> entre os que non aniñan destacan o [[lagarteiro das torres]] e mailo [[esmerillón común]].
 
Entre as rapinas nocturnas, a [[curuxa común]] (<1.500 pp.)<ref>{{cita libro|autor=Xosé Manuel Penas Patiño & Carlos Pedreira López & Carlos Silvar|título=Guía das aves de Galicia|editor=Baía Edicións.|ano=2005|páxinas=327|id=ISBN 84-96128-69-5}}</ref> representa ao xénero tytonidae, o xénero strigidae está representado pola [[avelaiona común]] (<1.400 pp.),<ref>{{cita libro|autor=Xosé Manuel Penas Patiño & Carlos Pedreira López & Carlos Silvar|título=Guía das aves de Galicia|editor=Baía Edicións.|ano=2005|páxinas=290|id=ISBN 84-87674-06-2}}</ref> o [[moucho común]], e [[moucho de orellas|de orellas]], o [[bufo real]], e [[bufo pequeno|pequeno]] e maila [[curuxa das xunqueiras]] (ave invernante que cría de xeito local).
Liña 53:
 
Asemade, a perda de Antela supuxo a desaparición do derradeiro lugar de cría do [[ganso bravo]] na [[Península Ibérica]], así como a desaparición da principal área de reprodución do [[abetouro común]], a [[avefría]], a [[becacina cabra]] e do [[carrán común]] na península.
Durante as décadas dos [[1980|80]] e [[1990|90]], a desidia e a falta de compromiso do goberno autonómico e das autoridades competentes levaron á extinción ao [[arao dos cons]] e maila [[pita do monte]].<ref name=Extgh>[http://www.galicia-hoxe.com/index_2.php?idMenu=86&idNoticia=217278 En perigo varias especies de aves en hábitats de Galicia] Galicia-hoxe.com, Consultada o 29/07/09</ref> Na actualidade existen varias especies que corren a mesma sorte e que se atopan en grave risco de desaparición. Estas son o [[corvo mariño cristado]], o [[mazarico real]],<ref>[http://www.elcorreogallego.es/index.php?option=com_content&task=blogsection&id=20&Itemid=63&idMenu=37&idNoticia=123953 Peligran 25 especies animales] Elcorreogallego.es 14/01/2007, Consultada o 28/07/09</ref> o [[sisón]], a [[aguia real]], a [[perdiz charrela]], o [[alcaraván]] e a [[avefría]], entre outras aves.<ref name=Extgh/>
 
No caso do corvo mariño cristado, estanse repetindo as mesmas causas que levaron a unha poboación de 3.000 parellas de arao nos anos [[1960|60]],<ref>{{cita libro|autor=Xosé Manuel Penas Patiño & Carlos Pedreira López & Carlos Silvar|título=Guía das aves de Galicia|editor=Baía Edicións.|ano=2005|páxinas=326|id=ISBN 84-87674-06-2}}</ref> á completa extinción a comezos do [[século XXI]]. Entre estas causas atópanse a mortandade directa producida por mor das [[marea negra|mareas negras]] (véxase afundimento do [[Prestige]]), as capturas accidentais producidas polos trasmallos e a sobreexplotación dos caladoiros. No tocante ao resto das [[aves]], estase producindo exactamente o que levou á pita de monte á extinción. A falta de protección das especies e dos seus hábitats está facendo que as súas poboacións atópense cada vez máis fragmentadas ata niveis que, sen un plan urxente de recuperación, fan inevitable a súa [[extinción]].