Bagdad: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
m Arranxos varios using AWB
Liña 45:
Durante o [[inverno]], de decembro a febreiro, as temperaturas suavízanse notablemente. As máximas varían entre os 25 e 26 °C e as mínimas habitualmente nos -6 °C, aínda que non é estraño en Bagdad experimentar temperaturas en inverno por baixo dos -10 °C. A presenza do [[río Tigris|Tigris]], atenúa o efecto do clima continental.
 
A [[chuvia]] anual limítase ó período que vai de novembro a marzo, sendo de media uns 140 milímetros con rexistros máximos de 215 e mínimos de 0 &nbsp;mm. O [[11 de xaneiro]] de [[2008]] produciuse unha estampa insólita en Bagdad, xa que a cidade amenceu cuberta dunha fina capa de [[xeo]], a primeira en 100 anos.<ref>[http://web.archive.org/web/20070609092458/http://afp.google.com/article/ALeqM5huPkYk4bGVvo1Sa1tWeH-tgENiFw Afp.google.com, First snow for 100 years falls on Baghdad]</ref>
 
== Historia ==
Liña 58:
O segundo califa [[abásida]], [[Al-Mansur]], decidindo o lugar para a fundación dunha nova capital do novo califato acabado de constituír do [[islam]] oriental, elixiu a beira oeste do Tigris, augas arriba de Ctesifonte, que xa fora conquistada polos árabes no [[637]], e que ao cabo ficou deserta ao trasladarse a súa poboación á nova capital.
 
O [[31 de xullo]] do [[762]] foi así fundada, de acordo con coidados cálculos astrolóxicos, a cidade de '''[[Bagdad]]''' co nome de Medinat al-Salam (Cidade da Paz). A súa planta circular de máis de dous quilómetros de diámetro tiña precedentes na [[Persia]] sasánidas. Posuía unha dobre banda perimetral de aloxamentos dividida en cuadrantes xunto á [[muralla]], a cal tiña catro grandes portas orientadas segundo o mundo [[musulmán]] e non polos eixos cardinais. O espazo central era un gran baleiro arredor do pazo califal, a mesquita e os cuarteis <ref>[http://picasaweb.google.com/tessellar/CircularCities#slideshow/5132719168858530178 Esquema] de Bagdad á súa fundación.</ref>.
 
=== Esplendor e ruína ===
Case decontado, e por dous séculos, converteuse na meirande cidade do mundo, acadando, posiblemente por primeira vez na historia, o millón de habitantes. Xa no tempo do califa [[Harun al-Raschid]] ([[786]]-[[809]]) era unha metrópole cosmopolita ([[Arabia|árabes]], persas, [[xudeu]]s, [[India|indios]]), centro do saber e as [[arte]]s ([[álxebra]] e [[poesía]]; unha gran [[biblioteca]], a Casa da Sabedoría). Foi, en definitiva, a urbe das "''[[Mil e unha noites]]''".
 
Moi pronto a cidade circular viuse sobrepasada con primeiras extensións cara ao norte (barrio Kadhimiyya arredor do santuario homónimo, [[799]]), e cara ao sur e á ribeira do Tigris (barrio Karkh, rúa Haifa). Unha rede de canais irrigaba a urbe e comunicábaa a través do río co interior do imperio e os mares no porto de [[Basora]]. Xunto coas rutas terrestres entre Persia e o [[Mediterráneo]], Bagdad era o centro do comercio entre [[oriente]] e [[occidente]] <ref>[http://www.jesusneverexisted.com/IMAGES/baghdad.gif www.jesusneverexisted.com]</ref>. Porén, contra a metade do [[século IX]] os primeiros síntomas de debilidade do califato fixéronse notar. Xa a partir do [[813]] o pazo califal non volveu ser usado coma consecuencia das destrucións habidas en asedios e loitas fratricidas entre os fillos de [[Harun al-Raschid]]. No [[836]] a corte trasladouse a [[Samarra]]. Inda que de volta en [[892]], xa o fixo a beira leste do Tigris onde, dende o [[862]]-[[866]], o califa [[Al-Musta'in]] tiña construído unha primeira muralla semicircular que protexía os distritos orientais, completada no oeste con outro semicírculo. A fundacional cidade circular foi progresivamente abandonada á ruína<ref>[http://home.tiscali.nl/~t543201/web-mongol/mongol-maps/mongol-bagdad.gif Esquema] da planta da cidade.</ref>.
 
Tamén arruinada aquela muralla co tempo, foi o califa Al-Mustazhir ([[1094]]-[[1118]]) quen erixiu, así mesmo no leste máis ao sur, unha nova muralla rectangular que asemade contiña unha cidadela con [[palacio]]s, edificios de [[goberno]], [[Relixión|relixiosos]], de ensinanza, biblioteca e [[parque]]s. Todo ese conxunto vai ser o núcleo da Bagdad moderna.
 
A invasión [[mongol]] do ano [[1258]] levaría á cidade á case total destrución co masacre da maioría da poboación, inutilizando para sempre o sistema de canais e diques de irrigación. Significou o fin do califato abásida e o da súa capital coma metrópole medieval.<ref>[http://www.muslimheritage.com/uploads/Matrakci_plan_of_Baghdad.jpg www.muslimheritage.com]</ref> Cando comezaba unha certa recuperación, [[Tamerlán|Timur]] saqueouna novamente en [[1401]]. Durante os seguintes cinco séculos Bagdad sería só a capital provincial de diferentes poderes rexionais, e do [[Imperio Otomán]] a partir de [[1534]] <ref>[http://www.hebrewhistory.info/images/factpaper/31c.gif www.hebrewhistory.info]</ref>.
Liña 73:
No último terzo do [[século XIX]] Bagdad acadou a súa modernización: as murallas medievais foron derrubadas, o concello foi constituído, erguéronse escolas, hospitais e demais infraestruturas e servizos. En [[1920]] volveu ser capital, desta vez do recentemente instaurado reino de [[Iraq]].
 
A partir dos anos setenta, cos ingresos do [[petróleo]], Bagdad experimentou unha forte expansión ata se converter nunha [[metrópole]]. Especialmente problemáticas foron a [[guerra]] con [[Irán]] e as dúas campañas posteriores en que se converteu en obxectivo do [[exército]] [[Estados Unidos de América|estadounidense]].
 
 
== Goberno ==