Escola Naval Militar de Marín: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-{{Listaref|2}} +{{Listaref|30em}})
m Arranxos varios using AWB
Liña 10:
 
== Características ==
O seu recinto ten unha superficie 241.000 m², sen contar a [[illa de Tambo]] que pertence a ela. O [[río Lameira]] circula soterrado por parte do recinto e desemboca no peirao da escola. O seu actual comandante director é José Luis Urcelay. As instalacións da Escola emprégaas non só a Armada Española, senón tamén patrulleiras tanto do servizo marítimo da [[Garda Civil]], como do [[Servizo de Vixilancia Alfandegueira]] e remolcadores de [[Salvamento Marítimo]].
 
O himno da Escola coincide co [[himno da Armada Española]].
 
== A carreira militar ==
A [[carreira militar]] é cursada de maneira bastante similar ás [[licenciatura]]s e [[diplomatura]]s universitarias. En cinco cursos para a [[Escala Superior de Oficiais]] e tres para a [[Escala de Oficiais]]. Cursando nela aspirantes de todas as armas da Armada ([[Infantería de Mariña]], Enxeñeiros, Intendencia...)
 
O alumno é aspirante durante os dous primeiros anos, [[Gardamariña]] durante o terceiro e o cuarto e [[Alférez de Fragata Alumno]] ou [[Alférez Alumno]] (se é [[Infantería de Mariña|Infante]]) durante o quinto.
 
Na Escola impera un ambiente de disciplina típica militar con prácticas constantes na mar e no campo, dependendo da especialidade.
 
== Datas importantes ==
Un dos días máis importantes na Escola Naval é o [[16 de xullo]], día da patroa da [[Armada Española|Armada]] e das xentes do mar, a [[Virxe do Carme]], e tamén festa local en [[Marín]]. Ese día celébrase a entrega de reais despachos ós alumnos que finalizan os estudos, e as novas promocións [[Xura de Bandeira|xuran bandeira]]. Adoitan asistir ao acto os reis de España ou os príncipes, así como altos representantes do goberno estatal, autonómico e local. Con motivo destes actos o [[buque escola Juan Sebastián Elcano]] atraca no peirao da Escola Naval e navíos de guerra fondean na [[ría de Pontevedra|ría]]. Á noite realízase un baile de gala en honor dos alumnos.
 
Outra data importante é a celebración do baile do "ciento": con motivo da seu pronto embarque no buque escola Juan Sebastián Elcano os gardamariñas de segundo organizan un baile no casino de alumnos, ó que asisten tanto civís como militares de tódalas armas e varias nacións.