Rías de Galicia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-{{Listaref|2}} +{{Listaref|30em}}); cambios estética
m Arranxos varios using AWB
Liña 1:
[[Ficheiro:Mapa Galicia Cartas Náuticas 1787.jpg|miniatura|dereita|250px|Carta náutica de [[1787]].]]
 
As '''rías de Galicia''' son unha característica [[xeografía de Galicia|xeomorfolóxica de Galicia]], peculiar na costa atlántica. As [[ría]]s son [[Val|valesval]]es fluviais, de orixe [[Tectónica de placas|tectónico]], abertos ao [[océano]] e anegados por auga. Topograficamente vénse como indentancións do mar no que aflúen [[Río|ríosrío]]s. As rías galegas están tradicionalmente divididas en [[Rías Altas]] e [[Rías Baixas]], segundo a súa posición respecto a [[Fisterra]], que é o punto máis occidental de Galiza.
 
As rías galegas son ecosistemas de [[Afloramento (oceanografía)|afloramento]] de augas ricas en nutrientes e, polo tanto, cunha alta importancia [[pesca|pesqueira]].<ref>[http://museodomar.xunta.es/gl/visita/18/a-ria-de-vigo?pg=2 "A ría de Vigo, na provincia de Pontevedra, é a máis meridional das Rías Baixas galegas"] [[Museo do Mar]].</ref> Iso dá pé a que as costas galega sexa unha das zonas pesqueiras máis importantes do mundo. Asemade atraen multitude de turistas polas magníficas vistas e [[praia]]s.
Liña 8:
[[Ficheiro:Ría de arousa01.JPG|esquerda|250px|miniatura|A [[ría de Arousa]] constitúe a maior ría galega en superficie.]]
 
Usando Fisterra como o linde, as rías galegas sóense catalogar como rías Altas ou rías Baixas.
 
As [[rías Altas]] son as rías da [[Costa da Morte]], as do [[Golfo Ártabro]] e as [[Mar Cantábrico|Cantábricas]]. As rías cantábricas galegas están ao leste de [[Estaca de Bares]] e son a ría de [[Ría de Ribadeo|Ribadeo]], [[Ría de Foz|Foz]], [[Ría de Viveiro|Viveiro]], e a do [[Ría do Barqueiro|Barqueiro]]. Inclúese aquí tamén ás rías [[Rías Medias|medias ou centrais]], e que son a de [[Ría de Ortigueira|Ortigueira]], [[Ría de Cedeira|Cedeira]], [[Ría de Ferrol|Ferrol]], [[Ría de Ares|Ares]] e [[Ría de Betanzos|Betanzos]], [[Ría da Coruña|A Coruña]], [[Ría de Corme e Laxe|Corme e Laxe]] e a de [[Ría de Camariñas|Camariñas]]. As rías de [[Ría de Ferrol|Ferrol]], [[Ría de Ares|Ares]]-[[Ría de Betanzos|Betanzos]] e da [[Ría da Coruña|Coruña ou o Burgo]] son rías centrais interiores e denomínanse rías do [[Golfo Ártabro]] <ref name="romani_2005" /><ref name="pages_2000" />.
 
As [[Rías Baixas]] están todas na fachada atlántica, por baixo de [[Fisterra]], e son de maior tamaño. Enumeradas (de norte a sur) son as rías de [[Ría de Corcubión|Corcubión]], [[Ría de Muros e Noia|Muros e Noia]], [[Ría de Arousa|Arousa]], [[Ría de Pontevedra|Pontevedra]] e a de [[Ría de Vigo|Vigo]]<ref name="romani_2005" /><ref name="pages_2000" />.
Liña 18:
A costa [[Atlántico|atlántica]] e [[Cantábrico|cantábrica]] da península presentan unha morfoloxía que nacería coa rotura das [[Placa tectónica|placas tectónicas]] ó comezo do [[Cenozoico]] e que daría froito á aparición das [[ría]]s. Coa rotura de [[Panxea]] no [[Cenozoico]] aparece o [[Océano Atlántico]]. Ese novo océano xorde dunha tripla rotura do continente, que deu comezo á separación da [[Península Ibérica|placa Ibérica]], a Europea e a Norteamericana. Así, a finais do [[Mesozoico]] a costa peninsular atlántica e cantábrica quedaron definidas [[xeomorfoloxía|xeomorfoloxicamente]] como na actualidade. Esa fragmentación fixo aparecer a costa ibérica, que se modelou durante o [[Paleoceno]] na forma que hoxe a vemos. Durante o Paleoceno, esa nova costa fragmentada foi modelada pola acción [[Corrente fluvial|fluvial]] de incisión, algo que sería máis marcado na cara atlántica da península que na [[Cantábrico|cantábrica]] <ref name="romani_2005">J. R. Vidal-Romaní; A. Martelli, D. Fernández-Mosquera, E. de Uña and J. Yepes. Galicia region: Landforms and morphological evolution of granitic areas. Sith International Conference on Geomorphology of Granitic Areas. Zaragoza, 2005.</ref>.
 
Desde o momento da rotura das placas, a costa cantábrica peninsular e a atlántica evolucionaron de diferente xeito. A marxe cantábrica actuou como unha [[Tectónica de placas|zona de choque]] ata o [[Eoceno]]. Pola contra, a zona atlántica foi, dende o primeiro momento de rotura de [[Panxea]], unha rexión onde a costa se expandiu e contraeu de xeito pasivo continuo. Así, a [[litosfera]] arrefriouse progresivamente ao avanzar a veta de fractura atlántica. Iso permitiu a distensión desa parte da placa e o seu afundimento. Durante o [[Era Cenozoica|Terciario]], a parte oeste peninsular foise afundindo por acumulación de [[Sedimentación|sedimentos]] na súa [[plataforma continental]]. Iso provocou a aparición de bordes de placa pasivos no que se darían ascensos isostáticos de placa e unha acentuada [[erosión]] por fluxos fluviais. Esa erosión foi máis acentuada na parte atlántica da península mentres que foi máis suave na parte cantábrica. Este proceso de descensos de nivel de base do mar e a adaptación da rede fluvial foi o que deu lugar á aparición das rías <ref name="romani_2005" /><ref name="pages_2000">JL. Pagés Valcarlos. "Origen y Evolución Geomorfológica de las Rías Atlánticas de Galicia". ''Rev. Soc. Geología de España'' nº 13(3-4), 2000.</ref>.
 
As rías non chegaron a estar cubertas polo mar ata aproximadamente o [[Neoxeno]]. Estímase que durante o [[Plistoceno]] o mar estaba a varios quilómetros da actual liña de costa. Durante o Plistoceno ese límite variaría, aumentando e reducíndose, ata que chegou á altura de costa de hoxe en día. Durante o [[Paleozoico]], polas oscilacións [[Glaciación|glaciais]] e interglaciais, a erosión fluvial modelaría, e faría máis acusada a morfoloxía das zonas fluviais que acollen as rías<ref name="romani_2005" />.
Liña 26:
=== Litoloxía e morfoloxía ===
[[Ficheiro:Faros de Oleiros e A Coruña.jpg|miniatura|Boca da ría da Coruña, entre a [[Torre de Hércules]] e o faro de [[Mera, Oleiros|Mera]].]]
As rías pódense clasificar en bloques segundo a orientación da fachada da ría con respecto ao mar, xa que iso determina correctamente os principais elementos da súa [[oroxenia]] e do momento de alzamento xeolóxico de cada bloque. A clasificación é <ref name="pages_2000" /><ref name="enciso_1954">TORRE ENCISO, E. (1954): Contribución al conocimiento morfológico y tectónico de la ría de La Coruña. Boletín de la Real Sociedad Española de Historia Natural, 52: 21-51.</ref><ref name="enciso_1958">TORRE ENCISO, E. (1958): Estado actual del conocimiento de las rías gallegas. Homaxe a R. Otero Pedrayo, 237-250. Ed. Galaxia. Vigo.</ref><ref name="pages_2000" /><ref name="mendez_2000">G. Méndez y D. Rey. Perspectiva histórica del conocimiento geológico de las rías gallegas / A historical review of the geolofical studies of the Galician rias. Departamento de Xeociencias Mariñas e Ordenación do Territorio. Universidade de Vigo. Vigo. Jounal of Iberian Geology. 2000, vol 26, 21-44</ref>:
 
* [[Rías Altas]] ou bloque setentrional: son rías completamente transversais con respecto á costa, como o son a [[Ría de Ortigueira]], a [[Ría do Barqueiro]] e a [[Ría de Viveiro]]; e máis recentes e similares ao perfil das rías asturianas, como a [[Ría de Foz]] e a [[Ría de Ribadeo]].
Liña 33:
** as rías do [[Golfo Ártabro]]: as rías do [[Ría da Coruña|Burgo]], [[Ría de Ares|Ares]]-[[Ría de Betanzos|Betanzos]] e a de [[Ría de Ferrol|Ferrol]]
** as rías da Costa da Morte: as rías de [[Ría de Muros|Muros]], [[Ría de Corcubión|Corcubión]], [[Ría de Camariñas|Camariñas]] e [[Ría de Corme e Laxe|Corme]]
* Rías suroccidentais ou [[rías Baixas]]: son rías amplas, transversais á costa, aos pregamentos tectónicos e ás unidades [[Petrografía|petrográficas]]. Son as rías de [[Ría de Arousa|Arousa]], [[Ría de Pontevedra|Pontevedra]] e [[Ría de Vigo|Vigo]].
 
As orientacións das rías son de NNE-SSO (Ría de Arousa), NE-SO (Rías Baixas), e NO-SE (Ría de Corme e o Golfo Ártabro). As rías Baixas labráronse a favor das fracturas tectónicas, os ríos encaixáronse nestas e erosionaron os vales facéndoas máis anchas. Nestas rías o fondo da ría é máis profundo, pola intersección de fracturas de placa no seu interior. As rías da Costa da Morte son máis pequenas, danse sobre interseccións de fracturas de placas e a súa forma quedou definida pola intersección destas. As rías Ártabras están definidas pola súa litoloxía: quedan cerradas dentro de [[granito]]s resistentes no borde lateral e ancheadas pola facilidade de erosión do macizo interior <ref name="pages_2000" />.
Liña 40:
 
== Dinámica hidrolóxica e fluxo de nutrientes ==
A costa noroeste da península é o límite superior do sistema de Afloramento do Atlántico Noroeste, que trae augas dende o sur de [[Dakar]] ata o norte da [[Península Ibérica]]. A costa galega ten un réxime de [[vento]]s estacionais que marca a entrada dalgunhas desas [[Corrente oceánica|masas de auga]] no interior das rías. Durante a época seca, de [[marzo]]-[[abril]] a [[setembro]]-[[outubro]], o vento sopra do sur cara ao norte e favorece a entrada dunha corrente leste da masa de [[Corrente Leste das Masas de Augas Centrais do Atlántico Norte|Augas Centrais do Atlántico Norte]] (abreviado e en inglés, ENACW) no interior das rías. Pola contra, durante o período húmido, de [[outubro]] a [[marzo]], o vento sopra cara o norte e non favorece a entrada de correntes no interior das rías. Así, no momento de [[Afloramento (oceanografía)|afloramento]], que prevalece na primavera e verán, as augas entrantes na ría proveñen da ENACW; que son augas frías, que se moven en profundidade e con altas concentracións de nutrientes, como [[nitrato]]s. Pola contra, no outono e inverno, a costa galega está dominada pola [[Corrente Ibérica Polar]] (abreviado e en inglés, IPC), que é de auga salgada, quente e exterior á costa. Cando a ENACW domina na costa, que é nos momentos de alta luz e de afloramento de primavera e verán, entran [[Nutriente|nutrientesnutriente]]s nas rías e favorécese o crecemento do [[fitoplancto]]; co cal, hai unha alta [[produción primaria]] dos [[ecosistema]]s das rías galegas. Pola contra, durante o inverno, a auga da IPC que entra nas rías aumenta a [[salinidade]] da auga e provoca a redución da concentración de nutrientes. Isto acentúase pola entrada de correntes fluviais chegadas dos ríos <ref name="alvarez_2012">I. Alvarez , M. N. Lorenzo1 , and M. deCastro . Analysis of chlorophyll a concentration along the Galician coast: seasonal variability and trends. ICES Journal of Marine Science (2012), 69(5), 728 –738. doi:10.1093/icesjms/fss045</ref><ref name="ospina_2010">Ospina-Alvarez N, Prego R, Alvarez I, deCastro M, Alvarez-Ossorio MT, Pazos Y, Campos M, Bernardez P, Garcia-Soto C, Gomez- Gesteira M, Varela M (2010) Oceanographical patterns during a summer upwelling-downwelling event in the Northern Galician Rias. Comparison with the whole ria system (NW of Iberian Peninsula). Continental Shelf Research 30:1362–1372</ref>
 
A dinámica de [[Afloramento (oceanografía)|afloramento]] domina desde [[Fisterra]] ata o sur, as rías Baixas, e é máis frecuente e intensa durante a temporada de abril a setembro. Porén, o afloramento nas rías centrais e do norte é máis descontinuo e menos intenso. De feito, mentres que nas rías Baixas esta entrada é case continua, as rías da Costa Ártabra nunca teñen entradas de augas da ENACW no seu interior. Por iso, as rías Baixas son sistemas [[Eutrofía|eutróficos]], ou de [[produción primaria]] neta positiva; e as rías centrais e do norte son sistemas [[Mesotrofía|mesotróficos]], ou de produtividade intermedia <ref name="ospina_2010" />.