Estados Pontificios: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Arranxos varios using AWB
Liña 88:
A primeira foi:
 
Roma viuse ameazada polos [[longobardos]], cuxo exército cercou a cidade mentres o papa [[Estevo III, papa|Estevo III]] <ref> A numeración deste papa é controvertida: hai quen defende que houbo un papa Estevo II distinto deste e que, polo tanto, este sería Estevo III (criterio que se seguiu na Galipedia), outros defenden que ese papa non debe contar, co que este sería Estevo II, ver o artigo [[Estevo II, papa]]. </ref> solicitaba inutilmente axuda ao [[Emperador bizantino|emperador de Bizancio]].
Denegado o auxilio bizantino, o papa pediu a Pipino unha intervención urxente.
O rei franco realizou dúas incursións en Italia, forzou aos longobardos a abandonaren o asedio de Roma e obrigounos a devolver as súas conquistas. Finalizado o conflito, os territorios situados na [[Romaña]] e as [[Marcas]] non foron restituídos ao control de [[Bizancio]], senón que foron conferidos ao papa - ''[[doazón de Pipino]]'', no ano [[756]] -, como lexitimo representante do poder imperial. Este tratado destrúe aos longobardos, e pola súa vez permitiu a constitución do Estado Pontificio independente de todo poder temporal e base do futuro poder da Igrexa.
Liña 98:
== O período medieval ==
 
Desaparecido o [[Imperio Carolinxio]], o autoproclamado rei de Italia, [[Berengario II de Italia|Berengario II]], ameazou as posesións eclesiásticas. O papa [[Xoán XII, papa|Xoán XII]] requiriu o amparo de [[Odón I o Grande|Odón o Grande]], quen dobregou ao atacante e entrou triunfante en Roma. Alí, na [[Basílica de San Pedro]], o papa restableceu a dignidade imperial, coroando a Odón como emperador do [[Sacro Imperio Romano Xermánico]] o [[2 de febreiro]] de [[962]], <ref> [http://www.tatsachen-ueber-deutschland.de/es/historia-y-presente/contenido/información-de-fondo-1/la-edad-media.html?type=1] </ref> mentres que Odón, pola súa banda, ratificou a potestade da Igrexa sobre os Estados Pontificios mediante o ''«Privilegium Othonis»''.
 
A [[Italia meridional]] nunca formou parte dos Estados Pontificios, pero si estivo suxeita a vasalaxe destes durante o período de [[Italia meridional|dominación normanda]]. En 1059, mediante o concordato de [[Melfi]], dimanado do concilio celebrado nesta cidade, o papa [[Nicolao II, papa|Nicolao II]] outorgaba a [[Ricardo I de Capua|Ricardo de Aversa]] a investidura do [[principado de Capua]], e a [[Roberto Guiscardo]] a do [[ducado de Apulia]] e de [[Calabria]], así como, para un futuro, do señorío de [[Sicilia]]. Como contrapartida á unción papal con que se viron dignificados, comprometíanse estas a prestar vasalaxe ao sumo pontífice en todo momento. Roberto Guiscardo mostrouse imparábel nas súas [[Conquista normanda de Italia Meridional|conquistas]] e en poucos anos ocupou toda Sicilia e tomando aos musulmás [[Palermo]] e [[Mesina]], e aos bizantinos directamente [[Bari (cidade)|Bari]] e [[Brindisi]], e baixo a súa soberanía teórica [[República amalfitana|Amalfi]] e [[Principado de Salerno|Salerno]]. Cando en [[1080]] [[Gregorio VI, papa|Gregorio VII]] precisou o auxilio militar do [[Normandos|normando]] outorgoulle o seu apostólico beneplácito ás conquistas a cambio dunha formal declaración de vasalaxe para a Santa Sé sobre todos os territorios gañados.