Herba: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Calq (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Arranxos varios using AWB
Liña 1:
[[Ficheiro:Herbs.jpg|miniatura|dereita|Herbas]]
[[Ficheiro:Campo, herba, Galicia.jpg|miniatura|dereita|Campía]]
En [[botánica]], unha '''herba''' ({{Audio|Gl-herba.ogg|pronunciación}}) ou '''planta herbácea''' é unha [[planta]] que non presenta órganos decididamente leñosos. Os caules das herbas son verdes e morren xeralmente ao acabar a boa estación, sendo substituídos por outros novos se a herba é vivaz.
 
==Características==
Moitas herbas son anuais, nacendo de semente ao comezo da estación favorable deixando ao acabar esta novas sementes no [[solo|chan]]. Existen tamén herbas vivaces, que retoñan dende talos subterráneos ou situados a niveis de chan. Os órganos subterráneos implicados son [[rizoma]]s (talos horizontais) e [[bulbo]]s. Moitas herbas bienais forman unha roseta de follas pegada ao chan no seu primeiro ano, no que non se reproducen, e un talo alto e florido, o escapo floral, no seu segundo ano.
 
Chámase megaforbias (herbas xigantes) a plantas que respondendo formalmente ao concepto anterior, acadan unha porte considerable, ata de varios metros. Este é o caso, por exemplo, das diversas especies de bananas (xénero ''[[Banana|Musa]]'').
 
Na linguaxe común aplícase tamén a calquera [[planta]] que posúe valor culinario ([[planta aromática|herbas aromáticas]]) ou medicinal ([[planta medicinal|herbas medicinais]]), con independencia do seu carácter herbáceo ou arbóreo, cando a parte da planta que se usa son as follas ou talos tenros. Pola contra, as [[especia]]s son as [[semente]]s, [[baga]]s, [[casca|codias]], [[raíz|raíces]] ou outras partes da planta.
Liña 18:
*[[Herba aromática]]
*[[Herbas de San Xoán]]
 
[[Categoría:Botánica]]