Mogadixo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
m Arranxos varios using AWB
Liña 42:
Mogadixo foi colonizada polos árabes no [[século X]], o que incrementou o desenvolvemento económico do territorio, que se estendeu un século despois na cidade [[swahili]] sobre as costas de África Oriental.
 
Segundo certa tradición [[Mahoma]] tería indicado a [[Ill]], pai de [[Sab]] e de [[Samáli]] (do que descenderían os somalís), que partisen e se estabelecesen no lugar dito despois "Amàr Gegèb", é dicir o "país destruído".
 
En [[1330]] a cidade foi visitada polo viaxeiro [[Marrocos|marroquino]] [[Ibn Battuta]], quen a describiu como unha vasta e florecente cidade, importante centro de produción e comercio de tecidos.
 
Escavacións arqueolóxicas recobraron moedas chinesas das dinastías [[Song]], [[Ming]] e [[Qing]], [[moeda|numerario]] [[Sri Lanka|cingalés]] e da rexión [[Vietnam|vietnamitavietnam]]ita do [[Annam]]: a cidade estado da civilización swahili importaba cerámica árabe, porcelana chinesa e tecidos [[India|indios]], entanto exportaba madeira, [[marfíl]], [[concha]]s, [[Escravitude|escravos]] e mais [[ferro]]. O historiador [[Ross E. Dunn]] describe Mogadixo e outras cidades musulmás da África Oriental como "unha especie de América medieval, unha terra fértil e ben irrigada, de oportunidades económicas e unha terra a salvo da seca, carestía, sobrepoboación e guerras internas".
 
No [[século XVI]] Mogadixo foi conquistada polos [[Portugal|portugueses]], para tres séculos despois ser ocupada en [[1871]] polo sultán de [[Sultanato de Zanzíbar|Zanzíbar]].
 
En [[1892]] a cidade foi cedida a [[Italia]], que non tomou posesión dela definitivamente até [[1905]].
 
O territorio de Somalia foi controlado polos italianos desde [[1910]] en diante até a intervención das forzas británicas, presentes en [[Quenia|Kenya]], durante a [[Segunda Guerra Mundial]]. Entre [[1941]] e [[1950]] os [[Imperio británico|británicos]] ocuparon a cidade, até que os italianos volveron como administradores do protectorado somalí en nome da [[ONU]] (Administración Fiduciaria Italiana de Somalia, AFIS).
Liña 57:
No ano [[1960]] Somalia atinxíu a independencia, mais de contado o país caíu baixo a ditadura de [[Siad Barre]], que durou até [[1990]]. Neste ano, os rebeldes apoderáronse da cidade, obrigando a Barre a dimitir e fuxir a [[Lagos, Nixeria|Lagos]] ([[Nixeria]]) en [[1991]]. Foron nomeados dous presidentes, a [[Universidade Nacional Somalí]] foi pechada e a urbe caíu presa dos [[Señores da guerra]], que sementaron durante anos a morte e a destrución, danando moitas partes da cidade (mentres unha carestía, debida á forte seca, devastaba a Somalia rural).
 
O 9 de decembro de 1992 aconteceu a primeira intervención americana e das Nacións Unidas nun intento de instaurar un goberno de transición. Grupos somalís fieis a [[Mohamed Farrah Aidid]] (un dos presidentes elixidos polos rebeldes) mataron a 23 [[Paquistán|paquistanís]] durante unha emboscada contra os ''cascos azuis''. En outubro de 1993, na denominada [[batalla de Mogadixo]] perderon a vida entre 500 e 1.000 Somalís (militares e civís), 18 militares estadounidenses e un un [[Mali|malianomali]]ano. Os feridos foron millares. En [[1994]], [[Bill Clinton]] retirou o exército norteamericano.
 
En xuño de [[1995]] [[Mohamed Farrah Aidid]] autoproclamouse presidente, mais morreu un ano despois a consecuencia das feridas que lle causou unha acción da guerrilla local.
 
==== De 2000 a 2006 ====
En outubro de [[2004]] o [[Parlamento]] somalí de transición elixíu como presidente a [[Abdullahi Yusuf]]. As votacións tiveron lugar en [[Nairobi]] ([[Quenia]]), a causa da caótica situación de Mogadixo. O goberno, recoñecido por gran parte das nacións occidentais, a pesar da súa feble autoridade, non logrou asentarse na capital somalí, axitada por continuas guerrillas, sobre todo na parte norte da cidade, de xeito que tivo que trasladarse a [[Baidoa]], a 245  km ao noroeste de Mogadixo).
 
En xuño de [[2006]], logo de catro meses de asedio, as milicias dos [[Unión de Consellos Islámicos|Consellos Islámicos]] conseguiron expulsar da cidade os Señores da Guerra, da que se adonaran por anos. Os Consellos Islámicos introduciron as leis islámicas ([[xaria]]) na cidade, restituíndo unha certa orde e autorizando a reapertura, despois de 17 anos, do porto e do aeroporto, ademais de eliminar os postos de bloqueo das estradas.
 
Entre decembro de 2006 e xaneiro de [[2007]], logo da intervención militar de [[Etiopía|etíopes]] e [[Estados Unidos de América|estadounidenses]], o goberno provisional de [[Ali Mohammed Gedi]] volveu a entrar en Mogadixo.
 
==== De 2007 á actualidade: a traxedia "humanitaria" ====
Liña 72:
A poboación de Mogadixo atopara paz e seguranza cos Consellos Islámicos, a custa da liberdade e do fanatismo relixioso. A seguranza semellaba momentaneamente garantida polas tropas etíopes, mais en poucas semanas a situación na cidade empeorou novamente. A intervención etíope de feito favoreceu o retorno dos Señores da Guerra que oprimiran os cidadáns durante os anos anteriores. Os milicianos dos Consellos Islámicos continúan a combater e a resistir contra a volta do exército de transición e das tropas etíopes.
 
En marzo de [[2007]], a pesar da reentrada oficial do goberno de [[Baidoa]] e a chegada á cidade dos cascos verdes [[Uganda|ugandeses]] (polo demais con graves dificultades), a situación na cidade empeorou como non sucedía desde había 15 anos, con pesados bombardeamentos terrestres e aéreos.
 
No mes de maio de 2007 foi nomeado alcalde [[Mohamed Omar Habeb Dhere]], un dos [[Señores da Guerra]] máis influentes da zona.
 
A fins de xullo de 2007, o leve melloramento da situación permitiu a reentrada de 125.000 damnificados, mais no outono dese mesmo ano a situación volveu empeorar progresivamente até a actualidade (abril de 2008).
 
Mogadixo, presa do caos, da violencia e das epidemias, está en plena catástrofe "humanitaria". Os damnificados só no ano 2007 estímanse nun millón e medio de persoas. As tropas etíopes seguen a combater cos rebeldes armados, mentres o continxente militar ugandés aparece como incapaz de opor a mínima resistencia. Barrios enteiros están abandonados, en especial na área norte, onde ocorren os episodios de violencia máis graves.
Liña 87:
 
=== Bibliografía ===
* Ross. E. Dunn, ''The Adventures of Ibn Battuta''. Berkeley, 1986, p. 125.
 
=== Outros artigos ===