Escola de ferrado: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
arranxos da lingua
m →‎top: Arranxos varios using AWB
Liña 1:
As '''escolas de ferrado''' foron un sistema de ensino que realizaban os denominados escolantes, mestres non titulados que habitualmente tiñan unha escasa formación e que daban clases aos nenos do rural [[Galicia|galego]] desde o século XVIII. Andando o tempo, e conforme a economía rural galega se incorpora ao mercado, tamén as escolas comezan a pagarse en cartos, aínda que nalgunhas bisbarras persistirá o pago en especie ata a década de 1960.
 
Recibían o nome de escolas de ferrado porque os pais pagaban, para a escolarización dos seus fillos, un [[ferrado]], ben fose de [[centeo]], [[trigo]] ou [[millo]]; este pago equivalía aproximadamente a 12-18 quilos por rapaz. <ref>{{Cita libro |título= Escolantes e escolas de ferrado|nome= Narciso de|apelidos= Gabriel|ligazónautor= Narciso de Gabriel|coautores= |ano= 2001|editor= Xerais|localización= Vigo|isbn= 978-84-8302-713-4}}</ref>. O espazo da casa que se escollía, acostumaba ser a lareira ou o comedor, aínda que tamén se podían empregar palleiros e cortes. Dispoñían dun mobiliario e material rudimentario e limitábanse normalmente ao ensino do básico: ler, escribir e contar, seguindo procedementos didácticos tradicionais como o ditado.
 
Os escolantes podían ser labregos que completaban os seus ingresos dando clases aos nenos do seu lugar, cregos, vellos ou ben xente sen oficio nin recursos que subsistía grazas a darlles clases aos nenos.<ref>[[Narciso de Gabriel]], ''As escolas de ferrado no século XIX'' nas ''III Xornadas de Historia de Galicia'', Ourense, 1986 páx. 135</ref>. Os estudantes tiñan que compaxinar o ir á escola co traballo, xa que na maioría dos casos os rapaces eran imprescindibles nas casas para traballar.
 
Cara o comezo do século XX comezouse a pagar en diñeiro o que sería o valor dun ferrado de trigo. Coa suba dos prezos do trigo, aló polos anos 40 do século XX, houbo unha proliferación de mestres e mestras de ferrado.
 
Ademais deste pago, os mestres tamén recibían a mantenza e mais o lugar onde durmir durante o mes que estaban na escola, o cal remataba cun día de festa. Malia a súa escasa preparación pedagóxica e o limitado da súa cultura, os escolantes ensinaban a ler, escribir e contar aos nenos da zona rural que doutra maneira dificilmente terían a oportunidade de aprender. As escolas de ferrado eran temporais, xa que só funcionaban no inverno -época en que o traballo no campo era menos intenso- e normalmente establecíanse nas cortes, choupanas e ás veces ía o escolante de casa en casa. Os horarios eran de luns ata o sábado e dende as primeiras horas da mañá ata ben entrada a noite. Malia todas estas carencias, subliñadas pola administración escolar e a pedagoxía, as escolas de ferrado cumpriron unha importante función, pois nelas aprendeu a ler e a escribir unha boa parte da poboación rural galega. Este sistema persistía sobre todo nas zonas rurais de [[Provincia de Lugo|Lugo]] e [[Provincia de Ourense|Ourense]].