Augardente: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
m Arranxos varios using AWB
Liña 20:
Para aplicar directamente calor sobre a pota utilízanse [[acha]]s, [[butano]] ou [[propano]]. A separación da ''fracción cabezas'' faise en maior ou menor proporción, segundo a calidade do bagullo inicial. A destilación detense cando a augardente que sae do serpentín alcanza unha graduación entre 50 e 45 %vol., o resto é o que se coñece como ''colas'' e non se aproveita<ref name="augardente">[http://www.cerespain.com/elaboracion-del-orujo.html Elaboración da augardente en Galicia], na páxina web ''Ceremin''. {{es}}</ref><ref name="regueiro">[http://www.avalonc.com/aregueira/galerias_de_fotos/tradicion/orujo_gallego/orujo_gallego.htm Orujo Gallego, la quinta esencia], no blog ''A Regueira''. {{es}}</ref>.
 
Pódese facer augardente branca, que se fai cunha graduación maior cas outras, [[Augardente de herbas|augardente de herbas]] ou [[augardente tostada]], que fixo por primeira vez Francisco Rodríguez de [[Vilar, Cordeiro, Valga|Vilar]] ([[Valga]]) no [[1964]]<ref>[http://www.lavozdegalicia.es/noticia/arousa/2013/04/28/eu-inventei-cana-tostada/0003_201304A28C10991.htm «Eu inventei a caña tostada»], en [[La Voz de Galicia]] (28-4-2013). {{es}}</ref>.
 
=== Consello regulador ===
{{Artigo principal|Augardente de Galicia}}
Existe un consello regulador dende 1989 e a destilación do bagazo de uva está regulada en Galicia dende finais da década de 1990, quedando relegada como unha actividade clandestina a destilación de augardente que viñan realizando tradicionalmente os augardenteiros por toda a xeografía galega, quedando expostos a pagar multas á [[Ministerio de Facenda e Administracións Públicas de España|Facenda]].
 
A augardente está clasificada dende fai anos como unha bebida espirituosa que ten un nome específico en cada área xeográfica onde se produce: ''[[Marc (augardente)|marc]]'' en [[Francia]], ''[[grappa]]'' en [[Italia]] ou ''[[bagaceira]]'' en [[Portugal]]<ref name="pota">[http://www.elmundo.es/elmundo/2011/07/10/galicia/1310292107.html Destiladores clandestinos, un oficio de arraigada tradición en Galicia]. {{es}}</ref>.
 
==== Variedades ====
Liña 37:
[[Ficheiro:Alambic à Draguignan.jpg|miniatura|Augardenteiros.]]
 
O augardenteiro podía pasar nun lugar varios días, durmindo amais no cuberto onde se facía a augardente; o lume non se podía apagar mentres se estaba a destilar<ref name="alpendre" />. A casa para quen se estaba a facer a augardente proporcionáballe o viño e mais a comida ó augardenteiro. Durante o serán xuntábanse os veciños a corón do alboio para falar algún conto. Existen varios nomes para referirse ás persoas que se dedican á destilación do bagazo da uva como son; augardenteiros<ref name="regueiro" /><ref name="DRAG">{{DRAG|augardenteiro}}</ref><ref name="regueiro" />, ''cañeiros''<ref name="mostra" /><ref name="alpendre" />, ''poteiros''<ref name="augardente" /> ou ''requicheiros''<ref name="mostra" />. Nalgúns lugares, co tempo, a [[alquitara]] adquirida entre varios veciños transladábase dunha casa para outra ata faceren todos en cada casa a súa propia augardente.
 
Na actualidade a produción tradicional está en recesión, e foi substituída pola produción industrial. Existe unha [[denominación de orixe]] que recolle as variedades de augardente galegas, e que se denomina [[Augardente de Galicia]].