Hew Whiteford Dalrymple: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
m Arranxos varios using AWB
Liña 1:
[[Ficheiro:Hew Whitefoord Dalrymple.jpg|dereita|miniatura|225px|Sir Hew Dalrymple, 1º Baronet, por [[John Jackson (pintor)|John Jackson]], 1831.]]
'''Sir Hew Whiteford Dalrymple, 1º Baronet''', nado en [[Ayr]] ([[Escocia]]) o [[3 de decembro]] de [[1750]] e finado en [[Londres]] o [[9 de abril]] de [[1830]], foi un militar do [[Exército británico]], que alcanzou o grao de [[xeneral]] e ostentou o cargo de [[gobernador]] de [[Xibraltar]].
 
== Biografía ==
Liña 8:
 
== Dalrymple e Galiza ==
En [[1774]], estando destinado en Xibraltar co grao de [[maior]], emprendeu unha viaxe por [[España]] e Portugal. Dalrymple fixo cuidadosas anotacións, que logo publicou, nun libro de viaxes, en forma de cartas, até un total de dezaseis, da que a décima e décimo segunda están dedicadas á Galiza. Hew Whiteford atopouse con galegos que volvían das [[seitura|segas]] nas [[Castela|Castelas]]s, asunto do que fixo unha valoración, calculando que uns 60.000 pasaban todos os anos ás terras castelás e outros 30.000 a Portugal. Estas cifras cóidanse esaxeradas (estimaba a poboación galega en dous millóns de persoas, o que resulta demasiado). Fixo tamén observacións sobre outros aspectos ([[palloza]]s, [[minifundio]], traxe, cultivos...), polo que constitúe unha fonte inestimábel para contrastar datos impresionistas sobre a Galiza de inicios do derradeiro cuarto do século [[XVIII]].
 
Porén, a opinión de Dalrymple sobre os portugueses foron das máis duras vertidas por observadores estranxeiros en opinión das autoras de ''Lisboa setecentista'' (ver apartado de Bibliografía).