Ganso de testa branca: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
m Arranxos varios using AWB
Liña 26:
O '''ganso de testa branca''' ou '''ganso careto''', ''Anser albifrons'', é unha [[especie (bioloxía)|especie]] de [[aves|ave]] da [[orde (bioloxía)|orde]] dos [[anseriformes]], [[familia (bioloxía)|familia]] dos [[anátidos]] e subfamilia dos [[anserinos]] amplamente distribuída polas rexións [[ártico|árticas]] de [[Asia]], [[Europa]] e [[Norteamérica]].
 
É un [[ganso]] moi próximo, [[filoxenia|filoxeneticamente]] ao [[ganso pequeno]] (''Anser erythropus'').
 
Unha característica peculiar desta especie e a longa duración do período de coidados e relación entre pais e fillos, que pode dura varios anos e incluír casos de atención ás crías por parte dos avós.
 
== Descrición ==
Miden entre 65 e 78  cm de lonxitude e teñen unha envergadura alar de entre 130 e 165  cm. O peso vai dos 1 900 os 2 400 g nos machos, e dos 1 600 aos 2 100 g nas femias. Son de cor castaña agrisada escura, coa parte inferior do corpo clara e con bandas negras irregulares no ventre. Teñen unha mancha branca moi visible que abrangue a área da fronte e a base do bico, sen chegar ata detrás dos ollos, coma no caso do ganso pequeno. As patas son de cor alaranxada. O bico ten coloracións que varían entre a vermella pálido ata a rosada (subespecie ''A. a. albifrons'') ou a laranxa amarelada (''A. a. flavirostris'').
 
== Distribución e subespecies ==
Liña 42:
:* ''Anser albifrons gambeli'' <small>Hartlaub, 1852</small>
 
Os exemplares da subespecie nominativa, ''A. a. albifrons'', crían no extremo norte de [[Europa]] e [[Asia]], nas zonas de tundra entre a península de Kanin en [[Rusia]] ata o río Katanka na península de [[Taimyr]], e pasan o inverno principalmente no sur e oeste de Europa, cos lugares principais de invernada en [[Alemaña]], [[Países Baixos]] e [[Bélxica]].
 
No extremo leste de [[Siberia]] e a zona ártica de [[Canadá]], aparece a subespecie ''A. a. frontalis'', algo maior e de bico algo máis longo. Esta subespecie pasa os invernos nos [[Estados Unidos de América]] e no [[Xapón]].
Liña 48:
Outras dúas subespecies atópanse en [[Norteamérica]]: ''A. a. gambeli'', do noroeste de Canadá, e que inverna no [[Golfo de México]] estadounidense, e a ''A. a. elgasi'' (o ganso de Tula), do suroeste de [[Alasca]]. É a subespecie máis grande e de bico máis longo, cos cuarteis de inverno en [[California]]. O ganso de Tula é unha subespecie rara, que foi probablemente afectada pola destrución dos seus hábitats de invernada a causa da presenza humana.<ref>Carboneras (1992), p. 582.</ref>
 
''A. a. flavirostris'' cría no oeste de [[Groenlandia]] e pasa a estación fría en [[Escocia]] e [[Irlanda]]. O número de exemplares desta subespecie é escaso, polo que en [[2006]] a súa caza foi prohibida. Os individuos desta subespecie diferéncianse con claridade dos das outras: son máis escuros e máis barrados na rexión ventral e teñen o bico laranxa. Estudos recentes suxiren que esta subespecie podería constituír unha especie separada.<ref>Fox & Stroud (2002).</ref>
 
== Protección ==