Natureza: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoacas (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Arranxos varios, replaced: {{listaref|2}} → {{Listaref|30em}} using AWB
Liña 7:
== Etimoloxía e significado ==
[[Ficheiro:Galunggung.jpg|dereita|250px|miniatura|dereita|O [[volcán]] Galunggung, na [[Illa de Xava]], entrou en erupción en [[1980]]. Na natureza pódense observar diversos fenómenos naturais espectaculares.]]
A palabra "natureza" provén do [[latín]] ''natura'', que significa "o curso das cousas, o carácter natural"<ref>http://www.etymonline.com/index.php?term=nature</ref>. ''Natura'' é a tradución latina da palabra [[lingua grega|grega]] ''physis'' (φύσις), de onde, entre outras, deriva a palabra [[física]], que no seu significado orixinal facía referencia á forma innata na cal medran espontaneamente as [[planta]]s e os [[animalia|animais]], ás súas características de seu<ref>Es pot trobar informació sobre l'ús del concepte per part dels presocràtics, encara que de manera una mica erràtica, a Naddaf, Gerard: ''The Greek Concept of Nature'', SUNY Press, 2006. L'ús de la paraula φύσις, utilitzada per Homer en relació a una planta, era usada pels filòsofs grecs ja de molt antic, i en diversos sentits que, en general, són similars al sentit actual, com confirma Guthrie, W. K. C.: ''Presocratic Tradition from Parmenides to Democritus'' (volum 2 ''History of Greek Philosophy''), UP, 1965.</ref>. Así aparece no primeiro uso escrito do termo ''physis'', empregado por [[Homero]], e fai referencia ás cualidades intrínsecas dunha planta<ref> "ὣς ἄρα φωνήσας πόρε φάρμακον ἀργεϊφόντης ἐκ γαίης ἐρύσας, καί μοι '''φύσιν''' αὐτοῦ ἔδειξε". (''Així parlà, Argeifontes [=Hermes] mentre em donava l'herba, prenent-la de la terra, i mostrant-me la seva '''natura'''.'') ''[[Odissea]]'' 10.302-3 (ed. A.T. Murray). També a ''[http://archimedes.fas.harvard.edu/pollux Liddell i Scott: ''Greek Lexicon'']. Per a altres usos posteriors però molt antics del terme grec, vegeu el que es comenta més endavant.</ref>.
 
O sentido da palabra natura, no latín, vencéllase ao nacemento. A concepción latina é a de "nai natura", é un símbolo que ten relación coa vida nun senso moi amplo. Varias culturas representaron este concepto con deuses. En cambio, o concepto de natura como un todo que se identifica co universo físico é un concepto que se engadiu máis recentemente como consecuencia do desenvolvemento da ciencia moderna, cun uso cada vez máis amplo nos últimos séculos<ref>Por exemplo a obra de [[Isaac Newton]], ''Philosophiae Naturalis Principia Mathematica'' (1687) foi traducida como "Mathematical Principles of Natural Philosophy", reflectindo o uso habitual dos termos "natural philosophy" -filosofía natural-, semellante ao "estudo sistemático da natureza"</ref><ref>A etimoloxía da palabra "physical" -física- indica o seu uso como sinónimo de "natural" http://www.etymonline.com/index.php?term=physical</ref>.
Liña 19:
[[Ficheiro:The Earth seen from Apollo 17.jpg|miniatura|250px|<center> A Terra, vista o [[1972]] dende o [[programa Apollo|Apollo]] 17, no que se ve un hemisferio completamente alumeado polo [[Sol]].]]
 
A Terra é o quinto planeta máis grande do [[Sistema Solar]] e o terceiro en orde de distancia ao [[Sol]]. É o maior dos planetas telúricos ou interiores, e o único lugar do universo no cal sábese que existe vida. As rexións más destacadas do clima da Terra son as dúas grandes rexións polares, dúas zonas amornadas relativamente estreitas e unha ampla rexión ecuatorial, tropical e subtropical<ref>Pódese atopar un resume da descrición global do clima en: {{Cite web |url=http://www.blueplanetbiomes.org/climate.htm |title=World Climates |work=Blue Planet Biomes |data-acceso=21 de setembro de 2006 |lingua=en}}</ref>. Os patróns de precipitación varían moito en función do lugar, e oscila entre uns cantos metros de auga ao ano e menos dun milímetro nalgunhas zonas [[deserto|desérticas]]. Aproximadamente o 70 por cento da superficie terrestre está cuberta por [[océano]]s de auga salgada. O resto consiste en continentes e illas, e a gran maioría da terra habitable atópase no [[hemisferio norte]].
 
A Terra evolucionou mediante procesos xeolóxicos e biolóxicos que deixaron vestixios, trazas, que indican como debían de ser as condicións orixinais. A [[codia terrestre]], a superficie externa da terra, atópase fragmentada en varias placas tectónicas que vanse desprazando moi lentamente e de xeito gradual; nalgúns casos excepcionais este desprazamento sucedeu de xeito relativamente rápido. O interior do planeta, o [[manto terrestre]], permanece activo cunha capa grosa de materiais fundidos e un núcleo rico en [[ferro]], que xera un potente [[campo magnético]].
 
As condicións [[atmosfera terrestre|atmosféricas]] variaron significativamente e son diferentes das condicións orixinais; isto foi causado principalmente pola presenza de formas de [[vida]]<ref>{{Cite web | date = 11 de setembro de 2005 | url = http://www.sciencedaily.com/releases/2005/09/050911103921.htm | title = Calculations favor reducing atmopshere for early Earth | publisher = Science Daily | accessdate = 06-01-2007}}</ref>, que, xerando lixeiras modificacións, crearon un equilibrio ecolóxico que estabiliza as condicións da superficie. A pesares das grandes variacións rexionais do clima, pola [[latitude]] e outros factores xeográficos, o clima global medio, a longo prazo, é bastante estable, e é regulado con bastante precisión durante os [[Glaciación|períodos interglaciais]]<ref>{{Cite web | url = http://www.epa.gov/climatechange/science/pastcc.html | title = Past Climate Change | publisher = U.S. Environmental Protection Agency | accessdate = 07-01-2007 }}</ref>. As variacións de un ou dous graos na [[temperatura]] global media tiveron efectos moi importantes no equilibrio ecolóxico e na [[xeografía]] da Terra<ref>{{Cite web | author=Hugh Anderson, Bernard Walter | date = 28 de marzo de 1997 | url = http://vathena.arc.nasa.gov/curric/land/global/climchng.html {{Ligazón morta}}| title = History of Climate Change | publisher = NASA | accessdate = 2007-01-07 }}</ref><ref>{{Cite web | last = Weart | first = Spencer | date = xuño de 2006 | url = http://www.aip.org/history/climate/ | title = The Discovery of Global Warming | publisher = American Institute of Physics | accessdate = 7-01-2007}}</ref>.
Liña 36:
* [[Panxea]]. O derradeiro supercontinente do que se teñen probas é Panxea, que comezou a separarse fai uns 180 millóns de anos<ref>{{Cita publicación periódica |nome=J.B. |apelido=Murphy |coautores=R.D. Nance |ano=2004 |url=http://www.americanscientist.org/template/AssetDetail/assetid/34004;jsessionid=aaa4W2jLnnG9QG |título=How do supercontinents assemble? |revista=American Scientist |volume=92 |doi=10.1511/2004.4.324 |páxinas=324-333}}</ref>.
[[Ficheiro:ChampiEnForet.jpg|miniatura|dereita|250px|As [[planta]]s e os [[Fungi|fungos]] forman parte da natureza polo menos dende hai 400 millóns de anos. Conseguiron adaptarse conforme os continentes fóronse desprazando ao mesmo tempo que o clima estaba a mudar<ref>{{Cite web |last=Colebrook |first=Michael |title=Chronology of Earth History |work=Cosmology and The Universe Story |url=http://www.greenspirit.org.uk/resources/chronology.htm |data-acceso=21 de setembro de 2006}}</ref><ref>{{Cita libro |apelido=Stanley |nome=Steven M. |ano=1999 |título=Earth System History |publicación=W.H. Freeman |lugar=New York |id=ISBN 0-7167-2882-6}}</ref>.]]
Hai uns cantos millóns de anos, unha especie de pequeno [[simio]] [[África|africán]] adquiriu a capacidade de pórse en pé e camiñar ergueito<ref>{{Cita libro |apelido=Margulis |nome=Lynn |coautores=Dorian Sagan |ano=1995 |title=What is Life? |publicación=Simon & Schuster |localización=New York |id=ISBN 0-684-81326-2}}</ref>. A evolución posterior da vida humana e o desenvolvemento da [[agricultura]] e da [[civilización]] permitiron aos humanos actuar sobre a Terra dun xeito moito máis intenso do que calquera forma de vida anterior, nun espazo de tempo relativamente curto. As accións humanas inflúen de xeito drástico na natureza en xeral e, en particular, nas outras formas de vida e no clima global do planeta, se se compara coa duración doutro grande proceso climático, a [[catástrofe do osíxeno]], producida durante o período [[Sideria]] debido á grande proliferación de [[alga]]s, necesitou 300 millóns de anos para chegar ao seu punto álxido.
 
Unha enquisa levada a termo polo Museo Americano de Historia Natural no ano [[1998]], revelou que o 70% dos especialistas consideraban que a era actual forma parte dun acontecemento de extinción masiva, a extinción masiva da [[Holoceno]], que sería a máis rápida de todas as coñecidas<ref>{{Cita publicación periódica | autor = Diamond J | título = The present, past and future of human-caused extinctions | revista = Philos Trans R Soc Lond B Biol Sci | volume = 325 | páxinas= 469-76; discussion 476-7 | ano = 1989 | PMID=2574887}}</ref><ref>{{Cita publicación periódica | autor = Novacek M, Cleland E | título = The current biodiversity extinction event: scenarios for mitigation and recovery | revista = Proc Natl Acad Sci U S A | volume = 98 | páxinas = 5466-70 | ano = 2001 | PMID=11344295}}</ref>. Algúns expertos, como E. O. Wilson da [[Universidade Harvard]], predín que a destrución humana da [[biosfera]] podería causar a extinción da metade de todas as especies nos vindeiros 100 anos<ref>"The mid-Holocene extinction of silver fir ''(Abies alba)'' in the ..." [http://www.springerlink.com/index/D85T53513002564V.pdf pdf]</ref>. Aínda así, o alcance desta extinción actual aínda se está a investigar, discutir e calcular por biólogos e outros expertos no tema<ref>Sobre o tema, vexa as seguintes ligazóns [http://park.org/Canada/Museum/extinction/holmass.html], [http://park.org/Canada/Museum/extinction/extincmenu.html], [http://park.org/Canada/Museum/extinction/patterns.html]</ref>.
Liña 43:
{{Artigo principal|Atmosfera terrestre|Tempo atmosférico|Clima}}
[[Ficheiro:GoldenMedows.jpg|miniatura|250px|<center>''Cumulus humilis'', <br />nubes indicadoras do bo tempo]]
A atmosfera terrestre é un factor chave no sostemento do [[ecosistema]] planetario. Esta delgada capa de [[gases]] que envolve á Terra mantense no seu lugar grazas á acción da [[gravidade]] terrestre. Está composta por un 78 % de [[nitróxeno]], un 21 % de [[osíxeno (elemento)|osíxeno]], un 1 % de [[argon]] e outros [[gases inertes]], [[dióxido de carbono]], e unha cantidade variable de [[vapor de auga]].
 
A [[presión atmosférica]] diminúe coa altitude de xeito constante, ata chegar a uns 8 &nbsp;km da superficie terrestre; canta máis altura, menos presión, de acordo cunha constante matemática, o [[número e]], que equivale aproximadamente a 2,71.<ref>[http://www.grc.nasa.gov/WWW/K-12/Numbers/Math/Mathematical_Thinking/ideal_gases_under_constant.htm Ideal Gases under Constant Volume, Constant Pressure, Constant Temperature, & Adiabatic Conditions] NASA 07/01/2007 {{en}}</ref><ref>{{Cita publicación periódica | apelido = Pelletier | nome = Jon D. | título=Natural variability of atmospheric temperatures and geomagnetic intensity over a wide range of time scales | revista=Proceedings of the National Academy of Sciences | ano=2002 | volume=99 | páxinas=2546-2553 | url= http://www.pnas.org/cgi/content/full/99/suppl_1/2546| dataacceso = 2007}}</ref>
 
A [[capa de ozono]] que protexe a Terra exerce un papel esencial na redución da cantidade de [[radiación ultravioleta]] (UV) que chega á superficie terrestre. A capa de ozono actúa de escudo e protexe a vida da superficie terrestre posto que, doadamente, o [[ácido desoxirribonucleico|ADN]] pódese danar pola acción desta radiación. Doutra banda, a atmosfera tamén retén a [[calor]] durante a noite, reducindo polo tanto as temperaturas extremas diarias. As variacións do [[tempo atmosférico]] teñen lugar case exclusivamente na [[troposfera]], parte baixa da atmosfera, que actúa de sistema convectivo por redistribuír a calor.
 
As correntes oceánicas son outro factor importante por determinar o clima, especialmente a [[circulación termohalina]] submarina, que distribúe a enerxía calorífica dos océanos ecuatoriais polas rexións polares. Estas correntes axudan a moderar as diferenzas de temperatura entre a [[inverno]] e o [[verán]] nas zonas tépedas. Sen as redistribucións de enerxía calorífica que realizan as correntes oceánicas e atmosféricas, os trópicos serían moito máis cálidos e as rexións polares moito máis frías. O tempo atmosférico pode ter á súa vez efectos beneficiosos e prexudiciais.
[[Ficheiro:Dszpics1.jpg|250px|<center>[[Tornado]] no centro de [[Oklahoma]]|miniatura|esquerda]]
Os fenómenos meteorolóxicos extremos, como os [[tornado]]s ou os [[furacán]]s e [[ciclón]]s, poden empregar grandes cantidades de enerxía na súa traxectoria e esnaquizar todo o que atopan ao seu paso. A [[vexetación]] superficial desenvolveu unha dependencia da variación estacional do tempo, e os cambios repentinos, aínda que só duren uns cantos anos, poden ter un efecto devastador, tanto sobre a vexetación como sobre os animais que dependen dos vexetais por alimentarse.
 
O clima planetario é unha medida das tendencias do tempo atmosférico ao longo do tempo. No [[cambio climático]] poden influír varios factores, como as correntes oceánicas, a [[albedo]] superficial, os gases do [[efecto invernadoiro]], as variacións na luminosidade solar e os cambios na [[órbita]] do planeta. En base aos rexistros históricos, actualmente sábese que a Terra sufriu no pasado cambios climáticos drásticos, incluíndo [[glaciación]]s.
 
O clima dunha rexión depende dun certo número de factores, como a [[latitude]]. Unha franxa latitudinal da superficie terrestre que ten unhas características climáticas semellantes conforma unha rexión climática. Na Terra, hai un certo número destas rexións, que teñen dende un [[clima tropical]] no [[ecuador terrestre|ecuador]] a un [[clima polar]] nos extremos setentrional e meridional.
 
O tempo atmosférico tamén está influído polo ciclo das [[estacións]], que son o resultado da inclinación do eixo da Terra respecto ao seu plano orbital. Deste xeito, en calquera momento do [[verán]] ou o do [[inverno]], hai unha parte do planeta que está máis exposta aos raios do [[sol]]. Esta exposición vaise alternando mentres a Terra realiza a súa [[órbita]]. A cada pouco, sen ter en conta o factor estacional, os hemisferios norte e sur experimentan condicións climáticas opostas.
 
O clima é un [[Teoría do caos|sistema caótico]] que pode ser modificado de xeito inmediato por pequenos cambios no ambiente, por iso as previsións [[Meteoroloxía|meteorolóxicas]] exactas actualmente só se limitan a algúns días. En conxunto, están sucedendo dúas cousas a escala mundial:
Liña 66:
{{Artigo principal|Auga}}
[[Ficheiro:Fervenza Toxosoutos-lousame-A coruña.jpg|miniatura|<center>Fervenza de Toxosoutos, [[Lousame]]</center>]]
A '''agua''' é unha [[substancia química]] que está composta de hidróxeno e osíxeno e é vital para todas a formas coñecidas de [[vida]].<ref>[http://www.un.org/waterforlifedecade/background.html United Nations] Introducida o 02/01/2011</ref> Popularmente emprégase o termo ''auga'' para referirse ao seu [[Estado de agregación da materia|estado]] [[líquido]], existindo tamén en forma [[sólido|sólida]] como [[xeo]], e [[gas]]osa como [[vapor de auga]]. A auga cobre o 71% da superficie da [[terra]].<ref>[https://www.cia.gov/library/publications/the-world-factbook/geos/xx.html#Geo CIA- The world fact book] CIA. Introducida o 02/01/2011</ref> Na terra, atópase principalmente nos océanos e outros grandes corpos acuáticos, cun 1,6% baixo a codia en forma de [[acuífero]]s e un 0,001% no [[atmosfera|ar]] como [[vapor]] e [[nube]]s (formadas a partir de partículas sólidas e líquidas suspendidas no aire).<ref>[http://www.agu.org/sci_soc/mockler.html Water Vapor in the Climate System] {{Ligazón morta}}, Special Report, [AGU], Decembro 1995 (02/01/2011). [http://www.unep.org/dewa/assessments/ecosystems/water/vitalwater/ Vital Water] {{Ligazón morta}} [[UNEP]].</ref> Os [[océano]]s abranguen o 97% da auga da terra, os [[glaciar]]es e [[campos de xeo]]s abranguen o 2,4%, e outras masas de auga da superficie como [[río]]s, [[lago]]s e [[poza]]s o 0,6%. Adicionalmente, unha minúscula proporción da auga terrestre atópase contida en corpos biolóxicos e produtos manufacturados.
 
=== Océanos ===
Liña 101:
Aínda que non exista un consenso universal sobre a definición da vida, os científicos, en xeral, aceptan que a manifestación biolóxica da vida caracterízase polos seguintes factores ou funcións: organización, [[metabolismo]], crecemento, adaptación, resposta a estímulos e [[reprodución]]<ref>{{Cite web | year = 2006 | url = http://www.calacademy.org/exhibits/xtremelife/what_is_life.php | title = Definition of Life | publisher = California Academy of Sciences | accessdate = 2007-01-07 }}</ref>. Os seres vivos (plantas, animais, fungos, protistas, archaea e bacterias) teñen estas propiedades comúns: están constituídos por [[célula]]s, teñen unha organización complexa baseada na [[auga]] e no [[carbono]], teñen un metabolismo e a capacidade de medrar, responder a estímulos e reproducirse. Por iso, considérase que unha entidade que reúna estas propiedades está viva.
Dun xeito máis simple, tamén pode considerarse a vida como o estado característico dos organismos. Aínda así, non todas as definicións que hai sobre a vida consideran esenciais todas estas propiedades; tamén se emprega o termo "vida" no caso de formas análogas creadas polo home, e entón fálase de "vida artificial". A [[biosfera]] é a parte da capa máis externa da Terra, incluíndo o [[aire]], a terra, as rochas superficiais e a auga. É nesta parte onde se desenvolveu a vida, e onde se realizan e transforman os procesos bióticos. Dende unha visión xeofísica moi ampla, a biosfera é o sistema ecolóxico global que integra a todos os seres vivos e as súas relacións, incluíndo a súa interacción cos elementos da litosfera (rochas), a hidrosfera (auga), e a atmosfera (aire). Na actualidade, estímase que a Terra contén preto de 75.000 millóns de toneladas (uns 6,8 x 1.013 &nbsp;kg) de [[biomasa]], presente en varios ambientes dentro da biosfera .<ref>Vegeu, per ex., {{Cita libro |last=Leckie |first=Stephen |year=1999 |chapter=How Meat-centred Eating Patterns Affect Food Security and the Environment |chapterurl=http://www.idrc.ca/en/ev-30610-201-1-DO_TOPIC.html |title=For hunger-proof cities : sustainable urban food systems |publisher=International Development Research Centre |location=Ottawa |id=ISBN 0-88936-882-1}}, i prenen com a pes mitjà global la xifra de 60 kg, la biomassa humana total és el pes mitjà multiplicat per la població humana actual d'aproximadament 6.5 milions (vegeu, 'per ex., {{Cite web |title=World Population Information |url=http://www.census.gov/ipc/www/world.html |data-acceso=28 de setembro de 2006 |publisher=U.S. Census Bureau}}): La biomassa total de tota classe d'éssers vius s'estima que està per sobre de 6.8&nbsp;x&nbsp;10<sup>13</sup>&nbsp;kg (75 billions de tones) </ref>.
 
Preto de nove décimas partes da biomasa da terra é de orixe vexetal, da cal depende a supervivencia da vida animal.<ref>{{Cite web |first=Peter V. |last=Sengbusch |title=The Flow of Energy in Ecosystems - Productivity, Food Chain, and Trophic Level |work=Botany online |publisher=University of Hamburg Department of Biology |url=http://www.biologie.uni-hamburg.de/b-online/e54/54c.htm |data-acceso=23 de setembro de 2006}}</ref>. Ata a data, identificáronse máis de 2 millóns de especies de plantas e animais<ref>{{Cite web |last=Pidwirny |first=Michael |year=2006 |work=Fundamentals of Physical Geography (2nd Edition) |title=Introduction to the Biosphere: Species Diversity and Biodiversity |url=http://www.physicalgeography.net/fundamentals/9h.html |data-acceso=23 de setembro de 2006}}</ref>, as estimacións realizadas sobre a cantidade real de especies existentes varían entre uns poucos millóns e máis de 50 millóns de especies.<ref>{{Cite web |url=http://faculty.plattsburgh.edu/thomas.wolosz/howmanysp.htm |title=How Many Species are There? |work=Extinction Web Page Class Notes |data-acceso=23 de setembro de 2006}}</ref><ref>"Animal." World Book Encyclopedia. 16 vols. Chicago: World Book, 2003. This source gives an estimate of from 2-50 million.</ref><ref>{{Cite web |url=http://www.sciencedaily.com/releases/2003/05/030526103731.htm |title=Just How Many Species Are There, Anyway? |publisher=Science Daily |year=2003 |data-acceso=26 de setembro de 2006 }}</ref>
Liña 110:
{{Artigo principal|Evolución}}
[[Ficheiro:Tree of life.svg|miniatura|dereita|250px||<center>Árbore da vida aceptado na actualidade]]
A vida, tal e como se entende xeralmente, só se constatou que existe no planeta Terra. A orixe da vida é aínda un proceso pobremente comprendido, pero crese que apareceu fai uns 3.900 e 3.500 millóns de anos, durante os [[Eón xeolóxico|eóns]] do [[Eón Hadeico|hadeico]] ou [[Eón Arcaico|arcaico]], nos que a Terra tiña unhas condicións ambientais substancialmente diferentes das actuais<ref> http://mic.sgmjournals.org/cgi/content/full/148/1/21?view=long&pmid=11782495 A enigma da orixe da vida e o seu ritmo ''en inglés''</ref>. Estas formas vitais primixenias xa posuían a capacidade de autoreplicación e de transmisión hereditaria. Unha vez que a vida apareceu, o proceso da evolución, aparentemente mediante a [[selección natural]], xerou a formación de diversas formas de vida.
 
As especies que non foron quen de afacerse aos cambios ambientais e á [[competencia (bioloxía)|competencia]] doutras formas de vida extinguíronse. Malia todo, os rexistros fósiles gardan a evidencia da existencia pasada de moitas destas especies antigas. Os [[fósil]]es e o [[ácido desoxirribonucleico|ADN]] confirman a evidencia de que todas as especies existentes forman parte dalgunha liñaxe ligada a tódalas formas de vida primixenias.
Liña 119:
{{Artigo principal|Microorganismo}}
[[Ficheiro:E coli at 10000x, original.jpg|miniatura|250px|<center>''[[Escherichia coli]]''<br />(aumentado 10.000 veces)]]
A primeiras formas de vida que se desenvolveron á Terra foron [[microbio]]s, microorganismos dunha soa [[célula]], de medida moi pequena, por baixo da [[visión]] do ollo humano. Foron os únicos [[ser vivo|seres vivos]] que existiron ata a aparición dos organismos [[pluricelular]]es, agora fai uns mil millóns de anos<ref>http://www.pubmedcentral.nih.gov/picrender.fcgi?artid=44277&blobtype=pdf O tempo e modo da evolución dende o Precámbrico ao Fanerozoico</ref> Os microbios inclúen ás [[bacteria]]s, os fungos, os ''[[archaea]]'' e os [[protista]]s.
 
Estas formas de vida pódense atopar en todos os recunchos do planeta onde hai [[auga]] en estado líquido, ata no interior das rochas <ref>http://www.pnas.org/cgi/reprint/91/5/1810 Bacterias anaeróbias termófilas illadas nunha fonda poza de granito en Suecia ''en inglés''</ref>.A súa capacidade [[reprodución|reprodutora]] é moi elevada, cun ciclo moi curto, sendo moi prolíficos. Ademais, teñen un índice de mutación moi alto e poden realizar unha [[transferencia horizontal de xenes]]. Estas características convérteos nuns seres altamente adaptables, e capaces de sobrevivir en ambientes de nova aparición, incluíndo o [[espazo exterior]]. Forman unha parte esencial do [[ecosistema]] planetario, aínda cando fai falta destacar que algúns destes microorganismos son [[patóxeno]]s, é dicir, son a fonte de moitas das [[doenza]]s doutros organismos.
Liña 125:
=== As plantas ===
{{Artigo principal|Planta}}
[[Ficheiro:Plants.jpg|miniatura|dereita|<center>Selección de [[plantas|especies de plantas]]<center/center>]]
A diferenza entre a vida animal e a vexetal non é tan taxativa como poida parecer, xa que hai algúns seres vivos que reúnen características de ambas as dúas categorías. [[Aristóteles]] dividiu todos os seres vivos en plantas, que en xeral non se moven, e animais, que si o fan. No sistema de [[Carolus Linnaeus|Linnaeus]], estes dous grandes grupos convertéronse nos reinos ''Vegetabilia'' (máis tarde ''Plantae'') e ''Animalia''. Dende as sementes, viuse que o reino ''Plantae'', tal e como estaba definido orixinalmente, incluía varios grupos sen ningunha relación, e separáronse os fungos e varios grupos de ''[[alga]]s'' trasladándoos a reinos novos; aínda así, continúanse considerando plantas nalgúns contextos. Con respecto ás [[bacteria]]s, inclúense ás veces dentro a [[flora]];<ref>http://biology.usgs.gov/s+t/SNT/noframe/zy198.htm Situación e Tendencias dos recursos biolóxicos da nación</ref> tanto é así, que certas clasificacións empregas os termos flora bacteriana e flora vexetal de xeito separada.
 
Unha dos moitos xeitos de clasificar as plantas é por ''floras rexionais'', que, en función dos obxectivos do estudo, poden incluír tamén á flora [[fósil]], os restos de vida vexetal do pasado. Esta diversidade varía moito debido ás diferenzas de climas e da constitución do [[solo|chan]].
 
A flora rexional adóitase dividir en subcategorías como son ''flora nativa'' a que aparece de xeito espontáneo, a ''flora agrícola'' e a ''flora de xardín'', que son as que cultiva o home intencionadamente. Algunhas clases de flora nativa, en realidade foron introducidas fai [[século]]s, por exemplo, por [[emigrantes]] que viaxaron dunha rexión ou continente a outro, e co paso do tempo convertéronse en parte da flora nativa ou natural do novo hábitat. Este é un exemplo máis de como a acción humana pode influír naquilo que se considera "natureza". Sirva como exemplo o [[castiñeiro]] ''Castanea sativa'', árbore [[caducifolia]] moi común nos montes de [[Galicia]] cuxa forte aclimatación ás terras e condicións galegas fai pensar que é unha especie autóctona, cando en realidade foi introducida no tempo dos [[Imperio romano|romanos]].<ref>http://www.rios-galegos.com/arb33.htm#Historia_do_castiñeiro:_ Historia do Castiñeiro</ref><ref>http://www.galicias.com/camba/traballos/t/castineiro.htm O Castiñeiro</ref>
Liña 137:
{{Artigo principal|Animal}}
[[Ficheiro:Wilderbeest.jpg|miniatura|250px|dereita|<center>Rabaño de [[ñu]]s no Ngorongoro, [[Tanzania]]]]
Os animais, como categoría, teñen varias características que os diferencian dos outros seres vivos. Os animais son [[eucariontes|eucariotas]] e normalmente [[pluricelular]]es (ver ''[[Myxozoa]]''), o que os distingue das [[bacteria]]s, os ''[[archaea]]'' e a maior parte dos [[protista]]s. Son [[heterótrofo]]s, e xeralmente dixiren a comida nun órgano interno, o cal os diferenza das plantas e as [[alga]]s. Tamén se distinguen das plantas, as algas e os [[Fungi|fungos]], porque eles carecen das [[parede celular|paredes celulares]].
 
Cunhas cantas excepcións, especialmente a das [[esponxas]] (''Porifera''), os animais teñen un organismo composto por varios tecidos diferenciados, que comprenden [[músculos]], capaces de contraerse e controlar a locomoción, e un [[sistema nervioso]], que envía e procesa sinais. Na maioría dos casos, teñen un [[aparello dixestivo]] interno. As células eucariotas que teñen todos os animais están rodeadas por unha matriz extracelular característica, composta por [[coláxeno]] e [[glicoproteína]]s elásticas, que se poden [[calcificación|calcificar]] formando estruturas como os [[caparazón]]s e [[óso]]s nos cales a célula desprázase e se reorganiza durante o seu desenvolvemento e maduración, contribuíndo ao apoio da complexa [[anatomía]] necesaria para a locomoción.
Liña 149:
 
Cada organismo vivo ten unha relación continua con cada un dos outros elementos que constitúen a súa contorna. Dentro do ecosistema, as especies relaciónanse e dependen unhas das outras formando parte da denominada [[cadea trófica]], e intercámbianse [[materia]] e [[enerxía]], entre elas mesmas e coa súa contorna<ref>http://www.physicalgeography.net/fundamentals/9d.html Fundamentals of Physical Geography (2nd Edition) Introdución á Biosfera: Introdución ao concepto do ecosistema: A organización da vida ''en inglés''</ref>
[[Ficheiro:Chicago Downtown Aerial View.jpg|dereita|miniatura|250px|<center>Vista aérea dun ecosistema humano. A cidade de [[Chicago]]]]Todas as especies teñen límites de tolerancia aos factores que afectan a súa supervivencia, o seu éxito reprodutivo e a súa capacidade de continuar medrando e interactuando de xeito sostible co resto da súa contorna. Estas, á súa vez, poden influír nestes factores, as consecuencias dos cales poden estenderse a outras moitas especies ou ata á totalidade da vida<ref> http://www.physicalgeography.net/fundamentals/9e.htm Fundamentals of Physical Geography (2nd Edition) Introdución á biosfera: Factores abióticos e a distribución das especies "Abiotic Factors and Tolerance Limits" ''en inglés''</ref>. O concepto de ecosistema é, polo tanto, un obxecto de estudo importante, posto que o devandito estudo proporciona a información necesaria para tomar decisións sobre como a vida humana pode interactuar de forma que permita aos ecosistemas variados un crecemento sostido en orde ao futuro, no canto de expolia-los. Para tal estudo tómase unha unidade máis pequena denominada microecosistema. Por exemplo, un ecosistema pode ser unha pedra con toda a vida que aloxa; un macroecosistema podería comprender unha ecorexión enteira, coa súa conca hidrográfica<ref>http://www.fs.fed.us/institute/news_info/Identifying_ecoregion_boundaries.pdf Identificando os límites dunha eurorexión ''en inglés''</ref>
 
Algúns ecosistemas están sometidos actualmente a un estudo máis intensivo. Son os:
Liña 160:
[[Ficheiro:Na Pali Coast - Kauai.jpg|miniatura|dereita|250px|<center>
Nos vales aillados, ao longo da costa de Na Pali na illa de [[Hawaii]], viven tribos que alteran moi pouco a natureza que os rodea]]
Aínda que os seres humanos actualmente representan, aproximadamente, só un 0,5% da biomasa de vida total da Terra<ref>http://www.wilderness.org/Library/Documents/Beauty_Quotes.cfm Na beleza da natureza, A sociedade do ermo ''en inglés''</ref><ref>http://www.emersoncentral.com/beauty.htm Análise de Ralph Waldo Emerson sobre a beleza ''en inglés''</ref>, o efecto da súa actividade sobre a natura é desproporcionadamente grande. Debido ao alcance da influencia humana, os límites entre o que se considera a natureza e o que son os ambientes creados polo home non son claros, agás nos polos. E ata nos polos, a cantidade de ambiente natural que é libre de toda influencia humana está diminuíndo actualmente a un ritmo cada vez máis rápido, ou, segundo algúns, xa desapareceu. De feito, a especie humana é a única que modifica conscientemente a contorna para adapta-la ás súas necesidades, no canto de cambiar para asumir os cambios do ambiente.
 
O desenvolvemento da [[tecnoloxía]] pola humanidade permitiu unha maior explotación dos [[recursos naturais]] e axudou a paliar parte dos riscos que xeran os [[Risco natural|perigos naturais]]. Malia isto, aínda así, o destino da civilización humana está estreitamente ligado aos cambios no medio ambiente. Existe un complexísimo sistema de retroalimentación entre o uso da tecnoloxía adiantada e os cambios no [[medio ambiente]], que só agora se están comezando a entender, e moi lentamente<ref>http://www.lbl.gov/Science-Articles/Archive/ESD-feedback-loops.html Feedback Loops In Global Climate Change Point To A Very Hot 21st Century ''en inglés''</ref>.
 
As ameazas que a actividade humana xerou sobre a natureza inclúen a elevada [[contaminación]] e a [[deforestación]], con desastres como son, por exemplo, os vertidos de [[petróleo]] ou os grandes [[incendio forestal|incendios forestais]] causados por curtocircuítos ou neglixencias. Os humanos están contribuíndo á extinción de moitas especies de plantas e animais a través da destrución dos seus hábitats ou da [[cinexética|caza]] e a [[pesca]] masiva.
 
Os humanos empregan a natureza para actividades tanto económicas como de lecer. A obtención de recursos naturais para o uso industrial continúa sendo unha parte esencial do sistema económico mundial. Algunhas actividades, como a caza e a pesca, utilízanse tanto para necesidades económicas como para o lecer. A aparición da [[agricultura]] tivo lugar ao redor do milenio IX aC e observando a evolución da produción de [[alimento]]s e da obtención de [[enerxía]], non hai dúbida que a natureza é e foi o principal factor da riqueza económica. Igualmente, a natureza é fonte de ingresos polo [[turismo]], posto que as paisaxes consideradas exóticas ou fermosas atraen aos viaxeiros.
 
Os primeiros humanos recollían materiais das plantas sen ningún tipo de cultivo, e empregábanas como comida e como remedio par á saúde, aproveitando as súas propiedades medicinais.<ref>http://www.nps.gov/plants/medicinal/plants.htm Plant Conservation Alliance - Medicinal Plant Working Groups Green Medicine ''en inglés''</ref>. Posteriormente o desenvolvemento da agricultura potenciou e modificou este uso das plantas. A limpeza de amplas superficies de terra para facer posible colleitas maiores levou a unha redución significativa da cantidade dispoñible de [[bosque]]s e [[pantano]]s, ocasionando a perda de hábitat para moitas especies de plantas e animais; ademais, propiciaron unhas condicións favorables á [[erosión]] do terreo<ref>http://www.eh-resources.org/philosophy.html A historia do medio ambiente: Entre a ciencia e a filosofía, Historia dos recursos do medio ambiente ''en inglés''</ref>.
Liña 172:
=== Zonas salvaxes ===
[[Ficheiro:Daintree Rainforest.JPG|miniatura|200px|O Daintree Rainforest, zona salvaxe de [[Queensland]], [[Australia]].]]
Aplícase o cualificativo de "salvaxe" a algo que se atopa nun estado puramente natural, sen ningún tipo de influencia humana; neste sentido emprégase tamén o termo "virxe". Unha zona salvaxe ou virxe é unha contorna natural da [[Terra]] que non foi modificado pola acción do home. Os [[ecoloxismo|ecoloxistas]] consideran que as áreas virxes son unha parte do ecosistema natural do planeta, da [[biosfera]].
 
A palabra "salvaxe" evoca aquilo que non é controlable polos humanos e a expresión "zona virxe" evoca inmediatamente a idea de algo que non coñece a acción do home, que aínda é descoñecido. Aínda así, fai falta relativizar o concepto e pódese entender que a presenza ou actividade humana non necesariamente implica que unha zona deixe de ser virxe. Algúns ecosistemas que están, ou foron, habitados ou influídos polas actividades humanas poden considerarse como virxes cando os procesos naturais discorren sen interferencias humanas notorias.
Liña 178:
=== A perspectiva artística ===
[[Ficheiro:Chinesischer Maler des 11. Jahrhunderts (I) 001.jpg|miniatura|130px|esquerda|<center>Pintura chinesa <br />([[século XI]])<ref>''Templo budista nas montañas''. Tinta sobre seda do século XI. Nelson-Atkins Museum of Art, Kansas City (Missouri)</ref>]]
Botando unha ollada a través da lente das artes visuais, a natureza salvaxe foi un tema importante en varias épocas da [[historia universal]]. Unha primeira tradición da arte paisaxística foi desenvolta pola Dinastía Tang (618-907); a tradición de representar a natureza tal e como é converteuse nun dos propósitos da pintura chinesa e significou unha influencia importante dentro da [[arte asiática]]. Os artistas aprendían a describir montañas e ríos "dende a perspectiva da natureza global e en base á comprensión das leis da natureza ... coma se se vira a través dos ollos dun paxaro."<ref>[http://www.asia-art.net/chinese_tech_brush.html Chinese brush painting] Asia-art.net Accessed: Asia art.net ''en inglés'' </ref>.
 
Ao mundo occidental, a idea da natureza salvaxe como un valor intrínseco apareceu no [[século XIX]], especialmente nas obras dos artistas do [[Romanticismo]]. Artistas [[Reino Unido|británicos]] como [[John Constable]] e [[Joseph Mallord William Turner]] adicáronse a plasmar a beleza do mundo natural nos seus cadros. Antes, as pinturas representaran sobre todo escenas relixiosas, costumistas ou de seres humanos. A poesía de [[William Wordsworth]] describe as marabillas do mundo natural, que antes se vía como un lugar ameazador. Cada vez máis, a valoración da natureza foise convertendo nun valor importante dentro a cultura occidental<ref>http://www.spacesfornature.org/greatspaces/conservation.html History of Conservation BC Spaces for Nature ''en inglés''</ref>.
Liña 185:
[[Ficheiro:Salmonlarvakils.jpg|miniatura|dereita|200px|<center>Eclosión dun [[salmón atlántico|salmón]]. <br />O nacemento e a natureza.<ref>Unha das raíces latinas de "natureza" é ''natus'', que deriva de ''nasci'', "nacer". http://www.etymonline.com/index.php?term=nature Online Etymology Dictionary Dicionario inglés de etimoloxía online ''en inglés''</ref>]]
 
A [[beleza]] da natureza é un tema recorrente na vida moderna e na [[arte]]: os libros que o enxalzan enchen grandes andeis das bibliotecas e librerías. Esta cara da natureza, que a arte ([[fotografía]], [[pintura]], [[poesía]] etc.) retratou e eloxiou en moitas ocasións revela a forza con que moitas persoas asocian a natureza coa beleza. O porqué da existencia desta asociación e debido a que constitúen o campo de estudo da [[estética]], unha rama da [[filosofía]]. Para a [[relixión]], a beleza explícase porque é creación de Deus, e polo tanto perfecta. Moitas culturas teñen unha imaxe da natureza como chea de divindade, ou identificada directamente coa divindade ([[panteísmo]]).
 
Máis aló de certas características básicas da natureza, na beleza das cales coinciden bastantes filósofos, hai unha gran diversidade de opinións<ref>http://www.wilderness.org/Library/Documents/Beauty_Quotes.cfm</ref><ref>http://www.emersoncentral.com/beauty.htm</ref> Moitos científicos, que estudan a natureza de xeito máis específico e organizado, tamén comparten a idea de que a natureza é fermosa.
 
O [[matemático]] francés [[Henri Poincaré]] (1854-1912) dixo: {{Cita|O científico non estuda a natureza porque é útil, senón porque con ela se deleita, e deléitase porque é fermosa. Se a natureza non fose fermosa, non pagaría a pena coñecela, e se non pagase a pena coñecela, tampouco pagaría a pena vivir. Sen dúbida, non me refiro aquí á beleza que estimula os sentidos, a das calidades e as aparencias; non é que a infravalore, en absoluto, senón que esta non ten nada que facer coa ciencia. Refírome á beleza máis profunda, a que procede da orde harmoniosa das partes e que unha intelixencia pura pode captar}}
Liña 195:
== Materia e enerxía ==
{{Artigo principal|Física|Materia|Enerxía}}
Algúns campos da [[ciencia]] ven a natureza como "materia en movemento", obedecendo a certas leis naturais que a ciencia encárgase de descubrir e entender. Por esta razón a ciencia máis fundamental denomínase "[[física]]", termo no que aínda se pode recoñecer o sentido inicial do estudo da natureza. Adóitase definir a [[materia]] como a substancia da que se compoñen os obxectos físicos, e que constitúe o universo observable. Segundo a teoría da relatividade especial, non existe ningunha distinción inalterable entre materia e [[enerxía]], posto que a materia pódese converter en enerxía, e viceversa. Actualmente crese que os compoñentes visibles do universo constitúen unicamente un 4 por cento da [[masa]] total, e que o resto consiste nun 23 por cento de [[materia escura]] e un 73 por cento de [[enerxía escura]]<ref>{{Http://map.gsfc.nasa.gov/m_mm/mr_limits.html ''en inglés''</ref>. A natureza exacta destes compoñentes é aínda descoñecida e é unha temática que actualmente está sendo investigada de xeito intensivo polos físicos.
 
O comportamento da materia e a enerxía do universo observable parece corresponderse con leis físicas ben definidas. Estas empregáronse por crear modelos [[cosmoloxía|cosmolóxicos]] que explican satisfactoriamente a estrutura e a evolución do universo que se pode observar. As expresións matemáticas das leis físicas empregan un conxunto de vinte [[constantes físicas]]<ref>http://www.physics.nist.gov/cuu/Constants/introduction.html ''en inglés''</ref> que, a través do universo observable, parecen estáticas<ref>http://arxiv.org/abs/physics/0004062 ''en inglés''</ref>.
Liña 210:
 
== Notas ==
{{listarefListaref|230em}}
 
== Véxase tamén ==