Cristalino: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
retiro ligazóns agora proporcionadas polo Wikidata
m Arranxos varios using AWB
Liña 1:
[[Ficheiro:Schematic diagram of the human eye pt.svg|250px|miniatura|dereita|Diagrama esquemático do [[ollo]] humano]]
O '''cristalino''' é un compoñente do [[ollo]] con forma de lente [[biconvexo|biconvexa]] que se atopa situado tralo [[Iris (anatomía)|iris]] e diante do [[humor vítreo]]. A súa función principal consiste en permitir enfocar obxectos situados a diferentes distancias. Este obxectivo conséguese mediante un aumento da súa curvatura e do seu espesor, proceso chamado [[acomodación ocular|acomodación]]. O cristalino caracterízase pola súa alta concentración en [[proteína]]s, que lle confiren un índice de refracción máis elevado que os fluídos que o rodean. Este feito é o que lle outorga a súa capacidade para [[refracción|refractar]] a [[luz]], axudando á [[córnea]] a formar as imaxes sobre a [[retina]].
 
A medida que medra a idade do suxeito, o cristalino vai perdendo progresivamente a súa capacidade para acomodar. Este fenómeno coñécese como [[presbicia]] ou vista cansa e as súas causas descoñécense. Afecta á totalidade da poboación a partir dos cincuenta anos de idade, esixindo o uso de lentes para enfocar obxectos achegados. A principal doenza que afecta ao cristalino son as [[catarata]]s. Por este nome coñécese a calquera perda da súa [[Transparencia (óptica)|transparencia]] que afecte á visión. As súas causas son diversas e cando se atopan nun estado avanzado requiren dunha operación cirúrxica.
 
== Anatomía ==
[[Ficheiro:Lens_parts-es.svg|dereita|miniatura|200px|Diagrama [[saxital]] coas diferentes partes do cristalino]]
O cristalino é un corpo [[lentes|lenticular]], transparente, incoloro, biconvexo, flexible e [[avascular]]. O cristalino atópase no [[segmento anterior]] do [[ollo|globo ocular]], detrás do iris e o [[humor acuoso]] e diante do humor vítreo. Debido á ausencia de [[vaso sanguíneo|vasos sanguíneos]] no seu interior, a nutrición do cristalino depende principalmente de intercambios co humor acuoso. A curvatura da cara anterior (a que limita co humor acuoso) é inferior á da cara posterior. Os centros de ditas son coñecidos, respectivamente, como polo anterior e polo posterior, mentres que a liña que os une chámase eixo do cristalino. A anchura entre as caras anterior e posterior denomínase espesor do cristalino; para un recentemente nado sen acomodación, o seu valor é duns 3.5 milímetros<ref>Le Grand, E.; O Hage, S. G. ''Physiological Optics''. Páxinas 93 a 100.</ref>. Á circunferencia que delimita as dúas caras mencionadas chámase ecuador, mentres que ao seu diámetro coñécese como diámetro do cristalino.
 
Atópase arrodeado por unha cápsula transparente, elástica e acelular, tamén chamada [[cristaloides]], que está conectada ao [[músculo ciliar]] por medio dunhas fibras denominadas [[zónulas de Zinn]]. No interior do cristalino existen dúas zonas principais: o núcleo e a codia. A superficie anterior da codia está recuberta por un [[epitelio]], sendo este o único tecido do cristalino que é capaz de rexenerarse.
 
[[Ficheiro:Gray884.png|dereita|miniatura|200px|Ilustración da ''[[Anatomía de Gray|]]''Anatomía de Gray'']] que amosa a codia (''external layers'') e o núcleo (''nucleus'') do cristalino. Aprécianse as diferentes capas concéntricas que van formando as novas células]]
 
[[Ficheiro:Gray885.png|dereita|miniatura|200px|Ilustración da 20ª edición da ''Anatomía de Gray'' coa disposición das liñas de sutura nas superficies posterior (''A'') e anterior (''B'') do cristalino do recentemente nado]]
 
As fibras zonulares son finas e elásticas. Poden ser divididas en dous grupos de acordo á súa localización: as zónulas posteriores e as anteriores. As anteriores ocupan a rexión situada entre os [[proceso ciliar|procesos ciliares]] e a cápsula, uníndose á derradeira nas proximidades da rexión ecuatorial; as posteriores esténdense dende a unión do músculo ciliar coa [[ora serrata]] ata os procesos ciliares. A unión das fibras posteriores e anteriores, denominada [[plexo zonular]], está ligada ao epitelio do [[corpo ciliar]], nos vales dos procesos, por medio dun sistema de fibras secundario<ref>Adrian Glasser. ''Accomodation: Mechanism and Measurement''. Ophthalmology Clinics of North America</ref>.
Liña 20:
As fibras do interior van perdendo os [[orgánulo]]s intracelulares, no que parece ser un proceso de [[apoptose]]. Este feito axuda a reducir a absorción e a mellorar a transparencia do medio, á que tamén pode contribuír a regularidade das fibras (transversalmente, seguen unha configuración hexagonal). Ademais, como consecuencia deste crecemento tamén se produce un endurecemento do cristalino<ref>Paul L. Kaufman, Albert Alm. ''Adler. Fisiología del Ojo. Aplicación Clínica''. Capítulos 5 e 7</ref>.
 
O cristalino presenta unhas liñas de [[sutura]] que parten dos polos e esténdense radialmente. Estas liñas correspóndense coas rexións nas que coinciden fibras con direccións de alongamento contrarias. No feto, na cara anterior hai tres liñas dispostas en ángulos de 120 graos, en forma de "Y", mentres que na posterior configuran outro "Y" invertido. Coa idade, como se van engadindo novas fibras, a estrutura vaise complicando.
 
No [[feto]], a forma do cristalino é aproximadamente esférica e é máis brando que no estado adulto. Neste período, o seu desenvolvemento é apoiado pola [[arteria hialoidea]], unha póla da [[arteria oftálmica]] que atravesa o humor vítreo, estendéndose dende o [[disco óptico]] ata o cristalino. Esta arteria adoita involucionar no noveno mes de embarazo; os restos da mesma forman a [[canle de Cloquet]].
 
== Historia ==
Ata a chegada da [[Alexandría|época alexandrina]], o coñecemento do cristalino era moi deficiente. Mostra diso é que os [[Grecia|gregos]] non adoptaron un vocablo para referirse a esta parte do ollo ata a chegada da devandita etapa. Unha consideración moi estendida naquela época era a de que o cristalino era líquido, solidificándose unicamente como consecuencia dalgunha enfermidade ou como resultado da disección. Así, existe unha vaga alusión do pioneiro da medicina moderna, [[Hipócrates]], a un compoñente do fluído do ollo que "cando se arrefría, vólvese sólido". Especúlase con que esta sexa a primeira referencia escrita sobre o cristalino.
 
O traballo dos anatomistas gregos de [[Alexandría]] quedou presumiblemente recollido na obra ''De Medicina'', do enciclopedista romano [[Aulo Cornelio Celso]] (25 adC-50 dC). Nesta obra recollíase unha crenza que predominaría ata a [[Idade Moderna]]: a de que o cristalino era o órgano no que se orixinaba a percepción visual. Xogaría así o papel que na actualidade adxudícase á [[retina]]. Tamén cometeu o erro de situar o cristalino no centro do [[globo ocular]], erro no que tamén incorrerían outros autores.
 
[[Ficheiro:Kepler_Optica.jpg|dereita|miniatura|200px|Ilustración da obra de Kepler ''Astronomiae Pars Optica'', con diversas representacións do ollo humano. En particular, a figura da esquina superior esquerda mostra o esquema do ollo realizado por Félix Platter]]
 
No [[século II]] destaca o médico grego [[Galeno]], cuxa obra influíu de xeito determinante sobre a medicina [[Europa|europea]] durante máis dun milenio. Algúns anos antes, o anatomista [[Rufo de Éfeso]] situara o cristalino na súa localización correcta, próximo á [[pupila]]. Pola súa banda, Galeno sostivo, de novo, que o cristalino era o órgano principal do sentido da vista no interior do ollo, servindo ás demais partes do globo ocular como apoio para o seu funcionamento. Para sustentar a súa afirmación, argumentou que a presenza dunha [[cataratas|catarata]] podía provocar [[cegueira]]. Galeno tamén decatouse de que a curvatura da superficie anterior era inferior á da posterior<ref>Frank J. Lovicu, Michael L. Robinson. ''Development of the Ocular Lens''. Páxinas 3 á 14.</ref>.
 
Logo de Galeno, practicamente non houbo avances en canto ao coñecemento do cristalino ata a Idade Moderna. O anatomista [[Félix Platter]] (1536-1614), que influiría sobre os estudos da Óptica ocular de [[Johannes Kepler|Kepler]], sinalou á retina como o punto de partida da percepción, relegando ao cristalino a un papel óptico. Outro astrónomo que apoiou as ideas de Platter foi [[Christoph Scheiner|Scheiner]], que tamén presentou a primeira representación do ollo anatomicamente correcta, co cristalino e o nervio óptico nas súas localizacións reais<ref>Wade. ''Image, eye, and retina (invited review)'' </ref>.
 
Os estudos en [[Bioloxía]] experimentaron un importante pulo no [[século XVII]] grazas á invención do [[microscopio]]. Por exemplo, o científico [[Países Baixos|neerlandés]] [[Anton van Leeuwenhoek]], coñecido polas melloras que introduciu neste instrumento, empregouno para examinar as diferentes partes do ollo, descubrindo a existencia de fibras no cristalino.
 
== Notas ==