Mauregato: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
m Arranxos varios using AWB
Liña 5:
Pola etimoloxía do seu nome, algúns autores cren que era fillo bastardo do rei [[Afonso I de Asturias|Afonso I]] e dunha muller de crenzas musulmás. Logo da morte do rei [[Silo (rei)|Silo]], no [[783]], foi electo sucesor o aínda mozo Afonso (o futuro [[Afonso II de Oviedo|Afonso II]]), que protexía a raíña [[Adosinda (raíña)|Adosinda]], viúva de Silo. Mais Mauregato, apoiado por unha parte da nobreza, organizou unha forte oposición que callou no retiro de Afonso para [[Álava]].
 
Mauregato tomou posesión do trono, sendo coroado novo rei. O seu enfrontamento co rei Afonso II levou a unha posterior difamación sobre el e o seu reinado:
 
{{cita|Debería interpretarse como parte da ''damnatio memoriae'' emprendida contra [[Silo (rei)|Silo]], Mauregato e [[Vermudo I]], cuxa causa non estriba en absoluto nas boas relacións cos musulmáns, pois estas foron se cadra aínda máis intensas en épocas posteriores e por parte de monarcas supostamente ''reconquistadores'', senón no simple feito de ditos "reis" obstaculizaren o ascenso ao trono de Afonso II, personaxe claramente favorito da construción historiográfica do ciclo de [[Afonso III o Magno|Afonso III]] e os seus continuadores<ref>López Carreira, A. ''O reino medieval de Galicia''. Edicións A Nosa Terra, 2005, páxina 178</ref>.}}
 
=== O Adopcionismo ===
As fontes históricas apenas informan sobre o seu reinado. O acontecemento máis salientábel estivo constituído polas disputas orixinadas polo espallamento da doutrina [[adopcionismo|adopcionista]], que sostiña nesta altura o bispo de [[Toledo]], [[Elipando]]. A ortodoxia foi defendida polo monxe [[Beato de Liébana|Beato]], residente nun mosteiro do val de [[Liébana]], na actual [[Cantabria]]. O problema levaría á intervención do clero carolinxio, en anos posteriores xa ao reinado de Mauregato.
 
=== O tributo das cen doncelas ===