Giovanni Boccaccio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
m Arranxos varios using AWB
Liña 19:
|tamaño_sinatura =
}}
'''Giovanni Boccaccio''' naceu no 1313 seguramente na rexión de [[Florencia]] ([[Italia]]) e finado o [[21 de decembro]] de [[1375]], foi un [[escritor]] e [[humanismo|humanista]] [[Italia|italianoitalia]]no. É un dos pais, xunto con [[Dante]] e [[Petrarca]], da literatura en italiano. Compuxo tamén varias obras en [[Lingua latina|latín]]. É recordado sobre todo como autor do ''[[Decamerón]]''.
 
== Biografía ==
Giovanni Boccaccio naceu en xuño ou xullo de 1313,<ref> [http://www.brown.edu/Departments/Italian_Studies/dweb/boccaccio/life1_i.shtml "Vita e opere di Boccaccio. Prima parte"] {{it}}. Consultado o 23/VI/2009.</ref> fillo ilexítimo do mercador Boccaccio (Boccaccino) di Chellino, axente da poderosa compañía mercantil dos Bardi. Nada se sabe con certeza acerca da identidade da súa nai. Discútese onde naceu Boccaccio: puido nacer en [[Firenze|Florencia]], en [[Certaldo]] ou, incluso, segundo algunhas fontes, en [[París]], lugar ao que se desprazaba moitas veces seu pai por motivos de traballo. Sábese que a súa infancia transcorreu en Florencia, e que foi acollido e educado polo seu pai, e incluso continuou vivindo na casa paterna despois de 1319, cando o pai casou con Margherita dei Mardoli. Boccaccio viviu en Florencia até 1325 ou 1327, cando o seu pai o enviou a traballar á oficina que a compañía posuía en [[Nápoles]].
 
Como Boccaccio mostraba escasa inclinación cara os negocios, o pai decidiu en 1331 encamiñalo caro o estudo do dereito canónico. Tras un novo fracaso, dedicouse por completo ás letras, baixo a tutela de destacados eruditos da corte napolitana, como [[Paolo da Perugia]] e [[Andalò di Negro]]. Frecuentou o ambiente refinado da corte de [[Roberto de Anjou]], que era amigo persoal do seu pai. Entre 1330 e 1331 ensinou [[Dereito]] na Universidade de Nápoles o poeta [[dolce stil nuovo|stilnovista]] [[Cino da Pistoia]], quen tivo unha influencia notable no Boccaccio mozo.
Liña 54:
* [http://www.biografiasyvidas.com/biografia/b/boccaccio.htm Unha biografia en castelán.]
* [http://www.bibliotecasvirtuales.com/biblioteca/OtrosAutoresdelaLiteraturaUniversal/boccaccio/ Outra pequena biografía en castelán.]
 
{{ORDENAR:Boccaccio}}
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Boccaccio}}
[[Categoría:Escritores en lingua italiana]]
[[Categoría:Escritores de Italia]]