Máximo Mena: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
arranxo categoría
m Arranxos varios using AWB
Liña 1:
'''Máximo Mena''', nado en [[1942]] e finado en [[Córdoba, Arxentina|Córdoba]] o [[29 de maio]] de [[1969]], foi un obreiro [[Arxentina|arxentino]] do sindicato de mecánicos [[SMATA]] ([[Confederación General del Trabajo|CGT]]), [[asasinato|asasinado]] durante as primeiras horas dunha folga xeral decidida polo sindicalismo cordobés o 29 de maio de 1969, durante a ditadura militar dirixida polo xeneral [[Juan Carlos Onganía]]. O seu asasinato foi unha das causas inmediatas que desencadeou a rebelión popular coñecida como [[Cordobazo]].
 
== Circunstancias e impacto da súa morte ==
O [[26 de maio]] de 1969 o sindicalismo cordobés decidira unha folga xeral de 37 horas, para os días 29 e 30 de maio, en coordinación coa [[Federación Universitaria Arxentina|movemento estudantil]]
 
Máximo Mena integraba a columna da planta de [[Gran Córdoba|Santa Isabel]] da empresa IKA<ref>[http://www.auto-historia.com.ar/Historias/IKA%20Historia.htm ''Historia'', Industrias Kaiser Argentina].</ref> integrada por uns 3.000 obreiros que avanzou sobre a cidade de Córdoba pola ruta cara a [[Alta Graza]].
 
A columna entrou á cidade pola ruta Nº 36 e chegou ata a Avenida Vélez Sarfield onde desbordou a barreira policial. Pouco despois a columna volveu chocar coa policial no Fogar Escola Pablo Pizzurno.
 
En Bulevard San Juan e Arturo M. Bas a policía abriu fogo sobre a columna e Máximo Mena cae morto<ref>[http://www.pagina12.com.ar/1999/99-05/99-05-29/pag13.htm ''El Cordobazo'', por Luis Bruschtein, Páx. 12, 29 de mayo de 1999]</ref>.
 
Ao correrse a noticia do asasinato de Mena produciuse un rexeitamento popular que impulsou a masificación das mobilizacións.
 
Oficialmente informouse que houbo 34 persoas mortas e 400 feridos.<ref>[http://www.cordobaargentina.com.ar/system/contenido.php?id_cat=46 Un poco de historia: el día que Córdoba le habló a la nación].</ref>