Piemonte: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
engado control de autoridades
m Arranxos varios using AWB
Liña 42:
| notas =<center>[http://www.regione.piemonte.it/ Sitio web oficial]</center>
}}
O '''Piemonte'''<ref>{{DRAG|piemontés}}</ref><ref name="Diciopedia">{{cita libro |título=Diciopedia do século 21 |isbn=9788482893600 |outros=Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición)|ano=2007 |editor=Editorial Galaxia |páxina=1631|volume=3}}</ref> (en [[piemontés]]: ''Piemont'', en [[lingua italiana|italiano]]: ''Piemonte'', en [[lingua francoprovenzal|arpitano]]: ''Piemont'', en [[lingua occitana|occitano]]: ''Piemont'') é unha rexión da [[Italia]] noroccidental, que conta con preto de 4,5 millóns de habitantes con capital en [[Turín]].
 
Limita ao oeste con [[Francia]] (rexións de [[Ródano-Alpes]] e [[Provenza-Alpes-Costa Azul]]), ao noroeste coa rexión do [[Val de Aosta]], ao norte con [[Suíza]] (cantóns de [[Valais]] e [[Tesino]]), ao leste coa [[Lombardía]], ao sueste coa [[Emilia-Romaña]] e ao sur coa rexión italiana da [[Liguria]]. A rexión é, xunto coa Lombardía, a zona máis industrializada de Italia, e é sede de grandes empresas, entre as que destaca o Gruppo FIAT (propietario de [[Ferrari]], [[Maserati]], [[Alfa Romeo]], [[Lancia]] e [[Fiat]]).
Liña 48:
== Xeografía ==
[[Ficheiro:Cannero-Riviera-Lungolago.jpg|miniatura|esquerda|220px|Cannero-Riviera, no Lago Maggiore]]
O territorio da rexión é de xeito predominante montañoso (ao redor do 43,3% do territorio rexional). As principais cadeas montañosas son os [[Alpes]], que rodean a zona occidental da rexión, e os [[Apeninos]], situados no límite coa [[Liguria]] e a [[Emilia-Romaña]].
 
O [[río Po]] atravesa a chaira homónima. As principais zonas de baixa montaña son o Canavese (no noroeste), as Langas e o Roero (ao suroeste) e o Monferrato (ao sur). Tamén conta con numerosos lagos alpinos de orixe glaciar. O lago Maggiore, un dos lagos máis grandes de Italia, marca o límite ao leste coa Lombardía, xunto co seu emisario, o río [[Ticino]].
 
As altas montañas de máis de 3.000 metros descenden rápido ás chairas, formándose ao pé das rochas amplas extensións de bosque, de aí ven o nome da rexión do Piemonte (''al piede dei monti'': ao pé dos montes). Os vales da rexión están fortemente marcados pola actividade humana, atopándose importantes vías de comunicación internacionais por estrada e infraestruturas ferroviarias de primeiro nivel. Nos vales menores pódense encontrar encoros, centrais hidroeléctricas e centros turísticos.
 
Nalgúns vales aínda se dá a agricultura con cultivos de cereais, forraxe e froitas, aínda que na área de Turín a paisaxe típica é a industrial. Integramente obra do home e froito dun traballo secular é a paisaxe dos arrozais nas chairas das provincias de [[Vercelli]] e de [[Novara]]. O arroz comparte protagonismo con outros cereais e a forraxe.
Liña 58:
== Historia ==
[[Ficheiro:Torino-teatroromano01.jpg|miniatura|esquerda|Teatro romano de Turín]]
Habitado desde o neolítico, despois do desxeo no alto Val Padano no [[-1000|primeiro milenio a.C.]], foi ocupado polas poboacións [[celtas]] ou lígures dos Taurini e dos Salassi, posteriormente sometidos polos [[Imperio Romano|romanos]] ([[-220|220 a.C.]]), que fundaron colonias como Augusta Turinorum (Turín) ou Eporedia (Ivrea). Despois da crise da parte occidental do imperio, a rexión sufriu incursións, loitas e conquistas por parte de pobos bárbaros, como os [[burgundios]], os [[godos]] (no [[século V]]), os [[bizantinos]], os [[longobardos]] (no [[século VI]]) ou os [[francos]] ([[773]]), aínda que sempre conservando unha certa autonomía.
 
Nos [[século IX|séculos IX]] e [[século X|X]] a rexión sufriu novas incursións, esta vez dos [[Hungría|húngaro]] e dos [[Arabia|sarracenos]], que destruíron, entre outros monumentos, a abadía de Novalesa no Val de Susa. Nesa época administrativamente dividido en condados e marquesados, foi reunificada en parte no [[século XI]] por [[Olderio Manfredi]], que conseguiu os importantes marquesados de Turín e Ivrea, deixándoos en herdanza ao seu xenro Oldone de Savoia, fillo de Umberto I Biancamano.
 
O proceso de reunificación do Piemonte baixo os [[Casa de Savoia|Savoia]] necesitou varios séculos, primeiro para a formación dos concellos autónomos, como [[Asti]] e [[Alessandria]] (no [[século XII]]), e marquesados fortes, como os de Saluzzo ([[século XI]]) e de Monferrato ([[século XII]]). Despois viñeron as intervencións de potentes señores alleos á rexión, como os Visconti (no [[século XIV]]), así como a inclusión do Piemonte nas loitas entre os [[Habsburgo]] e os [[Valois]] para acadar a hexemonía de Italia en [[Europa]] ([[século XVI]]). Só despois da paz de Cateau-Cambrésis (en [[1559]]) [[Emmanuele Filiberto]] e os seus sucesores puideron encamiñar o proceso de definitiva reunificación, finalizado en [[1748]] coa paz de Aachen.
Liña 75:
[[Ficheiro:Novara PiazzaGramsci.jpg|miniatura|Novara]]
[[Ficheiro:Alessandria03.jpg|miniatura|Alessandria]]
O Piemonte ven rexistrando dende os anos setenta unha perda de poboación, debido a unha caída da natalidade que non foi compensada, como nas anos cincuenta e sesenta, coa inmigración do resto de Italia, particularmente do sur e do [[Véneto]]. Nos últimos anos, tense rexistrado un certo medre demográfico, debido sobre todo á nova inmigración da Europa centro-oriental.
 
A densidade demográfica máis elevadas dánse nas áreas urbanas industrializadas da alta chaira, especialmente na provincia de Turín (52% da poboación rexional, cunha densidade que duplica a media); pola contra, están case despoboados os outeiros do Monferrato e das Langas, así como a montaña alpina. O seguinte cadro mostras as dez cidades máis poboadas do Piemonte:
Liña 138:
|}
 
Considerando a rexión enteira a densidade de poboación é inferior á media nacional. En [[2008]] era igual a 174 habitantes por km², fronte a unha media nacional de ao redor de 200. A área metropolitana de Turín medrou rapidamente nos anos [[1950]] e [[1960]] debido a un aumento de los inmigrantes del sur de Italia, e hox ten unha poboación de aproximadamente dous millóns de habitantes.
 
En [[2008]], o Instituto Nacional Italiano de Estadística (ISTAT) estima que hai 310.543 estranxeiros nacidos fora da rexión, o que supón ao redor do 7,0% da poboación rexional total.
Liña 145:
=== Goberno ===
[[Ficheiro:Piedmont Provinces.png|dereita|500px]]
O Goberno Rexional (''Giunta Regionale'') está presidido polo Presidente da Rexión (''Presidente della Regione''), que é elixido para un mandato de cinco años, e está ademais composto polos ministros, que actualmente son catorce, entre os cales un é o Vicepresidente (''Vice Presidente'').
 
=== Divisións administrativas ===
Liña 202:
[[Ficheiro:2006 Olympics Opening Ceremony.jpg|miniatura|Os [[Xogos Olímpicos]] de inverno de 2006 supuxeron un pulo económico para a rexión]]
[[Ficheiro:Torino Valle di Susa01 2009-06-20.jpg|miniatura|Turín ao pé dos Alpes]]
A rexión do Piemonte mistura unha baixa natalidade cunha antiga tradición industrial. Así pois a súa man de obra está composta principalmente por inmigrantes do [[Véneto]] e do sur italiano. Durante moito tempo a industria foi o motor económico rexional. Os produtos agrícolas máis cultivados son os [[cereal|cereais]], [[pataca]]s, hortalizas, [[cana de azucre]], [[froita]] e forraxe. Nas zonas dos outeiros é máis acentuado o cultivo da [[vide]]. En canto á gandería, está sobre todo concentrada no bovino e porcino.
 
Máis da metade da poboación piemontesa vive na provincia de [[Turín]], cidade que xorde na confluencia do [[río Po|Po]] e o [[Dora Riapria]]. Debido a esta dispoñibilidade de [[auga]], favoreceuse o nacemento das primeiras industrias da zona: muíños, ferrerías e pequenos talleres de artesanía funcionaban grazas á auga. A partir de [[1945]] a cidade comezou a desenvolverse moi rápido, en parte grazas á presenza da [[FIAT]] que viviu a súa etapa de maior progreso durante os anos cincuenta, cando comezou a vender os primeiros utilitarios. Turín non é só famosa polo sector automobilístico e a súa industria auxiliar (pneumáticos, industrias químicas de vernices e materiais plásticos) senón tamén pola industria alimentaria. Esta concentración de tanta actividade industrial produciu unha importante conxestión urbanística, chegando os límites da cidade aos outeiros que a rodean, ficando os edificios concentrados nun espazo moi restrinxido.
 
A partir de [[1974]] (ano no que Turín acadou o seu máximo de poboación, 1.119.197 habitantes), a área turinesa foise desconxestionando, en parte a causa da deslocalización industrial que redistribuíu as industrias da capital entre todo o Piemonte e o sur de Italia, favorecendo o retorno de moitos traballadores emigrantes á terra de orixe, dende entón Turín perdeu cerca de 300.000 habitantes (no último censo contaba con 902.000), e toda a rexión sufriu unha grave [[crise económica]] que terminou recentemente grazas ao impulso vivido cos [[Xogos Olímpicos de Inverno de 2006]], que favoreceron a imaxe internacional da cidade, aumentando o [[turismo]], o que levou a que a cidade pasase de ser un importante centro industrial e comercial (que aínda é) a un importante destino turístico (sobre todo no eido dos deportes de inverno).
Liña 218:
[[Ficheiro:Palazzo Carignano (Turin) facade.jpg|miniatura|Pazo Carignano, Patrimonio da Humanidade]]
[[Ficheiro:Stadio Olimpico.jpg|miniatura|Estadio Olímpico de Turín]]
A principal lingua local é o [[lingua piemontesa|piemontés]] idioma local principal, mais como en outras partes de Italia, o [[lingua italiana|italiano]] é a lingua predominante na comunicación de tódolos días e é maioritariamente falado. O emprego da lingua piemontesa non foi favorecido nin polo Reino de Italia nin tampouco posteriormente, oficialmente para evitar a discriminación contra os numerosos inmigrados do Sur de Italia, sobre todo en Turín. Porén en [[2004]], o piemontés foi recoñecido como lingua rexional do Piemonte polo parlamento rexional, mais sen ningún recoñecemento polo goberno central italiano. En teoría, é posible ensinar o piemontés aos nenos no colexio, mais na práctica isto é pouco frecuente. Con todo na última década asistiuse á unha publicación de material didáctico para os colexios e de revistas para o gran público nesta lingua.
 
Porén a situación actual do piemontés é bastante grave, posto que, segundo unha recente enquisa,<ref>[http://www.gruppi.consiglioregionale.piemonte.it/mistoriformisti/piemontese.htm Coñecemento e emprego da lingua piemontesa na cidade e a provincia de Turín]</ref> nos últimos 150 anos a porcentaxe das persoas que coñecen a lingua escrita diminuíu a un 2% dos falantes nativos. Por outro lado, a mesma enquisa sinala que o piemontés segue a ser falado por máis da metade da poboación, xunto co italiano. Este resultado foi confirmado por diversas fontes, que indican o número de falantes é de entre 2 e 3 millóns sobre unha poboación de 4,2 millóns de habitantes. Os esforzos para obter o recoñecemento do piemontés como unha das linguas oficiais dos Xogos Olímpicos de Inverno 2006 de Turín non tiveron éxito.