Amora: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
m Arranxos varios using AWB
Liña 47:
 
== Descrición ==
Dende o punto de vista botánico, a amora é unha froita [[polidrupa]], é dicir, está formada pola unión de [[drupa]]s miúdas en [[acio]]s, dentro das que se acha unha semente miudiña, perceptíbel durante o seu consumo e incluso ás veces algo molesta. De xeito algo máis alongado nas especies de ''Morus'', e xeralmente máis arredondada nas de ''Rubus'' (aínda que depende da especie), ''Rubus glaucus'' presenta unha forma levemente semellante á do amorodo (ancha pola base rematando en punta).
 
O seu tamaño é diminuto, medindo entre 1 e 3 [[centímetro|cm]], dependendo da especie.
 
A cor varía conforme a amora vai madurecendo, comezando cun ton abrancazado verdoso pasando ao vermello para finalmente acadar o negro ou [[púrpura]] escuro. Aínda que non sempre é así, xa que existe algunha que outra excepción como é o caso da amora que dá a especie ''[[Morus alba]]'', que do verde pasa a branco e a partir de aí non varía a cor, ou como as [[Rubus chamaemorus|amoras dos illós]] (''Rubus chamaemorus''), xa que o froito maduro desta especie é dunha cor amarela dourada.
 
As amoras que proceden de especies do xénero ''Morus'', difiren ao posuíren un rabiño de 0'5 cm aproximadamente, rabiño do que carecen as amoras procedentes do xénero ''Rubus'', que ao seren retiradas da súa planta o perden. Ademais, as amoras de ''Morus'', ao maduraren son moi brandas, polo xeral máis que as de ''Rubus'', tanto é así, que adoitan manchar tan só ao tacto.
 
As amoras que proceden de especies do xénero ''Morus'', difiren ao posuíren un rabiño de 0'5  cm aproximadamente, rabiño do que carecen as amoras procedentes do xénero ''Rubus'', que ao seren retiradas da súa planta o perden. Ademais, as amoras de ''Morus'', ao maduraren son moi brandas, polo xeral máis que as de ''Rubus'', tanto é así, que adoitan manchar tan só ao tacto.
 
== Propiedades nutritivas ==
Liña 131 ⟶ 130:
|}
 
Como a meirande parte das froitas, as amoras son fonte de [[sales minerais]] e [[vitamina]]s, constituíndo así un importante aporte nutricional que podería incluirse en calquera tipo de dieta.
 
As amoras son froitas de baixo valor [[Caloría|calórico]] por mor a seu escaso aporte de [[hidratos de carbono]], o que as fai un alimento beneficioso axudando ao [[metabolismo]].
 
Son especialmente ricas en [[vitamina C]], contendo cantidades incluso maiores que as dalgúns [[cítrico]]s, feito polo que son utilizadas tanto polos navegantes nórdicos como polos [[Inuit]] americanos como protección contra o [[escorbuto]]. Tamén son moi ricas en [[vitamina A]], así como en [[potasio]], aportando ademais, sobre todo as amoras do xénero ''Morus'', [[fibra alimentaria]].
 
As amoras tamén conteñen [[antocianina|antocianos]] e [[carotenoide]]s, asociados en diversos estudos a certas propiedades consideradas beneficiosas para o organismo.
Liña 151 ⟶ 150:
As amoras poden inxerirse frecas, que é o uso máis común, xa que se consideran froitas bravas ou ''[[Froitas do bosque|do bosque]]''. Multitude de especies animais, dende [[paxaro]]s a [[roedor]]es, teñen na súa dieta todo tipo de amoras; o ser humano non é unha excepción.
 
As amoras tamén poden ser procesadas e incluídas na cociña de xeitos moi diversos, moi empregadas coma elemento decorativo para todo tipo de pratos, ademais, a nivel industrial multitude de produtos a inclúen: [[iogur]]es, [[pastel|tortas]], [[licor]]es, [[batido]]s, [[xeado]]s, [[xelatina]]s etc.
 
A amora de silveira (x. ''Rubus''), converteuse nunha froita moi popular en pastelaría xa sexa para a preparación de [[sobremesa]]s, [[marmelada]]s, [[xelea]]s e, ás veces, [[zume]]s, [[viño]]s e licores. Porén non é a única especie de amora empregada. En Galiza o seu uso industrial aínda non é moi popular.
Liña 158 ⟶ 157:
 
== Cultivo ==
As amoras, malia procederen de especies botánicas basicamente bravas, poden ser cultivadas, de feito son cada vez máis cultivadas de seito profesional en diversas zonas ao longo de toda a xeografía mundial coa intención de aproveitar o froito, aínda que ás veces se cultiven tamén especies do xénero ''Morus'' con outros fins.
 
Existen multitude de especies de amoras, mais é posíbel que tan só teñan un valor comercial unhas nove delas, que basicamente son do xénero ''Rubus'' (silveiras), en ocasións e comunmente se cultivan [[Híbrido (bioloxía)|hibridacións]].
Liña 164 ⟶ 163:
=== Amora de moreira negra ===
[[Ficheiro:Mulberry.jpg|thumb|200px|right|Amoras apañadas e empratadas de ''[[Morus nigra]]''.]]
A especie [[Morus nigra|''M. nigra'']] (de orixe [[Persia|persianapersia]]na) foi ao longo da historia cultivada pola súa froita comestíbel, e plantada e naturalizada no oeste de [[Europa]], [[Ucraína]], e no leste da [[China]]. Podemos atopar esta árbore en Galiza coma [[Planta ornamental|ornamental]] en xardíns urbanos.
 
As [[árbore]]s desta [[especie]] desenvólvense ben en solos frescos e lixeiros, non gusta das altas temperaturas e das zonas demasiado secas, aínda que en climas excesivamente fríos detense ou, canto menos, deixa de medrar. Para obter unha mellor produción de froitos cómpre unha enérxica [[poda]], o que ademais fai que a árbore dea follas maiores. Cultívase por sementeira durante a [[primavera]] ou ben por [[esgallo]]s leñosos, e admite trasplantes a raíz núa durante o [[inverno]].<ref>{{cita web
Liña 186 ⟶ 185:
 
=== Cantiga popular ===
* ''Mala xesta varredoira
 
''Veña polas costureiras;
 
''Comen as amoras todas
 
''E fan secar as silveiras''<ref>Real Academia Galega (1913-1928): ''Diccionario gallego-castellano''</ref>.