Cartaxena: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio o modelo: Referencias
m Arranxos varios using AWB
Liña 25:
|sitio web = [http://www.cartagena.es www.cartagena.es]
}}
'''Cartaxena'''<ref>{{DRAG|cantonalista}}</ref> (en [[lingua castelá|castelán]]: ''Cartagena'') é unha cidade e concello [[España|español]] situado xunto ao [[mar Mediterráneo]], pertencente á [[Rexión de Murcia]]. Conta con 210.376 habitantes ([[INE]] [[2008]]), repartidos nun termo municipal de 558,3 &nbsp;km², sendo a segunda cidade da rexión tras [[Murcia]]. Está situada ao sur da chaira denominada [[Campo de Cartagena|Campo de Cartaxena]], comarca da que é capital e que ten unha poboación total de 332.035 habitantes.
 
A economía de Cartaxena baseouse tradicionalmente na explotación de [[chumbo]], [[prata]] e [[cinc]] da serra mineira e o sector químico (sulfuro, abonos fosfatados e explosivos). Na actualidade, esgotados os filóns mineiros, Cartaxena vive principalmente da construción e reparación naval, o refinado de petróleo e a exportación de aceite de oliva, froitas, cítricos, hortalizas, esparto, viño e produtos metálicos. Así mesmo, é unha das principais bases navais do país, xunto con [[Rota, Cádiz|Rota]] e [[Ferrol]], e un emerxente destino turístico grazas ao seu denso patrimonio artístico, legado de máis de 2.500 anos de historia.
 
Cartaxena é famosa polas súas festas maiores de [[Cartaxineses e Romanos]] e as procesións de [[Semana Santa]]. Do seu vasto patrimonio monumental destacan o [[Submarino Peral]] exposto no porto, o recentemente restaurado [[Teatro Romano de Cartaxena|Teatro Romano]] (o máis grande da península tras o de [[Mérida, España|Mérida]]), numerosos restos arqueolóxicos de época [[Cartago|cartaxinesa]] e romana, fortalezas, baterías de costa, edificacións de carácter militar e numerosos edificios [[Modernismo|modernistas]] e [[Neoclasicismo|neoclásicos]].
 
Como capital lexislativa da [[Comunidade Autónoma]], Cartaxena é sede da [[Asemblea Rexional de Murcia|Asemblea Rexional]].
Liña 40:
[[Ficheiro:AytoCartagena.jpg|miniatura|dereita|Pazo Consistorial de Cartaxena.]]
[[Ficheiro:Teatro_romano_cartagena1.jpg|miniatura|220px|dereita|Teatro Romano de Cartaxena.]]
As súas [[coordenada]]s son 37º 36' N, e 0º 59' O, e comprende unha extensión de 558,3 &nbsp;km².
 
O casco histórico da cidade atópase asentado sobre cinco pequenos outeiros, chamados Molinete, Monte Sacro, Monte de San José, Despeñaperros e Monte da Concepción, o que deu lugar a que fose coñecida como "a pequena [[Roma]]" na antigüidade.
 
Cartaxena constitúe un grande plano inclinado con dirección NO-SE limitado: ao norte e noroeste polas serras pre-litorais (Carrascoy, El Puerto, Los Villares, Columbares e Escalona), e polo sur e suroeste polas serras litorais (El Algarrobo, La Muela, Pelayo, Gorda, La Fausilla e Minera, coas súas últimas estribacións en [[Cabo de Palos]]). Os materiais dominantes son sedimentarios, como a calcaria, e metamórficos, como a laxe, mármore etc.
 
A cidade ábrese ao [[Mar Mediterráneo]] polo sur a través dunha ampla baía delimitada polas estribacións dos montes de San Julián e Galeras.
 
=== Organización territorial ===
Os 558,3 &nbsp;km² do seu termo municipal estrutúranse en diversas localidades e casaríos espallados que se administran baixo a figura das deputacións. Dentro delas hai numerosas aldeas, barriadas e casaríos. Ademais o casco urbano conta con numerosos barrios.
 
Os barrios de Cartaxena agrúpanse nas seguintes deputacións: Casco Urbano, San Antonio Abad, El Plan, La Magdalena, Canteras, Santa Lucía, San Félix, El Hondón, Alumbres e Escombreras.
Liña 56:
 
=== Clima ===
Hai unha predominancia dos ombroclimas árido e semiárido, cunha grande extensión do andar termomediterráneo, unha variada xeoloxía e unha diversificada xeomorfoloxía. O clima da zona defínese como [[Clima subtropical|subtropical]] [[Clima mediterráneo|mediterráneo]] [[Clima árido|árido]] ou subárido, de abrigo topográfico ou subtropical estepario. A posición marítima suaviza as temperaturas, se ben as precipitacións superan os 300 &nbsp;mm anuais, atopándonos ante unha das zonas mais áridas do país.
 
A temperatura media anual ronda os 20&nbsp;°C. O mes máis frío é xaneiro cunha media de 12&nbsp;°C. En agosto, o mes máis caloroso, a temperatura media chega aos 28&nbsp;°C.
Liña 66:
Segundo os dados que obran no concello, a 1 de xaneiro de 2007, o municipio de Cartaxena conta cunha poboación de 211.329 habitantes (107.736 homes e 103.593 mulleres), dos cales, 176.021 moran na cidade e 35.840 nas deputacións do municipio.
 
Segundo o censo [[INE]] [[2006]], o 12,75% dos habitantes de Cartaxena son de [[inmigración en España|nacionalidade estranxeira]]<ref><small>Fonte: Estatística do censo segundo o [[Instituto Nacional de Estadística de España]]. [http://www.ine.é/inebase/cgi/um?L=&N=&OU=pcaxis&M=%2Ft20%2Fé245%2Fp05%2Fá2006 Poboación por sexo, municipios e nacionalidade (principais nacionalidades).]</small></ref>.
 
A súa área metropolitana, integrada polos municipios de [[La Unión, Murcia|La Unión]], [[Fuente Álamo de Murcia|Fuente Álamo]], [[Los Alcázares]], [[San Javier]], [[Torre Pacheco]] e [[San Pedro del Pinatar]], conta con 332.035 habitantes.
 
{| align="center" {{Táboabonita}}
!bgcolor=black colspan=20 style="cor:white;"|Evolución demográfica do municipio de Cartaxena <ref><small>Fonte: [[Poboación de feito]] segundo o [[Instituto Nacional de Estadística de España]]. [http://www.ine.é/intercensal/index Alteracións dos municipios nos Censos de poboación desde 1842,] [http://www.ine.é/inebase2/ler.jsp?L=0&divi=DPOP&his=0 Series de poboación dos municipios de España desde 1996.] </small></ref>
|-
! !![[1857]]!! [[1877]]!! [[1887]]!! [[1900]]!![[1910]] !! [[1920]] !! [[1930]] !! [[1940]]
Liña 88:
Tense constancia certa da fundación da cidade de Cartaxena ó redor do ano [[-227|227 a. C.]] polo xeral [[Cartago|cartaxinés]] [[Asdrúbal o Belo]] co nome de ''[[Qart Hadasht]]'' (Cidade Nova), posiblemente sobre un asentamento [[Tartesos|tartesico]] anterior de nome [[Mastia]] de Tarse, do que se teñen noticias dende o [[Século -VI|século VI a. C]].
 
A cidade cartaxinesa de Qart Hadasht sería a principal base dos cartaxineses en España, e dela partiu [[Aníbal]] na súa famosa expedición a [[Italia]], que lle levaría a cruzar os [[Alpes]], ao comezar a [[Segunda Guerra Púnica]] no ano [[-218|218 a. C]]. O xeral romano [[Publio Cornelio Escipión o Africano|Escipión]] tomou Cartaxena no ano [[-209|209 a. C.]], sendo posesión romana desde entón co nome de [[Carthago Nova]], e unha das cidades romanas mais importantes de [[Hispania]].
 
Nun principio, Carthago Nova dependeu administrativamente da [[Hispania Citerior]] con capital en [[Tarraco]] (Tarragona). Durante o goberno de [[Augusto]], a cidade foi elevada a rango de colonia co nome de Colónia Vrbs Iulia Nova Carthago (C.V.I.N.C) co que os seus habitantes pasaban a considerar-se cidadáns de [[dereito romano]]. Durante o goberno de [[Tiberio]], creouse o ''Conventus Iuridicus Carthaginensis'' con capital na cidade, dentro da provincia tarraconense.
Liña 94:
No ano [[298]], o emperador [[Diocleciano]] dividiu a [[Tarraconense]] en tres provincias, constituíndo a provincia romana ''[[Carthaginense]]'' e estabelecendo a capital na cidade de Cartaxena. Cara ao ano [[425]] a cidade foi saqueada polos [[vándalos]] antes de pasar estes a África.
 
Tras a caída do Imperio de Occidente e o establecemento dos reinos xermanos en España, cara ao 550 Cartaxena foi conquistada polo emperador bizantino [[Xustiniano I]] e converteuse na capital da [[Provincia de Spania]] do [[Imperio Bizantino]] baixo o nome de [[Carthago Spartaria]].
 
Os [[visigodos]], dirixidos polo rei [[Suintila]], tomaron e, segundo conta [[Isidoro de Sevilla|Santo Isidoro]] destruíron e asolaron por completo a cidade, causando unha profunda decadencia. Sen embargo, este comentario se cadra pecou de esaxerado, xa que en [[675]], Munulo, [[bispo]] de Cartaxena, aparece asinando unha das actas dos [[concilios de Toledo]], o que demostra que nese momento había un bispo co seu sede na cidade.
Liña 102:
En [[1245]] prodúcese a [[reconquista]] da cidade, e restáurase o bispado de Cartaxena, aínda que uns poucos anos despois a sede foi trasladada a [[Murcia]]. En [[1296]] pasaría á [[Coroa de Aragón]], lexitimada a posesión pola [[Sentencia Arbitral de Torrellas]], pero o [[Tratado de Elx]] de [[1305]] devolvería a cidade ao [[Reino de Castela]].
 
Cartaxena experimentou unha grande recuperación co establecemento da [[Dinastía Borbón|dinastía dos Borbóns]] no [[século XVIII]], período no que Cartaxena convértese na capital do Departamento Marítimo do Mediterráneo, e constrúense numerosas obras de carácter militar, como as murallas da cidade e os diversos castelos que a rodean, así como o Hospital de Marina.
 
No [[século XIX]] o acontecemento máis importante é a [[Cantón de Cartaxena|revolución cantonal]] que comezou o 12 de xullo de [[1873]], en que a cidade ergueuse contra o goberno central en defensa das teses [[Federación|federalistas]]. O alzamento de Cartaxena tivo grande relevancia pola importancia militar da cidade, que resistiu até que en xaneiro de [[1874]] as tropas do xeral [[López Domínguez]] entraron na cidade.
 
Durante a [[Guerra Civil española]] de [[1936]]-[[1939]] Cartaxena foi a única base naval que ficou baixo control da [[Segunda República Española|República]], e a última cidade en caer en mans dos sublevados, o 31 de marzo de [[1939]].
 
Actualmente Cartaxena forma parte da comunidade autónoma da [[Rexión de Murcia]], e é sede da Asemblea Rexional.
Liña 177:
A condición de praza naval de Cartaxena fíxoa dotarse dun amplo número de construcións e fortificacións de índole militar. no entorno da cidade atópanse varios castelos defensivos e baterías de costa dos séculos XVIII e XIX, como San Julián, La Atalaya, San José, Galeras ou o Forte de Navidad.
 
Consérvase parte da última muralla da cidade edificada durante o reinado de [[Carlos III de España|Carlos III]] entre [[1766]] e [[1786]].
 
Dentro do recinto amurallado destacan outras construcións militares, como o antigo castelo da cidade, o [[Castelo da Concepción]], o [[Arsenal de Cartaxena|Arsenal Militar]], o antigo Hospital de Marina e o Cuartel de Antiguons (ambas construcións do XVIII), a antiga Escola de [[gardamariña]]s, o edificio de Capitanía Xeneral ou o antigo Parque de artillería (hoxe museo).
Liña 185:
Todo o centro histórico de Cartaxena foi declarado [[Conxunto Histórico-Artístico]], especialmente pola grande cantidade de edificios construídos pola burguesía da vila do s.XIX e principios do XX, a maior parte deles de estilo modernista.
 
Xunto a algunhas construcións do XVIII, como o antigo pazo do Marqués de Casatilly, actualmente [[Casino de Cartaxena|Casino da cidade]] ou a casa de [[Antonio de Escano]], as máis destacadas construcións son as realizadas durante os últimos anos do século XIX e primeiros do XX en estilo [[modernismo|modernista]]. Entre as máis significativas estarían a Casa Pedreño ([[1872]]), a Casa Cervantes ([[1900]]), o [[Pazo de Aguirre]] ([[1900]]), o [[Pazo consistorial de Cartaxena|Pazo Consistorial]] ([[1907]]), a Casa Zapata ([[1909]]), o [[Grande hotel de Cartaxena|Grande Hotel]] ([[1916]]), a [[Casa Llagostera]] ([[1916]]) obras de arquitectos como Tomás Rico, Carlos Mancha ou [[Víctor Beltrí]].
 
Existen tamén varias igrexas destacadas dende o punto de vista histórico-artístico. A máis destacada é a antiga [[Catedral de Cartaxena|Catedral da Nosa Señora da Asunción]], actualmente en ruínas tras os bombardeos da [[Guerra Civil Española]].
 
Outras igrexas destacadas son a de Santa María de Gracia, construída no [[século XVIII]] e da que saen as procesións de [[Semana Santa en Cartaxena|Semana Santa]] e a igrexa da Caridade, de [[1893]] en estilo [[neoclasicismo|neoclásico]] e sede a patroa de Cartaxena, a [[Virxe da Caridade]].
Liña 193:
Na actualidade séguense realizando construcións destacadas, como as novas construcións actualmente en execución como o Museo do Teatro Romano, de [[Rafael Moneo]], o Museo Nacional de Arqueoloxía Submarina, o Novo Club de Regatas, ou o Pazo de Deportes.
 
A 15 &nbsp;km da cidade consérvanse os restos do [[mosteiro de San Ginés de la Jara]], de orixe medieval, aínda que a súa configuración actual data do século XVII.
 
=== Museos ===