Pazo de Raxoi: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
m Arranxos varios using AWB
Liña 43:
|premios =
}}
O '''Pazo de Raxoi''' é un edificio civil de [[Santiago de Compostela]] de estilo [[Neoclasicismo|neoclásico]] francés <ref name=concello/>, sede da corporación municipal da cidade, aínda que ao longo da historia ten acollido outros organismos. O seu nome honra ao arcebispo [[Bartolomé de Raxoi]], que foi impulsor principal da edificación, aínda que non o único.
 
== Situación ==
Liña 50:
 
== Historia ==
O soar sobre o cal se ergue o Pazo de Raxoi, estaba ocupado anteriormente polos cárceres civil e o eclesiástico da cidade e máis un treito da [[Muralla de Santiago de Compostela|muralla]], que defendía a urbe pola parte de poñente. A dobre propiedade sobre o predio orixinou discordancias entre o Bispado e o Concello. Este presentou un proxecto en [[1764]], da autoría de [[Lucas Ferro Caaveiro]], coa idea de radicar a Casa do Concello entre ambos cárceres. Pola súa banda, o arcebispo, [[Bartolomé de Raxoi]], tiña en mente colocar aí o Seminario denominado de Confesores e mais a residencia para os nenos do coro catedralicio, para o que presentaba un proxecto diferente, encargado a [[Andrés García de Quiñones]]. <ref name=concello/><ref name=catedra>[http://catedra.pontedeume.es/08/catedra0805.pdf Rajoy, constructor] {{es}}</ref> Porén, ademais da controversia entre os copropietarios, xurdiu unha terceira parte interesada, o Hospital Real, alegando que se atentaba contra a súa propiedade. <ref name=concello/> O litixio conseguinte levou á intervención da [[Capitanía Xeneral de Galiza]] e mais da [[Real Cámara]], resolvéndose o [[13 de maio]] de [[1767]] que o futuro edificio albergase o Consistorio compostelán, o Seminario de Confesores e máis os cárceres, consonte ao proxecto do enxeñeiro [[Carlos Lemaur]], segundo se propuxera pola devandita Capitanía Xeneral. <ref name=turismo/><ref name=catedra/>
 
De acordo coa anterior resolución, o edificio foi construído segundo as trazas de Lemaur, sendo dirixidas as obras por frei [[Manuel de los Mártires]], e como executores reais polos mestres [[Juan López Freire]] e [[Alberte Ricoy]], e, segundo a inscrición que figura no [[friso]] do mesmo pazo, as obras tiveron lugar entre [[1766]] e [[1772]].<ref name=turismo>[http://www.santiagoturismo.com/monumentos/pazo-de-raxoi Pazo de Raxoi]</ref>
Liña 58:
== Descrición ==
[[Ficheiro:Pazo de Raxoi.jpg|miniatura|250px|[[Soportal|Soportais]].]]
O edificio correspóndese a un tipo palaciano francés desenvolvido por [[François Mansart]], en último extremo asentado sobre modelos italianos: longa ''[[loggia]]'' porticada, con [[perpiaño]]s [[almofadillado]]s, sobre o que se alzan os [[Corpo (arquitectura)|corpos]] correspondentes, e abrazados por unha [[orde colosal]]. A este patrón axustouse a fábrica compostelá. Sobre un plano rectangular, predomina a horizontalidade, cos case 90 m de lonxitude da fachada, apenas rota polas acróteras e frontóns do coroamento, que contrasta coa verticalidade da fachada catedralicia. <ref name=catedra/> No corpo inferior destaca o asoportalamento con vinte arquerías de [[arco de medio punto|medio punto]] nos lados e cinco [[lintel|alinteladas]] no centro. Sobre desta ''loggia'' desenvólvense dous corpos superiores, ambos abranguidos por columnas contiguas de [[orde xigante]] [[orde xónica|xónica]], que arrancan, sobre pedestal apoiado no remate do pórtico. Entre esas columnas ábrense cincuenta ocos, de tipo porta en ambos casos, pois por elas accédese ao [[balcón]] corrido que percorre toda a fachada no primeiro andar, e a unha varanda no segundo. Estes vans aseguran a luminosidade das estancias internas.
[[Ficheiro:Santiago matamouros. Casa do concello de Santiago de Compostela.jpg|miniatura|250px|Santiago Matamouros, de [[Xosé Ferreiro]], na cima do frontón central.]]
Coroa a construción un [[ático]] adornado cunha gran [[balaustrada]]. Nos laterais colocou o arquitecto senllos [[frontón]]s curvos, e no medio un frontón triangular, sostido por columnata pareada. Deste xeito reálzase esa parte central, que ademais avanza lixeiramente cara á praza, e cara á que se reclama a atención, pois nela se sitúa a entrada principal. Mentres nos frontóns laterais se colocaron senllos escudos de Raxoi, no central sitúase un [[tímpano (arquitectura)|tímpano]] que desenvolve, en relevo, a [[batalla de Clavijo]], na que segundo a lenda interveu o mesmo [[Santiago o Maior|Santiago Apóstolo]], [[epónimo]] da cidade, en auxilio dos cristiáns. Foi deseñado polo pintor galego [[Gregorio Ferro]], e executado, en mármore, polos escultores [[Xosé Gambino]] e [[Xosé Ferreiro]], ambos tamén galegos. <ref name=concelloturismo/> <ref name=turismoconcello/> Este último foi ademais o autor do Santiago ecuestre que remata a cimeira do frontón.
[[Ficheiro:Hostal de los Reyes Catolicos.JPG|miniatura|250px|Vista lateral.]]
A parte posterior da edificación é diferente, pois un abrupto corte de terreo e a proximidade da [[igrexa de San Frutuoso]], impuña solucións diferentes. O corpo inferior, até a altura da praza do Obradoiro, destinouse a albergar os cárceres. Colocouse un amplo [[patio]] central, e proxectáronse dous corpos laterais prismáticos, seguindo as pautas da fachada, mais con total ausencia de elementos que rompesen a estereotomía da obra, a non ser os ocos e balaustrada superior.