Sabaria: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
m Arranxos varios using AWB
Liña 1:
'''Sabaria''' foi un territorio semiautónomo, entre os reinos [[Reino Suevo|Suevo]] e [[Visigodo]], nos séculos [[século IV|IV]] e [[século VI|VI]] que ocuparía a zona que vai de [[Benavente, Zamora|Benavente]] a [[Salamanca]] e de [[Sayago]] a [[Simancas]]. Esta autonomía reflectiríase na acuñación de moeda propia, pero isto parece ser unha confusión coa ceca visigoda de Senimure-Semure (a [[Zamora]] actual)<ref>[[Luciano Pérez Vilatela]]: "Senimure y Ocelodurum", ''El Miliario Extravagante'', 44, Set. del 93, pp. 10- 13.</ref>.
 
== Historia ==
As referencias históricas son escasas, pero cabe destacar a nómina de bispos asistentes ao [[Concilio de Braga]] en [[408]], na que constan os bispos de [[Asturica Augusta]], [[León, España|Legio]], [[Salamanca|Salmántica]] e Sabaria.
 
No ano [[572]], o rei suevo [[Miro]] ataca a ''[[sappos]]'' e ''[[runcones]]'', nun movemento previo ao ataque contra os visigodos. O ano [[573]], [[Leovixildo]] procede contra os ''sappos'' de Sabaria<ref>''Crónica de Juan de Bíclaro'': "ANNO VII IVSTINI IMP. QVI EST LIVVIGILDI V ANNVS [573] (...) Liuuigildus rex Sabariam ingressus Sappos vastat et provinciam ipsam in suam redigit dicionem (...)".</ref> e conquista a zona, como paso previo á conquista do Reino Suevo.
 
No ano [[576]] Leovixildo arrasa a zona (destrución de Sabaria, demolición das fortificacións de Zamora,...) como medida preventiva ante a definitiva conquista do Reino Suevo, aínda que diversos problemas internos aprazan esa intervención ata o ano [[585]].
 
A localización do territorio relacionouse con:
* a mansio ''Sibarim'' na vía XXIV do [[Itinerario de Antonino]], entre [[Salamanca|Helmántica]] e [[Ocelo Durii]], que adoita identificarse con [[Torre de Sabre]] (Zamora).
* a zona de [[Tras-os-Montes]] e Zamora, ao redor do río [[Sabor]]<ref>'''Guimarães''', nº 104 de 1994, pp. 83-107. Jorge L. Quiroga, Monica R. Lovelle.</ref>, afluente da dereita do [[río Douro]].
 
En canto aos seus habitantes, fanse descender de:
* os [[vacceos]].
* a tribo astur cismontana dos sappos.
* a tribo astur cismontana dos ''superati'', localizados na zona norte da provincia de Zamora.
 
== Notas ==