Convento de San Domingos de Bonaval: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
m Arranxos varios using AWB
Liña 35:
O convento foi fundado por San [[Domingos de Guzmán]], que peregrinou a Santiago no ano [[1219]]. O documento máis antigo no que se cita o convento, coa primitiva advocación de Santa María, data de [[1228]]. Desde o [[século XV]] aparece xa co título de San Domingos, e baixo o patrocinio da [[casa de Altamira]].
Coa exclaustración das ordes relixiosas, o convento pasou a mans do Concello. En cumprimento dun Real Decreto de [[1836]], unha comisión nomeada pola [[Deputación da Coruña]] propuxo o derribo de trinta edificios, e destinou San Domingos "para cuarteis dos Rexementos de Compostela e Santiago, coa demolición da igrexa". Por fortuna, este ditame non se chegou a executar.
 
En [[1841]], por mediación do arcebispo Vélez, o Concello destinou o convento a hospicio; aló polo ano [[1945]], o hospicio ocupaba aínda a parte norte; e a sur, á dereita da igrexa, acollía un colexio de xordomudos e cegos. Ao ser suprimidas estas institucións, quedou por un tempo desocupado, ata que o Concello decidiu acondicionar e destinar unha parte das dependencias a Museo Municipal, que se inaugurou en decembro de [[1963]].
 
En [[1977]], a petición do Padroado do [[Museo do Pobo Galego]], recentemente constituído, o Concello cedeu o edificio para a creación do museo do mesmo nome.
Liña 46:
A Igrexa construída, en estilos gótico e renacentista, na actualidade non se atopa aberta ao culto e alberga o [[Panteón de Galegos Ilustres]]. Construída seguindo os canons do gótico dominico con naves luminosas a e diáfanas, e desprazando o punto de interese litúrxico desde a ábsida ata o púlpito situado no cruceiro.<ref>Desde o púlpito desta igrexa di a tradición que predicou un dos máis apaixonados oradores medievais, San [[Vicente Ferrer]].</ref>
 
Neste templo enterráronse as familias dos Moscoso e dos Castro, grazas a autorización dada polo papa [[Inocencio IV, papa|Inocencio IV]] a esta orde para enterrar segrares nos seus conventos.
 
As bóvedas cobren todo o templo.
[[Ficheiro:Santiago de Compostela - Iglesia y ex Convento de Santo Domingo de Bonaval (actual Museo del Pueblo Gallego) 03.jpg|miniatura|esquerda|]]
==== Imaxinería ====
O Retablo Maior foi construído a partir de [[1687]] por [[Domingo de Andrade]] na Igrexa parroquial de [[O Carril, Vilagarcía de Arousa|Santiago do Carril]], e tras ser montado no seu lugar definitivo non se mantivo a estrutura orixinal. Estrutúrase a base da superposición de corpos, forma claramente renacentista.
 
A escultura encargóuselle a [[Estebán de Cendón]], aló polo ano [[1689]], relacionado co estilo de [[Mateo de Prado]].
Liña 60:
[[Ficheiro:San domingos de bonaval fachada principal.jpg|miniatura|Fachada principal do Convento.]]
==== A fachada principal ====
Presídea o escudo dos condes de Altamira con coroa real, patróns do convento, e vense nela claras referencias a obra ''"Arte e uso da Arquitectura"'' de frei [[Lorenzo de San Nicolás]]. É de pequenas proporcións, dividida en tres partes, horizontal e verticalmente.
 
A portada componse de dúas pilastras toscanas decoradas con feixes de froitas típicas no quefacer de Andrade, que soportan un frontón curvo partido enmarcando a porta alintelada, presidida pola imaxe do santo fundador. A ámbolos lados da porta ábrense vanos rectangulares. Sobre os linteis, en cartelas, aínda se pode ler nitidamente o seguinte texto: