Juan de la Cierva Codorníu: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
m Arranxos varios using AWB
Liña 1:
{{Outroshomónimos|Juan de la Cierva}}
 
 
[[Ficheiro:Pitcairn Autogiro NASA GPN-2000-001990.jpg|miniatura|dereita|250px|Autogiro Pitcairn PCA-2, construído nos [[Estados Unidos de América|EUA]] baixo a licenza de Juan de la Cierva.]]
Liña 10 ⟶ 9:
 
Xunto con dous compañeiros, José Barcala, antigo compañeiro de estudos, e Pablo Díaz, fillo dun carpinteiro, fundou a sociedade ''B.C.D.'', cuxas siglas correspondían coas iniciais dos seus tres apelidos, que foi pioneira no desenvolvemento aeronáutico en [[España]], e grazas á súa capacidade, en [[1912]], con só dezaseis anos, Juan de la Cierva logrou construír e facer voar un avión biplano; o BCD-1 alcumado ''O Caranguexo'' con piloto (o francés Mauvais) e pasaxeiro a bordo.
 
 
Mentres que o avión é unha aeronave de alas fixadas á fuselaxe, o autoxiro inventado por de la Cierva ten ás fixadas a un rotor. O autoxiro fai a súa irrupción no panorama da aviación só vinte anos despois da invención dos [[irmáns Wright]].
 
En [[1920]] construíu en [[Madrid]], o seu primeiro autoxiro, o ''Cierva C.1'', empregando fuselaxe, rodas e estabilizador vertical dun monoplano francés [[Deperdussin]] de 1911, sobre o que montou dous rotores de catro pas, contrarrotatorios, coroados por unha superficie vertical destinada a proporcionar control lateral; a planta motriz era unha moto [[Le Rhône]] de 60  hp. O aparato non chegou a voar, pois o rotor inferior xiraba a menos velocidade da prevista, e o efecto xiroscópico e a asimetría da sustentación, fixeron envorcar ao aparello. A este primeiro autoxiro seguiron dúas construcións tamén fracasados, o ''C.2'' e o ''C.3'', nas que o inventor intentou, infrutuosamente, resolver o problema da diferenza de sustentación entre a pa que avanza e a que retrocede. Mais, nas probas do ''C.2'' conseguíronse algúns saltos do aparato duns metros, o que indicaba a viabilidade do invento. A asimetría da sustentación do rotor non se resolvía plenamente até o prototipo ''C.4'', no que la Cierva incluíu a súa revolucionaria idea de manipular as pas do rotor na súa raíz.
 
Os primeiros ensaios do modelo C.4, construído en [[1922]], conforme aos novos principios, foron infrutuosos. Para a súa definitiva resolución, realizou unha completa serie de ensaios no túnel de vento do circuíto cerrado do aeródromo de Catro Ventos (obra de Emilio Herrera), naquela, o mellor de [[Europa]]. O novo aparato corrixido probouse por fin con éxito o [[9 de xaneiro]] de [[1923]] <ref>Calendario 2014 MUNCYT.</ref>, no aeródromo de Xetafe, pilotado polo [[tenente]] [[Alejandro Gómez Spencer]]. Aínda que dito voo consistira só nun salto de 180 metros, demostrou a validez do concepto; a finais do mes, o ''C.4'' recorreu en catro minutos un circuíto fechado de catro quilómetros no aeródromo de Catro Ventos, cerca de Madrid, a unha altura duns 30 metros. A planta motriz do ''C.4'' era un motor Le Rhône 9Ja de 110 &nbsp;hp. No xullo de 1923, empregouse o mesmo motor nun ''C.5'', que voou en Xetafe; a partir dese momento, de la Cierva, que financiara os seus anteriores experimentos, traballou cunha subvención do goberno español.
 
Faleceu o [[9 de decembro]] de [[1936]], con 41 anos de idade, ao estrelarse no despegue, no aeroporto de Croydon, o Douglas [[DC-2]] de KLM en voo regular Londres-Amsterdam.
Liña 43 ⟶ 41:
|}
 
Ademais deste galardón, no [[2004]], o Ministerio de Educación e Ciencia español iniciou un programa de contratación de investigadores doutores baixo o nome de [[Programa Juan de la Cierva]],<ref name=Programa1>[http://www.mec.es/ciencia/jsp/plantilla.jsp?area=delacierva&id=11 "Programa Juan de la Cierva"] Páxina do Ministerio de Educación e Ciencia de España con información sobre o Programa Juan de la Cierva.</ref> grazas ao cal, moitos investigadores españois e estranxeiros desenvolven a súa actividade. <ref name=Programa2>[http://www.clip.dia.fi.upm.es/~samir/jdc/index.php/Investigadores_%22Juan_de_la_Cierva%22:Community_Portal "Investigadores dentro do programa Juan de la Cierva"] Portal que serve como punto de encontro para os investigadores que participan no Programa Juan de la Cierva.</ref>
 
== Homenaxes ==
Liña 54 ⟶ 52:
{{Listaref}}
 
{{ORDENAR:Cierva Codorniu, Juan de}}
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Cierva Codorniu, Juan de}}
[[Categoría:Enxeñeiros de España]]
[[Categoría:Nados en Murcia]]