Rembrandt: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios, replaced: {{listaref|2}} → {{Listaref|30em}} using AWB
Liña 26:
[[Ficheiro:The_Nightwatch_by_Rembrandt.jpg|miniatura|210 px|''A Rolda de noite'', 1642. A pintura de Rembrandt é revolucionaria, substitúe o tradicional retrato en grupo, estático e harmoniosamente ordenado, por un fragmento vital, desordenado e tumultuoso.]]
 
'''Rembrandt Harmenszoon van Rijn''', nado en [[Leiden]] o [[15 de xullo]] de [[1606]] e finado en [[Ámsterdan]] o [[4 de outubro]] de [[1669]], foi un [[pintura|pintor]] e [[gravado]]r [[Países Baixos|neerlandés]], considerado un dos grandes pintores europeos da [[historia da arte]] e o máis importante do seu país<ref name="Gombrich, p. 420">{{Cita Harvard sen parénteses|Gombrich|1995|p= 420}} </ref>. As súas contribucións á arte producíronse nun período que os historiadores denominaron [[Século de Ouro holandés]] no cal a influencia política, a ciencia, o comercio e a cultura holandesas chegaron ó seu cumio.
 
Habendo alcanzado o éxito na mocidade, os seus últimos anos estiveron marcados pola traxedia persoal e a ruína económica. Os seus debuxos e pinturas foron sempre moi populares, gozando tamén de gran predicamento entre os artistas, e durante vinte anos converteuse no mestre de prácticamente todos os pintores neerlandeses<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Clark|1978|p= 203}}</ref>. Entre os maiores logros creativos de Rembrandt están os maxistrais [[retrato]]s que realizou para os seus contemporáneos, os seus [[autorretrato]]s e as súas ilustracións de escenas [[biblia|bíblicas]]. Nos seus autorretratos, especialmente, atopamos sempre a mirada humilde e sincera dun artista que trazou neles a súa propia biografía.<ref name="Gombrich, p. 420" />
Liña 48:
=== A vida con Saskia ===
[[Ficheiro:Saskia.jpg|miniatura|esquerda|170px|Retrato de Saskia van Uylenburg (c. 1635)]]
[[Ficheiro:Rembrandt Harmensz. van Rijn 103.jpg|miniatura|170px|''[[Titus coma un monxe|]]''Titus coma un monxe'']] (1660), retrato de [[Titus van Rijn]], o fillo de Rembrandt e Saskia, vestido de monxe.]]
A finais do [[1631]], como consecuencia da morte do seu pai, Rembrandt trasladouse a [[Ámsterdam]], a nova capital das empresas dos Países Baixos que vivía un crecemento económico importante. En Amsterdam Rembrandt comezou a exercer como retratista profesional por primeira vez, e fíxoo cun grande éxito. Asociou co marchante [[Hendrick van Uylenburgh]], a través de quen coñeceu a [[Saskia van Uylenburgh]], que era filla do seu primo [[Rombertus van Uylenburgh]], con quen se casou o [[22 de xuño]] de [[1634]] .<ref>Slive, pàg. 60-61</ref>
Saskia era unha moza de boa familia: o seu pai fora [[avogado]] e burgomaestre de [[Leeuwarden]]. Cando Saskia quedou orfa, sendo a irmá menor, tivo que irse vivir coa súa irmá en [[Het Bildt]]. O matrimonio, celebrado na igrexa local de St. Annaparochie, non contou coa asistencia dos parentes de Rembrandt. Ese mesmo ano Rembrandt converteuse nun membro máis da [[burguesía]] de Ámsterdan, así como da sociedade local de pintores. Entre os seus novos alumnos figuraban [[Ferdinand Bol]] e [[Govert Flinck]].<ref name=Bull-28>Bull, et al, p. 28</ref>
Liña 62:
 
=== Creba económica e últimos anos ===
Rembrandt sempre viviu por encima das súas posibilidades, investindo en arte -ás veces poxando polas súas propias pinturas-, gravados -que adoitaba utilizar nas súas pinturas- e todo tipo de curiosidades. En 1656 xa se tomaron certas medidas nos xulgados para impedir a súa declaración de [[bancarrota]], e o artista tivo que vender a maioría das súas pinturas e boa parte da súa colección de antigüidades. A lista de obxectos poxados conservouse, e dá unha idea das posesións materiais do pintor: debuxos e pinturas dos vellos mestres [[pintura flamenga|flamengos]], bustos de [[emperador]]es [[Imperio romano|romanos]], fragmentos de [[armadura]]s [[Xapón|xaponesas]], curiosidades traídas do Extremo Oriente, e coleccións de [[Historia natural]] e [[mineral]]es. Os beneficios destas vendas, realizadas entre 1657 e 1658, resultaron decepcionantes,<ref>Slive, páx. 84</ref> de modo que en 1660 non tivo máis remedio que vender a súa casa e o seu taller de [[gravado]] e mudarse a un apartamento máis modesto en [[Rozengracht]].<ref>Schwarz, p. 12.</ref><ref group='nota'> A venda efectuouse en 1658, pero concedéronselle dous anos de atraso na mudanza.</ref> Rembrandt aínda gozaba de certo prestixio, e tanto as autoridades como os seus acredores adoitaban mostrarse bastante tolerantes. Paradoxicamente, a sociedade de pintores de Ámsterdan considerouno un escándalo, e adaptou os seus regulamentos para que ninguén que estivese nunha situación económica como a de Rembrandt puidese comerciar como pintor. Para evitar esta medida, Hendrickje e o propio Titus abriron o seu propio negocio de arte en 1660, no que Rembrandt traballaba como ''empregado.''<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Clark|1978|p= 105}}</ref>
 
Así, en 1661, esta "axencia artística" recibiu o encargo de realizar unha pintura para o recentemente construído [[concello]], pero só despois de que [[Govert Flinck]], o artista que recibira inicialmente o encargo falecese sen dar unha soa pincelada. Desgraciadamente, a obra resultante -''"A conspiración de Claudius Civilis"''- foi rexeitada e devolta ao pintor; o único fragmento conservado é só parte da obra realizada.<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Clark|1978|p= 60-61}}</ref> Foi por entón cando Rembrandt, gravemente afectado pola idade e a pobreza, admitiu a [[Aert de Gelder]] como o seu último alumno. Cara a 1662 aínda recibía encargos importantes de retratos das personalidades da súa contorna.<ref>Bull, ''et al.'', pág. 29.</ref> O mesmo [[Cosme III de Toscana|Cosme III de Médici]], [[Gran Duque de Toscana]] visitou a Rembrandt no seu domicilio, cando chegou a Ámsterdan en 1667.<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Clark|1978|p= 34}}</ref>
Liña 82:
=== Períodos, temas e estilo ===
[[Ficheiro:Rembrandt Harmensz. van Rijn - The Abduction of Europa - Google Art Project.jpg|thumb|200px|''[[O rapto de Europa (Rembrandt)|O rapto de Europa]]'', 1632. [[Pintura ao óleo|Óleo]] sobre táboa. Esta obra considerouse ''"un brillante exemplo da [[Idade de Ouro]] da pintura [[barroco|barroca]]''.<ref>Clough, p. 23</ref>]]
Ao longo da súa carreira, Rembrandt faría seus os xéneros do [[retrato]], o [[paisaxe]] e a [[pintura]] [[narrativa]]. Por esta última sería especialmente enxalzado polos seus contemporáneos, que o consideraron un mestre na interpretación de pasaxes bíblicos pola súa profundidade emocional e o seu coidado dos detalles.<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Van de Wetering|2004|p= 268}}</ref> [[Estilo artístico|Estilisticamente]], a súa pintura evolucionó da suavidade dos seus principios -caracterizada por unha excelente técnica de representación [[ilusionismo|ilusionista]] de formas- a un tratamento posterior, máis "áspero", que invocaba as calidades do obxecto mediante a calidade [[tacto|táctil]] con que figuraba na pintura.<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Van de Wetering|2004|p= 160-190}}</ref>
 
En canto ao gravado, podería falarse dun desenvolvemento similar. Nos gravados da súa madurez, sobre todo desde finais da década de 1640 en diante, quedan reflectidas a liberdade e a amplitude que tamén están presentes nos seus debuxos e pinturas. Nestas obras combínanse tema e técnica de tal modo que en ocasións, unha gran superficie baleira pode suxerir un espazo, mentres que noutras unha complexa trama de liñas articula o volume de formas en penumbra.<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Ackley|2004|p= 14}}</ref>
Liña 95:
 
==== Segundo período en Ámsterdan (1636-1650) ====
A finais da década dos ano 30, Rembrandt producira apenas algunhas pinturas e uns poucos gravados de tema [[paisaxe|paisaxístico]]. A miudo, estas pinturas adoitaban destacar o aspecto dramático da natureza, reflectida en árbores desarraixados e nubes ominosas (''"Casa de campo ante un ceo tormentoso"'', 1641; ''"As tres árbores"'', 1643). A partir de 1640, Rembrandt foi eliminando os trazos máis pintorescos e o seu estilo volveuse máis sombrío e comedido, quizais debido ás traxedias persoais que xa empezaran a sucederlle.
 
Do mesmo xeito, as escenas bíblicas que pintara desde a súa mocidade pasaron de centrarse no [[Antigo Testamento]] a representar pasaxes do [[Novo Testamento]]. En 1642 recibiu o encargo da "[[A rolda de noite|rolda de noite]]" -a súa maior obra e o encargo do retrato colectivo máis importante que recibiu neste período- e no que tratou de atopar novas solucións compositivas e narrativas a cuestións xurdidas en obras anteriores.<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Van de Wetering|2004|p= 288}}</ref>
 
[[Ficheiro:The Nightwatch by Rembrandt detail.jpg|miniatura|esquerda|220px|Detalle da ''[[A rolda de noite|rolda de noite]]'', tamén coñecida como ''"A milicia do capitán [[Frans Banning Cocq]]"'', 1642.]]
Liña 124:
Nos últimos anos, as súas pinturas de tema bíblico tenderon a unha maior personalización das figuras e as súas emocións individuais. (''"Santiago Apóstolo",'' 1661). Rembrandt comezou en 1652 unha serie de autorretratos impregnados de reflexión, e ata o ano da súa morte realizaría 15 versións deste tema; así como numerosas e emotivas imaxes de homes e mulleres namorados, vivos e ante Deus (''[[A noiva xudía]],'' 1666). Algúns autores<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Gombrich|1995|p= 423}}</ref> sinalaron respecto diso:
{{Cita|''"Nos últimos retratos de Rembrandt sentímonos enfrontados cara a cara con persoas reais; sentimos a súa calidez, a súa necesidade de simpatía e tamén a súa soidade e sufrimento. A mirada firme e certeira que coñecemos tan ben grazas aos autorretratos de Rembrandt ten que ser igualmente capaz de mirar directamente ao corazón humano"''.}}
E tamén, sobre ''[[A noiva xudía]]'':
 
{{Cita|''"Esta é unha imaxe dun amor maduro, unha marabillosa amalgama de riqueza, tenrura e verdade...esas cabezas, na súa verdade, teñen un halo espiritual que ningún pintor influído pola tradición clásica podería alcanzar xamais..."<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Clark|1978|p= 206}}</ref>''}}
Liña 130:
=== Rembrandt grabador ===
[[Ficheiro:Rembrandt The Hundred Guilder Print.jpg|miniatura|esquerda|250px|''A estampa dos cen florins'', c.1647-1649, [[gravado]].]]
Rembrandt realizou [[gravado]]s durante boa parte da súa carreira (1626-1660), ata o momento en que dificultades económicas fixéronlle vender o seu taller de estampación e abandonar virtualmente o medio. Nese lapso de tempo, só durante o difícil ano de 1649 non produciu ningunha obra.<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Schwartz|1994|p= 8-12}}</ref> Adaptouse facilmente ó linguaxe gráfico desta técnica, e aínda que dominaba o uso do [[buril]] e era un experimentado gravador, o valor fundamental da súa obra calcográfica é a liberdade técnica.
 
Igualmente, Rembrandt implicouse personalmente con todo o proceso de estampación, e debeu haber estampado personalmente polo menos os primeiros estados de cada plancha. Ao principio utilizaba un estilo baseado no debuxo, pero pronto comezou a desenvolver unha estética máis próxima á da súa pintura, combinando masas de liñas e mordidas de acedo sucesivas para alcanzar distintos niveis de profundidade. Antes de 1640 reaccionou contra este estilo e recuperou unha técnica máis sinxela e con menos mordidas.<ref>White 1969, pp. 5-6</ref> Así, o desenvolvemento de "A estampa dos cen florins", escalonado ao longo de toda a década de 1640, resultou ser para el unha ''"obra crítica en metade da súa carreira"'', da que xurdiría o seu estilo final de gravado.<ref>White 1969, p. 6</ref> Aínda que desta plancha só se conservaron dúas estampacións en estados iniciais (a primeira moi rara) a evidencia de numerosas rectificacións baixo a imaxe final resultan moi esclarecedoras sobre o traballo de Rembrandt nesta peza.<ref>White 1969, pp. 6, 9-10</ref>
Liña 225:
<references group=nota />
;Referencias
{{listarefListaref|230em}}
 
== Véxase tamén ==
Liña 236:
** ''A Corpus of Rembrandt Paintings - Volume II: 1631-1634''. Bruyn, J., Haak, B. (et al.), Band 2, 1986, ISBN 978-90-247-3339-2
** ''A Corpus of Rembrandt Paintings - Volume III, 1635-1642''. Bruyn, J., Haak, B., Levie, S.H., van Thiel, P.J.J., van de Wetering, E. (Ed. Hrsg.), Band 3, 1990, ISBN 978-90-247-3781-9
** ''A Corpus of Rembrandt Paintings - Volume IV''. Ernst van de Wetering, Karin Groen et al. Springer, Dordrecht, the Netherlands (NL). ISBN 1-4020-3280-3. p. &nbsp;692. (Self-Portraits)
* ''Rembrandt. Images and metaphors'', Christian Tumpel (editor), Haus Books Londres 2006 ISBN 13: 978-1-904950-92-9
* {{Cita libro|apelidos=Clark |nome= Kenneth |título= ''Civilisation'' |editor=Harper & Row |ano=1969 |ref=harv}}