Ciencia medieval: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Retiro marcador
m Arranxos varios, replaced: {{listaref|2}} → {{Listaref|30em}} using AWB
Liña 2:
[[Ficheiro:God the Geometer.jpg|miniatura|230px|Deus creando o universo a través de [[xeometría|principios xeométricos]]. Frontispicio da ''Bible Moralisée'' (1215).]]
[[Ficheiro:Woman teaching geometry.jpg|miniatura|230px|Muller ensinando [[xeometría]]. Ilustración do libro ''[[Os elementos]]'', de [[Euclides]], na tradución atribuída a Adelardo de Bath (1309-1316).]]
A '''ciencia medieval''' refírese aos descubrimentos no campo da [[ciencia]] (ou ''[[filosofía|filosofía natural]]'', como se denominaba daquela) que ocorreron na [[Idade Media]], o período intermedio entre a [[Idade Antiga]] e o [[Renacemento]], que representa o comezo de [[Idade Moderna]], segundo a división tradicional dos períodos da historia da humanidade dentro da cultura occidental.
 
Considérase xeralmente, desde un punto de vista [[Europa|eurocentrista]], que tras da caída do [[Imperio Romano|Imperio Romano de Occidente]] ([[476]] d.C.),<ref>A convención histórica determinou que o Imperio Romano de Occidente acabou o [[4 de setembro]] de [[476]], cando [[Odoacro]] depuxo a [[Rómulo Augústulo]]. Pero na práctica este asunto aínda é unha cuestión en debate. Porque [[Xulio Nepote]] reivindicou para si o título de [[Emperador Romano]] de Occidente, gobernando a provincia de [[Dalmacia]], e foi recoñecido como tal polo emperador [[Imperio Bizantino|Bizantino]] [[Zenón I]] e por [[Siagrio]], que conseguira manter un enclave romano no norte da [[Galia]] (coñecido como [[Reino de Siagrio]]). Odoacro autoproclamouse gobernador de Italia e comezou a negociar con Zenón. Este concedeulle a Odoacro o status de [[patricio]] como unha forma de recoñecemento da súa autoridade, e aceptouno como o seu vicerrei en Italia. Pero ao tempo insistiu en que Odoacro prestase honras a [[Nepote]] como emperador occidental. Odoacro aceptou as condicións e até emitiu moedas co nome de Nepote en Italia. Pero iso foi, porén, só un xesto político baleiro, xa que Odoacro nunca devolveu a Xulio Nepote ningún poder político ou calquera territorio. Nepote foi morto en [[480]] e Odoacro rapidamente invadiu e conquistou Dalmacia.</ref> gran parte de Europa (a Europa occidental) perdeu o contacto co coñecemento escrito, iniciándose a ''escura [[Idade Media]]''.
 
Pero cómpre ter en conta os avances tecnolóxicos e a evolución do pensamento científico do mundo oriental ([[civilización árabe-musulmá]]) e, en primeiro lugar, os do [[Imperio Bizantino]] que, herdeiro do saber latino, e cos saberes que tomou do mundo árabe-musulmán, e mesmo dos da [[China]], foi decisivo na construción da ciencia moderna.
Liña 10:
O período da Idade Media esténdese desde a data antecitada até [[1492]] (data do [[descubrimento de América]]) e coñece un desenvolvemento sen precedente das técnicas e das disciplinas científicas, a despeito dunha imaxe escurantista, propagada polos manuais escolares. Na actualidade, é común considerar o desenvolvemento da ciencia como un proceso continuo e gradual, cos seus antecedentes tamén medievais, e tamén na Europa occidental.
 
De todos os xeitos, está claro que a [[Europa Occidental]] entrou na Idade Media sumida en grandes dificultades que minaron a produción intelectual do continente. Os tempos eran confusos e perdérase o acceso aos tratados científicos da antigüidade clásica en [[lingua grega|grego]], quedando apenas as compilacións resumidas e até deturpadas que os [[Imperio Romano|romanos]] traduciran ao [[latín]].
 
Porén, co inicio do chamado [[Renacemento do século XII]], renovouse o interese pola investigación da [[natureza]]. A ciencia que se desenvolveu neste período áureo da filosofía [[escolástica (filosofía)|escolástica]] daba énfase á [[lóxica]] e avogaba polo [[empirismo]], entendendo a natureza como un sistema coherente de [[lei]]s que poderían ser explicadas pola [[razón]]. Foi con esta visión coa que os sabios medievais se lanzaron na procura de explicacións para os [[fenómeno]]s do universo e conseguiron avances importantes en áreas como a [[método científico|metodoloxía científica]] e a [[física]].<ref>Oliveira, Terezinha (xuño de 2007): ''Origem e memória das universidades medievais a preservação de uma instituição educacional'' [http://www.scielo.br/scielo.php?script=sci_arttext&pid=S0104-87752007000100007&lng=pt&nrm=iso] (HTML). En ''Varia história'' 26 (37): páxs. 113-129. Belo Horizonte. DOI:10.1590/S0104-87752007000100007. ISSN 0104-8775. Consultada o 10 de maio de 2011. {{pt}}</ref> Estes avances foron repentinamente interrompidos pola [[peste negra]], e son case descoñecidos para a maior parte do público contemporáneo, que moitas veces aínda considera o período medieval como unha suposta ''[[Ciencia medieval#Idade das Tebras?|Idade das Tebras]]''.
Liña 18:
== Historia da ciencia na Europa medieval ==
 
Acostúmase dicir, e non sen razóns, que os [[Imperio Romano|romanos]] eran un pobo de orientación práctica. A pesar de estaren marabillados cos descubrimentos do pasado [[Grecia antiga|grego]], non chegaron a formaren novas institucións que buscasen especificamente entender o universo ou o mundo natural.
 
Os verdadeiros centros de produción de [[coñecemento]] do Imperio Romano localizábanse no seu lado oriental, de cultura grega, no chamado [[período helenístico]]. Fundáranse antes do dominio romano e xa non mantiñan a mesma forza creativa de períodos anteriores.<ref> William Stahl (1962): ''Roman Science'', Madison: Univ. of Wisconsin, 1962, páxs. 120–33.</ref><ref>Edward Grant (1996): ''The Foundations of Modern Science in the Middle Ages''. Cambridge University Press. páxs. 13–14. ISBN 0-521-56137-X </ref><ref>Ronan, Colin A., "6. Ciência Romana e Medieval", Jorge Zahar Editor / Círculo do Livro S.A., ''História Ilustrada da Ciência da Universidade de Cambridge'', Volume II, São Paulo, Brasil, 1987. páxs. 130-158.</ref>
 
Como a clase rica do Imperio era [[Bilingüismo|bilingüe]], non se sentía a necesidade de traducir os tratados científico-filosóficos producidos pola civilización grega. E así, era común encontrar compilacións resumidas das principais correntes do pensamento grego en [[lingua latina|latín]]. Estes resumos eran lidos e discutidos nos espazos públicos da axitada vida social romana.
 
Durante o proceso de desestruturación do [[Imperio Romano de Occidente]], o occidente europeo foi pouco a pouco perdendo contacto co oriente, e a lingua grega acabou por ser esquecida. Deste modo, a [[Europa Occidental]] perdeu o acceso aos tratados orixinais dos filósofos clásicos, quedando apenas coas versións truncadas deste coñecemento que foran anteriormente traducidas. Sería como se perdésemos case todos os traballos científicos e nos quedasen só textos de revistas destinadas ao consumo popular.
Liña 30:
O Imperio Romano de Occidente, unido pola lingua latina, englobaba un gran número de culturas diferentes que foran asimiladas dunha maneira incompleta pola cultura romana. Debilitado polas migracións e as invasións das chamadas [[Baixo Imperio romano|invasións bárbaras]], pola desintegración política de Roma no [[século V]] e illado do resto do mundo pola expansión do [[Islam]] no [[século VII]], o occidente Europeo chegou a ser pouco máis que unha colcha de retallos de poboacións rurais e pobos seminómadas. A inestabilidade política e o declinar da vida urbana golpearon duramente a vida cultural do continente.
 
A [[Igrexa Católica]], como única institución que non se desintegrou neste proceso, mantivo o que restou de forza intelectual, especialmente a través da [[Mosteiro|vida monástica]].<ref>Pierre Riché, ''Education and Culture in the Barbarian West: From the Sixth through the Eighth Century'', Columbia: Univ. of South Carolina, 1976, páxs. 100–29.</ref>
 
A educación dos leigos sobreviviu modestamente en [[Italia]], [[España]] e no sur da [[Galia]], onde a influencia romana foi máis duradeira. No [[século VII]], a instrución comeza a emerxer en [[Irlanda]] e noutras terras [[Celtas|célticas]], nas que o latín era unha lingua estranxeira, e os textos latinos foron estudados e ensinados con afán.<ref>Pierre Riché, ''Education and Culture in the Barbarian West: From the Sixth through the Eighth Century'', Columbia: Univ. of South Carolina, 1976, páxs. 307–23.</ref>
Liña 36:
O home instruído destes primeiros séculos era case sempre un [[clero|clérigo]] para quen o estudo dos coñecementos naturais era unha pequena parte da escolaridade. Eses estudosos vivían nunha atmosfera que daba prioridade á [[Fe (relixión)|fe]] e tiñan a mente máis voltada para a salvación das [[alma]]s do que para o cuestionamento de detalles da [[natureza]]. Alén diso, a vida case sempre insegura e economicamente difícil desta primeira parte do período medieval mantiña o home centrado nas dificultades do día a día. Deste modo, as actividades científicas reducíranse practicamente a citacións e comentarios de obras que facían referencia á antigüidade clásica; estes comentarios estaban por veces cheos de erros, xa que os textos usados como referencia, as obras que quedaran en latín, tiñan informacións truncadas e até deturpadas.
 
No final do [[século VIII]], houbo unha primeira tentativa de rexurdimento da cultura occidental. [[Carlomagno]] conseguira reunir gran parte de Europa baixo o seu dominio. Para unificar e fortalecer o seu imperio, decidiu executar unha reforma na [[educación]]. O monxe inglés [[Alcuíno de York|Alcuíno]] elaborou un proxecto de desenvolvemento escolar que buscou revivir o saber clásico establecendo os programas de estudo a partir das sete [[arte|artes liberais]]: o ''trivium'', ou ensino literario ([[gramática]], [[retórica]] e [[dialéctica]]) e o ''quadrivium'', ou ensino científico ([[aritmética]], [[xeometría]], [[astronomía]] e [[música]]). A partir do ano [[787]], dispuxo decretos que recomendaban, en todo o imperio, a restauración das antigas escolas e a fundación de novas. Institucionalmente, estas novas escolas podían ser ''monacais'', baixo a responsabilidade dos [[mosteiro]]s; ''catedralicias'', xunto á [[catedral|sede dos bispados]]; e ''palatinas'', xunto ás [[Rei|cortes]] reais.<ref>Wolff, Philippe (1968): ''O despertar da Europa''. Lisboa: Ulisseia.</ref> <ref>Butzer, Paul Leo & Lohrmann, Dietrich (ed.) (1993): ''Science in Western and Eastern Civilization in Carolingian Times''. Basel / Boston / Berlin: Birkhäuser Verlag. ISBN 0-8176-2863-0</ref>
 
Estas medidas terían os seus efectos máis significativos séculos máis tarde. O ensino da dialéctica (ou [[lóxica]]) foi facendo renacer o interese pola indagación especulativa; desta semente xurdiría a filosofía cristiá da [[escolástica (filosofía)|Escolástica]].<ref>Eastwood, Bruce S. (2007): ''Ordering the Heavens: Roman Astrology and Cosmology in the Caroligian Renaissance''. Leiden / Boston: Brill. páx. 23. ISBN 978-90-04-16186-3</ref> Alén diso, nos séculos [[século XII]] e [[século XIII|XIII]], moitas das escolas que foran estruturadas por [[Carlomagno]], especialmente as ''escolas catedralicias'', adquiriron a forma de [[Universidade]]s.
Liña 43:
[[Ficheiro:Escribano.jpg|miniatura|250px|dereita|O movemento de tradución dos textos gregos marca o fortalecemento da intelectualidade europea.]]
[[Ficheiro:Las Siete Partidas.jpg|miniatura|dereita|250px|Miniatura de ''"Las Siete Partidas"'' que mostra a [[Afonso X o Sabio]] ditando.]]
Despois da contención das últimas ondas de [[invasións bárbaras]] no [[século X]], seguiu unha fase de relativa tranquilidade en relación ás ameazas externas, que tamén coincidiu cun período de condicións climáticas máis favorábeis.
 
A Europa occidental pasou entón por mudanzas [[sociedade|sociais]], [[política]]s e [[economía|económicas]], que xeraron o chamado [[Renacemento do Século XII]]. As evolucións técnicas posibilitaron o [[agricultura|cultivo]] de novas terras e o aumento da diversidade dos produtos agrícolas, que sustentaban unha poboación que pasou a crecer rapidamente.
 
O [[comercio]] entrou en franca expansión, desenvolvéronse rotas entre os diversos pobos que reduciron as distancias, facilitando non só o comercio de bens físicos, senón tamén o intercambio de ideas entre os países.
Liña 59:
[[Ficheiro:Map of Medieval Universities.jpg|esquerda|miniatura|250px|Mapa das [[universidade|universidades medievais]]. As [[universidade]]s e as novas [[Relixión|ordes relixiosas]] subministraron infraestruturas para a formación de [[comunidade científica|comunidades científicas.]]]]
 
A principios do [[século XII]] fundáronse as primeiras [[universidade]]s ([[Boloña]], [[1088]]; [[París]], [[1170]]; [[Salamanca]], [[1218]]; [[Oxford]], [[1220]]) e, en [[1500]], xa serían máis de setenta. Este feito foi o punto de partida para o modelo actual de [[universidade]].
 
Algunhas destas institucións recibían da Igrexa ou dos Reis o título de ''[[Studium generale]]'', e estaban consideradas como os lugares de ensino máis prestixiados de Europa; os seus académicos eran animados a compartir documentos e a ditar cursos noutras institucións por todo o continente europeo.<ref>Oliveira, Terezinha (2007): ''Origem e memória das universidades medievais a preservação de uma instituição educacional'' [http://www.scielo.br/scielo.php?script=sci_arttext&pid=S0104-87752007000100007&lng=pt&nrm=iso] HTML. Varia história 26 (37): páxs. 113-129. Belo Horizonte: [[SciELO]]. ISSN 0104-8775. {{pt}} Consultada o 10 de maio de 2012.</ref><ref>Oliveira, Terezinha (2006): ''A universidade medieval: uma memória''. ''Revista Eletrônica de História Antiga e Medieval''. Volume 6. ISSN 1676-5818.
Liña 82:
A primeira metade do [[século XIV]] viu o traballo científico de grandes pensadores. Inspirado en Duns Escoto, [[William de Ockham]] entendía que a filosofía só debería tratar de temas sobre os cales puidese obter un coñecemento real. Os seus estudos en [[lóxica]] levárono a defender o principio hoxe chamado da [[Navalla de Occam]]: ''se hai varias explicacións igualmente válidas para un feito, entón debemos escoller a máis simple''. Iso debería levar a desbotar os debates infrutíferos e mover a [[filosofía|filosofía natural]] en dirección ao que hoxe é considerado como a [[ciencia]].
 
Nesta altura, académicos como [[Jean Buridan]] e [[Nicole Oresme]] comezaron a cuestionar aspectos da [[mecánica]] [[Aristóteles|aristotélica]]. En particular, Buridan desenvolveu a ''teoría do [[ímpeto]]''<ref name="plato.stanford.edu">Zupko, Jack, "John Buridan", ''The Stanford Encyclopedia of Philosophy'' (Edición de outono de 2008), Edward N. Zalta (ed.), URL = [http://plato.stanford.edu/archives/fall2008/entries/buridan/%3E.] {{en}}. Consultada o 11 de maio de 2011.</ref>, na que explica o movemento de [[proxectil|proxectís]] e que foi o primeiro paso en dirección ao moderno concepto de [[inercia]]. Buridan anticipouse a [[Isaac Newton]] cando escribiu:
 
{{Cita|''...despois de deixar o brazo do lanzador, o proxectil moverase por un ímpeto que lle dá o lanzador, e continuará movéndose mentres ese ímpeto permaneza máis forte que a resistencia. Ese movemento sería de duración infinita caso de non ser diminuído e corrompido por unha forza contraria que se lle resista, ou por algo que incline o obxecto cara a un movemento contrario.''|Jean Buridan <ref name="plato.stanford.edu">Zupko, Jack, "John Buridan", ''The Stanford Encyclopedia of Philosophy'' (Edición de outono de 2008), Edward N. Zalta (ed.), URL = [http://plato.stanford.edu/archives/fall2008/entries/buridan/%3E.] {{en}}. Consultada o 11 de maio de 2011.</ref>}}
[[Ficheiro:Galileo-1638-173.jpg|miniatura|150px|Demostración de [[Galileo]] sobre o movemento acelerado. A base da famosa "''Lei da caída dos corpos''" foi o [[teorema da velocidade media]] de [[Budiran]].]]
 
Nesa mesma época, os denominados ''Calculatores'' de [[Merton College]], de [[Oxford]], elaboraron o [[teorema da velocidade media]]. Usando unha linguaxe simplificada, este teorema estabelece que:
 
{{Cita|''Un corpo en movemento uniformemente acelerado percorre, nun determinado intervalo de tempo, o mesmo espazo que sería percorrido por un corpo que se desprazase con velocidade constante e igual á velocidade media do primeiro''.}}
 
Máis tarde, ese teorema sería a base da [[cinemática|Lei da caída libre dos corpos]], de [[Galileo]]. Hoxe sabemos que as principais propiedades [[cinemática]]s do ''movemento rectilíneo uniformemente variado'' (MRUV), que aínda hoxe atribúense a Galileo polos textos de física, foran descubertas e probadas por eses académicos.
 
Nicolás de Oresme, á súa vez, demostrou que as razóns propostas pola física aristotélica contra o movemento do planeta [[Terra]] non eran válidas e invocou o argumento da simplicidade (da navalla de Occan) en favor da teoría de que é a Terra quen se move, e non os corpos celestiais. En xeral, o argumento de Oresme a favor do movemento terrestre é máis explícito e máis claro do que o que foi dado séculos despois por [[Copérnico]]. Entre outras proezas, Oresme foi o descubridor do cambio de dirección da [[luz]] a través da [[refracción]] atmosférica; porén, até hoxe, o crédito por ese feito teña sido dado a [[Robert Hooke]].
 
En [[1348]], a [[peste negra]] levou este período de intenso desenvolvemento científico cara a un fin repentino. A praga matou un terzo da poboación europea. Durante case un século, novos focos da praga e outros desastres causaron un continuo decrecemento poboacioal. As áreas urbanas, xeralmente o motor das innovacións intelectuais, víronse especialmente afectadas.
Liña 244:
 
[[Ficheiro:Da Vinci Vitruve Luc Viatour.jpg|miniatura|Unha das figuras emblemáticas de Leonardo: ''O Home de Vitrubio'', canon da figura humana.]]
O [[humanismo]] renacentista rompeu coa visión [[teocentrismo|teocéntrica]] e coa concepción filosófico-teolóxica medieval. Entón, conceptos como a dignidade do ser humano pasaron a estar en primeiro plano. Por outro lado, ese humanismo representou tamén unha ruptura coa importancia que se lle viña dando ás ciencias naturais desde o (re)descubrimento de [[Aristóteles]], no [[século XII]].
 
A pesar do florecemento artístico, o período inicial do Renacemento vese por algúns como un momento de estancamento nas ciencias. Hai pouco desenvolvemento de disciplinas como a física e a astronomía. O apego aos escritos antigos facía que as visións [[Ptolomeo|ptolomaica]] e [[Aristóteles|aristotélica]] do universo estiveran ainda máis enraizadas. En contraste coa [[escolástica (filosofía)|escolástica]], que supuña unha orde racional da natureza na cal o intelecto podería penetrar, o chamado [[naturalismo renacentista]] pasaba a ver o universo como unha creación espiritual opaca á racionalidade e que só podería ser comprendida pola experiencia directa; ao mesmo tempo, a filosofía perdeu moito do seu rigor cando as regras da lóxica pasaron a seren vistas como secundarias ante a intuición ou a emoción.
 
Por outro lado, a invención da [[imprenta]], que ocorrera simultaneamente á caída de Constantinopla, tería grande efecto na sociedade europea. A diseminación máis fácil da palabra escrita democratizou a aprendizaxe e permitiu a propagación máis rápida de novas ideas. Entre esas ideas estaba a [[álxebra]], que fora introducida na Europa por [[Leonardo Fibonacci|Fibonacci]] no século XIII, pero que só se popularizou ao ser divulgada en forma impresa.
Liña 256:
[[Ficheiro:Septem-artes-liberales Herrad-von-Landsberg Hortus-deliciarum 1180.jpg|miniatura|dereita|A filosofía entre as sete ''[[Artes Liberais]]'' (ca. 1180).]]
 
Durante os tempos confusos da disolución do Imperio Romano de Occidente e dos primeiros séculos da Idade Media, perdérase moito da cultura clásica, pero o declive cultural sería máis intenso se non fose polo monasticismo, máis especificamente pola acción dos [[monxe|monxes copistas]]. É verdade que os textos en grego xa non estaban máis accesíbeis polo esquecemento do idioma e que os escritos que pasaban polo traballoso proceso de copia manual eran seleccionados de acordo coa importancia que lles daban os relixiosos. A Igrexa tamén estivo a cargo da estrutura educacional, ou polo menos supervisando a mesma.
 
Cando [[Carlomagno]] chamou o monxe [[Alcuíno]] para elaborar unha reforma na educación europea, a Igrexa permaneceu responsábel tanto polas ''escolas monacais'' como polas ''escolas catedralicias''. A maioría das universidades nos séculos XII e XIII xurdiron precisamente de escolas ligadas ás [[catedral|catedrais]] e funcionaban baixo a protección da xurisdición eclesiástica.
 
Con relación á investigación da natureza, que renaceu na Idade Media Clásica, xa foi mencionada a importancia das ordes relixiosas mendicantes. Aínda que [[Bernardo de Claraval]] e algúns outros relixiosos chegasen a desaconsellar o estudo das ciencias por entenderen que moitos buscaban eses coñecementos só por [[vaidade]], os seus puntos de vista nunca foron adoptados. A [[Inquisición]] estaba presente, pero a Igrexa concedía os profesores moita elasticidade nas súas doutrinas e, en moitos casos, estimulou as investigacións científicas.<ref>Durant, Will (1950): ''Ciência Cristã: 1095-1300'', Record, História da civilização ocidental: volume IV, p. 882, Petrópolis, RJ.</ref><ref>Will Durant, na súa ''História da civilização ocidental'', volume IV, páx. 882. di: Guillerme de Auvergne, bispo de París (falecido en 1249), promoveu tales investigacións [científicas] e ridiculizou os que crían ver un acto de Deus en calquera acontecemento extraordinario. O bispo Grosseteste, de Lincoln, estaba tan adiantado no estudo das matemáticas, óptica e ciencia experimental, que Roger Bacon o situou no mesmo plano que Aristóteles. As ordes dos dominicos e os franciscanos non puxeron obxección ningunha aos estudos científicos de Alberte o Magno ou de Roger Bacon.''</ref>
Liña 266:
== Grandes nomes da ciencia medieval ==
*'''[[Robert Grosseteste]]''' (1168-1253), [[bispo]] de [[Lincoln]], foi a figura central do movemento intelectual [[Inglaterra|inglés]] na primeira metade do [[século XIII]] e está considerado como o fundador do pensamento científico en [[Oxford]]. Tiña grande interese polo mundo natural e escribiu textos sobre temas como a astronomía, a xeometría e a óptica. Afirmaba que os experimentos deberían ser usados para verificar unha teoría, verificando as súas consecuencias; tamén foi relevante o seu traballo experimental na área da [[óptica]]. [[Roger Bacon]] foi un de seus alumnos máis coñecidos.
 
*'''[[Alberte o Magno]]''' (1193-1280), o ''Doutor Universal'', foi o principal representante da tradición filosófica dos dominicos. Alén diso, é un dos trinta e tres [[santo]]s da [[Igrexa Católica]] que teñen o título de [[Doutor da Igrexa]]. Fíxose famoso polo seu vasto coñecemento e pola súa defensa da coexistencia pacífica da ciencia e a relixión. Alberte foi esencial en introducir a ciencia grega e árabe nas universidades medievais, pero nunca deixou de dubidar de Aristóteles. Nunha das súas frases famosas, afirmou: ''a ciencia non consiste en ratificar o que outros dixeron, senón en buscar as causas dos fenómenos''. [[Tomé de Aquino]] foi o seu alumno.
<center><gallery>
Liña 276 ⟶ 275:
 
*'''[[Roger Bacon]]''' (1214-1294), o ''Doutor Admirábel'', ingresou na [[Orde dos Freires Menores|Orde dos Franciscanos]] contra [[1240]], onde, influído por Grosdeteste, se dedicou a estudos nos cales introduciu a observación da natureza e a experimentación como fundamentos do coñecemento natural. Bacon propagou o concepto de "[[leis da natureza]]" e contribuíu con estudos en áreas como a [[mecánica]], a [[xeografía]] e principalmente a [[óptica]]. As investigacións en óptica de Grosseteste e Bacon posibilitaron o inicio da fabricación de [[anteollos]], no [[século XII]]. No futuro, estes coñecementos serían imprescindíbeis para a invención de instrumentos como o [[telescopio]] e o [[microscopio]].
 
*'''[[Tomé de Aquino]]''' (1227-1274), tamén coñecido como o ''Doutor Anxélico'', foi un frade dominico e teólogo italiano. Igual que o seu profesor [[Alberte o Magno]], é [[santo]] [[Igrexa Católica|católico]] e [[Doutor da Igrexa|doutor desta mesma Igrexa]]. Os seus intereses non se restrinxían á [[filosofía]]; interesouse tamén polo estudo da [[alquimia]], e publicou unha importante obra alquímica chamada ''Aurora Consurxens''. Non obstante, a verdadeira contribución de San Tomé á ciencia do período foi a de ser o maior responsábel da integración definitiva do [[Aristóteles|aristotelismo]] na tradición [[escolástica (filosofía)|escolástica]].
 
*'''[[Duns Scoto]]''' (1266-1308), o ''Doutor Sutil'', foi membro da Orde franciscana, [[Filosofía|filósofo]] e [[Teoloxía|teólogo]]. Formado no ambiente académico da [[Universidade de Oxford]], onde aínda perduraba a aura de Robert Grosseteste e Roger Bacon, tivo unha posición alternativa á de [[Tomé de Aquino]] no enfoque da relación entre a [[razón]] e a [[Fe (relixión)|fe]]. Para Escoto, as verdades da fe non poderían ser comprendidas pola razón. A filosofía, así, debería deixar de ser unha serva da teoloxía e adquirir autonomía. Duns Escoto foi o mentor doutro gran nome da filosofía medieval, [[William de Ockham]].
 
*'''[[William de Ockham]]''' (1285-1350), o ''Doutor Invencíbel'', foi un frade franciscano, teórico da [[lóxica]] e teólogo [[Inglaterra|inglés]]. Ockham defendía o ''principio da parsimonia'' ou da economía (a natureza é por si mesma económica), que xa se podía ver no traballo de Duns Escoto, o seu mestre. Ockham formulou o principio da [[Navalla de Occam]]: ''se hai varias explicacións igualmente válidas para un feito, entón debemos escoller a máis simple''. Isto chegou a ser unha parte básica do que sería coñecido posteriormente como [[método científico]], e un dos piares do [[reducionismo]] na [[ciencia]]. Ockam morreu vítima da [[peste negra]]. [[Jean Buridan]] e [[Nicole Oresme]] foron os seus seguidores.
<center><gallery>
Liña 290 ⟶ 286:
 
*'''[[Jean Buridan]]''' (1300-1358) foi un filósofo e relixioso [[Francia|francés]]. Aínda que fora un dos máis famosos e influentes filósofos da Idade Media tardía, está hoxe entre os nomes menos coñecidos do período. Unha de súas contribucións máis significativas foi desenvolver e popularizar a ''teoría do [[ímpeto]]'', que explicaba o movemento de proxectís e obxectos en caída libre. Esa teoría pavimentou o camiño para a [[dinámica]] de [[Galileo]] e para o famoso ''principio da [[inercia]]'', de [[Isaac Newton]].
 
*'''[[Nicole Oresme]]''' (ca. 1323-1382) foi un xenio intelectual e talvez o pensador máis orixinal do [[século XIV]]. [[Teólogo]] dedicado e [[bispo]] de [[Lisieux]], foi un dos principais propagadores das ciencias modernas. Alén das súas contribucións estritamente científicas, Oresme combateu fortemente a astroloxía e especulou sobre a posibilidade de que houberen outros [[extraterrestre|mundos habitados]] no espazo. Foi o último grande intelectual europeo que viviu antes do xurdimento da [[peste negra]].
 
== Idade das Tebras? ==
[[Ficheiro:Universum.jpg|miniatura|esquerda|300px|Ao contrario do que moitos aprenderon na escola, as persoas educadas na Idade Media "non crían" nunha [[Terra|Terra plana]]]]
Nocións preconcibidas sobre a Idade Media foron amplamente propagadas, incluso por motivacións políticas, e aínda hoxe permanecen mitos no imaxinario popular. Iso tamén é verdadeiro cando se trata das nocións da ciencia no período: refírese a el pexorativamente como ''idade das tebras'', suxerindo que nel non houbo ningunha creación [[filosofía|filosófica]] ou [[ciencia|científica]] autónoma.
 
Para xustificar o título de "''Idade das Tebras''", xa se dixo que na "noite de mil anos" que supostamente fora a era medieval, a ciencia coñecería un longo período de "falta de inspiración" en comparación coa produción científica clásica. Este prexuízo débese ao pequeno volume de produción científica e filosófica elaborada na Idade Media en relación ao período clásico e [[helenismo|helenístico]].
 
Queda a dúbida de se sería adecuada a comparación dunha era na cal Europa comezou en faragullos co período áureo da [[antigüidade clásica]], xa que as condicións sociais e económicas eran diferentes. Mesmo a produción científica do [[Imperio Romano]] queda empalidecida diante dos descubrimentos teóricos do pasado grego, incluso durante o longo período de prosperidade proporcionado pola [[Pax romana]] e máis aínda despois da morte de [[Marco Aurelio]], en [[180]] d.C.
 
Aínda que ningún historiador serio utilice a expresión "''Idade das Tebras''" para suxerir atraso cultural, aínda hoxe, mesmo nas escolas, ensínanse{{cómpre referencia}} nocións equivocadas como a idea falsa de que os estudosos medievais crían que a [[Terra|Terra fose plana]].<ref>''Myths and Truths in Science and Religion: A historical perspective''. Debate en vídeo de Ronald Numbers, dispoñíbel na páxina [http://www.st-edmunds.cam.ac.uk/faraday/Lectures.php] Universidade de Cambridge (Howard Building, Downing College). Publicado por ''The Faraday Institute for Science and Religion''. {{en}}. Consultada o 11 de maio de 2011.</ref>
 
== O legado científico medieval occidental ==
Despois de superado o abalo de desastres como a ''peste negra'', na parte final da Idade Media, o Occidente puido demostrar un crecemento científico aínda máis exuberante no período subsecuente. Os avances na [[óptica]], obtidos durante a Idade Media, decontado xerarían aparellos como o [[microscopio]] e o [[telescopio]].
 
Estes dous instrumentos, xuntamente coa [[imprenta]], son vistos por moitos como os equipamentos máis importantes creados para o avance do coñecemento humano.
 
É preciso tamén resaltar os avances na [[física]], pero foron probabelmente o nacemento e desenvolvemento das [[universidade]]s, xuntamente coas primeiras sementes do que se tornaría na [[método científico|metodoloxía científica]] contemporánea, as herdanzas máis importantes do período.<ref>Ronan, Colin A., "6. Ciência Romana e Medieval", Jorge Zahar Editor / Círculo do Livro S.A., ''História Ilustrada da Ciência da Universidade de Cambridge'', Volume II, São Paulo, Brasil, 1987.</ref>
 
Moi en breve aquela civilización que herdara un imperio en faragullos iría revolucionar o entendemento do home acerca do seu lugar no mundo e no universo.
 
Por máis que os homes do Renacemento e de momentos históricos posteriores ás veces fixesen intención de esquecer, moito diso foi posibilitado polas conquistas medievais.<ref>Oliveira, Terezinha (2007): ''Origem e memória das universidades medievais a preservação de uma instituição educacional'' (HTML). Varia história 26 (37). Belo Horizonte, [[SciELO]]. [http://www.scielo.br/scielo.php?script=sci_arttext&pid=S0104-87752007000100007&lng=en&nrm=iso&tlng=en]. ISSN 0104-8775. {{pt}}</ref>
Liña 334 ⟶ 329:
 
== Notas ==
{{listarefListaref|230em}}
 
== Véxase tamén ==