Eurocopa de Fútbol: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
m Arranxos varios using AWB
Liña 31:
En [[Eurocopa de fútbol 1968|1968]] trocou o formato da competición. Oito grupos de oito equipos xogaría uns contra os outros dúas veces, e os primeiros xogarían uns cuartos de final a dobre volta. As semifinais e final xogaríanse no país sede ([[Italia]]). Na final a [[Selección de fútbol de Italia|selección italiana]] vencería a [[Selección de fútbol de Iugoslavia|Iugoslavia]] na repetición do encontro por 2-0. O primeiro rematara 1-1 e daquela en caso de empate o encontro tíñase que xogar de novo.

En [[Eurocopa de fútbol 1972|1972]] séguese a emprega-lo mesmo formato, sendo [[Bélxica]] a sede do torneo. A [[Selección de fútbol de Alemaña|selección de Alemaña Occidental]] gañaría a final á [[Selección de fútbol de URSS|URSS]] por 3-0.

A final de [[Eurocopa de fútbol 1976|1976]] disputouse en [[Iugoslavia]]. Na final, [[Selección de fútbol de Checoslovaquia|Checoslovaquia]] fíxose coa vitoria nos [[penalti]]s fronte á [[Selección de fútbol de Alemaña|Alemaña]]. O lanzamento decisivo realizouno [[Antonín Panenka]] disparando suavemente polo medio da portería. A este xeito de tira-los penaltis chámaselle dende entón [[Penalti estilo Panenka]].

No ano [[Eurocopa de fútbol 1980|1980]] a UEFA trocou o formato, clasificándose oito equipos para as finais. Estes dividiranse en dous grupos de catro, que se enfrontarán entre sí unha soa vez. Os campións de cada grupo serán os finalistas. [[Selección de fútbol de Alemaña|Alemaña]] enfrontouse a [[Selección de fútbol de Bélxica|Bélxica]] na final, a quen venceu 2-1 con dous goles de [[Horst Hrubesch]].

En [[Eurocopa de fútbol 1984|1984]] empregouse o mesmo sistema, mais esta vez os dous primeiros de cada un dos grupos pasaría a semifinais. A [[Selección de fútbol de Francia|Francia]] venceu a [[Selección de fútbol de España|España]] por 2-0 con goles de [[Michel Platini]] e [[Bruno Bellone]]. O gardametas vasco [[Luis Miguel Arconada]] foi nomeado mellor porteiro do torneo, a pesar de que un error seu lle custou un gol a España na final.

A [[Eurocopa de Fútbol 1988]] celebrouse en [[Alemaña Occidental]], e seguiuse a emprega-lo modelo da Eurocopa anterior. A [[Selección de fútbol de Holanda|Holanda]] fíxose co título vencendo na final á [[Selección de fútbol de URSS|URSS]] por 2-0.

A [[Eurocopa de Fútbol 1992]] disputouse en [[Suecia]] nun tempo de trocos políticos no panorama europeo. [[Selección de fútbol de Alemaña|Alemaña]] unida disputa por vez primeira unha eurocopa, e tamén o fai a [[Comunidade de Estados Independentes]], resultado da ruptura da [[URSS]]. [[Selección de fútbol de Iugoslavia|Iugoslavia]] clasificouse para as finais, pero foron excluídos pola [[Guerra dos Balcáns]]. [[Selección de fútbol de Dinamarca|Dinamarca]] xogou no seu lugar e sorprendentemente quedaron campións, vencendo á Alemaña por 2-0 na final.
Liña 78:
## Máis goles anotados.
## Máis goles anotados fóra de casa.
## Mellor conduta deportiva.

=== Fase Final ===
Liña 391:

: Inclúe os datos da selección de: 1. [[Selección de fútbol de Alemaña|Alemaña Federal]], 2. [[Selección de fútbol da Unión Soviética|Unión Soviética]] e [[Selección de fútbol da Comunidade de Estados Independentes|CEI]], 3. [[Selección de fútbol de Checoslovaquia|Checoslovaquia]], 4. [[Selección de fútbol de Iugoslavia|Iugoslavia]] e [[Selección de fútbol de Serbia e Montenegro|Serbia e Montenegro]].

Liña 428:
|align=center| 1 vez ||{{UKRb}} [[Ucraína]] ||2012

* Bélxica e os Países Baixos compartiron a organización da Eurocopa 2000
* Austria e Suíza compartiron a organización da Eurocopa 2008
Liña 455:
|align=center valign=top| '''1''' ||{{IRLf}}
{{LVAf}}
{{SCGf}}<ref>O pais chamouse [[República Federal de Iugoslavia]] no 2000.</ref>
{{SVNf}}
{{AUTf}}
{{FINf}}

== Notas ==