Cotiledón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
m Arranxos varios using AWB
Liña 1:
[[Ficheiro:Monocot_vs_dicot_crop_Pengo.jpg|miniatura|dereita|200px|Herba medrando na esquerda (unha [[monocotiledónea]]), amosando un só cotiledón. Comparada cunha [[dicotiledónea]] (dereita).]]
 
O '''cotiledón''', forma sancionada pola Real Academia Galega,<ref> [http://www.realacademiagalega.org/dicionario#loadNoun.do?current_page=1&id=13130 '''cotiledón''' no dicionario da [[RAG]].]</ref> ou '''cotiledon''', como escriben moitos, forma mellor adaptada á etimoloxía (xa que o termo deriva do [[lingua grega|grego]] κοτυληδών ''kotylēdōn'', xenitivo κοτυληδόνος ''kotylēdonos'', "cavidade en forma de copa",<ref>O termo foi empregado por primeira vez por [[Hipócrates]], aplicado a cada un dos vasos do orificio uterino; [[Linnaeus|Linneo]], o seu introdutor na [[botánica]], explica así a súa elección:<br>''"Os cotiledóns dos animais proveñen da xema do ovo, na que reside o punto de vida; por conseguinte, as follas seminais das plantas, que envolveron o córculo, son os seus cotiledóns, subministrando o leite co que sustentan e crían o córculo até que bota as raíces: fan o oficio que fai a placenta nos animais"''. [[Linnaeus]], ''Fil. bot.'', p. 270.</ref> de κοτύλη ''kotýlē'' "copa")<ref name =S>Strasburger, E. (1994), p. 178.</ref> <ref name=FQ>Font Quer, P. 1993), pp. 275-277.</ref> é a primeira ou unha das primeiras follas da [[planta]] que que se forman no [[embrión (botánica)|embrión]] dos [[antófitos]] ([[planta]]s con [[flor]]es); por isto chámase tamén '''folla primordial''', '''folla embrionaria''' ou '''folla seminal'''.<ref name=FQ/>
 
Existe unha gran cosnstancia no número de cotiledóns que teñen os embrións, até o punto que este feito permitiu establecer a división fundamental das [[anxiospermas]] en [[monocotiledóneas]] (liliópsidas, na terminoloxía moderna) e [[dicotiledóneas]] (magnolióspidas), segundo o embrión posúa un ou dous cotiledóns; pola súa parte, nos embrións das [[ximnospermas]] comunmente existen varios.<ref name=FQ/>
Liña 11:
Os cotiledóns serven para reservaren e absorberen [[nutriente]]s na [[semente]] até que a [[plántula]] poida desenvolver as [[raíz|raíces]] e as súas verdadeiras [[folla]]s e realizar a [[fotosíntese]]. Cando a semente carece de [[tecido (bioloxía)|tecido nutricio]] adoitan telo bastante desenvovido nos cotiledóns, como ocorre, por exemplo, nos [[faballón]]s, os [[feixón]]s, as [[ervella]]s etc. (dicotiledóneas) e constitúen, neste caso, órganos de reserva que facilitan o nutrimento da plántula. Nas monocotiledóneas o cotiledón funciona a xeito de órgano absorbente das reservas seminais, que traslada á nova plantiña.<ref name=FQ/>
 
Algúns botánicos, co pretexto de que o nome utilizado por Linneo estaba certamente mal elixido, pretenderon substituír o termo ''cotiledón'' por outros, como ''embriofilo'', ''protofilo'' ou os xa mencionados máis ariiba. Pero o certo é que o nome linneano segue usándose actualmente en todos os tratados de botánica.<ref name=FQ/>
 
== Galería de imaxes ==