Bispo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
*cónclave -> conclave
Liña 20:
 
* [[Catholicos]]: Os ''Catholicoi'' son os líderes dalgunhas igrexas [[Igrexa Ortodoxa|ortodoxas]], [[igrexas ortodoxas orientais|orotodoxas orientais]] e [[igrexas católicas orientais]], con funcións similares ás de "Patriarca".
 
* [[Primado (relixión)|Primado]]: Un primado é normalmente o bispo da igrexa máis antiga dun determinado país. Ás veces isto implica certa xurisdición sobre algún outro bispo, pero normalmente é un título honorífico. No caso da [[Igrexa Episcopaliana Escocesa]], o primado é escollido de entre os bispos diocesanos e, sen perder as súas responsabilidades coa diocese, é denominado ''Primus''.
 
* [[Arcebispo maior]]: Os arcebispos maiores ocúpanse de dirixir algunhas [[igrexas católicas orientais]]. Teñen a mesma autoridade sobre a súa igrexa que un patriarca, pero reciben menos honores cerimoniais.
 
* [[Bispo metropolitano]]: É un arcebispo a cargo dunha [[provincia eclesiástica]], ou grupo de dioceses, ademais de ter xurisdición sobre a súa propia arquidiocese. Ás veces o metropolitano é tamén o líder dalgunha [[igrexa autocéfala]] cando o seu número de fieis é reducido. Na [[Igrexa Católica de rito latino]], os metropolitanos son sempre arcebispos.
 
* [[Arcebispo]]: Un arcebispo é o bispo dunha [[arquidiocese]], normalmente unha diocese particularmente importante na historia da igrexa. Na [[Igrexa Católica]] o título é puramente honorífico e non implica xurisdición extra. En moitas provincias da [[Comuñón Anglicana]], porén, un arcebispo ten o poder dun primado.
 
Liña 32 ⟶ 28:
 
* [[Bispo sufragáneo]]: Un bispo sufragáneo é un bispo subordinado a un Metropolitano. Na [[Igrexa Católica]] este termo é empregado para todos os bispos non metropolitanos (é dicir, todos aqueles de dioceses dunha provincia dun metropolitano, e aos [[bispo auxiliar|bispos auxiliares]]). Na [[Comuñón Anglicana]] o termo emprégase para un bispo que axuda a tempo completo a un bispo diocesano: o [[bispo de Warwick]], por exemplo, é sufragáneo do de [[Bispo de Coventry|Coventry]], aínda que os dous viven en [[Coventry]]. Algúns deles reciben responsabilidade dun área dentro da diocese (por exemplo, o bispo de Stepney atende dita área dentro da [[diocese de Londres]].
 
* [[Bispo titular]]: é un bispo sen diocese. É cabeza dunha [[sede titular]], normalmente unha antiga cidade que tiña bispo, pero que por unha razón ou outra xa non ten. A miúdo, os bispos titulares exercen de bispos auxiliares. No [[Patriarcado Ecuménico de Constantinopla]] os bispos de dioceses modernas reciben a miúdo unha sede titular xunto coa diocese moderna (por exemplo, o arcebispo de [[Thyateira]] e [[Gran Bretaña]]).
 
* [[Bispo auxiliar]]: é un bispo que asiste e axuda a un bispo diocesano (equivalente ortodoxo e católico do bispo sufragáneo anglicano). Un bispo auxiliar é un bispo titular, e é nomeado [[vigario xeral]] ou [[vigario episcopal]] da diocese na que serve.<ref>{{cita web | url=http://www.vatican.va/archive/ENG1104/__P1F.HTM | title=Canon 406 | work=Código de Dereito Canónico | year=1983 | accessdate=2009-06-15}}</ref>
 
* [[Bispo coadxutor]]: é un bispo auxiliar que ten a mesma autoridade que o bispo diocesano da súa diocese, e o dereito de suceder a dito bispo.
 
* Bispo emérito é o título que se lles da aos bispos retirados nunha diocese. Nalgunhas denominacións cristiás teñen certas tarefas pastorais, sempre baixo a autoridade do bispo diocesano. Na Igrexa Católica isto non sucede.
 
* [[Cardeal (relixión)|Cardeal]]: na Igrexa Católica, os cardeais son membros do clero nomeados polo [[Papa]] para formar parte do [[Colexio Cardenalicio]], corpo encargado de elixir ao Papa, aínda que a partir dos 80 anos os cardeais perden os dereitos de elección. Os cardeais tamén serven como conselleiros do Papa e teñen postos de autoridade dentro da Igrexa. Segundo o dereito canónico vixente, un home nomeado cardeal debe aceptar a súa ordenación como bispo se non o é, aínda que a maioría dos cardeais xa son bispos cando son nomeados, e a maioría deles son arcebispos de arquidioceses importantes ou patriarcas. Nos últimos tempos, os papas nomearon a algúns sacerdotes, moitos deles teólogos, como cardeais, sen que recibisen a ordenación episcopal. Porén, como eran de máis de 80 anos, non podían participar no [[conclave papal]].