Fernando VII: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Arranxos varios using AWB
Liña 11:
Fernando de Borbón naceu aínda en vida do seu avó [[Carlos III de España|Carlos III]]. Foi o noveno dos catorce fillos do príncipe Carlos, futuro [[Carlos IV de España|Carlos IV]], e [[María Luisa de Parma]]. Dos seus trece irmáns, oito morreron antes de [[1800]], cousa bastante normal na época. Trala subida ao trono de seu pai en [[1788]], Fernando foi proclamado como [[Príncipe de Asturias]] polas Cortes nun acto celebrado no [[Monasterio de San Jerónimo]] de Madrid o [[23 de setembro]] de [[1789]].<ref>''Acto de la jura del príncipe de Asturias, don Fernando'', en la [http://www.archive.org/details/coleccindedocu17madruoft Colección de documentos inéditos para la historia de España, vol. XVII], págs. 67-95.</ref>
 
Durante a etapa da súa formación destaca, pola influencia posterior no seu reinado, o coengo Escoiquiz, principal artífice da Conspiración de El Escorial, foi durante varios anos o seu preceptor, e quen lle meteu a desconfianza e un feroz odio a seus pais e a [[Manuel Godoy|Godoy]] por manipulalos ao seu capricho<ref name="cervantesvirtual.com">http://www.cervantesvirtual.com/bib/historia/monarquia/fernando7.shtml</ref>.
 
En 1802 casou coa súa prima [[María Antonia de Nápoles]], que chorou de desesperación a primeira vez que o veu, debido ao seu "horrible aspecto". Co tempo, a súa esposa colleulle cariño, pero a princesa faleceu en 1806<ref>http://www.buscabiografias.com/biografia/verDetalle/8998/Fernando%20VII%20de%20Espana</ref>.
Liña 35:
=== Regreso a España ===
[[Ficheiro:Ferdinand VII when Prince of Asturias.png|miniatura|esquerda|150px|Fernando VII cando era Príncipe de Asturias ([[Metropolitan Museum of Art]], New York)]]
En decembro de 1813 Napoleón firmou a paz con Fernando, no denominado Tratado de Valençay, e Fernando quedou en liberdade<ref>http://www. name="cervantesvirtual.com"/bib/historia/monarquia/fernando7.shtml</ref>. Fernando volvería a España en 1814, evitando ir a Madrid, onde tería que asinar a [[Constitución española de 1812|Constitución de 1812]]. Faino por terras de Xirona e dende alí dirixiuse a Valencia, buscando apoios para gobernar de forma absolutista.
 
Nada máis chegar a España atopa apoios e invitacións para gobernar como un rei tirano e absoluto: o do [[Xeneral Elio]] e o dunha serie de deputados que lle presentan o ''Manifesto dos Persas'', no que os 69 deputados pedíanlle ó rei a volta ó absolutismo. Ademais disto, lembramos que Fernando VII contaba co apoio e simpatía do pobo.
Liña 43:
== Reinado ==
===Primeira etapa absolutista (1814-1820)===
Comezou, entón, unha persecución aos máis liberais, mentres que se facía imposible a reconquista das antigas colonias americanas que facía que España perdera tamén peso en Europa. Para frear esta situación confiouse o poder a un equipo moderado de políticos (León e Pizarro e Garay), pero esta situación durou só dous anos 1816 - 1818.
 
[[Ficheiro:Francisco de Goya y Lucientes 070.jpg|miniatura|dereita|250px|Retrato de Fernando VII pintado por [[Goya]]]]
 
En {[[1816]] Fernando casou por segunda vez coa súa sobriña [[María Isabel de Braganza]] con quen tivo unha filla que morreu aos poucos meses, en [[1818]] morrería Isabel. Ao ano seguinte, casa por terceira vez con [[Josefa Amalia de Saxonia]] coa que tampouco tivo fillos.
 
Dende o ano [[1814]] producíranse en España intentos de Golpe de Estado fracasados, estes intentos, acabaron en sangue:
Liña 58:
===Trienio liberal (1820-1823)===
{{Artigo principal|Trienio liberal}}
O [[1 de xaneiro]] de [[1820]], o tenente coronel [[Rafael del Riego]] sublévase en Cabezas de San Juan contra o réxime absolutista cunhas tropas que agardaban para ser embarcadas cara a América. O levantamento triunfou cando o exército enviado polo goberno se amotinou en Ocaña.
 
Co triunfo dos liberais suprímese o absolutismo, quedando Fernando VII como rei tras ser obrigado a xurar a Constitución de 1812 ([[9 de marzo]] de [[1820]]). Famosa é a súa frase de ''"Marchemos todos, y yo el primero, por la senda de la Constitución"''.
 
Decrétanse medidas desamortizadoras e anticlericais como a expulsión dos xesuítas, a desamortización eclesiástica e o peche dalgúns conventos e mosteiros. Tamén se continúan as reformas iniciadas en 1810: abolición dos privilexios de clase, señoríos, vinculeiros e a Inquisición, preparouse o Código Penal...<ref>http://www. name="cervantesvirtual.com"/bib/historia/monarquia/fernando7.shtml</ref>
 
Continúan as tensións políticas e sociais. Así, dunha banda, os liberais divídense entón en dous bandos: ''doceanistas'' ou moderados (que apoiaban a Constitución de 1812) e ''vinteanistas'' ou exaltados (que pensaban que dita constitución era moi feble para o que precisaba España).
Liña 77:
A partir de 1823, coa restauración do absolutismo, prodúcese unha grande represión contra os liberais (ábrense nesta época 20.000 expedientes) e abólese novamente a Constitución de 1812. Danse asemade intentonas ultraabsolutistas contra Fernando VII.
 
O país pasa por unha crise sucesoria pola falta de fillos de Fernando VII, que pola posibilidade de que tivese unha filla promulga a [[Pragmática Sanción]], que anulaba a ''lei sálica'' que impedía gobernar ás mulleres.
 
Isto non foi aceptado polos partidarios do seu irmán [[Carlos María Isidro de Borbón|Carlos María Isidro]] (os denominados ''apostólicos''). E co nacemento da futura [[Isabel II de España|Isabel II]] en [[1830]] e a morte do seu pai en [[1833]], comezan as [[Guerras Carlistas]].
Liña 88:
Desde 1713 estaba en vigor a [[Lei Sálica]], que impedía reinar ás mulleres. En 1789, as Cortes aprobaron unha Pragmática Sanción que a derrogaba, pero ésta no foi publicada ata 1830, cando o Rei, no seu cuarto matrimonio, con María Cristina de Borbón, esperaba un sucesor. Pouco despois, naceu a princesa Isabel. Na Corte formouse entón un grupo que defendía a candidatura ao trono do irmán do rei, Carlos María Isidro de Borbón, e negaba a legalidade da Pragmática, publicada en 1830.
 
En 1832, coa ocasión dunha grave enfermidade do Rei, cortesanos carlistas convenceron ao ministro Francisco Tadeo Calomarde para que Fernando VII firmara un Decreto derrogatorio da Pragmática, que deixaba outra vez en vigor a Lei Sálica. Coa melloría do Rei, o Goberno, dirixido por Francisco Cea Bermúdez, deu de novo vigor á Pragmática, co que á morte do Rei, o [[29 de setembro]] de [[1833]], quedaba, como herdeira, a súa primoxénita Isabel, que reinaría co nome de Isabel II<ref>http://www. name="cervantesvirtual.com"/bib/historia/monarquia/fernando7.shtml</ref>. Aínda que a súa viúva María Cristina de Borbón, exerceu como rexente de España até que Isabel, chegase a maioría de idade para reinar.
 
==Valoración do seu reinado==