Oklahoma: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-{{Listaref|2}} +{{Listaref|30em}})
m Arranxos varios using AWB
Liña 36:
|url = http://www.ok.gov www.ok.gov
}}
'''Oklahoma''' (en {{lang-chr|ᎣᎦᎳᎰᎹ}}, ''òɡàlàhoma'', en [[Lingua pawnee|pawnee]]: ''Uukuhuúwa'',<ref>{{cita web|título=AISRI Dictionary Database Search--prototype version. "River", Southband Pawnee|work=American Indian Studies Research Institute|dataacceso=26 de maio de 2012|url=http://zia.aisri.indiana.edu/~dictsearch/cgi-bin/testengltoxsrchNP.pl?host=zia&pass=&hasfont=0&srchlang=English&srchstring=okla&database=south&srchtype=AND&sortlang=English&sndformat=ra&maxhits=200&find=Run_Search}}</ref> en [[Lingua cayuga|cayuga]]: ''Gahnawiyoˀgeh''<ref>{{cita web|título=Cayuga: Our Oral Legacy - Home. Cayuga Digital Dictionary|dataacceso=27 de maio de 2012|páxina-web=cayugalanguage.ca/}}</ref>) é un [[Estados dos Estados Unidos de América|estado]] situado na rexión Sur dos Estados Unidos de América. Con 3.579.212 habitantes no 2006 e unha superficie de 181.035 &nbsp;km², ocupa o lugar número 28 entre os estados máis poboados, e o 20 entre os máis grandes. O seu nome deriva das palabras [[choctaw]] ''okla'' e ''humma'', que significan "xente vermella".<ref name="Oklahoma's Name">{{cita web| título = Chronicles of Oklahoma| autor = Muriel Wright | editorial = Oklahoma State University| data = xuño de 1936 | url = http://digital.library.okstate.edu/Chronicles/v014/v014p156.html | lingua = inglés | dataacceso = 24-01-2011}}</ref> Informalmente é coñecido co alcume de ''The Sooner State''. Oklahoma foi o cuadraxésimo sexto estado en formar parte da Unión o 16 de novembro de 1907, a partir do [[Territorio Indio]]. A capital e maior cidade do Estado é [[Oklahoma City]]. Conta con 77 [[condado]]s.
 
Oklahoma é un importante produtor de [[gas natural]], [[petróleo]] e diversos alimentos. A economía de Oklahoma está baseada na [[aviación]], [[enerxía]], [[telecomunicacións]] e a [[biotecnoloxía]]. É unha das economías de máis rápido crecemento de [[Estados Unidos de América|EUA]], o terceiro estado na clasificación de ingresos per cápita e o líder en crecemento do [[produto nacional bruto]]. Oklahoma City e [[Tulsa]] son os principais motores da economía do Estado, xa que concentran case o 60% da poboación nas súas áreas metropolitanas. O estado de Oklahoma ten competencias importantes na administración da educación e a sanidade. Ademais, as súas universidades máis grandes participan nas competicións deportivas da [[NCAA]] e a [[NAIA]], mentres que dous dos seus clubs de atletismo encóntranse entre os máis exitosos de Estados Unidos.
Liña 63:
O novo estado converteuse nun foco importante da emerxente industria petroleira, cos descubrimentos dos pozos petrolíferos, que impulsou o rápido crecemento da economía e a poboación das cidades. [[Tulsa]] foi coñecida temporalmente como a ''Capital Mundial do Petróleo'' durante a maior parte do [[século XX]]. Os investimentos no petróleo alimentaron a economía do estado nos seus primeiros anos de existencia.
 
En 1927, o empresario de Oklahoma, [[Cyrus Avery]], coñecido como o ''Pai da Ruta 66'', comezou unha campaña para crear a Ruta 66, usando un tramo da estrada xa existente entre [[Amarillo, Texas]] e Tulsa. Avery encabezou a creación da asociación Highway 66 para que supervisara a planificación da Ruta 66, con sede na súa cidade natal de Tulsa.<ref>{{Cita web | url=http://xroads.virginia.edu/~UG02/carney/avery.html | título=The Father of Route 66 | editorial=[[University of Virginia]] | dataacceso=9 de xuño de 2011}}</ref>
 
Durante a década de 1930, algunhas partes do estado comezaron a sentir as consecuencias das malas prácticas agrícolas, cando chegaron as [[seca]]s e os fortes ventos. Coñecido como o [[Dust Bowl]], áreas de [[Kansas]], [[Texas]], [[Novo México]], e o noroeste Oklahoma, vense obstaculizadas por longos períodos de escasas precipitacións e temperaturas altas, o que levou a miles de agricultores á ruína, forzándoos a trasladarse a zonas máis fertis das rexións occidentais de Estados Unidos. Durante o período que vai de [[1930]] a [[1950]], a poboación do estado descendeu, caendo un 6,9 por cento. Para frear esta situación, fixéronse enormes esforzos para a conservación do solo e da auga, creando sistemas de control de inundacións e numerosas presas. Na década dos 60 construíronse máis de 200 encoros, máis que en ningún outro lugar de EUA.<ref>{{Cita web | ano=2007|url=http://www.history.com/states.do?action=detail&state=OK&contentType=State_Generic&contentId=54146|título= History of the States: Oklahoma, The Sooner State | editorial= [[The History Channel]]| dataacceso=9 de xuño de 2011}}</ref>
Liña 71:
== Xeografía ==
 
Oklahoma é o vixésimo estado máis grande dos Estados Unidos, cunha superficie de 181.035 &nbsp;km², con 177.847 &nbsp;km² de terra e 3.188 &nbsp;km² de auga. É un dos seis estados na Franxa Fronteiriza que separa as Terras Altas e as Grandes Chairas, cerca do centro xeográfico dos 48 estados continentais. Limita polo leste con [[Arcansas]] e [[Missouri]], polo norte con [[Kansas]], polo noroeste con [[Colorado, Estados Unidos de América|Colorado]], polo extremo oeste con [[Novo México]], e polo sur e oeste, con [[Texas]].
 
Encóntrase entre os estados máis diversos xeograficamente e é un dos catro que albergan máis de 10 rexións ecolóxicas diferentes. Contén once dentro das súas fronteiras, máis por quilómetro cadrado que calquera outro estado por unha ampla marxe. Marcados polas diferenzas na diversidade xeográfica, o leste de Oklahoma ten oito rexións ecolóxicas, mentres que a metade occidental ten tres.
 
Oklahoma está situado entre as [[Grandes Planicies|Grandes Chairas]] e a [[Meseta de Ozark]], e pódese dicir que está inclinado seguindo as altas chairas do seu límite occidental e as zonas baixas e pantanosas no seu límite sueste. Os puntos máis altos e máis baixos así o indican, estando o seu pico máis alto, o [[monte Black Mesa]], con 1.516 metros, situado na esquina que limita con Novo México, e o punto máis baixo, tomado no [[río Little]], no seu límite suroriental, que se encontra a 88 metros sobre o nivel do mar.
Liña 82:
 
Máis de 500 ríos e regos constitúen a rede hidrográfica de Oklahoma, e ten arredor duns 200 lagos creados por presas.
A maior parte do estado atópase principalmente en dúas [[cunca hidrográfica|concas hidrográficas]], a do [[río Vermello]] e a do [[río Arcansas]], aínda que o [[río Lee]] e o [[río Little]] tamén teñen sendas cuncas de relevancia.
 
=== Fauna e flora ===
Liña 88:
Onde a precipitación é escasa, como na parte occidental do estado, as praderías de pastos curtos e matorrais son o principal ecosistema, aínda que [[pinus pinea|piñeiros mansos]], [[Juniperus|xenebreiros]] e [[Pinus ponderosa|pinos ponderosa]] crecen nas proximidades dos ríos e sobre os regatos, no extremo oeste da [[panhandle]]. As [[marismas]], bosques de [[Cupressus|cipreses]] mesturados con [[Pinus echinata]], [[Pinus taeda|piñeiros taeda]] e bosques de folla caduca dominan o sueste do estado, mentres bosques de [[Quercus stellata|carballos poste]], [[Ulmus|olmos]], [[Cedrus|cedros]] e [[Pinus|piñeiros]] cobren o noroeste de Oklahoma.<ref name="ecology" /><ref name="forests 1">{{Cita web | ano=2003 | url=http://www.odl.state.ok.us/almanac/2005/3-inbrief.pdf | título=Oklahoma in Brief | editorial=State of Oklahoma | formato=pdf|dataacceso=7 de febreiro de 2011 |lingua =inglés}}</ref>
[[Ficheiro:American bison k5680-1.jpg|200px|miniatura|O [[bisonte americano]] ou búfalo, o mamífero por excelencia de Oklahoma.]]
O estado mantén as poboacións de [[Odocoileus virginianus|cervos de Virxinia]], [[Canis latrans|coiotes]], [[Lynx rufus|linces rubios]], [[uapití]]s, e aves como o [[paspallás]], [[Columbidae|pombas]], [[Cardinalidae|cardenálidos]], [[Haliaeetus leucocephalus|aguias calvas]], [[Buteo jamaicensis|miñatos de cola vermella]] e [[faisán]]s.
 
Nos ecosistemas de praderías son comúns os [[Bison bison|bisontes americanos]], [[Tympanuchus cupido|galos das praderías]], [[Meles meles|teixos]], [[Dasypodidae|armadillos]] e algunhas das maiores poboacións de [[can de pradería|cans das pradarías]] habitan o extremo occidental do estado. A [[Cross Timbers]], unha rexión de transición aos bosques na pradería central de Oklahoma, alberga 351 especies de vertebrados. As montañas Ouachita son lar do [[Ursus americanus|oso negro]], [[Vulpes vulpes|raposo vermello]], [[Urocyon cinereoargenteus|raposo gris]] e [[lontra]]s nos ríos, que coexisten cun total de 328 especies de vertebrados, no sueste de Oklahoma.<ref name="ecology">{{Cita web | ano=2005 | url=http://www.travelok.com/about/StudentGuide.pdf | título=A Look at Oklahoma: A Student's Guide | editorial=State of Oklahoma | formato=pdf | dataacceso=7 de febreiro de 2011|lingua = inglés}}</ref>
 
=== Zonas protexidas ===
Oklahoma conta con 50 parques estatais, seis parques nacionais ou rexións protexidas,<ref name="Oklahoma national parks">{{Cita web |ano=2007|editorial=National Park Service | dataacceso=15 de febreiro de 2011 | url=http://home.nps.gov/applications/parksearch/state.cfm?st=ok| título=Oklahoma National Park Guide|lingua=inglés}}</ref> dous bosques nacionais protexidos,<ref>{{Cita web |ano=2005|editorial=[[United States Forest Service|United States Department of Agriculture Forest Service]] | dataacceso=15 de febreiro de 2011 | url=http://www.fs.fed.us/recreation/map/state_list.shtml#Oklahoma| título=National Forests}}</ref> e unha rede de áreas para a preservación e conservación da natureza. O 6% dos 40.000 &nbsp;km² de bosques do estado son terreos públicos, incluíndo a parte occidental do Bosque Nacional de [[Ouachita]], o maior e máis antigo dos bosques nacionais do sur de Estados Unidos. Con 158 &nbsp;km², a Tallgrass Prairie Preserve no centro-norte de Oklahoma é a área protexida de praderías máis grande do mundo e é parte dun [[ecosistema]] que comprende só o 10 por cento da súa antiga superficie, que cubría 14 estados.<ref>{{Cita web | ano=2007 | url=http://www.nature.org/wherewework/northamerica/states/oklahoma/preserves/tallgrass.html| título=Tallgrass Prairie Preserve| editorial=The Nature Conservatory| dataacceso=15 de febreiro de 2011|lingua=inglés}}</ref> Tamén existe o Bosque Nacional [[Cibola]] que ocupa 127 &nbsp;km² de praderías no suroeste de Oklahoma.<ref>{{Cita web |ano=2007|editorial=USDA Forest Service| dataacceso=15 de febreiro de 2011 | url=http://www.fs.fed.us/r3/cibola/districts/black.shtml| título=Black Kettle National Grassland | lingua=inglés}}</ref> O Refuxio de Fauna das [[Montañas Wichita]] é o máis antigo e máis grande dos nove refuxios de fauna nacionais do estado, fundado en [[1901]], e que abrangue 238,8 &nbsp;km².<ref>{{Cita web |editorial=U.S. Fish and Wildlife Service| dataacceso=15 de febreiro de 2011 | url=http://www.fws.gov/refuges/profiles/index.cfm?id=21670| título=Wichita Mountains Wildlife Refuge | lingua=inglés}}</ref> Dos parques protexidos polo goberno federal ou sitios de recreo, o Chickasaw National Recreation Area é o máis grande, con 18 &nbsp;km².<ref>{{Cita web |editorial=Oklahoma Wildlife Department| dataacceso=15 de febreiro de 2011 | url=http://www.wildlifedepartment.com/chickasaw.htm| título=Chickasaw National Recreation Area|lingua=inglés}}</ref> Outros sitios protexidos federais son o Camiño de Santa Fe e o de Lágrimas, camiños nacionais históricos , e os lugares históricos de [[Fort Smith]], o Sitio Nacional Histórico da [[batalla de Washita]], como tamén o Oklahoma City National Memorial, en recordo ás vítimas do atentado do [[19 de abril]] de [[1995]] en [[Oklahoma City]].
 
=== Clima ===
Oklahoma está situado nunha rexión temperada, aínda que hai temperatura extremas e as precipitacións típicas dun [[clima continental]]. A maior parte do estado atópase nunha zona coñecida como a [[Tornado Alley]], que se caracteriza pola frecuente interacción entre as masas de [[Ar (atmosférico)|ar]] frío e quente que producen unhas condicións meteorolóxicas adversas. Prodúcense unha media de 54 tornados ao ano no estado, sendo unha das taxas máis altas do mundo. Debido á súa localización entre zonas con diferentes temperaturas e ventos, as pautas meteorolóxicas no estado poden variar fortemente en distancias relativamente curtas.
 
O [[clima subtropical húmido]] ([[Clasificación climática de Köppen|Koppen]] Cfa) da parte oriental de Oklahoma está fortemente influenciado polos ventos húmidos do sur provenientes do [[golfo de México]], pero que muda progresivamente a unha zona [[semiárida]] (Köppen BSk) nas Terras Altas da Panhandle e noutras zonas do oeste próximas a [[Lawton]], onde non chegan con frecuencia os ventos húmidos do sur. A choiva e as temperaturas descenden de leste a oeste, con zonas no sueste cunha media anual de temperaturas de 17&nbsp;°C e unha precipitación anual de 1420 &nbsp;mm, mentres que as zonas da panhandle teñen unha temperatura media de 14&nbsp;°C, cunha precipitación anual de menos de 430 &nbsp;mm. As temperaturas poden chegar a superar os 38&nbsp;°C no verán e descender por debaixo dos -18&nbsp;°C no inverno e a neve oscila entre unha media de menos de 10 &nbsp;cm no sur do país a pouco máis de 51 &nbsp;cm na fronteira con [[Colorado, Estados Unidos de América|Colorado]], na Panhandle. O estado é sede do Centro de Predición de Tormentas do Servizo Nacional Meteorolóxico, localizado en [[Norman, Oklahoma|Norman]].
 
{| class="wikitable" style="margin: 1em auto 1em auto" "text-align:center; font-size:90%;" |
Liña 194:
Os [[New Orleans Hornets]] da [[NBA]] convertéronse na primeira gran franquía deportiva con sede en Oklahoma, cando se veu obrigada a trasladarse ao Oklahoma City Ford Center durante dúas tempadas tras o paso do furacán Katrina no [[2005]].<ref name="Forbes NOK">{{Cita web | data=25-01-2007 | url=http://www.forbes.com/lists/2006/32/biz_06nba_New-Orleans-Hornets_328959.html| título= BA Team Valuations - #29 New Orleans Hornets| editorial=PGA | dataacceso=24 de xuño de 2011}}</ref> A pesar de que o equipo volveu para [[Nova Orleans]] no [[2007]], en xullo do 2006, un grupo de empresarios de Oklahoma City, dirixidos por [[Clayton Bennett]], adquiriron os [[Seattle SuperSonics]]. Tras un ano de negociacións para encontrar un novo pavillón na área de Seattle sen resultados, o grupo pediu permiso á NBA para trasladar o equipo a Oklahoma City, o que finalmente ocorreu, nacendo así os [[Oklahoma City Thunder]].
 
As competións atléticas de instituto son moi populares no estado. A [[Universidade de Oklahoma Sooners]] e a Universidade Estatal de Cowboys de Oklahoma teñen un promedio de máis de 60.000 aficionados que asisten aos seus partidos de fútbol americano, e a Universidade de Oklahoma en fútbol americano clasificouse 13 ª na media de asistencia das universidades de Estados Unidos no 2006, cunha media de 84.561 persoas de espectadores nos partidos locais.<ref>{{Cita web| título= Oklahoma Sets New Attendance Record | editorial= [[University of Oklahoma]]| url = http://www.soonersports.com/facilities/memorial-stadium-attendance.html| dataacceso= 24 de xuño de 2011}}</ref> As dúas universidades reúnense varias veces cada ano para desputar uns partidos coñecidos como a Serie Bedlam, que son algúns dos maiores eventos deportivos do estado. 11 colexios e universidades de Oklahoma compiten dentro da [[NCAA]], con catro participantes no nivel máis alto, na División I: a Universidade de Oklahoma, a Universidade do estado de Oklahoma, s Universidade de Tulsa, e a Universidade Oral Roberts. A revista ''[[Sports Illustrated]]'' calificou a Universidade de Oklahoma e a Universidade do Estado de Oklahoma nos primeiros lugares do país en atletismo.<ref name="top sports">{{Cita web| data=07-10-2002|título= America's Best Sports Colleges: 1-10| editorial= Sports Illustrated| url = http://sportsillustrated.cnn.com/si_online/news/2002/10/01/1_10/| dataacceso= 24 de xuño de 2011}}</ref><ref>{{Cita web| data=07-10-2002|título= America's Best Sports Colleges: 11-100| editorial= Sports Illustrated| url = http://sportsillustrated.cnn.com/si_online/news/2002/10/01/11_100/| dataacceso= 24 de xuño de 2011}}</ref> Ademais, 12 das máis pequenas universidades e institutos do estado participan na [[NAIA]], na súa maioría dentro da [[Conferencia Atlética Sooner]].<ref>{{Cita web|ano=2005| título= Member Institutions| editorial= [[NAIA]]| url = http://naia.cstv.com/member-services/about/members.htm| dataacceso= 24 de xuño de 2011}}</ref>
 
No estado celébranse torneos de golf da [[LPGA]], no Cedar Ridge Country Club en Tulsa, e os principais campionatos da [[PGA]] e LPGA que se xogaron no [[Southern Hills Country Club]] en Tulsa, no Oak Tree Country Club en Oklahoma City, e no Cedar Ridge Country Club en Tulsa.<ref>{{Cita web| título= Oklahoma's Top 10 Private Golf Courses| editorial= Tulsaweb| url = http://www.tulsaweb.com/Golf/Private.htm| dataacceso= 24 de xuño de 2011}}</ref> Calificado como de un dos mellores campos de golf do país, [[Southern Hills Country Club]] acolleu catro campionatos da PGA, un deles no 2007,<ref>{{Cita web | ano=2007 | url=http://www.pga.com/pgachampionship/2007/news/20060228_history.html| título= Southern Hills Country Club is rich in History | editorial=[[Professional Golfers' Association of America|PGA]] | dataacceso=24 de xuño de 2011}}</ref> e tres [[US Open|Open de EUA]], o máis recente no [[2001]]. Os rodeos son populares en todo o estado, e [[Guymon]], na panhandle, celebra un dos máis grandes do país.
Liña 210:
== Medios de comunicación ==
[[Ficheiro:Tulsa World.jpg|miniatura|upright|180px|O segundo xornal de Oklahoma, o ''Tulsa World'', con 189.789 lectores.<ref name="world" />]]
Oklahoma City e Tulsa ocupan, segundo o [[Nielsen Media Research]], o posto 45ª e 61º entre os maiores mercados para os medios de comunicación en Estados Unidos. O terceiro mercado do estado fórmao a área de [[Lawton]]-[[Wichita Falls]], [[Texas]], que se encontra no posto 144º segundo esta axencia.<ref>{{Cita web |url= http://web.archive.org/web/20060517010320/http://www.nielsenmedia.com/DMAs.html |título= 210 Designated Market Areas - 03-04| editorial= Nielsen Media | dataacceso=24 de xuño de 2011 }}</ref> A televisión en Oklahoma empezou a emitir en [[1949]] cando a [[KFOR-TV]] (daquela WKY-TV) en Oklahoma City e a [[KOTV-TV]] en Tulsa comezaron a emitir cuns meses de diferenza.<ref>{{Cita web |url= http://www.tulsatvmemories.com/tvthesi2.html|título= Historical Highlights of Television in Tulsa, Oklahoma | editorial= Tulsa TV History| dataacceso=24 de xuño de 2011}}</ref> Actualmente, todas as principais cadeas de televisión de Estados Unidos teñen emisoras de televisión no estado.<ref>{{Cita web| ano=2007|url= http://www.globalcomputing.com/GetTV_Map1.cfm?PageNum_q_GetTV_Map=1&stateid=OK|título= U.S. Television Stations in Oklahoma | editorial= Global Computing | dataacceso=24 de xuño de 2011}}</ref>
 
O estado posùe dous xornais principais, ''[[The Oklahoman]]'', con sede en Oklahoma City, é o periódico máis importante do estado e o 48º do país en circulación, cunha media entre semana de 215.102 lectores e 287.505 lectores os domingos. ''[[Tulsa World]]'' é o segundo xornal de maior difusión en Oklahoma e o 77 do país, cunha media de 138.262 lectores entre semana e de 189.789 lectores de media os domingos.<ref name="world">{{Cita web | título=2006 Top 100 Daily Newspapers in the U.S. by Circulation | editorial=BurrellesLuce | url=http://www.burrellesluce.com/top100/2006_Top_100List.pdf | formato=pdf | dataacceso=24 de xuño de 2011 | ano=2006 }}</ref> O primeiro xornal en Oklahoma fundouse en [[1844]], ''Avogado Cherokee'', e publicábase en [[lingua cheroqui|cheroqui]] e [[lingua inglesa|inglés]]. No [[2006]], había máis de 220 periódicos no estado, con 177 publicacións semanais e 48 publicacións diarias.<ref name="ok newspapers">{{Cita web | título=History of Newspapers in Oklahoma| editorial=Oklahoma Historical Society | url=http://www.okhistory.org/research/collections/news_history.html | dataacceso=24 de xuño de 2011 }}</ref>
Liña 258:
* O 6,8% eran latinoamericanos (entre os que predominan os [[México|mexicanos]], co fenómeno da [[inmigración ilegal]]).
* O 1,7% eran asiáticos.
* O 11,4 eran nativos americanos (dos cales un 7,9 eran [[cheroqui]]).
 
O estado ten o segundo número máis alto de nativos americanos, que se estimaba en 395.219 no ano 2002, así como a segunda porcentaxe máis alta entre todos Estados. No 2006, o 4,7% dos residentes de Oklahoma naceran no estranxeiro, en comparación co 12,4% da nación.
Liña 268:
Segundo as leis de Oklahoma, os municipios divídense en dúas categorías: as cidades (''cities''), que se definen por ter máis de 1.000 habitantes, e os pobos (''towns''), con menos de 1.000 habitantes. Ambos contan con medidas lexislativas, xudiciais, e o poder público dentro das súas fronteiras, aínda que as cidades poden escoller ter alcalde, mentres que os pobos funcionan a través dun sistema de funcionarios electos.
 
Oklahoma tiña 549 localidades no [[2006]], incluíndo tres cidades de máis de 100.000 habitantes e 40 de máis de 10.000. Dúas das cincuenta cidades máis grandes de Estados Unidos atópanse en Oklahoma, [[Oklahoma City]] e [[Tulsa]], e o 58 por cento de ''Oklahomans'' viven nas súas áreas metropolitanas, ou en zonas de influencia económica e social definidas pola Oficina de Censos de Estados Unidos como unha [[área metropolitana]]. Oklahoma City, a capital do estado e cidade máis grande, tiña tamén a área metropolitana máis grande do estado no [[2007]], con 1.269.907 habitantes, e a área metropolitana de Tulsa tiña 905.755 habitantes. Entre [[2005]] e [[2006]], os arrabaldes de Tulsa, [[Jenks]], [[Bixby]] e [[Owasso]] lideraron o estado en porcentaxe de crecemento da poboación, cunhas porcentaxes de crecemento de 47,9, 44,56 e 34,31, respectivamente.
 
En orde descendente de poboación no 2007, as cidades de Oklahoma no son: [[Oklahoma City]] (537.730), [[Tulsa]] (382.870), [[Norman]] (102.830), [[Broken Arrow]] (88.310), [[Lawton]] (87.540), [[Edmond]] (76.640), [[Midwest City]] (55.160), [[Moore]] (49.280), [[Enid]] (46.510), e [[Stillwater]] (44.820). Das dez cidades máis grandes, só tres están fóra das áreas metropolitanas de Oklahoma City e Tulsa, e só Lawton ten unha área metropolitana propia, segundo a Oficina do Censo de Estados Unidos, aínda que a rexión metropolitana de [[Fort Smith]] ([[Arcansas]]), esténdese dentro dos límites do estado.