Xosé Luís Baltar: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
+ marcador do Senado
m Arranxos varios using AWB
Liña 5:
Mestre, foi alcalde de [[Nogueira de Ramuín]] (1976-1995), presidente da [[Deputación de Ourense|deputación provincial de Ourense]] dende 1990, senador (1993-2000). Foi secretario xeral de [[Centristas de Galicia]] ata que ese partido se integrou no [[Partido Popular de Galicia|PPdeG]], do que é presidente provincial.
 
En xaneiro de 2003 impulsou unha rebelión de deputados ourensáns contra o que entendía era unha deriva de "desgaleguización" do PPdG a raíz da destitución de [[Xosé Cuíña]] co gallo da crise do ''Prestige'', ameazando con deixar a Fraga en minoría no [[Parlamento de Galicia]]<ref>A Gran Historia de Galicia, XIV, volume 2. Ed. La Voz de Galicia, pax.193. ISBN: 978-84-96931-32-9.</ref>. Como continuación desta liña política, o 20 de setembro de 2004 comunicou a Fraga a súa intención de formar un Partido nacionalista de centro dereita sucesor de Centristas de Galicia, se non se lle daba total liberdade para formar a lista de Ourense para as eleccións autonómicas de 2005 e non se incluía ao defenestrado Cuíña nun posto digno na de Pontevedra. O 4 de outubro Fraga chegou a un acordo con el aceptando estas condicións.<ref>Opus cit, pax. 209</ref> En xaneiro de 2010 o seu fillo, [[José Manuel Baltar Blanco]] gañaba o XV Congreso provincial do Partido nunha pretendida reafirmación de autonomía e identidade galega e ourensá<ref>http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2010/01/30/baltar-blanco-nuevo-presidente-pp-ourense/407433.html</ref>
 
O 24 de xaneiro de 2012, con 71 anos de idade, anunciou publicamente a dimisión dos cargos públicos que mantiña: presidente da Deputación de Ourense, deputado provincial nesa mesma provincia e concelleiro no concello de Ourense, quedando exclusivamente como militante de base do PPdeG. Foi substituído por [[José Manuel Baltar Blanco]]<ref>[http://www.farodevigo.es/galicia/2012/02/07/baltar-asume-diputacion-ourense-promesa-gobernar-influencias-externas/621478.html Baltar asume la Diputación de Ourense con la promesa de gobernar sin influencias externas]</ref>.
Liña 26:
 
{{Senadores por Ourense}}
 
{{ORDENAR:Baltar Pumar, Xose Luis}}
[[Categoría:Alcaldes de Nogueira de Ramuín]]