Ciro II: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios using AWB
Liña 59:
A fronteira occidental da área de influencia meda era o [[río Halys]] ([[Anatolia]], actual [[Turquía]]), que a separaba do [[reino de Lidia]]. [[Creso]], rei de Lidia, era cuñado do deposto Astiaxes, existindo xa que logo unha alianza matrimonial entre os dous reinos. Segundo Heródoto, consultou ao [[oráculo de Delfos]] sobre a conveniencia de atacar aos persas, e este respondeulle que se o facía, destruiría un gran imperio. Entón, Creso cruzou o río Halys e enfrontouse con Ciro en [[batalla de Pteria|Pteria]], non lográndose unha vitoria definitiva para ningún dos dous bandos. Creso retirouse para pasar as estacións frías e esperar reforzos do seu aliado [[Amasis II]] de Exipto e da cidade grega de [[Esparta]], pero foi perseguido polos persas ata a súa capital, [[Sardes]], e sitiado. Sardes caeu e, a piques de ser queimado na fogueira, a vida de Creso foi perdoada por Ciro. O gran imperio destruído terminaba sendo, entón, o seu propio.
 
Isto é o que narra o relato de Heródoto, que convén tomar con cautela. En cambio a Crónica de Nabónido infórmanos que no verán do [[-547]], Ciro "conquistou o país de Li[...]" e matou ao seu rei. Os símbolos cuneiformes que representan o reino conquistado parecen poder interpretarse como "Lidia". O problema está en que contradí amplamente a Heródoto: na estación da conquista de Sardes e na morte de Creso. <ref>Algúns autores propuxeron interpretacións alternativas a "Lidia". Véxase Rollinger 2004 na bibliografía.</ref>
 
Os primeiros anos da conquista persa de Lidia foron algo tumultosos. Pacties, lidio encargado do tesouro de Sardes, liderou unha rebelión que chegou a asediar Sardes. Esta foi reprimida polo sátrapa Mazares, quen morreu ao pouco tempo. O seu sucesor Harpago dirixiu a conquista das cidades [[Antiga Grecia|gregas]] de [[Asia Menor]].
 
=== Conquista de Babilonia ===
O rei de [[Babilonia]] era naquel momento [[Nabónido]], que pasara boa parte do seu reinado no oasis árabe de Tema, pero regresara a Babilonia probabelmente a raíz da ameaza de Ciro. As campañas contra Babilonia parecen comezar a finais da década de [[-540]]. O primeiro feito preciso do que se ten noticia é a vitoria de Ciro sobre os babilonios na batalla de [[Opis]], no outono de [[-539]]. [[Sippar]] rendeuse, e [[Gobrias]], gobernador persa de [[Gutium]], entrou sen batalla en Babilonia o [[12 de outubro]] do [[-539]], chegando Ciro varios días máis tarde. A idea de conquista non violenta é presentada pola ''Crónica de Nabónido'' e o ''Cilindro de Ciro'', no entanto, documentos administrativos indican reparacións nas fortificacións de Babilonia meses despois da súa conquista. <ref>Tolini, G. (2005): "Quelques éléments concernant la prise de Babylone par Cyrus (octorbe 539 av. J.-C)", en Arta (Achaemenid Research Texts and Archaeology).</ref>. Gobrias foi designado como gobernador de Babilonia, e nomeáronse subgobernadores nas provincias menores.
 
[[Ficheiro:The historical city of Babylon.jpg|miniatura|centro|450px|Ruínas da cidade de Babilonia.]]
Liña 77:
A área de [[Siria]] e [[Palestina]], que formaba parte do Imperio Neobabilónico, foi subxugada pacificamente. Ciro permitiu o regreso a Palestina das comunidades xudías deportadas en Babilonia (Esdras), así como, segundo datos arqueolóxicos, de grupos de deportados arameos á súa terra de orixe en Siria.
 
As cidades [[Fenicia|feniciasfenicia]]s non ofreceron resistencia, e estableceuse unha especie de protectorado persa nelas.
 
=== Campañas posteriores e morte ===
Liña 103:
 
=== Administración ===
A principal unidade administrativa do Imperio Persa é a [[satrapía]], gobernada por un sátrapa. Para o cargo de sátrapa prefírense persas ou medos, aínda que durante o reinado de Ciro hai notábeis excepcións, de modo particular en Babilonia. Os persas eran un pobo de pastores seminómades, polo que non é de estrañar que deixasen o puramente administrativo en mans de funcionarios locais, como no caso de Pacties, tesoureiro de Lidia mencionado por Heródoto. Para os asuntos locais dos distritos menores e as cidades, dáse unha ampla autonomía.
 
=== Relixión ===
Liña 112:
[[Ficheiro:Pasargades winged man2.jpg|miniatura|Baixorrelevo de Ciro en [[Pasargadas]].]]
* Textos cuneiformes de orixe babilonia: Son sen dúbida as fontes máis fiábeis, por seren contemporáneas. Entre eles destacan a ''[[Crónica de Nabónido]]'' <ref>[http://www.livius.org/ct-cz/cyrus_I/babylon02.html#Chronicle%20of%20Nabonidus Chronicle of Nabonidus]{{en}}</ref>, o ''[[Cilindro de Ciro]]'' <ref>[http://www.livius.org/ct-cz/cyrus_I/babylon05.html Cyrus takes Babylon: the Cyrus Cylinder] {{en}}</ref><ref>[http://www.kchanson.com/ANCDOCS/meso/cyrus.html The Cyrus Cylinder] {{en}}</ref> e o ''Cilindro de Sippar''. Os dous primeiros están escritos desde o punto de vista da clase sacerdotal de Babilonia, favorábel a Ciro. A isto hai que agregarlle o conxunto de documentos legais, relixiosos, económicos etc., datados no reinado de Ciro, que adquiren importancia central ao non seren propagandísticos.
* As inscricións reais de Ciro achadas en [[Pasargadas]], xunto á súa tumba. Probabelmente son obra en realidade do futuro rei [[Darío I]]. Nun baixorrelevo (imaxe á dereita) Ciro é representado con elementos simbólicos [[Elam|elamitaselam]]itas, [[Asiria|asirios]] e [[Antigo Exipto|exipcios]], cando Exipto foi conquistado polo sucesor de Ciro, Cambises II. Ademais, o estilo da linguaxe é claramente posterior. <ref>[http://www.livius.org/pan-paz/pasargadae/pasargadae_gate.html Pasargadae: Gate "R"] {{en}}</ref> <ref>[http://www.livius.org/pan-paz/pasargadae/pasargadae_palace_s.html Pasargadae: Audience Hall ("S")] {{en}}</ref>
 
=== Os autores clásicos ===
* [[Heródoto]] (''Historias''): É con moito a fonte grega máis útil sobre Ciro.
* [[Ctesias]] (''Pérsica''): Dá unha versión alternativa a Heródoto, que se contradí constantemente coas fontes primarias. Só se conservan fragmentos e resumos de [[Focio]] <ref>[http://www.livius.org/ct-cz/ctesias/photius_persica.html Photius' excerpt of Ctesias' Persica (1)] {{en}}</ref> <ref>[http://tertullian.org/fathers/photius_03bibliotheca.htm PHOTIUS. BIBLIOTHECA OR MYRIOBIBLON] {{en}}</ref> e [[Nicolás de Damasco]], entre outros.
* [[Xenofonte de Atenas|Xenofonte]] (''Ciropedia''): Aquí só se usa ao personaxe de Ciro para dar marco a reflexións morais e filosóficas. Presenta a Ciro como o monarca ideal. <ref>[http://www.iranchamber.com/history/xenophon/cyropaedia_xenophon_book1.php Cyropaedia of Xenophon; The Life of Cyrus The Great - See more at: http://www.iranchamber.com/history/xenophon/cyropaedia_xenophon_book1.php#sthash.U7fvE82m.dpuf]</ref>
Outras breves referencias a Ciro pódense atopar en autores como:
* [[Arriano]] (''Anábasis'')
Liña 154:
* Shapur Shabizi, A. (1989): "Cyrus I", en ''Encyclopædia Iranica'', dispoñíbel [http://www.iranica.com/articlenavigation/index.html en liña (2001)].
* Tolini, G. (2005): "Quelques éléments concernant la prise de Babylone par Cyrus (octorbe 539 av. J.-C)", en ''Arta'' (''Achaemenid Research Texts and Archaeology''), dispoñíbel [http://www.achemenet.com/ressources/enligne/arta/pdf/2003.003.pdf en liña (pdf)].
* Yildiz: E. (2001): ''Los arameos de Arpad'', p. &nbsp;10, dispoñíbel [http://www.arabismo.com/totes.php3?directori=semitico en liña].
* Waters, M. (2004): "Cyrus and the Achaemenids", en ''Iran'' n°41 (Xornal do British Institute of Persian Studies).