Bioquímica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxiño
m Arranxos varios using AWB
Liña 5:
É a [[ciencia]] que estuda a mismísima base da [[vida]]: as [[molécula]]s que compón as [[célula]]s e os [[Tecido (bioloxía)|tecidos]], que catalizan as [[reacción química|reaccións químicas]] da [[dixestión]], a [[fotosíntese]] e a [[Sistema inmunitario|inmunidade]], entre outras.
 
A supervivencia dos seres vivos depende da súa capacidade para levar a cabo unha serie de reaccións químicas dirixidas ao intercambio de [[materia]] e [[enerxía]] co [[medio ambiente]] e a fabricación das súas estruturas vitais. A bioquímica estuda, xa que logo, todas aquelas reaccións que ocorren tanto no interior da [[célula]] como no medio interno dos organismos pluricelulares. Estas bioreaccions non se distingen esencialmente das reaccións típicas da química orgánica, ben que son caracterizadas especificamente polo feito de ocorrer todas a temperaturas relativamente baixas (en xeral, inferiores a 45  ° C) grazas á axuda dos biocatalizadores, chamados [[enzima]]s, e polo feito de funcionar axustadas unhas a outras nunha complexísima rede de interrelacións, que constitúe o [[metabolismo]]. O metabolismo consta de reaccións degradadoras ([[catabolismo]]), que aportan a materia a enerxía necesarias para o organismo, e de reaccións biosintéticas ([[anabolismo]]), que utilizan a materia e a enerxía para a construción das [[macromolécula]]s e doutras estruturas complexas do organismo. A bioquímica é unha ciencia nada da converxencia e o cruzamento da [[química orgánica]] e da [[fisioloxía]], dúas ciencias moi desenvolvidas ao longo do século XIX, que experimentaron un progreso moi importante durante os últimos cincuenta anos.
 
Como todas as formas de vida da actualidade descenden do mesmo [[antepasado común]], teñen unha bioquímica xeralmente similar.<ref name=SmithE>{{Cita publicación periódica |autor=Smith E, Morowitz H |título=Universality in intermediary metabolism |url=http://www.pubmedcentral.nih.gov/articlerender.fcgi?tool=pubmed&pubmedid=15340153 |editor=Proc Natl Acad Sci USA |volume=101 |número=36 |páxinas=13168–73 |ano=2004 |pmid=15340153 |doi=10.1073/pnas.0404922101}}</ref><ref>{{Cita publicación periódica |autor=Romano A, Conway T |título=Evolution of carbohydrate metabolic pathways |editor=Res Microbiol |volume=147 |número=6–7 |páxinas=448–55 |ano=1996 |pmid=9084754 |doi=10.1016/0923-2508(96)83998-2}}</ref> Descoñécese si as [[bioquímicas hipotéticas|bioquímicas alternativas]] son posibles ou prácticas.
 
 
 
== Historia ==
Liña 18 ⟶ 16:
Antiguamente considerábase que os seres vivos non estaban suxeitos ás leis da ciencia do mesmo xeito que a materia inerte. Era ampliamente aceptado que as moléculas da vida só podían ser producidas por seres vivos ([[teoría da forza vital]]. Probablemente unha das primeiras aplicacións da bioquímica foi a produción de [[pan]] usando [[lévedo]]s, hai 5000 anos.
 
En [[1828]], [[Friedrich Woehler|Friedrich Wöhler]] publicou un artigo acerca da síntese de [[urea]], probando que os compostos orgánicos poden ser creados artificialmente<ref>{{Cita publicación periódica|autor = Wöhler, F.|título = Ueber künstliche Bildung des Harnstoffs.|localización = Ann. Phys. Chem.|ano=1828|volume=12|páxinas=253-256}}</ref><ref>{{Cita publicación periódica|título = Friedrich Wöhler (1800–1882), on the Bicentennial of His Birth|autor = Kauffman, G. B. and Chooljian, S.H.|localización = The Chemical Educator|volume = 6|número = 2|páxinas = 121-133|ano = 2001|doi = 10.1007/s00897010444a}}</ref>, en contraste coa crenza, comunmente aceptada durante moito tempo; de que a xeración destes compostos era posible só no interior dos seres vivos.
 
Atópanse as raíces da bioquímica moderna xa no século XVIII, nos clásicos estudos do químico sueco [[Karl Wilhelm Scheele]], que identificou o [[ácido láctico]] na [[leite]], o [[ácido cítrico|cítrico]] no [[limón]], o [[ácido málico|málico]] nas [[mazá]]s e a [[ácido úrico|úrico]] na [[urina]], e nos do francés [[Antoine Laurent Lavoisier]], que demostrou que os seres vivos utilizan [[Osíxeno (elemento)|osíxeno]] do [[aire]] para a ''combustión'' dos [[alimento]]s, producindo [[calor]] (enerxía).
Liña 34 ⟶ 32:
 
== Categorías ==
A bioquímica está conformada pola [[química]] de substancias, que poden ser catalogadas fundamentalmente nestes epígrafes:
 
* [[Carbohidrato]]s;