Traxano: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-{{Listaref|2}} +{{Listaref|30em}})
m Arranxos varios using AWB
Liña 38:
=== Guerra contra os dacios ===
[[Ficheiro:Dacia SPQR.png|miniatura|Dacia no Imperio Romano]]
Para os historiadores, Traxano destaca sobre todo como comandante militar, particularmente polas súas conquistas en Oriente Próximo, pero inicialmente polas dúas guerras contra [[Dacia]], no que hoxe é [[Romanía]]. A súa conquista (101-102), logo da súa demorada reconquista e a desfavorable (e, para algúns, vergoñosa) paz negociada polos servidores de Domiciano perturbou o pensamento romano durante anos. Así, durante o reinado de Traxano un dos máis importantes éxitos foi a vitoria sobre este pobo. A primeira confrontación importante entre os romanos e os dacios aconteceu no ano 87 e foi iniciada por Domiciano. Foi o xeneral dacio [[Decébalo]], que logo se convertería en rei, quen ofreceu a principal resistencia á dominación. O emperador Domiciano fixera campaña contra Dacia desde 86 a 87 sen se asegurar un resultado decisivo e Decébalo desobedecera descaradamente os termos da paz (89) que pactara ao termo desta campaña.
 
Con esta ofensiva para ampliar territorios, Traxano acababa cunha política seguida desde os tempos de [[Augusto]] de manter o Imperio dentro de certos límites e facer simples guerras defensivas (a única excepción fora a conquista de [[Britania]] en tempos de [[Claudio]]). Cara a marzo de 101, Traxano iniciou a súa primeira guerra contra os dacios liderados por Decébalo. Para isto pasou á beira setentrional do Danubio sobre unha ponte de pedra que construíra, cruzou as Portas de Ferro e dirixiuse cara á capital, [[Sarmizegetusa]]. Atacou o reino con catro lexións e derrotou ao exército dacio preto dun porto chamado Tapae. As tropas de Traxano, con todo, quedaron danadas no encontro, e desistiu de calquera outra campaña durante o resto do ano, para sandar ás tropas, reforzarse e reagruparse. Durante o inverno posterior, o rei Decébalo lanzou un contraataque cruzando o Danubio máis lonxe corrente abaixo, pero foi rexeitado. O exército de Traxano penetrou máis en territorio dacio e forzou ao rei Decébalo a someterse o ano seguinte, despois de que o emperador acampase a poucos quilómetros da capital, en Sarmizegetusa Rexia. Conquistou Dacia completamente en 106, a pesar da forza e a resistencia dos nativos. O avance do exército de Roma até a capital non padeceu obstáculos grazas á súa superioridade numérica, á loxística e ás tácticas xa consolidadas por séculos de guerras e asedios, por exemplo, a formación en tartaruga e o "carrobalista", antepasado dos canóns. Tras destruír a capital dacia, fundou a ''Colonia Ulpia Traiana Augusta Dacica Sarmizegetusa'', noutro lugar distinto á da previa capital, aínda que levou o mesmo nome. Colonizou Dacia con romanos e anexionouna ao imperio como unha nova provincia. As campañas dacias de Traxano beneficiaron as finanzas do Imperio a través da adquisición de minas de ouro. Ademais, descubriu o tesouro escondido de Decébalo, que ascendía a 165 toneladas de ouro e o dobre de prata.
 
=== Expansión cara a Oriente ===
[[Ficheiro:Arabia Syrie SPQR.png|miniatura|As provincias de Siria (vermello escuro) e Arabia Pétrea (vermello claro)]]
As razóns formais da anexión do reino nabateo son inseguras, mais certas evidencias epigráficas suxiren unha operación militar, con forzas de Siria e Exipto. O que resulta claro, con todo, é que para o ano 107, establecéronse lexións romanas na rexión que rodea Petra e Bostra. Este reino dos nabateos converteuse en provincia romana co nome de ''Arabia Petraea'', e abarcaba o sur da actual Xordania e o noroeste de Arabia Saudita. Coa anexión deste territorio asegurouse a continuidade territorial entre Exipto e as provincias asiáticas. Todo o [[Mediterráneo]] quedaba desde entón en mans dos romanos, os cales o consideraron «un lago privado», e déronlle o título de ''Mare Nostrum''.
 
=== Período de paz: as reformas ===
Os sete anos seguintes, Traxano gobernou como un emperador civil, pero co mesmo éxito que antes. Tolerou a incipiente relixión cristiá sempre que non se promocionase en público; construíu varios edificios novos, monumentos e estradas en Italia e a súa Hispania natal (como a Vía Traxana e a Vía Traxana Nova). Un acto destacado de Traxano foi celebrar uns xogos de gladiadores de tres meses no gran Coliseo de Roma, aínda que a data exacta descoñécese. Combinando carreiras de carros, loita con animais e loitas de gladiadores, díxose que este espectáculo sanguento deixara 11.000 mortos, na súa maioría escravos e criminais, amais dos miles de bestas feroces mortas canda eles. Atraeu a un total de cinco millóns de espectadores ao longo dos xogos.
 
Outro acto importante foi a creación formal dos ''alimenta'', un programa de benestar que axudaba a nenos orfos e pobres por todo o Imperio: proporcionaba fondos xerais, así como comida e educación subvencionada, que foi apoiado inicialmente polos fondos da guerra dacia, e máis tarde por unha combinación de impostos estatais e de filantropía<ref>{{cita web|url=http://tjbuggey.ancients.info/Alimenta.html|título=Alimenta|dataacceso=2009}}</ref>. Favorecía ao tempo o desenvolvemento da natalidade, que caera até índices alarmantes, de maneira que se corría o perigo de que houbese escaseza de soldados. Con iso ponse en evidencia que Traxano non concentrou as súas enerxías e as do Imperio só en campañas militares e a construción de edificios públicos: tamén foi un cauteloso estadista e filántropo, interesado nas condicións de vida dos seus cidadáns e por tanto atento ás reformas sociais e políticas.
 
En materia xudicial, diminuíu os tempos dos procesos, prohibiu as acusacións anónimas e mais as condenas con falta de probas sólidas ou en presenza de calquera dúbida.
 
En materia económica e social atopou a forma de organizar a burocracia e promulgou leis a favor da pequena propiedade campesiña, cuxa base estaba ameazada ao se estender o latifundio: Traxano favoreceu a repoboación de campesiños libres na península, investindo capitais e proporcionando aos colonos os medios para se sustentar e traballo nos campos; a cambio, os colonos investían unha parte das colleitas como pago da débeda. Este sistema, coñecido como colonato, necesitou control estatal para poder funcionar. Por unha banda, había que impedir que os recadadores de impostos depredaran aos colonos ou que os latifundistas esixisen máis do debido reducindo á miseria e a semiescravitude aos campesiños; por outra necesitaba defender aos colonos dos bandidos e os invasores que puidesen devastar as terras obrigándoos ao abandono do campo e marchar á cidade deixando as terras sen cultivar. Para evitar o declive da agricultura itálica impuxo aos senadores que investisen en Italia polo menos a terceira parte dos seus capitais. Puxo límites á emigración da península, tentando incentivar a presenza da clase social empresarial e a man de obra nunha Italia que estaba a perder a súa centralidade e que estivo a piques de se encamiñar a unha fase de decadencia. Aliviou a presión fiscal sobre as provincias, aboliu algunhas taxas que cargaban sobre os provinciais e os itálicos, creando así un tipo de "caixa de aforros popular" que concedeu préstamos aos pequenos campesiños e empresarios romanos que se beneficiaron de amplas concesións, favorecendo as primeiras cooperativas e asociacións profesionais. Cos beneficios e as rendas das reformas emprendidas, Traxano edificou colexios e orfanatos. Facendo isto, o emperador garantiu aos emperadores seguintes unha clase social dirixente hábil e capaz.
 
Os problemas económicos solucionábanse no campo de batalla, que tiña a dobre finalidade de establecer a paz nas fronteiras e atopar o ouro e a prata necesarios para as construcións, as reformas e para colmar o déficit económico dos emperadores precedentes. As súas prolongadas estancias na guerra exterior non impediron, pois, que Traxano levase a cabo unha intensa política interior, motivo de acesos eloxios na historiografía romana, portavoz do Senado, unha vella institución que botaba en falta o poder do que gozaba na época anterior a Augusto, durante a República. O ascenso ao poder de Traxano supuxo para os senadores a recuperación da liberdade perdida, «un tempo novo», segundo Plinio. Coa colaboración do Senado, onde instaurou o voto secreto, Traxano trazou un plan de rexeneración moral e política que tivo consecuencias na administración, a xustiza e a economía.
Liña 60:
No 113, Traxano comezou unha campaña contra os [[partos]], provocada pola decisión do rei parto [[Osroes]] de colocar a un rei monicreque inaceptable no trono de [[Armenia]], reino sobre o cal compartiran hexemonía os dous grandes imperios desde os tempos de [[Nerón]], uns cincuenta anos antes. Probablemente, a idea do emperador nacía tamén do seu desexo de levar a cabo as campañas que fixera [[Xulio César]], o seu autor favorito, antes de morrer: ao norte do Danubio e contra os partos.
[[Ficheiro:Roman Empire in 116 AD.png|miniatura|300px|O Imperio Romano no 116, na súa máxima extensión]]
A primeira fase foi un completo éxito: os partos foron derrotados e Armenia, Asiria e Mesopotamia foron integradas no Imperio. Comezou por Armenia, depondo no ano 114 ao seu rei parto, Partamasiris, e convertendo Armenia en provincia romana. Logo marchou cara ao sur, entrando na propia Partia, tomando as cidades de Babilonia, Seleucia e finalmente a capital Ctesifonte no ano 116. Seguiu cara ao sur, até alcanzar o Golfo Pérsico, lamentando ser demasiado vello para seguir os pasos de Alexandre Magno e alcanzar a exótica e distante India. Foi o punto oriental máis afastado ao que chegou o [[Imperio romano]]. Non só quedou ocupada toda Mesopotamia senón que a vangarda do exército romano, dirixida por Lucio Quieto asomouse ás primeiras cadeas montañosas de Persia. Máis aló destes límites non puido proseguir, ante todo, por problemas loxísticos. A vasteza dos territorios ocupados e a presenza de bulsas de resistencia e a táctica da guerrilla con arqueiros de a cabalo, usada polos partos, puñan en perigo a conquista. En 116, Traxano, consciente das dificultades, decidiu adoptar as armas da política: depuxo ao rei parto Osroes I e puxo o seu propio gobernante monicreque, [[Partamaspates]] no trono. Por outra banda, a súa saúde comezoulle a fallar. Estivo persoalmente presente no asedio da cidade de [[Hatra]] e é posible que sufrise un golpe de calor coas elevadas temperaturas. Pouco despois, os [[xudeus]] do interior do Imperio romano rebeláronse unha vez máis, por todo Oriente Próximo: Exipto, Chipre, Cirenaica, Xudea e Mesopotamia desde o ano 115, en plena campaña contra os partos. O emperador viuse obrigado a retirar o seu exército para esmagar as revoltas. Considerouno simplemente como un contratempo pasaxeiro, pero estaba destinado a non volver nunca a mandar un exército no campo de batalla, entregando os seus exércitos orientais ao legado de alto rango e gobernador de Xudea, Lucio Quieto, quen se fixo cargo deles xunto con Marcio Turba.
 
As conquistas de Traxano fixeron crecer o imperio de cinco a seis millóns de quilómetros cadrados.
Liña 117:
=== Bibliografía ===
;En galego
* ''[[Diciopedia do Século XXI]]'', t. 3, p. &nbsp;2077.
;En español
* Blázquez, J.M., ''Trajano'', Editorial Ariel, S.A., 2003