Risorgimento: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoacas (conversa | contribucións)
m Arranxos varios using AWB
Liña 1:
{{Historia de Italia}}
A '''unificación de Italia''' foi o proceso histórico que ao longo do [[século XIX]] pretendeu a unificación dos diferentes estados nos que se atopaba dividida a [[península Itálica]], na súa meirande parte vencellados a dinastías consideradas "non italianas" como os [[Habsburgo]] ou os [[Borbón]]. Ha de entenderse no contexto cultural do [[romanticismo]] e a aplicación da ideoloxía [[nacionalista]], que pretende a identificación de [[nación]] e [[estado]], neste caso nun sentido [[Forza centrípeta|centrípeto]] ([[irredentismo]]). Tamén é coñecido como '''il Risorgimento''' (''rexurdimento'' en [[lingua italiana|italiano]]), e mesmo como a '''reunificación italiana''' (considerando, impropiamente, que existiu unha unidade anterior, voltando tempo atrás até a [[Roma Antiga|antiga Roma]]).
 
O proceso pode entenderse tamén como a conquista da aristocrática Italia do sur ([[Reino de Nápoles|Nápoles]], [[Sicilia]]), o estado máis industrializado da península e o terceiro de Europa;<ref name="O portal do sur">[http://www.ilportaledelsud.org/primati.htm O portal do sur]</ref> por parte de Italia do norte (val do [[Río Po|Po]]), influenciada polas potencias europeas como [[Francia]] e [[Austria]]. Porén, tamén pode interpretarse no sentido de que o norte parasitou ao sur impedindo o seu desenvolvemento e propiciando a emigración e a perpetuación da súa situación social.<ref>[http://www.ilportaledelsud.org/primati.htm name="O portal do sur]<"/ref> O papel conspirativo da [[Masonaría]] ou dos intereses de distintas potencias europeas (concretamente [[Inglaterra]]) tamén se aduciu como causa.<ref>[http://www.ilportaledelsud.org/unit?ille_1.pdf presentación de Giuseppe Ressa, parte 1, pax 15]</ref>
 
En calquera caso, foi canalizado finalmente pola [[casa de Savoia]], reinante no [[Piemonte]] (de forma destacada polo primeiro ministro conde de [[Cavour]]), en prexuízo doutras intervencións de personaxes notábeis ([[Mazzini]], [[Giuseppe Garibaldi|Garibaldi]]) ao longo de complicadas vicisitudes vencelladas ao equilibrio europeo (intervencións de [[Francia]] e [[Austria]]), que culminaron coa incorporación do derradeiro reduto dos [[Estados Pontificios]] no ano [[1870]]. Porén, continuou a reivindicación de territorios fronteirizos, especialmente co [[Imperio Austrohúngaro]] ([[Trieste]] e o [[Trentino]]), que se liquidaron parcialmente en [[1919]] trala [[Primeira Guerra Mundial]] ([[Tratado de Saint-Germain-en-Laye]] e expedición de [[Gabriele d'Annunzio]]).
 
== Antecedentes ==
 
A comezos do [[século XIX]] [[Italia]] era só unha unidade xeográfica, cada pobo tiña os seus diferentes costumes, lingua, bandeira e himno. Ocupaban a península Itálica un mosaico de estados, algúns ocupados por potencias estranxeiras.
 
[[Napoleón]] conquistou a península e modificou o mapa completamente. Anexionou [[Piemonte]], [[Parma]], [[Toscana]], a [[República Lígur]] e os [[Estados Pontificios]] ao [[Imperio Francés]], unificou todo o nordés da península para crear o [[Reino de Italia (1805-1814)|Reino de Italia]], do cal declarouse rei e tamén conquistou o [[Reino de Nápoles]]. Durante este período Italia sufriu toda unha serie de reformas [[liberal|liberais]], como a abolición dos [[privilexio]]s [[feudal|feudais]] e [[eclesiástico]]s.
[[Ficheiro:CongressVienna.jpg|miniatura|300px|''O congreso de Viena'' por [[Jean-Baptiste Isabey]], [[1819]]]]
 
Coa derrota de [[Napoleón]], o [[Congreso de Viena]] ([[1815]]) reestrutura de novo o espazo xeográfico de [[Italia]] atendendo especialmente aos intereses das familias dinásticas e as grandes potencias europeas, nunca aos intereses do pobo.
 
O [[Imperio Austríaco]] anexionouse [[Lombardía]] e o [[Véneto]] e ademais colocou a príncipes austríacos no trono de Parma, [[Módena]] e Toscana. [[Sardeña]] e Piemonte unificáronse no [[Reino de Piemonte-Sardeña]], o cal recibiu [[Savoia (rexión histórica)|Savoia]] e [[Niza]]. Restauráronse os Estados Pontificios e aos [[Borbón]]s no trono de Nápoles, que pasou a chamarse [[Reino das dúas Sicilias]].
 
Restaurouse o absolutismo en todos os Estados. Os gobernantes impostos polo [[Congreso de Viena]] non contaban co apoio popular, polo que tiveron que ser auxiliados polo [[Imperio Austríaco]].
 
Mentres tanto, os [[Nacionalismo|ideais nacionalistas]] continuaban espallándose, incentivados pola volta ao absolutismo e o progreso económico. O incremento da produción téxtil de Piemonte precisaba dun [[mercado interior]] máis amplo onde colocar as súas manufacturas. A expansión do [[ferrocarril]] favorecía as comunicacións e a unidade dos diversos estados. Outros elementos aglutinadores eran a [[catolicismo|relixión católica]], a cultura italiana e o [[romanticismo]], que identificou a Italia co ''[[Literatura de Italia|Risorgimento letterario]]'', co que adquiriu un gran poder político. Escritos aparentemente literarios ou históricos estaban cheos de alusións á escravitude ou a tiranía. Onde non estaba permitida a crítica empregábase a [[sátira]].
 
=== O Resorgimento letterario e o Romanticismo ===
[[Ficheiro:Italy unification 1815 1870.jpg|miniatura|300px||A unificación italiana]]
 
{{Artigo principal|Literatura de Italia}}
 
A interpretación nacionalista da literatura italiana identifica a dominación española de Italia, cun período de decadencia na súa literatura debido, entre outras cousas, á acción da [[Inquisición]] (o tribunal relixioso tradicional, non a [[Inquisición española|institución española]], que operaba con distintos criterios). Algúns autores (como Campanella ou [[Giordano Bruno]]) sufriron persecución por motivos relixiosos, como tamén acontecera na [[Idade Media]] (e na Florencia de [[Girolamo Savonarola|Savonarola]]). A identificación do ocupante coa opresión formaba parte da amplamente difundida propaganda antiespañola coñecida como [[Lenda Negra]], entre cuxos produtos artísticos poden contarse ''[[Os Noivos]]'' de [[Manzoni]] (ambientado no [[Milán]] do XVII) ou ''[[Don Carlo]]'' de [[Verdi]] (el mesmo un símbolo vivente do Risorgimento, pois, ademais do seu compromiso persoal e artístico coa causa italiana, o seu nome gritábase como acrónimo de ''Vittorio Emanuele Re d´Italia'' (Vitor Manuel, Rei de Italia).
 
Durante a primeira metade do [[século XVIII]] (que mal pode identificarse cunha retirada española de Italia, pois a presenza continuou a través dos Borbóns de Nápoles), produciuse unha revitalización da literatura coñecida como ''Resorgimento letterario'', entre outras cousas, grazas ao carácter ilustrado dos seus novos gobernantes austríacos.
 
[[Gianbattista Vico]] representa o espertar da conciencia histórica en Italia. Na súa Ciencia Nova, investigou as leis que gobernan o progreso da raza humana, conforme ás cales desenvolveríanse os feitos históricos. Outros escritores importantes do Resorgimento letterario foron [[Giuseppe Parini]], [[Gasparo Gozzi]] e [[Giuseppe Baretti]].
 
As ideas que impulsaron a [[Revolución Francesa]] de [[1789]] deron un sentido especial á literatura italiana na segunda metade do [[século XVIII]]. Os italianos que aspiraban a unha redención política consideraban esta inseparable dunha recuperación intelectual, que ao mesmo tempo crían só podía levar a efecto volvendo ao antigo clasicismo. Este fenómeno foi unha repetición do que xa ocorrera na primeira metade do [[século XV]].
 
Polo tanto, [[patriotismo]] e [[clasicismo]], foron os dous principios que inspiraron a literatura que comeza con [[Vittorio Alfieri]]. Este autor encamiñou a literatura cara a unha motivación nacional, armada soamente co patriotismo e o clasicismo. Outros importante escritores patrióticos deste período foron [[Ugo Foscolo]], [[Pietro Colletta]], [[Carlo Botta]], [[Vincenzo Monti]] ou [[Pietro Giordani]].
 
Durante este período xurdiu a polémica sobre a pureza da linguaxe. Durante este período, a lingua italiana estaba ateigada de galicismos. A prosa precisaba dunha recuperación polo ben da dignidade nacional, e pensouse que isto non podería conseguirse se non era a través da volta aos grandes escritores do [[século XIV]]. Un dos promotores desta nova escola foi [[Antonio Cesari]], que se empeñaba en establecer a supremacía do [[toscano]] sobre o resto de dialectos. Pero o patriotismo en Italia ten sempre algo de provinciano, e así, contra esta supremacía toscana proclamada e defendida por Cesari, xurdiu unha escola lombarda que non quería saber nada do toscano e que volvían á idea dunha ''lingua illustre''.
 
O [[Romanticismo]] foi un movemento cultural e político que se orixinou en [[Alemaña]] a finais do [[século XVIII]] como unha reacción ao [[racionalismo]] da [[Ilustración]] e o [[Neoclasicismo]]. Exaltaba os sentimentos, o nacionalismo, o liberalismo e a orixinalidade creativa. É o movemento literario que precede ás revolucións políticas de [[1848]], pode considerarse representado por: [[Giuseppe Giusti]], [[Francesco Domenico Guerrazzi]], [[Vincenzo Gioberti]], [[Cesare Balbo]], [[Alessandro Manzoni]] e [[Giacomo Leopardi]].
 
Logo de 1850 a literatura política perdeu importancia, sendo un dos derradeiros poetas deste xénero [[Francesco Dall'Ongaro]], cos seus ''stornelli politici''. Posiblemente a obra literaria que máis contribuíu ao asentamento da unidade italiana foi ''Corazón'', de [[Edmondo de Amicis]] (1886), reunión de episodios protagonizados por nenos das distintas rexións italianas, que exaltan as virtudes, o heroísmo e o sentimento patriótico, dun xeito moi eficaz polo recurso ao sentimental. Foi amplamente utilizado como material escolar e pasado ao cine, a televisión e os debuxos animados (e non só en Italia: é a soada [[Marco, dos Apeninos aos Andes]]).