Tiburóns: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
repartición
m Arranxos varios, replaced: {{listaref|2}} → {{Listaref|30em}} using AWB
Liña 26:
}}
 
Os '''tiburóns''', '''escualos''' ou '''quenllas''' son os [[condrictios|peixes cartilaxinosos]] [[elasmobranquios]] integrantes da [[orde (bioloxía)|superorde]] dos '''selaquimorfos''' (''Selachimorpha'', do [[Grego antigo|grego]] σέλαχος ''sélachos'', "tiburón" e μορφή ''morphé'', "forma") ou '''euselaquios''' (''Euselachii'', do grego εύ ''eú'', "ben", e σέλαχος ''sélachos'', "tiburón", isto é, "os tiburóns verdadeiros").
 
Caracterízanse por seren grandes [[depredación|predadores]] mariños cun [[esqueleto]] [[Tecido cartilaxinoso|cartilaxinoso]], múltiples [[galada]]s (xeralmente cinco) a ambos os lados ou debaixo da cabeza, dentículos dérmicos cubrindo o corpo e varias ringleiras de dentes substituíbeis na boca. Porén, existen excepcións a estas características, en especial no que se refire a "grande", "mariño" e "predador".
 
Os tiburóns inclúen dende [[especie]]s pequenas das profundidades mariñas, até o [[tiburón balea]], o maior dos peixes, que pode chegar a 18 m de lonxitude e se alimenta soamente de [[plancto]]. O [[tiburón touro]] pódese desprazar a ríos e lagos de auga doce e algúns ataques a humanos aconteceron en ríos. Algunhas das especies maiores, en especial o [[marraxo azul]] e o [[tiburón branco]], son [[endotermos]] parciais, capaces de manteren a súa temperatura corporal por riba da do medio acuático no que viven.
Liña 36:
== Anatomía ==
=== Características xerais ===
Os tiburóns son [[condrictios]] (peixes cartilaxinosos), é dicir, o seu esqueleto está formado por [[cartilaxe]]s en vez de por [[óso]]s.
 
A pel é rugosa e está cuberta por unha especie de escamas coñecidas como dentículos dérmicos, [[escama]]s óseas de orixe [[derme|dérmica]] e [[epiderme|epidérmica]], moi diferentes das verdadeiras escamas dos [[osteíctios|peixes óseos]], que a protexen contra os parasitos; outra das funcións desta pel tan específica é a de actuar como un silenciador, xa que a auga se distribúe cara a dentro das súas fendeduras e non cara a fóra, limitando a [[fricción]] contra a [[auga]], mellorando a mobilidade e a velocidade da natación e, ademais, facendo que o desprazamento do peixe sexa moito máis silencioso.
Liña 54:
=== Mandíbulas ===
 
A mandíbula dos tiburóns, como a das raias, non está articulada co cranio. A superficie da mandíbula e os arcos branquiais dos tiburóns, en comparación cos doutros vertebrados, necesitan dun apoio extra debido á súa alta exposición ao estrés físico e á súa necesidade de forza.
 
Os tiburóns teñen unha capa de pequenas placas hexagonais chamadas ''"teselas"'', que son bloques de cristais de sales de [[calcio]] dispostas como un mosaico. Isto lle dá a estas zonas gran parte da forza se ten o [[tecido óseo]] noutros animais.<ref name="Ferrari 2009 pp. 42-47">Ferrari & Ferrari (2009), pp. 42-47.</ref>
 
En xeral, os tiburóns tenen soamente unha capa de teselas, pero as mandíbulas de especies moi grandes, como o [[tiburón branco]] e outras de talles similares, teñen dúas ou tres capas, ou aínda máis, dependendo do tamaño do corpo. Por exemplo, as fauces dun gran tiburón branco poden ter un gran espazo para albergar até cinco capas.
 
No rostro, a cartilaxe pode ser esponxosa e flexíbel para absorber a enerxía dos impactos.
Liña 64:
=== Dentes ===
 
As mandíbulas dos tiburóns presentan características únicas no mundo animal. Son totalmente móbiles, independentes e tapizadas con centos de [[dente]]s distribuídos en varias filas das que só a última é funcional (as outra teñen dentes de substitución).
 
Os dentes, cuxa forma varía dependendo das especies, renóvanse continuamente durante toda a vida do animal, substituíndose espontaneamente polos dentes da seguinte fila cando caen ou están danados. Fixados nun tecido fibroso moi sólido, érguense cando o tiburón abre a boca, o que lle permite morder máis facilmente á presa e sostela firmemente coa concavidade dos dentes. Algúns tiburóns perden máis de 30 000 dentes en toda a súa vida. A taxa de substitución dos dentes varía de entre cada oito ou dez días até varios meses. Na maioría das especies, os dentes substitúense un a un, agás algunhas especies que substitúen unha fila enteira.<ref>Ferrari & name="Ferrari (2009), pp. 42-47.<"/ref>
 
A forma dos dentes depende do réxime alimenticio do tiburón: os que se alimentan de moluscos e crustáceos teñen dentes densos e aplanados, utilizados para machucar, mentres que nos que se alimentan de peixes son rematados en punta e afiados, e os que cazan presas máis grandes, como mamíferos mariños, teñen dentes triangulares denticulados para facilitar o corte. Os dentes dos tiburóns que se alimentan de [[plancto]] son pequenos e non funcionais.
Liña 73:
O esqueleto das [[aleta]]s é alargado e está sostido por raios brandos e non segmentados denominados ''"ceratótricos"'', filamentos dunha [[proteína]] elástica semellante á [[queratina]] de pelos e plumas. A maioría dos tiburóns teñen oito aletas.
 
Os tiburóns utilizan a aleta caudal para propulsarse e para cambiar bruscamente de dirección, as aletas pectorais actúan como [[leme]] co mesmo principio que as ás ou ''planos'' dos avións, e as dorsais serven de estabilizadores.
 
Case todos os tiburóns teñen que estar nadando continuamente, incluso a baixa velocidade, co fin de manter un fluxo de auga que achegue suficiente [[oxíxeno molecular|oxíxeno]] ás [[branquia]]s. Porén, nalgúns, especialmente os que viven cerca dos arrecifes, repousan no fondo poñéndose contra a corrente, o que é suficiente porque así captan o oxíxeno necesario para o seu metabolismo.<ref>Johnson, R. H. (1978): ''Sharks of tropical and temperate seas''. Singapore: Les éditions du Pacifique. ISBN 981-204-116-8, p. 20.</ref>
Liña 90:
 
== Sentidos ==
A partir dunha evolución dos oídos, os tiburóns, como outros peixes, posúen unha [[liña lateral]] a cada flanco do seu corpo que lles permite detectar cambios de presión e movementos na auga; como outros [[elasmobranquios]] tamén posúen no fociño [[Ampola de Lorenzini|ampolas de Lorenzini]]: órganos sensíbeis aos campos eléctricos (en especial aos pequenos campos eléctricos xerados por outros seres vivos na auga); tal sensibilidade aos campos eléctricos parece especialmente desenvolvida nos tiburóns martelo.
 
Os ollos dos tiburóns teñen, segundo parece, unha excelente visión potenciando a capacidade de ver en condicións de puoca iluminación (moi útil, por exemplo, para cazar en covas ou durante a noite, así como a grandes profundidades) mercede a que tras a [[retina]] posúen un ''[[tapetum lucidum]]''. Porén, estudos recentes indican que a súa visión sería monocromatica ao teren un único tipo de [[cono (célula)|conos]] ou incluso careceren de eles nalgunhas especies.<ref>http://zco1999.wordpress.com/2011/01/29/los-tiburones-no-ven-colores/ ZCO-1999: Los tiburones no ven colores] {{es}} Consultada o 9/11/2012.</ref>
Liña 99:
A maioría dos peixes óseos producen gran cantidade de [[ovo (bioloxía)|ovos]] (en realidade, [[óvulo]]s) moi pequenos que se depositan na auga, onde son fecundados externamente polos [[espermatozoide]]s liberados polos machos. Este é un proceso no que se produce un gran desbildamento de materia e enerxía, porque a mortalidade inicial entre os ovos e as larvas sen protección é enorme, e as taxas de supervivencia son función das condicións ambientais. Os tiburóns optaron por unha estratexia reprodutiva diferente: os óvulos fecúndanse internamente, investindo máis enerxía en producir menos crías, pero máis protexidas.
 
Os métodos de reprodución dos tiburóns van desde as formas [[ovíparo|ovíparas]], que poñen os ovos grandes e ben protexidos, até as especies [[ovovivíparo|ovovivíparas]], que dan a luz crías vivas que se nutriron a través dunha ''[[placenta]]'', de maneira análoga aos [[mamíferos]].<ref name=Compagno/> <ref>[http://www.seaworld.org/animal-info/info-books/sharks-&-rays/birth-&-care.htm Sharks & Rays. Embryonic development] en Animals. {{en}} Consultada o 9/12/2012.</ref>
 
=== Órganos reprodutores masculinos ===
Liña 114:
Nunca se acharon femias xestantes do maior tiburón vivente. O seu método de reprodución é descoñecido; achouse unha única cápsula do ovo de trinta por catorce centímetros, pero era tan inusualmente delgada que no está claro se o tiburón balea é ovíparo ou se trata de ovos abortados e a especie é vivípara.
 
Un dos grandes enigmas era o seu tipo de reprodución, que se ignoraba totalmente. O dilema resolveuse hai pouco tempo cando un grupo de científicos en [[Taiwán]], liderados pola Dra. Eugenie Clark, puideron observar a unha femia de 12 m de lonxitude que fora arponeada por un pescador local. A sorpresa resultou maiúscula cando, en dous úteros xemelgos, acháronse 300 embrións de entre 40 e 63 &nbsp;cm de longo. Quince deles aínda estaban vivos no momento do exame.
 
As especies ovíparas (sobre todo os melgachos, os tiburóns alfombra e os tiburóns de Port Jackson depositan os ovos sobre o fondo, onde os embrións se desenvolven nutríndose do [[vitelo]] contido no ovo. Nun principio, a bóla vitelina do extremo do cordón serve para alimentar por si mesma ao embrión mentres se desenvolven as expansións de contacto. Unha vez formadas, as expansións de contacto únense ás do útero e empezan a absorber material nutriente da nai; nese momento a bóla aínda contén algo de xema e por tanto a placenta ten dupla función: achegar alimento vía sanguínea e por [[osmose]].
Liña 130:
[[Ficheiro:PortJacksonShark'sEgg20050417c.JPG|miniatura|Ovo de tiburón. A forma helicoidal exterior axuda a que a nai poida fixalo ás rochas.]]
 
Moitos tiburóns teñen a cápsula do ovo cos bordos en espiral que serven para encaixalos nas fendas das rochas. Xeralmente os ovos póñense de dous en dous e, no caso do melgacho até un total de 20 a 25 cada ano. O periodo de [[incubación]] acostuma a durar varios meses. En canto aos tiburóns vivíparos, hai que distinguir entre nos que o embrión se nutre exclusivamente das súas propias reservas de vitelo (ovovivíparos), como a melga, e aqueles outros que reciben o alimento directamente da nai (vivíparos verdadeiros). No caso da melga reúnense varios ovos fecundados no útero mediante unha fina membrana que os envolve a todos. Ao cabo duns seis meses a membrana rompe e cada embrión se desenvolve no ovo a costa do [[saco vitelino]] ao que está unido; no momento do nacemento este saco se reabsorbeu completamente; entón a nai expulsa unhas dez crías de 25 &nbsp;cm despois de 22 meses de xestación.
 
Cómpre resaltar que cando un embrión morre, incluso habendo alcanzado un alto grao de desenvolvemento, non provoca o aborto da camada, senón que, que por algún mecanismo descoñecido até hoxe, impídese a putrefacción, até a súa posterior expulsión, xunto co resto dos embrións vivos, xa desenvolvidos.
 
==== ''Non placentarios'' ====
Nas [[raias]] é común outra forma de viviparismo que probabelmente tamén se dá no tiburón tigre; nela os embrións reciben alimento da nai pero non a través da placenta: no interior do útero os ovos [[telolecítico]]s están protexidos por unha fina membrana dentro da cal cada embrión experimenta o seu desenvolvemento; parece ser que a substancia nutritiva é excretada polo útero e absorbida polos embrións que así complementan a nutrición proporcionada polo [[vitelo]]. Os tiburóns tigre dan a luz entre dez e oitenta crías de 6 a 7 dm cada unha.
 
Nos carcarrínidos e peixes martelo o embrión, ademais do saco vitelino, posúe [[branquia|branquias externas]] que lle permiten absorber [[oxíxeno molecular|oxíxeno]] e posibelmente nutrientes suplementarios; estas branquias externas reabsórbense posteriormente. Durante o terceiro ou o cuarto mes o saco vitelino transfórmase nunha placenta. Os nutrientes e o oxíxeno pasan entón directamente da nai ao embrión a través da placenta e do cordón umbilical; os produtos de refugallo percorren un camiño inverso.
 
Nas especies vivíparas os embrións están envolvidos na membrana do ovo e dispóñense en diferentes compartimentos do útero. A cantidade de crías varía desde dúas nalgunhas especies a máis de cen nas quenllas. O período de xestación oscila entre nove e doce meses. Algunhas especies (como o os [[marraxo]]s, o [[raposo de mar]] e probabelmente o [[tiburón branco]] e o [[peixe bobo]]) practican unha singular forma de [[canibalismo]] intrauterino coñecida como [[oofaxia]].
Liña 207:
Os tiburóns son membros da clase dos [[condrictios]], a cal inclúe tamén as [[raias]] e as [[Holocephali|quimeras]]. Existen 368 especies de tiburóns recoñecidas actualmente vivas, distribuidas en 8 ordes. Ademais, hai 7 ordes extintas.
 
Os primeiros tiburóns apareceron nos océanos hai 400 millóns de anos, no [[devónico]].<ref>[http://www.elasmo-research.org/education/evolution/ancient.htm Ancient Sharks], en ''Biology of Sharks and Rays'', en [http://www.elasmo-research.org/staff.htm ReefQuest Centre for Shark Research]</ref> Debido á súa natureza de peixes cartilaxinosos, os [[fósil]]es de tiburóns ben conservados son moi raros, sendo o máis frecuente que se conserven sós os dentes, resistentes á alteración debida ao tempo. Por iso a filoxenia dos tiburóns é particularmente delicada.
 
Os esqueletos máis antigos foron descubertos a finais do [[século XIX]] no estado de [[Ohio]], nos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]]; son do [[xénero (bioloxía)|xénero]] ''[[Cladoselache]]'', e datan do devónico superior superior (hai uns 360 millóns de anos).<ref>Gilles Cuny (2002): ''Les requins sont-ils des fossiles vivants? EDP Sciences, col. "Bulles de sciences". ISBN 2-86883-538-4, p. 50.</ref>
Dun tamaño de sobre os 2 m este tiburón estaba lonxe ds posición dun [[predación|superpredador]], pero cazaba en [[placodermos]] como os ''[[Dunkleosteus]]''. A desaparición dos placodermos hai uns 354 millóns de anos favoreceu o desenvolvemento dos condrictioss, en particular en materia de diversidade.<ref name="Gilles Cuny, Op. cit.">Gilles Cuny, ''Op. cit.''</ref>
 
Os tiburóns primitivos tiñan formas que non moi parecidas á dos actuais; como ''[[Helicoprion]]'', coa súa dentadura en forma de espiral; ''[[Orthacanthus]]'', tiburón fluvial; ''[[Paleocarcharias]]'', antecesor dos actuais peixes martelo; ''[[Hybodus]]'', tiburón que se alimentaba de animais máis grandes que el; ''[[Paleospinax]]'', un dos primeiros tiburóns en ter unha estrutura ósea como a dos actuais; ''[[Stethacanthus]]'', cunha estrutura en forma de bigornia nas costas; ''[[Symmorium]]'', con parecido ao ''Stethacanthus''; ''[[Protospinax]]'', antecesor das raias; ''[[Pseudorhina]]'', antecesor dos tiburóns ánxel; ''[[Scapanorhynchus]]'', parente extinto da actual [[quenlla fociñuda]]; ''[[Edestus]]'', con dentadura en forma de tesoura; ''[[Cretoxyrhina]]'', parente de ''Hybodus''; ''[[Lanma]]'', antecesor do tiburón touro; ''[[Cobelodus]]'', cunha cabeza pequena en comparación co resto do corpo, e un dos máis famosos, ''[[Carcharodon megalodon]]'', tiburón de 18 m, antecesor do gran tiburón branco, ademais doutros non mencionados.<ref>[http://www.fosil.cl/tiburones2.html Tiburones fósiles]</ref>
 
Os tiburóns foron evolucionando e diversificándose xerando especies moi especializadas, como os [[tiburón martelo|tiburóns martelo]] (''[[Sphyrna lewini]]'').
 
Hai ao redor de 100 millóns de anos xurdiron os tiburóns modernos. Algúns, como ''[[Carcharodon megalodon]]'' o que, como todo outro tiburón extinto, coñécese polos seus dentes (os únicos ósos encontrados nestrs peixes cartilaxinosos e, por tanto, os únicos [[fósil]]es producidos). Unha primeira reprodución da mandíbula baseada nalgúns dos maiores dentes deu como resultado que o peixe podía ter até 36 m de lonxitude; os cálculos revisáronse posteriormente estimándose que podería chegar a medir uns 15 m, convertíndose no maior cazador mariño.
Liña 220:
[[Ficheiro:Falcatus.jpg|thumb|250 px|Tibúróns extintos do xénero ''[[Falcatus]]''.]]
 
A finais do [[pérmico]] produciuse unha extinción en masa que fixo desaparecer o 90 % das especies marinas, entre elas as dos condrictios. Unha segunda extinción, a finais do [[triásico]], produce de novo unha selección, eliminando, por exemplo, os [[xenacantos]], que viviran durante 200 millós de anos.
 
No [[mesozoico]] os [[hibodontes]] distinguíanse polo seu gran tamaño (os máis pequenos duns 3 m) e por unhas mandíbulas capaces de crebar calquera caparazón.<ref> name="Gilles Cuny, ''Op. cit.''<"/ref>
 
No [[xurásico]] os ''[[neoselachii]]'' compiten cos hibodontes, pero a extinción do [[cratácico]] hai 65 millóns de anos provocou a fin dos hibodontes, así como a de moitas outras especies, comezando polos [[dinosauro]]s.<ref>Ferrari, Andrea e Antonella Ferrari (2009): ''Requins et raies du monde entier''. Paris: Delachaux et Niestlé, pp. 17-23.</ref>
Liña 229:
 
== Os tiburóns en Galicia ==
X. L. Rodríguez Villanueva e Xavier Vázquez, na súa obra ''Peixes do mar de Galicia, (I) Lampreas, raias e tiburóns''<ref name="Véxase bibliografía">Véxase bibliografía.</ref> dan conta das principais especies de tiburóns que se achan preto das costas galegas, tanto dos que teñen importancia económia, moita ou pouca, como os que só teñen interese científico, ocupándose da súa descrición e bioloxía. Por outra parte, Manuel R. Solórzano ''et al.'', na obra ''Inventarios dos peixes do litoral galego''<ref> name="Véxase bibliografía.<"/ref> relacionan e catalogan, segundo a ordenación sistemática de CLOFNAN (1973) todos os peixes mariños citados nas costas galegas (agás os representantes do xénero ''[[Salmo]]''), entre os que se incúen, obviamente, os tiburóns. De acordo con esta obras, podemos considerar como ''galegas'' as seguintes especies:
 
* Superclase ''[[Gnathostomata]]''
Liña 273:
[[Ficheiro:Global shark catch.svg|thumb|250px|A captura anual de tiburóns incrementouse rapidamente nos últimos 50 anos.]]
 
Os tiburóns péscanse comercial e ludicamente. O ser humano, como superpredador, está exterminando a estes peixes. Algúns son pescados simplemente por deporte, outros por alimento e algunhas especies para obter outros produtos.
 
No pasado a pel dos tiburóns utilizábase para os mesmos fins que hoxe se utiliza o [[papel de lixa]].
 
Os tiburóns xeralmente alcanzan a madurez sexual lentamente e producen pouca descendencia, en comparación con outros peixs de interese para os humanos. Isto causa preocupación entre os biólogos, sobre todo polo incremento do esforzo pesqueiro nos últimos tempos, o que fai que moitas especies estean hoxe consideradas en perigo de extinción.
 
O principal problema radica en que no oriente asiático (especialmente en China, Taiwán, Xapón e Corea) as aletas dos tiburóns alcanzan prezos elevadísimos, por considerárense manxares exquisitos, utilizándose especialmente na preparación da famosa [[sopa de aleta de tiburón]].
 
=== Medidas para a conservación dos tiburóns ===
Estímase que anualmente son capturados 100 millóns de tiburones debido á pesca comercial.<ref>[http://animals.howstuffworks.com/fish/shark-fishing.htm Charles W. Bryant ''How many sharks are killed recreationally each year, and why?''] {{en}} Consultada o 11/11/2012.</ref> <ref>
[http://www.cnn.com/2008/WORLD/asiapcf/12/10/pip.shark.finning/index.html CNN. ''Shark fin soup alters an ecosystem''] {{en}} Consultada o 11/11/2012. </ref> Os científicos temen que os tiburóns co tempo poderían extinguirse debido á actividade humana. Rexistráronse importantes reducións nas poboacións de tiburóns —algunhas especies reduciron os seus efectivos en máis do 90 % nos últimos 20-30 anos, e unha diminución da poboación do 70 % non é inusual.<ref>Walker, T. I. (1998): "Shark Fisheries Management and Biology", in ''Marine and Freshwater Research'', '''49''' (7): 553-767.</ref>
 
Como quedou dito, a sopa de aleta de tiburón é unha das principais razóns da diminución das poboacións destes animais. Co fin de facer esta sopa, as aletas dos tiburóns córtanse nos barcos de pesca, e os peixes, que aínda están vivos, devólvenses ao mar para morrer lenta e dolorosamente.
 
E debido a que os tiburóns se reproducen lentamente, non poden reconstruír as súas poboacións.<ref name="sharks.org">[http://www.sharks.org/about-sri/news-a-alerts/159-shark-conservation-proposal-defeated-at-un-meeting.html Shark Research Institute. "Shark conservation proposal defeated at UN meeting"] {{en}} Consultada o 10/11/2012.</ref>
 
En 2010, [[Hawai]] converteuse no primeiro estado dos Estados Unidos en prohibir a posesión, venda, comercio ou distribución de aletas de tiburón.<ref>[http://www.nytimes.com/2010/05/29/us/29brfs-SHARKFINSOUP_BRF.html Diario ''The New York Times''. "Hawaii: Shark Fin Soup Is Off the Menu"] {{en}} Consultada o 10/11/2012.</ref> A partir de 2011, catro países asinaron acordos para aprobar, por lei, a creación de "santuarios de tiburóns". No mesmo ano, o presidente dos Estados Unidos [[Barack Obama]] firmou a "lei de Conservación de Tiburóns".<ref>[http://ecocentric.blogs.time.com/2011/01/04/its-official-obama-signs-shark-conservation-act Revista ''Time''. "It’s Official: Obama Signs Shark Conservation Act"] {{en}} Consultada o 10/11/2012.</ref>
 
[[China]], [[Taiwán]] e [[Xapón]] opóñense á conservación dos tiburóns.<ref>[http://www. name="sharks.org/about-sri/news-a-alerts/159-shark-conservation-proposal-defeated-at-un-meeting.html Shark Research Institute. "Shark conservation proposal defeated at UN meeting"] {{en}} Consultada o 10/11/2012.</ref>
 
=== Debate en Europa sobre a sobreexplotación dos tiburóns ===
Liña 301:
[[Ficheiro:Poxa de marraxo (Isurus oxyrinchus) no porto pesqueiro de Vigo.jpg|thumb|250 px|Poxa de marraxo (''Isurus oxyrinchus'') no porto de Vigo.]]
 
Os conxeladores dispoñen de permisos especiais que lles permiten capturar tiburóns e que estas autorizacións poderían retirarse se entra en vigor a norma tal e como pretende a [[Comisión Europea]]. O método español de pesca de tiburón supón a sección da aleta do corpo a bordo dos buques e a súa conxelación por separado nas bodegas; ao chegaren a terra, os corpos destínanse a [[América]] e a [[Europa]], mentres que as aletas van a [[Asia]]. A iniciativa da UE prevé un tallo na aleta, pero sen separala do corpo, e que a incisión total se realice en terra. Os armadores cren que isto implicaría un aumento da perigrosidadr laboral —polo risco de cortarse coas aletas conxeladas ao manipular o peixe—, menos espazo de almacenaxe e a ruptura da cadea de xeo, pois para separar a aleta habería que desconxelar algo o produto. A frota galega propón que se obrigue a desembarcar no mesmo porto aletas e corpos; que se prohíba o cercenamento de aletas nos barcos de fresco e que as organizacións rexionais de pesca tutelen a actividade na súas áreas. Tamén piden que sigan os permisos especiais para os conxeladores e que se implante un sistema de trazabilidade. Isto complementaríase cun plan de capturas mundial, onde se limite o esforzo pesqueiro, se fixen vedas e se prohíban os transbordos en alta mar.<ref> [http://www.lavozdegalicia.es/noticia/economia/2012/02/17/galicia-gana-venta-cuerpo-aleta-tiburon/0003_201202G17P45991.htm Galicia gana más con la venta del cuerpo que con la aleta de tiburón] Diario ''La Voz de Galicia'', 17/02/2012. Consultada o 11/11/2012.</ref>
 
A práctica do ''finnig'' está prohibida para os pesqueiros comunitarios desde hai case dez anos (desde 2003), pero as excepcións que contién a norma relaxan demasiado esta prohibición. Polo menos iso entende a [[Comisión Europea]], que propuxo un regulamento que impide toda posibilidade de cercenar a aleta a bordo e obriga a que se almacenen adheridas ao corpo do tiburón. Nun razoamento simplista, a frota galega, que comercializa tanto o corpo como a aleta, non debería ter problema. Pero na práctica, esa medida suporía a fin dos ''espadeiros''<ref>Nome co que se coñecen os barcos dedicado á pesca do peixe espada.</ref> galegos, segundo o sector, polos custes económicos que comporta e polos trastornos que crea no almacenamento e loxística.
 
A norma europea de 2003 establece excepcións ao deixar que os Estados membros expedisen permisos especiais aos barcos coa condición de que mantivesen os corpos a bordo e que o peso das aletas non superase o 5 % do peso total do tiburón.
 
De feito, só España e Portugal seguen cortando a aleta a bordo. Os palangreiros de superficie galegos envían os corpos, unha vez desembarcados, a [[Vigo]] ou a [[Sudamérica]], sobre todo a [[Brasil]], [[Perú]] e [[Colombia]]. As aletas destínanse a [[Xapón]], [[Hong Kong]], [[China]] e [[California]]. Os ecoloxistas, porén, recean de que só España e Portugal poidan cortar as aletas a bordo e están presionando para que se adopte na UE a política de aletas adheridas. Sosteñen que co actual sistema de controis, é difícil detectar se se produciu ''finning'', porque as aletas e os troncos pódense desembarcar en distintos portos e en diferentes momentos.
Liña 317:
==== O Parlamento Europeo decide ====
O [[22 de novembro]] de [[2012]] a [[Parlamento Europeo|Eurocámara]] aprobou, por 566 votos a favor, 47 en contra e 16 abstencións, a proposta da [[Comisión Europea]] de deixar de expedir permisos especiais ás flotas pesqueiras da [[UE]] (186 barcos, 141 españois e 45 portugueses) para desmembrar os tiburóns a bordo. "Hoxe gañan a comisaria de Pesca e as organizacións ecoloxistas. Perden os tiburóns e os pescadores da frota [[palangre]]ira comunitaria", declarou un portavoz de [[Cepesca]], que non ocultou a súa frustración pola decisión do Parlamento Europeo que, segundo calcula esta organización, obrigará á frota palangreira de superficie a asumir "perdas medias de 22 000 euros por barco e marea". Os armadores cren que os eurodeputados votaron a favor da medida convencidos de que esta é a única saída para erradicar o ''[[finning]]'', cando o certo é que a frota comunitaria non o practica; en primeiro lugar, porque está prohibido desde [[2003]] e, en segundo, porque a frota galega que pesca [[quenlla]] e [[marraxo]], aproveita todo, pois ten mercado tanto para as aletas como para o corpo destes tiburóns, e que o único que conseguiu foi prexudicar económica e laboralmente aos palangreiros de superficie galegos, pero no erradica o ''finnig'', que achacan a flotas asiáticas, ás que non afecta a normativa (a [[ICCAT]]<ref>Comisión Internacional para a Conservación do Atún Atlántico.</ref> rexeitou implantar a nivel global esta medida esta mesma semana) que agora estarán en mellores condicións máis vantaxosas para competir coas flotas galega e portuguesa. Pola
súa parte, para ''Ecologistas en Acción'' non cabe dúbida de que este día (22 de novembro de 2012) "foi un día histórico para a defensa doi tiburón, con moitas especies ameazadas, e un motivo de gran satisfacción para a organización, que leva anos exixindo estas medidas". Este grupo ecoloxista recorda que leva desde o [[2006]] traballando xunto coa ''[[Shark Alliance]]'' (rede de protección dos tiburóns) para cambiar a posición do Goberno español, "moi aliñado cos intereses da grande industria pesqueira".<ref>[http://www.lavozdegalicia.es/noticia/economia/2012/11/23/golpe-flota-gallega-prohibirse-cortar-aleta-tiburon-bordo/0003_201211G23P43991.htm?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz Golpe a la frota gallega al prohibirse cortar la aleta de tiburón a bordo. La Eurocámara rechaza dar excepciones a los barcos españoles y lusos] Diario ''La Voz de Galicia'', 23/11/2012.</ref> <ref>[http://sociedad.elpais.com/sociedad/2012/11/22/actualidad/1353614062_914027.html La UE blinda la prohibición de cortar las aletas de tiburones] Diario ''El País'' (España), 23/11/2012.</ref>
 
== Galería de tiburóns ==
Liña 344:
 
== Notas ==
{{listarefListaref|230em}}
 
== Véxase tamén ==
Liña 358:
* Rodríguez Solórzano, Manuel; Sergio Devesa Regueiro e Lidia Soutullo Garrido (1983): ''Guía dos peixes de Galicia''. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-7154-433-4.
* Rodríguez Villanueva, X. L. e Xavier Vázquez (1992): ''Peixes do mar de Galicia. (I) Lampreas raias e tiburóns''. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-654-8.
* Solórzano, Manuel R[odríguez]; José L. Rodríguez, José Iglesias, Francisco X, Pereira e Federico Álvarez (1988): ''Inventario dos peixes do litoral galego'' (Pisces: Cyclostomata, Chondrichthyes, Osteichthyes). O Castro-Sada, A Coruña: Cadernos da Área de Ciencias Biolóxicas (Inventarios). Seminario de Estudos Galegos, vol. IV. ISBN 84-7492-370-0.
 
=== Outros artigos ===