Judas Priest: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
m Arranxos varios using AWB
Liña 11:
| selo = [[Epic Records]]
[[Columbia Records]]
[[CMC International]]
[[Koch Records]]
[[RCA Records]]
Gull
| membros = [[Rob Halford]] - Vocalista
[[Glenn Tipton]] - Guitarrista
[[K.K. Downing]] - Guitarrista
[[Ian Hill]] - Baixista
[[Scott Travis]] - Batería
| antigos_membros = [[Dave Holland]]
[[Tim Owens|Tim "Ripper" Owens]]
[[Al Atkins]]
[[Les Binks]]
[[Alan Moore, batería|Alan Moore]]
[[John Hinch]]
Chris Campbell
John Pattridge
John Ellis
[[Simon Phillips]]
| web = [http://www.judaspriest.com/home/default.asp www.judaspriest.com]

Liña 119:
=== A saída de Halford e a chegada de Owens: Jugulator e Demolition ===

Ao disco seguiulle outra monumental xira ao longo e ancho do globo, aínda que algúns concertos, como o planeado para España, foron cancelados a causa do xuízo das letras subliminais. Destaca a soada actuación no festival "[[Rock In Rio II]]", que inicialmente ía ser editada en video, pero a cadea de televisión brasileira quedou cos dereitos, imposibilitando á banda facerse con tal documento audiovisual. Nesta época empezaron as primeiras friccions na banda. [[Rob Halford]] interesábase por un Heavy Metal alternativo, ao estilo do [[Groove Metal]] de [[Pantera]], que foron abreconcertos de Priest no periplo norteamericano. Foi finalmente no [[Operation Rock And Roll]], un festival para celebrar a vitoria na Guerra do Golfo, cando Judas Priest deu carpetazo á súa relación de amizade. Halford abandonou Priest para seguir o seu propio proxecto, [[Fight]], acompañado por [[Scott Travis]], que tras falar con Tipton e Downing pensou que [[Judas Priest]] se disolveran para sempre.

Pero en [[1997]] Judas Priest regresou con '''Jugulator''', un álbum cun son duro e máis violento que nos seus anteriores traballos e que supuxo a chegada como vocalista do norteamericano [[Tim Owens]]. Este, vocalista dunha banda tributo a Priest chamada British Steel, foi descuberto por Scott Travis, que conseguiu que Tipton, Downing e Hill lle fixesen unha proba. Cando Owens cantou "The Ripper" foi aceptado inmediatamente como novo cantante da banda, e gañouse o seu alcumo. O álbum non foi un gran éxito de vendas, pero contaba con títulos tan importantes como "Burn In Hell" ou "Cathedral Spyres" ou "Blood Stained". Ao álbum seguiulle o directo [[98' Live Meltdown]], un intento de mostrar ao mundo que Tim Owens daba a talla como vocalista de [[Judas Priest]]; este directo foi o primeiro en traer o cambio a unha das cancións básicas dos repertorios habituais da banda: "Diamonds And Rust", que pasaba de ser unha balada [[Heavy Metal]] a ser unha doce serenata acústica.

E xa en [[2001]] Judas Priest volveu á carga con [[Demolition]], que para moitos fans foi unha decepción, sendo o álbum do grupo que menos vendeu en todo o mundo, malia temas como "Machine Man", "Feed On Me", "Hell Is Home" e "One On One". Ademais, en 2002 editouse outro álbum en directo, o [[Live in London]], que sería o último disco editado con Tim Owens como vocalista.
Liña 133:

A principios de [[2005]] [[Angel Of Retribution]] viu a luz. Moi esperado polos fans, que levaban máis dunha década sen escoitar aos Priest con Halford, situouse rápidamente no número 1 dos charts internacionais, cousa que ningún álbum da banda conseguira xamais. Esta vez contaron coa colaboración de Roy Z para a súa produción.
O álbum composto, de cancións duras que traían de volta aos [[Judas Priest]] de sempre ten hits como "Judas Rising", "Deal With The Devil", "Hellrider", "Revolution", "Worth Fighting For" ou a balada "Angel".

A finais do mesmo 2005, Judas Priest publicaba un novo DVD en directo titulado '''"Rising In The East"''', gravado no Tokyo Budokan, para conmemorar a gravación do seu directo máis famoso [[Unleashed In The East]].
Liña 139:
=== Actualidade ===

Segundo din os mesmos Priest na súa páxina web [http://www.judaspriest.com], actualmente a banda atópase en proceso de composición e gravación do seu novo traballo, un álbum conceptual (o primeiro da carreira de Priest) baseado na vida e predicciones de [[Nostradamus]], e cuxo lanzamento se prevee entre abril e finais de maio de 2008. A xira xa ten numerosas datas en toda Europa a partir de xuño. "Priest Feast world tour 2008-2009" é o nome da xira, e poderase gozar da súa música como cabeza de cartel en festivales como o KobetaSonik en Bilbao, o Graspop, o Bang your head, Swedden rock fest, entre outros.
Os concertos ofreceran a oportunidade de volver ver os clásicos temas de Priest asi como temas do disco Nostradamus. Despois da xira posiblemente poderemos gozar doutra vira sendo o único protagonista o disco Nostradamus como tema dos concertos. Seguramente Judas Priest terminen as xiras en 2010.
Tamén hai rumores dunha posible xira de Halford en solitario despois das xiras de Priest.