Vítor I, papa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
m →‎Vida e pontificado: Arranxos varios using AWB
Liña 3:
 
== Vida e pontificado ==
Malia non se coñeceren demasiados detalles da vida persoal de Vítor I, e en especial do seu tempo anterior ao pontificado, pasou á historia por pechar a [[controversia de Pascua]], que opuña os critiáns occidentais e orientais en relación ao día en que había de celebrarse esta [[Pascua cristiá|festividade]]. Mentres os últimos papas romanos viñeran propoñendo a fixación en domingo, os orientais crían que debía coincidir coa [[Pessach|pascua xudía]], no día exacto da lúa chea. Vítor I convocou todos os bispos italianos ao primeiro [[sínodo]] de que se garda memoria, e ameazou coa [[excomuñón]] aos bispos orientais que non respectasen a Pascua de domingo<ref>Donald Attwater. 'A Dictionary of the Popes''. The Catholic Book Club. [[Londres]], [[1939]], páx. 11</ref>. Esta severidade foi criticada por numerosos bispos, entre eles [[Ireneo de Lión]], pero a determinación de Vítor I tivo os seus froitos.
 
Durante o seu papado tamén tivo que facer fronte á pequena seita de Teodoto, un curtidor cristián, excomungado por Vítor I, que sostiña que [[Xesucristo]] era unicamente un superdotado.
 
Coincidiu Vítor I con boa parte do [[imperio Romano|imperio]] de [[Cómodo]], que detivo a persecución contra os cristiáns, co que a relixión medrou rapidamente en Roma. Sinalan algunhas fontes que unha amante do emperador, Marcia, que puido incluso ser cristiá, conseguiu logo da petición de Vítor I, que fosen liberados uns presos cristiáns condenados a traballar nas minas de [[Sardeña]]<ref>Donald Attwater. 'A Dictionary of the Popes''. The Catholic Book Club. [[Londres]], [[1939]], páx. 12</ref>.
 
Tamén foi Vítor I o responsábel de celebrar a misa por primeira vez en latín, conforme sinala [[Xerome de Estridón]] en ''De viris Illustribus''.