Matsuo Basho: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Retiro parámetro obsoleto: mes=
m Arranxos varios using AWB
Liña 16:
}}
{{Contén texto xaponés}}
{{nihongo|'''Matsuo Bashō'''|松尾 芭蕉}}, nado como {{nihongo|'''Matsuo Kinsaku'''|松尾 金作}} preto da vila de [[Ueno, Mie|Ueno]] (actual cidade de [[Iga]]), na [[provincia de Iga]] (actual [[prefectura de Mie]]) en [[1644]] e finado en [[Osaka]] o [[28 de novembro]] de [[1694]], foi un [[poesía|poeta]] [[Xapón|xaponés]] do [[período Edo]], coñecido principalmente polo xénero de poemas curtos chamados [[haiku]]. Tamén é coñecido como {{nihongo|'''Matsuo Chūemon Munefusa'''|松尾 忠右衛門 宗房}}.<ref>{{cita web | título=松尾芭蕉 | url=http://kotobank.jp/word/%E6%9D%BE%E5%B0%BE%E8%8A%AD%E8%95%89 | publisher=The Asahi Shimbun Company | dataacceso=22 de novembro de 2010 |lingua=xaponés}}</ref><ref>{{cita web | título=芭蕉と伊賀上野 | url=http://www.ict.ne.jp/~basho/country/bashotoiga.html | publisher=芭蕉と伊賀 Igaueno Cable Television | dataacceso=22 de novembro de 2010}}{{ja}}</ref>
 
Durante a súa vida, Bashō foi recoñecido polo seu traballo na forma colaborativa ''[[Renku|haikai no renga]]''; hoxe, é considerado un gran mestre do [[haiku]] (daquela chamado [[hokku]]). A súa poesía ten sona internacional, e no Xapón moitos dos seus poemas son reproducidos en monumentos e lugares tradicionais. Porén, Bashō é máis famoso en occidente polo seu hokku, que el mesmo cría o seu mellor traballo, e por participar no [[renku]]. Nunha cita súa dicía, “Moitos dos meus seguidores poden escribir hokku tan ben coma min. Onde amoso realmente quen son é unindo versos haikai.”<ref>Drake, Chris. 'Bashō’s “Cricket Sequence” as English Literature', in ''Journal of Renga & Renku'', Issue 2, 2012. p7</ref>
Liña 26:
Bashō naceu en 1644, preto de [[Ueno, Mie|Ueno]], na [[Provincia de Iga]].<ref name="Kokusai 1948, p. 246">Kokusai 1948, p. 246</ref>. O seu pai era un [[samurai]] de baixo rango, que lle asegurou a Bashō un porvir no mundo militar, pero non a oportunidade dunha vida notable. Os biógrafos din que traballou nas cociñas.<ref>Carter 1997, p. 62</ref> Aínda neno (9 anos), Bashō converteuse en servente de {{nihongo|Tōdō Yoshitada|藤堂 良忠}}, con quen compartía o amor polo ''[[Renku|haikai no renga]]'', unha forma de composición poética colaborativa.<ref>Ueda 1982, p.20</ref> En 1662, Bashō publicou o seu primeiro poema. Dous anos despois, os dous amigos compuxeran un poema encadeado de 100 estrofas, xuntamente con outros poetas amadores.
 
En 1666, coa morte do xove amigo, Bashō ficou impedido de continuar na súa casa. Pouco se sabe sobre esa época da súa vida. Os seus poemas, entre tanto, continuaran a ser publicados. Antes de se mudar para Edo (actual [[Toquio]]), en [[1672]], Bashō edita unha antoloxía, ''Kai Ooi'', que el mesmo organizou. En Edo, Bashō foi admirado polo seu estilo simple e natural. Tomou o nome literario de Tosei e arredor de 1680 dedicábase a ser profesor de poesía, chegou a ter 20 discípulos que publicaron ''Os Mellores poemas dos Vinte Discípulos de Tōsei''(桃青門弟独吟二十歌仙, Tōsei-montei Dokugin-Nijukasen).
 
Bashō, após a publicación de ''Minashiguri'', antoloxía de versos publicada en 1684, realiza a primeira das súas catro viaxes polo Xapón. É desa época (1685) o seu haiku mais célebre, ''No vello tanque'',
 
{| {{táboabonita}}
Liña 49:
|}
 
e tamén o seu libro mais famoso, ''Sendas de Oku'' <ref>Publicado en 1702, o libro describe una viaxe realizada por Bashō durante a primavera e o outono de 1689, de Edo á rexión de Oku. A viaxe durou 156 días, percorridos a pé.</ref>.
 
Na súa última viaxe, Bashō adoece antes de chegar ao local destinado, ([[Kiushu]]). O seu último haiku fala da súa xornada poética:
Liña 72:
|}
 
Os círculos literarios de [[Nihonbashi]] rapidamente recoñeceron o valor da poesía de Bashō polo seu estilo sinxelo e natural. En 1674 pasou a formar parte do círculo interno de profesionais do ''Haikai'' e, secretamente, recibiu ensinanzas de Kitamura Kigin (1624-1705).<ref> Carter 1997, p. 62. </ref> Naquela época escribio este ''hokku'' en homenaxe ó [[shōgun]] [[Shogunato Tokugawa|Tokugawa]]:
{{cita|''kabitan mo / tsukubawasekeri / kimi ga haru''(1678)
: Os holandeses, tamén, / axeonllados ante o seu señor / Primavera ó seu reinado.}}
 
[[Ficheiro: Luxor, Banana Island, Banana Tree, Egypt, Oct 2004.jpg | miniatura| Un bananeiro, en xaponés''Bashō'' planta que amaba e inspirou o seu último ''tengo'', o nome artístico do poeta .]]
 
Adoptou un novo ''tengo'', '''Tosei''', e no [[1680]] xa se adicaba ó oficio de poeta a tempo completo, sendo mestre de vinte discípulos. O mesmo ano publicouse ''Tosei-Montei Dokugin-Nijukasen''((桃青门弟独吟二十歌仙), unha obra cos mellores poemas de Tosei e dos seus vinte discípulos, que amosaba o talento do artista. No inverno de 1680, tomou a sorprendente decisión de pasar ó outro lado do río, en Fukagawa, lonxe da xente e escollendo unha vida máis solitaria.<ref> Carter 1997, p. 57 </ref> Os seus discípulos construíronlle unha cabana rústica e plantáronlle un bananeiro (芭蕉, bashō) no patio, dando un novo ''tengo'' ó poeta que a partir dese momento chamaríase '''Bashō''', e o seu primeiro fogar permanente. Amaba moito á planta, e molestáballe moito ver medrar plantas do xénero ''[[Miscanthus]] '', unha [[Poaceae]] típica de Fukagawa, ó redor do seu bananeiro. Escribiu:
{{cita|
''Bashō UETE / Mazuria nikumu ogi no / Futaba kana''(1680)
: Pola miña nova planta de bananeiro / O primeiro sinal dunha cousa que detesto / un gromo de eulalia!}}
A pesar do seu éxito, vivía insatisfeito e solitario. Comenzou a practicar a [[meditación]] [[zen]], pero non parece que lograra recuperar a tranquilidade de espírito.<ref> Ueda 1982, p. 25. </Refref> No inverno de [[1682]] incendiouse a súa cabana e, pouco despois, a comezos de [[1683]], a súa nai morreu. Con todos estes acontecementos, viaxou a Yamura para quedarse en casa dun amigo. O inverno de 1683 os seus discípulos regaláronlle unha segunda cabana en Edo, pero o seu estado de ánimo non mellorou. En 1684, o seu discípulo Takarai Kikaku publicou unha recompilación de poemas seus e outros poetas, ''Minashiguri''(虚栗), ''Castañas arrugadas''.<ref> Kokusai 1948, p. 247 </ref> Máis tarde, ese mesmo ano, deixou Edo para realizar o primeiro dos seus catro grandes viaxes.<ref> Ueda 1992, p. 95. </ref>
 
== Estilo ==
Bashō non se limitou ás fórmulas tradicionais do xénero, relativas á representación das estacións (kigo) se non que tiña un estilo mais realista e emotivo.<ref>Ueda, Makoto (1970). Matsuo Bashō. Tokyo: Twayne Publishers. Páxina 50</ref>
 
"古人の跡を求めず、古人の求めたるの所を求めよ"
 
"Non sigas as pegadas dos antigos,
busca o que eles buscaron"<ref>
"Words by a Brushwood Gate" (柴門の辭)</ref>
 
Liña 133:
* [http://www2.yamanashi-ken.ac.jp/~itoyo/basho/basho.htm bashoDB]
 
{{ORDENAR:Basho, Matsuo}}
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Basho, Matsuo}}
[[Categoría:Poetas]]
[[Categoría:Escritores do Xapón]]