Allo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
m Arranxos varios using AWB
Liña 15:
| species = A. sativum
| binomial = Allium sativum
| binomial_authority = [[L.]], ''Sp. Pl.'', 1: 296, 1753 [http://biodiversitylibrary.org/page/358315]
}}
O '''allo''' é unha [[hortaliza]] que posúe un bulbo moi empregado na cociña. É de sabor forte, especialmente en cru e lixeiramente picante. A [[Variedade (Bioloxía)|variedade]] máis común é a '''''Allium sativum'''''.
Liña 22:
 
== Características ==
É unha planta perenne da familia da [[cebola]]. As [[folla]]s son planas e delgadas, de até 30  cm de lonxitude. As [[raíz|raíces]] atinxen facilmente profundidades de 50  cm ou máis. O [[bulbo]], de pel branca, forma unha ''cabeza'' dividida en partes comunmente chamados ''dentes''. Cada cabeza pode conter de 6 a 12 dentes, envoltos nunha delgada película de cor branca ou rosácea. Cada un dos dentes pode dar orixe a unha nova planta de allo, xa que posúen na súa base unha xema terminal que é capaz de xermolar incluso sen necesidade de plantarse previamente. Este gromo comeza a aparecer despois dos tres meses de ser colleitado, dependendo da variedade e condicións de conservación. As flores son brancas, e nalgunhas especies o talo tamén produce pequenos bulbos ou fillos.
 
Unha característica particular do bulbo é o forte olor que bota ao ser cortado. Isto débese a dúas substancias altamente volátiles, denominadas [[aliina]] e [[disulfuro de alilo]].
Liña 57:
* temperaturas inferiores aos 17 °C.
 
A ''plantación'' realízase no [[inverno]] ou principios da [[primavera]], cando o dente xa abrollou e o novo talo atinxe un 50% da lonxitude do dente. É importante seleccionar os dentes destinados a plantarse, debendo escollerse os máis sans e representativos da variedade para conservar as súas cualidades.
 
A [[sementeira]] pode realizarse manualmente ou con maquinaria, depositando o dente no chan a unha profundidade entre os 3 e 6  cm (unha ou dúas veces o tamaño do dente). Debe poñerse coa punta cara arriba, para evitar deformacións na nova planta. Outro aspecto a ter en conta para obter unha produción considerábel é o distanciamento axeitado entre filas e entre unha planta e outra. Aínda que non é un cultivo que requira de grandes superficies, a separación é importante para o bo desenvolvemento dos bulbos.
 
O allo cultivado en climas fríos adquire un gusto máis picante.
 
O momento axeitado para a ''recolección'' está determinado polo uso posterior que se lle dará aos bulbos. Se o obxectivo é obter sementes para unha sementeira posterior, deben recollerse cando as follas comezan a murchar. En cambio, se van destinarse para consumir, hai que esperar a que as [[folla]]s sequen completamente. O ciclo completo, desde a xerminación até a recolección dos novos bulbos tarda aproximadamente oito meses.
Liña 89:
 
== Notas ==
{{listaref}}
 
== Véxase tamén ==