Galiña: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
m Arranxos varios using AWB
Liña 19:
| synonyms = '''Galiña''' : Galo
}}
'''Galiña''' e '''galo''' (''Gallus gallus domesticus'') son os nomes dados, respectivamente, á [[femia]] e [[macho]] da [[especie]] ''Gallus gallus domesticus'' de [[aves]] [[galliformes]] e [[Phasianidae|fasiánidas]]. Os xuvenís coñécense co nome de [[Polo (aves)|polo]] ou [[pito]]. Estas aves posúen [[bico]] pequeno, [[Crista (carúncula)|crista]] carnuda e [[á]]s curtas e largas. A galiña ten unha enorme importancia para os seres humanos pois é o animal doméstico máis difundido e abundante do planeta e unha das fontes de [[proteína]] máis [[prezo|baratas]]. Alén da súa [[carne]], as galiñas fornecen [[Ovo (alimento)|ovos]]. Segundo datos de 2003, hai cerca de 24000 millóns de galiñas no mundo. Nalgúns países da [[África]] moderna, o 90% dos lares crían galiñas. As galiñas son aves [[omnívoro|omnívoras]], mais teñen preferencia por [[semente]]s e pequenos [[invertebrado]]s.
 
As primeiras referencias a galiñas [[domesticación|domesticadas]] xorden en cerámicas [[Corinto|corintias]] datadas do [[século -VII|século VII a.C.]]. A introdución desta ave como animal doméstico xurdiu probabelmente en [[Asia]], de onde é nativa a especie ''Gallus gallus''. A pesar de que os [[Roma antiga|romanos]] desenvolveron a primeira [[raza]] diferenciada de galiñas, os rexistros antigos mostran a presenza de aves salvaxes asiáticas na [[China]] desde [[-1400]]. Da [[Grecia antiga]] as galiñas espalláronse por [[Europa]] e os navegantes polinesios levaron estes animais nas súas viaxes de colonización do [[Océano Pacífico]], incluíndo a [[Illa da Pascua]]. A proximidade ancestral co ser humano permitiu o cruzamento destinado á crianza de diversas razas, adaptadas ás diferentes necesidades. Son tamén unha fonte de [[doenza]]s [[virus|virais]].
Liña 47:
 
=== Alimentación ===
É un ave [[omnívora]], aínda que principalmente come grans e herbas.
 
=== Canto ===
[[Ficheiro:Rooster crowing small.ogg|miniatura|Galo cantando.]]
 
O galo produce un son chamado ''canto'' (descrito mediante a [[onomatopea]] "quiquiriquí" ou "cacaracá"<ref>{{DRAG|quiquiriquí}}</ref>), sempre que non estea [[castración|castrado]] ([[capón]]). O galo canta durante todo o día, aínda que concentra os seus cantos en certos períodos do día, como son o amencer, para o que está programado xeneticamente,<ref>[http://www.elpais.com.uy/suplemento/ds/los-genes-y-no-la-luz-hacen-cantar-a-los-gallos-al-amanecer/sds_704639_130324.html «Os xenes, e non a luz, fan cantar aos galos ao amencer».] ''[[El País]]'' </ref> o mediodía, a media tarde e a metade da noite, entre as tres e as cinco da mañá.<ref>[http://e-nimals.com/curiosidades/el-canto-y-el-cacareo-del-gallo/ Consultado o 25 de xaneiro do 2009.]</ref> Estes cantos e os esporádicos que se adoitan dar ao longo do día, fóra dos períodos descritos, serven como desafío territorial a outros galos, para atraer ás femias próximas e como sinal de aviso en xeral. Tamén pode deberse a algún disturbio ao seu ao redor. Normalmente é un son máis de tipo violento ou alerta.
 
O galo emite ademais outros sons, esta vez xa parecidos aos que emite a femia da súa especie, chamados [[cacarexo]]s, e a onomatopea usada para describilos é "clo-clo" ou "cocó". Este son emíteo sobre todo cando se propón fecundar a algunha femia, ou cando atopa comida, para chamar ao resto do galiñeiro.<ref>{{DRAG|cacarexo}}</ref>
Liña 72:
[[Ficheiro:Egg incubator.jpg|miniatura|Incubadora de ovos.]]
 
Os ovos de galiña poden incubarse de maneira artificial con resultados satisfactorios.<ref>[http://www.reduc.edu.cu/147/04/1/14704109.pdf Consultado o 24 de xaneiro do 2009.]</ref> Practicamente todos os pitos sairán do ovo en aproximadamente 21 días en condicións apropiadas de temperatura (37 [[grao Celsius|°C]]) e [[Humidade|humidade relativa]] (55%; elévase até o 70% nos tres últimos días, a fin de abrandar a casca).
 
Moitas [[incubadora]]s artificiais de tamaño industrial poden incubar miles de ovos ao mesmo tempo, incluíndo rotacións totalmente automatizadas para os ovos.
 
== Enfermidades ==
As galiñas son altamente susceptibles a moitos [[parasito]]s, coma os [[piollo]]s, os [[ácaro]]s, as [[carracha]]s, as [[pulga]]s e os [[nematodo]]s. Algunhas das enfermidades que afectan ás galiñas son as seguintes:
 
{| class="wikitable" border="1"
Liña 149:
[[Ficheiro:Gallus gallus male Kaziranga 1.jpg|miniatura|Os pitos domésticos son descendentes dos galos silvestres do sueste asiático.]]
 
Considérase ao galo bankiva (''[[Gallus gallus]]''), do [[sueste asiático]], como o devanceiro dos galos e galiñas domésticos, con algo de hibridación do galo gris (''[[Gallus sonneratii]]'').<ref name= Eriksson>{{Cita web| doi = 10.1371/journal.pgen.1000010.eor | last1 = Eriksson | first1 = Jonas | last2 = Larson | first2 = Greger | last3 = Gunnarsson | first3 = Ulrika | last4 = Bed'hom | first4 = Bertrand | last5 = Tixier-Boichard | first5 = Michele | last6 = Strömstedt | first6 = Lina | last7 = Wright | first7 = Dominic | author8 = Eriksson J, Larson G, Gunnarsson U, Bed'hom B, Tixier-Boichard M, et al | last9 = Vereijken | first9 = Addie | title = Identification of the Yellow Skin Gene Reveals a Hybrid Origin of the Domestic Chicken | publisher = PLoS Genet | pages = e10 | volume = preprint | date = 23 de enero de 2008 | journal = ''PLOS Genetics'' | url = http://genetics.plosjournals.org/perlserv/?request=get-document&doi=10.1371%2Fjournal.pgen.1000010.eor&ct=1 | displayauthors = 8 | last10 = Randi | first10 = Ettore | last11 = Jensen | first11 = Per | last12 = Andersson | first12 = Leif | issue = 2008 }}</ref> A domesticación produciuse no sueste asiático polo menos hai 7.400 anos a partir do grupo nativo, e difundiuse en ondas tanto ao leste como ao oeste.<ref name="Storey" /> Os primeiros restos arqueolóxicos indiscutidos de pitos domésticos corresponden a uns ósos de aproximadamente 5400 a.C. asociados a un sitio arqueolóxico en [[Chishan]], na provincia [[China|chinesa]] de [[Hebei]]. Na rexión do [[Ganxes]], na [[India]], os galos bankiva eran usados polos humanos xa hai 7000 anos. En cambio, non se identificaron pitos domésticos máis antigos de 4000 anos no [[val do Indo]], aínda que aínda se debate a antigüidade dos pitos atopados nas [[escavación]]s de [[Mohenjodaro]].<ref name="Storey">[http://www.plosone.org/article/info%3Adoi%2F10.1371%2Fjournal.pone.0039171 Investigating the Global Dispersal of Chickens in Prehistory Using Ancient Mitochondrial DNA Signatures], Alice A. Storey et al; ''[[PLOS ONE]]'', julio de 2012, Volumen 7, número 7, e39171; Consultado el 6 de agosto del 2012.</ref>
 
[[Ficheiro:Teanum Sidicinum Minerva Æ 2210342.jpg|miniatura|esquerda|Galo nunha moeda grega do [[século III a. C.]]]]
Liña 185:
[[Ficheiro:Cup Mercury caduceus CdM.jpg|miniatura|200px|[[Mercurio (mitoloxía)|Mercurio]] con galo e [[caduceo]]]]
 
O galo é símbolo da vixilancia e da actividade. Por esta razón atópase nos monumentos antigos entre os atributos de [[Minerva]] e [[Mercurio (deus)|Mercurio]]. Indica tamén os combates e a vitoria, porque prefire morrer que ceder. Inmolábase aos [[Lares]] e a [[Priapo]]. Ofrecíase tamén a [[Esculapio]] para a curación dos enfermos.
 
[[Hyeronimus Mercurialis|Mercurialis]] refire que, dirixíndose a este deus un soldado cego chamado [[Valerio Aper]] para recuperar a vista, o deus respondeulle que era mester tomar o sangue dun galo branco, facer un [[colirio]] con [[mel]] e fregarse con el os ollos tres días consecutivos. O soldado obedeceu, sandou e deu grazas publicamente ao deus. Quizais por isto, afirma Mercurialis, os antigos representaron a [[Esculapio]] cun galo sobre o puño. As estatuas de [[Baco]] representábano algunha vez cun galo aos seus pés porque eran sacrificados para a conservación da [[viña]].
 
Os [[galos]] tomaran o galo nas súas [[insignia]]s; pode ser a causa do equívoco [[latinos|latino]] do seu nome. Os franceses tivérono moito tempo por emblema.<ref>[http://books.google.es/books?pg=PA646&dq=diccionario+de+mitolog%C3%ADa&id=H-dY_P1fWGAC&hl=es#v=onepage&q=diccionario%20de%20mitolog%C3%ADa&f=false ''Diccionario universal de mitología'']</ref>
Liña 195:
En Galicia os nomes tradicionais da especie son cronoloxicamente: pito (ata os 4 meses), polo (de 4 meses a un ano), galiña ou galo (dende un ano en adiante); fálase tamén de galiña poñedora (de ovos) ou de carne, e ten moita tradición a cría de [[capón]] (galo para carne, cebado e castrado).
Crese que as galiñas vellas cantan como o faría un galo, polo que o feito de que unha galiña cante coma o galo, actitude propia da vellez, [[agoiro|agoira]] a morte de alguén da casa. Para espanta-lo agoiro hai que dicir: ''Pasa, mala cousa, pasa,/ San Xuan bendiga nuestra casa/ cunha palanca/ por riba da casa''. Outras informacións van máis lonxe e aconsellan que cando tal aconteza hai que mata-la galiña de contado e, deste xeito, a desgraza que agoiraba recaerá sobre ela. [[Eligio Rivas Quintas|Rivas Quintas]] engade que, á vez que se lle retorce o pescozo, hai que dicirlle: ''Morte por morte, en ti cai a sorte''.
 
=== Refraneiro ===