Arte marcial: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]
m Arranxos varios using AWB
Liña 19:
[[Ficheiro:Gladiators from the Zliten mosaic 3.JPG|miniatura|250px|Gladiadores no mosaico de [[Zilten]]. [[Século II]], Libia.]]
 
En [[Grecia]] practicábanse tres tipos de sistemas de combate que non só eran parte dos xogos de Olimpia senón tamén servían como métodos para manter o estado físico dos seus cidadáns e preparalos para a guerra. O boxeo, a loita e o [[pancracio]]. Todos estes eran métodos de combate. En diferentes expresións artísticas gregas obsérvanse todo tipo de técnicas de pelexa, inclusive o uso de técnicas "ilegais" como ataques ós ollos e trabadelas. En Esparta motivouse a práctica marcial dende unha idade temperá.
 
Na [[Roma antiga]] era frecuente a loita e a práctica con armas, sobre todo para os espectáculos como os combates de gladiadores no [[Coliseo de Roma|Coliseo Romano]], entre outros. Estes guerreiros eran [[escravo]]s que debían ser eficientes no uso dun gran número de armas, así como en combate a man. Dous tipos de gladiadores famosos son o [[tracio]] e o [[reciario|retiarius]].
Liña 29:
É durante a fin da dinastía Ming e durante a dinastía Qin cando as artes marciais chinesas comezan a verse como métodos para mellorar a saúde, combinándose coas prácticas taoístas ''(daoyin)'' así como a crenza de métodos para acadar a iluminación.<ref>M. Shahar: ''The shaolin monastery, history, religión and the martial arts'', 2008.</ref>
 
A historia da evolución das artes marciais no Xapón é escasa, e os rexistros máis antigos proveñen de fontes chinesas. Na ''Historia do reinado de Wei'' (''Weizhi'') do año [[297]] <ref>Mikiso Hane: ''Breve historia de Japón''</ref> <ref>[http://afe.easia.columbia.edu/ps/japan/wei_history_wa_pimiko.pdf «http://afe.easia.columbia.edu/ps/japan/wei_history_wa_pimiko.pdf».]</ref> menciónanse a centos de poboacións que viven en paz nas illas xaponesas. Na ''Historia de Han'' (''Hou Hanshu''), fálase dun período de gran inestabilidade e guerra.<ref>R. Ron: ''Martial arts of the world''.</ref>
 
A referencia máis antiga acerca da práctica de sumo, podería encontrarse no ano [[-20]], pero a primeira mención como arte marcial rexistrouse no ano [[720]] no ''Nihon soki'''. Durante a metade do século XVI, piratas xaponeses atacaron as costas do leste de China, e as técnicas de sabre a dúas mans e a habilidade do tiro con arco demostran o seu alto desenvolvemento técnico. Durante a dinastía Ming, os piratas xaponeses atacan as costas do este de China, os métodos de uso do sabre sementan o terror nas poboacións chinesas. Os métodos deseñados por Qi Jiguang foron introducidos no Xapón e estes aparecen publicados no ''Heiho hidensho (okugisho)'', un libro de estratexia escrito por Yamamoto Kanasuke no século XVI. Durante a conquista de China por parte dos Manchús, moitos emigrantes viaxaron a Xapón; entre eles Chen Yuanyun (1587 a 1671) ou Chen Gempin en xaponés. De acordo á estela ''Kempo Kito-ryu'' (1779) localizada nos precintos da capela Atago (en Toquio) lese “A instrución en ''[[kempo]]'' comezou co emigrante Chen Yuanyun”.<ref>S. Henning: ''Martial arts of the world''.</ref> no século XIX modifícanse os sistemas de ''[[jiu jitsu]]'', dando lugar ó ''[[judo]]'' de [[Jigorō Kanō]] (1860 a 1938), o ''[[aikidō]]'' de [[Morihei Ueshiba]] (1883 a 1969). Po outra banda, as técnicas de Okinawa son organizadas dando paso á creación do ''[[karate]]'' por [[Gichin Funakoshi]] (1868 a 1957).