Cinc: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Aplicacións: Batería (electricidade)
m Arranxos varios using AWB
Liña 79:
A principal aplicación do cinc (cerca de 50% do consumo anual) é na [[galvanización]] do [[aceiro]] ou [[ferro]] para protexelos da [[corrosión]], isto é, o cinc é utilizado como [[ánodo]] de sacrificio. Tamén pode ser usado en [[Filtro solar|protectores solares]], en forma de óxido, pois ten a capacidade de barrar a radiación solar.
 
O cinc é un [[elemento químico esencial]] para as persoas: intervén no [[metabolismo]] de [[proteína]]s e [[ácido nucleico|ácidos nucleicos]], estimula a actividade de máis de 100 [[enzima]]s, colabora no bo funcionamento do sistema inmunolóxico, é necesario para a cicatrización das feridas, intervén na percepción do sabor e do olfacto e na [[síntese de ADN|síntese]] do [[ácido desoxirribonucleico|ADN]].
 
Foi descuberto en [[1746]] polo alemán [[Marggraf]].
Liña 86:
O cinc é un [[Metal (material)|metal]], ás veces clasificado como [[metal de transición]] aínda que estritamente non o sexa, presenta semellanzas co [[magnesio]] e o [[berilio]] e outros metais do seu grupo. Este elemento é pouco abundante na cortiza terrestre, porén pode ser obtido con facilidade.
 
É un metal de coloración branca azulada que arde no [[atmosfera terrestre|ar]] con [[fogo|chama]] verde azulada. O ar seco non o ataca, porén, na presenza de humidade, forma unha capa superficial de [[óxido]] ou carbonato básico que aílla o metal e o protexe da [[corrosión]].
 
Polo xeral, o único [[estado de oxidación]] que presenta é +2. Reacciona con [[ácido]]s non [[redución|oxidantes]] pasando para o estado de oxidación +2 e liberando [[hidróxeno]], e pode disolverse en [[base (química)|bases]] e [[ácido acético]]. O metal presenta unha grande resistencia á deformación plástica a frío que diminúe co quecemento, obrigando a laminalo por riba dos 100 °C. Non se pode endurecer por acritude e presenta o fenómeno de [[fluencia]] a temperatura ambiente.
Liña 102:
O cinc é un [[elemento químico esencial]] para as persoas: intervén no [[metabolismo]] de [[proteína]]s e [[ácido nucleico|ácidos nucleicos]], estimula a actividade de máis de 100 [[enzima]]s, colabora no bo funcionamento do sistema inmunolóxico, é necesario para a cicatrización das feridas, nas percepcións do sabor e olfacto e na síntese do [[ácido desoxirribonucleico|ADN]]. O metal é encontrado na [[insulina]], nas proteínas [[dedo de cinc]] (''zinc finger'') e en diversas enzimas como a [[superóxido dismutasa]].
 
O cinc é encontrado en diversos [[alimento]]s como nas [[ostras]], [[carne]]s vermellas, [[aves]], algúns [[peixes]], [[marisco]]s, fabas e noces. A inxesta diaria recomendada de cinc é en torno de 10  mg, menor para bebés, rapaces e adolescentes (debido ao menor peso corporal), e algo maior para as mulleres grávidas e durante a lactación.
 
A deficiencia de cinc pode producir retardamento no crecemento, perda de [[cabelo]], [[diarrea]]s, [[impotencia sexual]], lesións oculares e da pel, perda de apetito, perda de peso, aumento do tempo de cicatrización de feridas e anomalías no sentido do [[olfacto]]. As causas que poden provocar unha deficiencia de cinc son a insuficiente cantidade na dieta alimentaria e a dificultade na absorción do mineral que pode ocorrer en casos de [[alcoholismo]], cando é eliminado pola [[urina]] ou, aínda, debido á excesiva eliminación por causa de desordes dixestivas.
Liña 124:
 
== Abundancia e obtención ==
O cinc é o 23º elemento máis abundante na cortiza terrestre. As menas máis ricas conteñen cerca de 10% de [[ferro]] e entre 40% e 50% de cinc. Os [[mineral|minerais]] dos cales se extrae o cinc son: [[]] (óxido).
 
As reservas mundiais: a súa exploración é economicamente viábel pasa dos 220 millóns de [[tonelada]]s, a maior parte nos [[Estados Unidos da América|Estados Unidos]] , [[Australia]], [[China]] e [[Casaquistán]]. As reservas mundiais (incluíndo aquelas cuxa extracción actualmente non é viábel) son estimadas en 2000 millóns de toneladas.
Liña 160:
O cinc metálico non é considerado tóxico, porén algúns dos seus compostos, como o óxido e o sulfato, son [[veleno|nocivos]].
 
Na década dos 40 se observou que na superficie do [[aceiro]] [[galvanización|galvanizado]] se formaba co tempo ''fíos de cinc'' que liberados ao ambiente provocaban curtos-circuítos e fallas en compoñentes electrónicos. Estes fíos se forman logo dun período de incubación que pode durar días ou anos, e crecen nun ritmo da orde de 1  mm por ano.
 
== Notas ==