Al-Ghazali: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambios estética
m Arranxos varios using AWB
Liña 25:
Deixou Nizamiyyah e principiou unha viaxe espiritual durante unha década, visitou [[Damasco]], [[Xerusalén]], [[Hebrón]], [[Medina]], [[A Meca]] e volveu a Bagdad onde parou brevemente antes de volver a Tus para pasar os seguintes anos en reclusión, no ano [[1106]] suspendeu a súa reclusión para un breve período de ensino na madrasa de Nishapur.
 
Foi clave no aumento da influencia da escola [[asharita]] na filosofía islámica e o máis importante opoñente aos [[Mutazilita]]s. O seu libro ''Tuhafut al-Falasifa'' (''A incoherencia dos Filósofos'') é o maior expoñente da [[epistemoloxía]] islámica, e Ghazali retomou o esceptiscismo filosófico que non volvera a ser común ata o [[século XVIII]] con [[George Berkeley]] e [[David Hume]], este encontro co esceptismo conduciu a Ghazali a teorizar sobre unha forma de ocasionalismo teolóxico ou a crenza que a causa dos sucesos e accións non son o produto de conxuncións materiais senón da inmediata acción de [[Alah]], pensamento que será retomado polos fundamentalistas islámicos. No libro tamén rexeita a filosofía de [[Platón]] e [[Aristóteles]] por contaminar a fe islámica.
 
== Obra ==
Liña 53:
Ademais, algúns sabios europeos coñecían o árabe e puideron coñecer directamente os puntos de vista de Algazel; a influencia é moi claramente perceptible en numerosos filósofos e sabios da Idade Media e do comezo da era moderna, particularmente [[Tomé de Aquino]], [[Dante Alighieri|Dante]] e [[David Hume]]. Tomé de Aquino (1225-1274), no seu ''[[Summa Theologiae]]'' débelle moito a Algazel (sobre todo - a ''Ihyā' 'ulūm al-dūn'' (''Revivificación das ciencias da fe''), a ''Kimiya-yi Sa'adat'' (''A alquimia da felicidade''), a ''Ar-Risala al-Laduniyya'' (''A sabedoría das criaturas de Deus'') e na ''Mensaxe divina''.
 
Os escritos de Dante (1265-1321) revelan claramente o poder islámico de Algazel e de ''Risalat al-Ghufran'' (''Epístola do perdón'') de [[Abu-l-Ala al-Maari|al-Maari]]. E Algazel exerceu igualmente unha influencia sobre [[Blaise Pascal]] (1623-1662), sobre todo dando a primacía na intuición sobre a razón e os sentidos, e esta influencia faise sentir en David Hume (1711-1772), na súa refutación da causalidade.
 
Parece que Algazel exerceu unha influencia máis profunda sobre a [[Filosofía xudía]] que sobre a teoloxía e o pensamento cristiáns. [[Yehudà ha-Leví]] inspírase para compor o seu ''Kuzari''. [[Isaac Albalag]], continuador xudeu de Ibn Ruixd ([[Averroes]]), escribe un comentario sobre o ''Tahafut'' que se asemella moito ó ''Tahafut al-Tahafut'' do seu mestre. En efecto eran numerosos os sabios xudeus da Idade Media que coñecían perfectamente a lingua árabe, e algunhas obras de Algazel foron traducidas ó [[hebreo]]. O seu libro ''Mizan al-'Amal'' (''Criterio da acción''), en particular, atopou un público nos xudeus da Idade Media: foi varias veces traducido ó hebreo, e mesmo adaptado, os versículos do [[Corán]] son substituídos polas palabras da [[Pentateuco|Torá]]. Un dos grandes pensadores xudeus que recibiu a influencia de Algazel foi [[Maimónides]] (en árabe: Musa Ibn Maimun; en hebreo: Moixé ben Maymon (1135-1204)). Esta influencia é manifesta na súa ''Dalalat al Ha'irin'' (Guía dos perdidos), redactado en árabe, unha das obras máis importantes da teoloxía xudía medieval.<ref>En canto á influencia do pensamento árabe e islámico sobre a civilización cristiá e xudía europea en xeral (incluíndo a influencia de Algazel), véxase E. Myers, ''Arabic tought and the Western world in the golden age of islam (en inglés)''.</ref>
Liña 70:
* Algazel, ''Confesiones: el salvador del error''. Introducción y notas de Emilio Tornero. Madrid: Alianza Editorial, 1989.
* Al-Ghazālī, ''Carta al discípulo''. Versión, posfacio y notas de J. J. Acevedo V. Palma de Mallorca: José J. de Olañeta, 2006.
* Ramón Guerrero, Rafael, ''Al-Gazâlî: A Defesa do Islâ Sunita'', en R. H. de Souza Pereira (organizaçâo): ''O Islâ clásico. Itinerarios de uma cultura'', Sâo Paulo: Editora Perspectiva, 2007, pp. 177-210&nbsp;177–210.
 
=== Ligazóns externas ===