Suecia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-{{Listaref|2}} +{{Listaref|30em}})
m Arranxos varios using AWB
Liña 70:
A prehistoria en Suecia comeza no período chamado [[Oscilación de Allerød]], ao redor do ano 12000 a.C., durante o [[paleolítico superior]], coa chegada de grupos nómades de cazadores-recolledores na zona sur do país, caracterizados polo uso de puntas de frecha feitas de pedra. A agricultura e a gandaría, xunto coa construción de monumentos megalíticos, chegaron do continente coa "Cultura dos vasos de embude" ao redor do ano 4000 a.C. O sur de Suecia foi parte da área onde se desenvolveu a [[Idade de Bronce|Idade de Bronce nórdica]]. Este período comezou preto do ano [[-1700|1700 a.C.]] co inicio da importación do [[bronce]] do centro de Europa. A minería non foi practicada durante este período, e como [[Escandinavia]] non posúe grandes depósitos, tódolos metais eran importados. A Idade de Bronce Nórdica foi completamente pre-urbana, xa que a xente vivía en pequenas aldeas e granxas, en casas comunais feitas de madeira.
 
En ausencia da dominación do [[Imperio romano]], a [[Idade do Ferro|Idade do Ferro sueca]] é considerada a partir da introdución da arquitectura de pedra e de ordes monásticas ao redor do ano [[-1100|1100 a.C.]] Como os rexistros escritos desta época son de baixa credibilidade, este período é considerado [[Protohistoria|protohistórico]], é dicir, que aqueles rexistros apareceron despois do período en cuestión, foron escritos en distintas áreas, ou que os rexistros locais e contemporáneos son extremadamente curtos. Durante esta época o clima empeorou, forzando aos granxeiros a resgardar aos seus animais dentro durante os longos invernos. Isto levou a unha acumulación anual de esterco, que puido ser usado por primeira vez de xeito sistemático para o enriquecemento do chan.
 
Un intento [[Imperio Romano|dos romanos]] por tentar levar o seu imperio máis aló dos ríos [[Rin]] e [[río Elba|Elba]] foi abortado no ano [[9|9 d.C.]], cando os xermanos derrotaron ás lexións romanas baixo o mando de Publio Quintilio Varo cando os emboscaron na [[Batalla da fraga de Teutoburgo]]. Ao redor desta época houbo un gran cambio en materia de cultura en Escandinavia, resultado dun maior contacto cos romanos. A comezos do [[século II]], gran parte do chan cultivado ao sur de Suecia foi dividido en lotes con bardas pequenas feitas de pedra. Dun lado do muro estarían os sembradíos permanentes e prados para a forraxe de inverno, mentres do outro estaría o bosque e a terra que era usada para pastar o gando. Esta división da terra foi usada até o [[século XIX]]. O período romano tamén viu a primeira gran expansión da agricultura cara á costa norte do [[mar Báltico]].
Liña 82:
 
Non se sabe cando nin como se creou o reino de Suecia, pero a lista de monarcas suecos só nomea a aqueles que reinaron [[Svealand]] (Suecia) e [[Götaland]] (Gothia) ao mesmo tempo, sendo o primeiro [[Erik VI de Suecia|Erik o Vitorioso]]. Previamente, Suecia e Gothia permaneceran como nacións separadas. Con todo, non se sabe dende cando existían aqueles reinos, mais "[[Beowulf (poema)|Beowful]]" descríbeos nas semi-lendarias guerras entre suecos e [[gautas]] do [[século VI]].
 
 
Durante os primeiros anos da era viquinga en Escandinavia, Ystad en [[Escania]] e Paviken en [[Gotland]], foron grandes centros do comercio daquela época. Existen ruínas do que se pensa era un gran mercado en Ystad, que data de entre os anos [[600]] e [[700]]. En Paviken, un importante centro de comercio da rexión Báltica durante os [[século IX|séculos IX]] e [[século X|X]], atopáronse restos dun gran peirao da era viquinga con talleres de construción de barcos e industrias artesanais. Entre os anos [[800]] e [[1000]], o comercio levou unha abundancia de prata a Gotland e de acordo a varios especialistas, os guter daquela época tiñan máis prata que todo o resto da poboación de [[Escandinavia]] xunta. San Óscar introduciu o [[cristianismo]] no ano [[829]], mais a nova relixión non comezou a substituír as crenzas tradicionais senón até o [[século XII]]. Durante o [[século XI]], o cristianismo converteuse na relixión predominante, e cara o ano [[1050]] Suecia era contada como unha nación cristiá. O período entre [[1100]] e [[1400]] estivo caracterizado por loitas internas polo poder e a competencia entre os reinos nórdicos. Os reis suecos tamén comezaron a expandir o seu territorio cara [[Finlandia]], creando conflitos cos [[Rus (pobo)|rus]], que xa non tiñan ningunha conexión con Suecia para ese momento.
Liña 93 ⟶ 92:
Durante o [[século XVII]] Suecia emerxeu como unha potencia europea. Antes de xurdir o [[Imperio Sueco]], Suecia era un país moi pobre, escasamente poboado, pouco coñecido no norte de Europa e sen ningún poder importante nin reputación. Con todo, foi repentinamente convertido nunha das nacións líderes en Europa por [[Axel Oxenstierna]] e o rei [[Gustavo II Adolfo de Suecia]], grazas á conquista de territorios de [[Rusia]] e [[República das Dúas Nacións|Polonia-Lituania]], mais tamén grazas á súa participación na [[Guerra dos 30 anos]], a cal converteu a Suecia no líder continental do [[protestantismo]] até o colapso do imperio en [[1721]].
 
A guerra de Gustavo II Adolfo en contra do [[Sacro Imperio Romano Xermánico]] tivo un alto custo para este último, morrendo un terzo da súa poboación, e conquistando Suecia preto da metade dos estados que o compuñan. O plan de Gustavo II Adolfo era converterse no novo emperador do Sacro Imperio, sobre a base da unidade entre [[Escandinavia]] e os estados xermánicos. Porén, despois da súa morte en [[1632]] na Batalla de Lützen, os reveses comezaron a sucederse. Despois da Batalla de Nördlingen a esperanza de controlar os estados xermánicos volveuse improbable, e as provincias conquistadas separáronse do dominio sueco unha a unha, deixando a Suecia con só un par de territorios ao norte de [[Alemaña]]: [[Pomerania|Pomerania Sueca]], [[Bremen|Bremen-Verden]] e [[Wismar]].
 
Suecia alcanzou a súa máxima expansión territorial baixo o reinado de [[Carlos X de Suecia]] (1622-1660) despois do Tratado de Roskilde en [[1658]].<ref name="HayesPSH">[http://infomotions.com/etexts/gutenberg/dirs/etext04/7hsr110.htm A Political and Social History of Modern Europe]</ref><ref>Con todo, a máxima extensión rexistrouse entre 1319 e 1343 con Magnus Eriksson, abarcando os territorios tradicionais de Suecia e Noruega.</ref> O rei [[Gustavo I de Suecia|Gustavo I]], a mediados do [[século XIV]] converteu ao país ao [[protestantismo]] e fixo unha exitosa reforma na economía.<ref name="GusEB">[http://concise.britannica.com/ebc/article-9366349/Gustav-I-Vasa EBConcise-Gustav-I-Vasa Enciclopedia Britannica Online]</ref> O [[século XVII]] viu a Suecia envolvida en varias guerras, como a que sostivo en contra de [[Polonia]]-[[Lituania]], con ambos os bandos competindo polos territorios dos [[Países Bálticos]], sendo a Batalla de Kircholm unha das peores derrotas suecas.<ref>[http://www.kismeta.com/digrasse/images/kircholm_27_sept.htm Batalla de Kircholm 1605]</ref> Este período tamén foi testemuña de "A Inundación", a invasión sueca da Unión de [[Polonia]]-[[Lituania]]. Despois de máis de medio século dunha guerra case constante, a economía sueca deteriorouse seriamente. Reconstruír a economía e recuperar o poder militar converteríase nun labor que se estendería durante toda a vida do sucesor de Carlos X, [[Carlos XI de Suecia]]. O legado para o seu fillo, o seguinte rei de Suecia [[Carlos XII de Suecia|Carlos XII]], foi un dos mellores arsenais no mundo, un exército numeroso e unha gran frota.
Liña 105 ⟶ 104:
=== A modernización ===
[[Ficheiro:Augustpalm.jpg|miniatura|August Palm, figura clave na introdución do [[socialismo]] en Suecia.]]
Os [[século XVIII|séculos XVIII]] e [[século XIX|XIX]] viron un importante crecemento demográfico, que o escritor Esaias Tegnér en 1833 atribuíu a ''"a paz, a [[vacina]] (contra a [[varíola]]), e as [[Pataca|patacaspataca]]s"''.<ref>{{cita libro | apelidos = Magocsi| nome = Pasul Robert| editorial = University of Minnesota Press| editor = Paul Robert Magocsi| título = Enciclopedia dos Pobos de Canadá| data = 1998| isbn = 0-8020-2938-8| páxina = 1220}}</ref> Entre [[1750]] e [[1850]] a poboación sueca duplicouse. De acordo a algúns especialistas, a emigración en masa cara a [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] converteuse na única forma de evitar a fame e a rebelión; máis do 1% da poboación emigraba anualmente durante a década de [[1880]], así pois entre [[1850]] e [[1910]] máis dun millón de suecos migraron cara aos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] e a comezos do [[século XX]], vivían máis suecos en [[Chicago]] que en [[Gotemburgo]], a segunda cidade máis grande de Suecia.<ref>[http://www.americanwest.com/swedemigr/pages/emigra.htm Emigración europea, American West]</ref> A maioría dos inmigrantes suecos radicáronse no [[Medio Oeste]] estadounidense, alcanzando unha gran incidencia na poboación de [[Minnesota]]. Como destinos secundarios, outras correntes suecas dirixíronse a [[Delaware]], a [[Canadá]], a [[Chile]] e en menor medida á [[Arxentina]].
 
Aínda que o proceso de industrialización de Suecia desenvolveuse lentamente, a agricultura experimentou cambios importantes debido ás innovacións tecnolóxicas e ao crecemento da poboación. Estas innovacións incluían programas do goberno de cercamento, sobre-explotación das terras agrícolas e a introdución de novas especias. Tamén debido ao feito de que os campesiños suecos foran explotados como en ningún outro lugar en Europa,<ref>[http://www.britannica.com/ebchecked/topic/576478/Sweden Suecia: condicións económicas e sociais, Enciclopedia Britannica]</ref> a cultura granxeira sueca adquiriu un papel destacado na política, característica que se mantivo no tempo, co Partido Agrario, actualmente chamado Partido do Centro. Entre [[1870]] e [[1914]], Suecia comezou a industrializarse nun proceso que se mantería en diante.
Liña 126 ⟶ 125:
Entre [[1970]] e [[1990]] case tódolos impostos foron elevados máis do 10%, e o crecemento foi moi lento comparado coa maioría dos países de [[Europa Occidental]]. O imposto de límite de ingresos para os traballadores alcanzou a máis do 80% e o gasto público superou a metade do [[PIB]] nacional, á vez que a súa política económica era cuestionada polos economistas clásicos.<ref name="svensteinmo" />
 
A principios da década de [[1990]] Suecia caeu nunha crise fiscal. A resposta do goberno foi reducir os gastos e instituir unha serie de reformas para impulsar a competitividade de Suecia, entre as que se atopaban reducir o estado de benestar sueco e privatizar bens e servizos públicos. As reformas permitíronlle entrar á [[Unión Europea]], á cal Suecia pertence dende o [[1 de xaneiro]] de [[1995]], aínda que sen adoptar o [[euro]], mantendo a [[coroa sueca]] como a súa moeda nacional.
 
Actualmente Suecia é un dos países con máis alto [[Índice de Desenvolvemento Humano]], atopándose entre o vinte economías máis grandes do mundo. Suecia tamén adoita participar en operacións militares internacionais, incluíndo [[Afganistán]], onde as tropas suecas están baixo o mando da [[OTAN]]; e na Unión Europea apoiando operacións das "forzas de paz" en países como [[Kosovo]], [[Bosnia e Hercegovina]] e [[Chipre]]. Ademais, varias empresas suecas exportan armamento que é utilizado polo exército estadounidense en [[Iraq]].<ref>[http://www.thelocal.se/article.php?IDE=3013&dáche=20060207 Novas Armas Suecas en Iraq]</ref>
Liña 133 ⟶ 132:
[[Ficheiro:Lapporten 2.jpg|miniatura|Lapporten, a "Porta de [[Laponia (rexión)|Lapland]]".]]
[[Ficheiro:Kiruna kyrka2.jpg|miniatura|Igrexa de Kiruna, a cidade sueca máis setentrional.]]
Situada no [[Europa do Norte|norte]] de [[Europa]], Suecia limita ao leste co [[Mar Báltico]] e o [[Golfo de Botnia]], dándolle ao país unha longa liña costeira, que forma a parte este de a [[península Escandinava]]. O país mide 1.600 &nbsp;km ao longo e 500 ao ancho. Na zona oeste atópanse os [[Alpes|Alpes escandinavos]] (en [[lingua sueca|sueco]]: ''Skaderna''), os cales forman unha fronteira natural con [[Noruega]], cubertos de neves eternas, nos que ademais teñen a súa orixe infinidade de fluxos de auga que cruzan o país de oeste a leste.
 
A altitude mínima de Suecia atópase na baía do Lago Hammarsjön, preto de Kristianstad con 2,41 metros baixo o nivel do mar. A altitude máxima do país está no monte [[Kebnekaise]] con 2.111 m de [[altitude]]. No centro do país concéntranse os lagos, sendo o Vättern e o Vänern os máis extensos de Suecia, sendo este útlimo o lago máis grande do norte de Europa e o terceiro máis grande do continente europeo, despois dos lagos Ladoga e [[Lago Onega|Onega]] en [[Rusia]].
 
Con 449.964 &nbsp;km², Suecia é o [[Lista de países por superficie|57° país máis grande do mundo]], sendo o quinto máis grande de Europa e o máis grande de [[Europa do Norte]]. Ao nordés limita con [[Finlandia]], ao suroeste cos estreitos de [[Skagerrak]], [[Kattegat]] e [[Öresund]]. Ademais, posúe límites mariños con [[Dinamarca]], [[Alemaña]], [[Polonia]], [[Rusia]], [[Lituania]], [[Letonia]] e [[Estonia]], estando conectada con Dinamarca pola [[ponte de Oresund]]. [[Gotland]] e [[Öland]] son as dúas maiores illas de Suecia, inda que hai ademais unha grande cantidade de illas máis pequenas como as que forman a capital, [[Estocolmo]].
 
Suecia conta con vinte e cinco [[provincia]]s históricas chamadas ''landskap'', baseadas en cultura, xeografía e historia: [[Bohuslän]], [[Blekinge]], [[Dalarna]], [[Condado de Dalsland|Dalsland]], [[Gotland]], [[Gästrikland]], [[Halland]], [[Hälsingland]], [[Härjedalen]], [[Jämtland]], [[Laponia (rexión)|Lappland]], [[Medelpad]], [[Norrbotten]], [[Närke]], [[Escania|Skåne]], [[Småland]], [[Södermanland]], [[Uppland]], [[Värmland]], [[Västmanland]], [[Västerbotten]], [[Västergötland]], [[Ångermanland]], [[Öland]] e [[Östergötland]]. Estas provincias teñen importancia na identidade da xente que as habita. As provincias habitualmente son agrupadas en tres grandes rexións: o norte [[Norrland]], o centro [[Svealand]] e o sur [[Götaland]]. A escasamente poboada Norrland ocupa case o 60% do país. Preto do 15% do territorio de Suecia esta dentro do [[Círculo Polar Ártico]]. O sur de Suecia é predominantemente agrícola, mentres no norte a actividade forestal é ampla. As rexións máis densamente poboadas son [[Öresund]] no sur, e o val do lago Mälaren preto de Estocolmo.
Liña 147 ⟶ 146:
A temperatura varía de norte ao sur. A parte central e sur do país ten veráns cálidos e invernos fríos, con temperaturas máximas entre 20 a 25&nbsp;°C e mínimas entre 12 e 15&nbsp;°C durante o verán; e unha temperatura media de -4 a 2&nbsp;°C no inverno. Pola súa banda, a parte norte do país ten veráns máis curtos e frescos, e invernos máis longos e fríos con temperaturas usualmente baixo o punto de conxelación desde setembro até maio. Ondas de calor ocorren ocasionalmente, e temperaturas por encima dos 25&nbsp;°C preséntanse durante varios días no verán, ás veces até na parte norte do país. A temperatura máis alta rexistrada en Suecia foi de 38&nbsp;°C en Målilla, en [[1947]], mentres a temperatura máis baixa foi de -52,6&nbsp;°C en Vuoggatjålme en [[1966]].<ref>[http://www.smhi.se/cmp/jsp/polopoly.jsp?d=7522&a=20978&l=sv Instituto de Meteoroloxía de Suecia]</ref>
 
De media, a maior parte de Suecia recibe entre 500 e 800 &nbsp;mm de precipitación cada ano, facendo ao país considerablemente máis seco que a media mundial. O suroeste é a rexión do país con máis precipitacións, entre 1000 e 1200 &nbsp;mm, e nalgunhas zonas montañosas do norte estímase que se reciben máis de 2000 &nbsp;mm de precipitacións. As nevadas ocorren de decembro a marzo no sur, de novembro a abril no centro e de outubro a maio no norte de Suecia. A pesar da súa situación xeográfica, a parte central e sur do país tenden a estar virtualmente libres de neve.
<center>
{| class="wikitable" "text-align:center;font-size:90%;"|
Liña 410 ⟶ 409:
{{Artigo principal|Demografía de Suecia}}
[[Ficheiro:Kalmar Castle.jpg|miniatura|dereita|Castelo Kalmar]]
[[Suecia]] ten unha das maiores esperanzas de vida do mundo. O [[4 de agosto]] do ano [[2004]], a poboación de Suecia pasou a barreira dos nove millóns segundo o SCB. En setembro do [[2013]], a poboación era de 9.625.444<ref> [http://www.scb.se/sv_/Hitta-statistik/Statistik-efter-amne/Befolkning/Befolkningens-sammansattning/Befolkningsstatistik/25788/25795/Kvartals--och-halvarsstatistik---Kommun-lan-och-riket/Kvartal-3-2013/ Datos de poboación da oficina de estatísticas de Suecia ]</ref>. O 86.7% da poboación era de etnia Sueca.
 
As maiores comunidades de non-suecos están formadas polos [[Finlandia|fineses]] os cales fan o 2% da poboación. Outros importantes proveñen doutros [[Escandinavia|países Escandinavos]], da antiga [[Iugoslavia]], e do Oriente Medio. Outro importante grupo son os [[Pobo saami|indíxenas saami]] que viven no norte de [[Suecia]] nunha comunidade de 17.000 persoas.
 
Suecia transformouse dunha nación de emigrantes ó acabar a [[Primeira Guerra Mundial]] a unha nación de inmigrantes o acaba-la [[Segunda Guerra Mundial]]. Hoxe en día o 12% dos habitantes naceu no estranxeiro, e un quinto da poboación son fillos ou netos de inmigrantes. Os maiores grupos veñen de [[Finlandia]], da [[República Federal Socialista de Iugoslavia|antiga Iugoslavia]], do [[Oriente Medio]] e doutros [[países nórdicos]] nesa orde.
Liña 439 ⟶ 438:
Suecia ten unha economía de mercado fortemente regulada polo Estado, que foi coñecida como ''modelo sueco'' e presentada como exemplo do proposta socio-económica da [[socialdemocracia]] europea.<ref>[http://www.socialdemocracia.org/content/view/197/2/ A debilidade dalgunhas críticas ao modelo socialdemócrata de Suecia]</ref> Orientada principalmente á exportación, conta cun moderno sistema de distribución, suficientes [[Transporte|comunicacións]] externas e internas e unha forza de traballo especializada. A [[madeira]], a [[enerxía hidráulica]] e o [[ferro]] constitúen a base da súa economía altamente enfocada cara ao [[comercio|comercio internacional]]. A [[enxeñaría]] achega o 50% da produción e exportacións. As telecomunicacións e as industrias automotriz e farmacéutica son tamén de gran importancia. A [[agricultura]] conta co 2% do [[PIB]] e emprego.
 
A finais do [[2007]] as vinte compañías máis grandes rexistradas en Suecia eran [[Volvo]], Ericsson, Vattenfall, Skanska, Sony Ericsson Mobile Communications AB, Svenska Cellulosa Aktiebolaget, Electrolux, [[Volvo|Volvo Personvagnar]], TeliaSonera, Sandvik, Scania, IKEA, Hennes & Mauritz, Nordea, Preem, Atlas Copco, Securitas, Nordstjernan e SKF.<ref>[http://www.largestcompanies.com/default$/lev2-TopList/lev2Desc-The_largest_companies_in_the_Nordic_countries_by%A0turnover%A0%28excl._national_subsidiaries%29/AdPageId-102/list-2/cc-SE/ Compañías máis grandes en Suecia]</ref>
 
Case toda a produción industrial sueca é realizada por empresas privadas, feito que contrasta con outros países industrializados, como [[Austria]] e [[Italia]], onde as [[empresa pública|empresas do Estado]] teñen maior presenza. O goberno de centro-dereita do [[primeiro ministro]] [[Fredrik Reinfeldt]] instalado en [[2006]], anunciou que privatizaría a maioría das empresas estatais e até [[2008]] vendera Vin & Sprit (V&S), produtora do [[vodka]] Absolut, a aseguradora Vasakronan e as accións en OMX, empresa que controla a Bolsa de Valores.<ref>[http://alainet.org/active/27625&lang=es O Estado sueco sen empresas públicas e en déficit]</ref>
Liña 457 ⟶ 456:
=== Inventos ===
[[Ficheiro:AlfredNobel adjusted.jpg|miniatura|[[Alfred Nobel]]]]
Foi no [[século XVIII]] cando tivo lugar a [[Revolución científica]]. Previamente, os adiantos tecnolóxicos chegaran da man de profesionais que inmigraran doutros países europeos. En [[1739]] fundouse a [[Real Academia das Ciencias de Suecia]], con personaxes como [[Carolus Linnaeus]] e [[Anders Celsius]] entre os seus primeiros membros. Dende [[1870]], moitas compañías de enxeñaría foron creadas a un ritmo nunca antes visto e os enxeñeiros convertéronse nos heroes da época. Moitas das compañías fundadas por estes pioneiros son aínda recoñecidas a nivel internacional.
 
[[Alfred Nobel]] inventou a dinamita e instituíu o [[Premio Nobel]]. [[Gustaf Dalén]] fundou a compañía de gas AGA e gañou o [[Premio Nobel de Física]] polas súas válvulas solares. [[Lars Magnus Ericsson]] comezou a empresa que leva o seu nome, [[Ericsson]], que hoxe en día é unha das compañías de telecomunicacións máis grandes no mundo. [[Jonas Wenström]] foi un pioneiro na [[corrente alterna]] e xunto co inventor [[Croacia|croata]] [[Nikola Tesla]], inventou o sistema electrónico de tres fases.
Liña 477 ⟶ 476:
Suecia conta cunha rica tradición musical que abrangue dende as baladas folclóricas medievais até o [[hip hop]]. A música nórdica pre-cristiá perdeuse co paso do tempo, aínda que existen recreacións históricas baseadas en instrumentos atopados en sitios arqueolóxicos viquingos. Entre os instrumentos utilizados atópanse o ''lur'' (unha especie de trompeta), instrumentos de corda sinxelos, [[frauta]]s de madeira e [[tambor]]es. É posible que algúns trazos da música [[Viquingos|viquinga]] permanezan até o día de hoxe nas cancións tradicionais suecas.
 
A música tradicional é un escenario musical importante, tanto no estilo tradicional e no estilo moderno, que a miúdo incorpora elementos doutros xéneros como o [[Música rock|rock]] e o [[jazz]]. Entre os principais grupos de música sueca tradicional destacan Väsen (único grupo que usa un instrumento sueco chamado ''nyckelharpa''), Garmarna, Nordman e Hedningarna. Tamén está a música de [[Laponia (rexión)|Laponia]], chamada ''yoik'', a cal é unha especie de canto que é parte da espiritualidade tradicional do [[pobo saami]], que gañou recoñecemento mundial dentro do campo da música folclórica.
 
Suecia é un gran mercado para a música de new age e de conciencia [[ecoloxía|ambiental]], así como para a música pop e rock que conteñen mensaxes de [[liberalismo]] e de [[esquerda (política)|esquerda]]. Ademais, o país tamén ten unha prominente tradición en música coral, derivada en parte da importancia cultural da música folclórica. De feito, dos 9,2 millóns de habitantes, estímase que entre 500 e 600 mil acodes cantan en coros.
Liña 483 ⟶ 482:
Suecia é o terceiro exportador de música máis grande no mundo, con máis de 800 millóns de dólares de ingresos en [[2007]], excedido só polos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] e o [[Reino Unido]].<ref>[http://www.swedenabroad.com/page____59218.aspx O fenómeno da exportación de música en Suecia]</ref> [[ABBA]] foi un dos primeiros grupos musicais de Suecia que se fixo famoso ao redor do mundo, que aínda se atopan entre os artistas máis exitosos, con preto de 370 millóns de discos vendidos.<ref>[http://entertainment.timesonline.co.uk/tol/arts_and_entertainment/music/article1082735.ece It's Abba on the phone making a lot more money, money, money]</ref> Con ABBA, a música de Suecia entra a unha nova era, na cal o [[pop]] sueco gañou importancia internacional. Outras bandas que se fixeron mundialmente famosas son [[Roxette]], [[Irene (grupo musical)|Irene]], [[Loveninjas]], [[Mando Diao]], [[The Hives]] ou [[The Cardigans]]. Por outra banda, Suecia gañou en catro ocasións o [[Festival da Canción de Eurovisión]] con ABBA, os Herreys, Carola Häggkvist e Charlotte Perrelli.
 
Outro tipo de música que cobrou importancia é [[heavy metal]] (incluíndo os subgéneros death metal, o [[metal progresivo]] e o [[power metal]]). Algunhas bandas suecas que sobresaen dentro deste xénero son [[Bathory]], [[Amon Amarth]], [[K2 (grupo musical)|K2]], [[Opeth]] ou a vocalista de [[Nightwish]], [[Anette Olzon]], entre outros.
 
Finalmente, o [[jazz]] é outro dos xéneros importantes dentro da música sueca. Durante o últimos sesenta anos mantivo un estándar artístico elevado, en gran parte debido ás bandas locais que reciben influencia doutros países como [[Bélxica]], [[Francia]], [[Reino Unido]] e [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]]. Lars Gullin é o máximo representante do jazz sueco.<ref>[http://www.visarkiv.se/en/jazz/index.htm O jazz en Suecia, un repaso]</ref>