Abadín, Abadín: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
corrixo
m Arranxos varios using AWB
Liña 18:
|editor= IGE
|lingua= [[Lingua galega|galego]]
}}</ref>, nas súas sete entidades de poboación vivían 269 veciños no 2014 (138 homes e 131 mulleres).
 
==Xeografía física e humana==
Liña 29:
==Patrimonio==
[[Ficheiro:Parroquias de Abadin.png|miniatura|dereita|As dezanove parroquias que conforman o concello de Abadín.]]
Na aldea da [[A Torre, Abadín, Abadín|Torre]] atópase a [[Igrexa de Santa María de Abadín|igrexa parroquial de Santa María de Abadín]], situada nun alto que domina unha extensa zona de labradío, coa paisaxe montañosa ao fondo. É de estilo [[románico]] da primeira metade do [[século XII]], coa capela maior do [[século XVI]] de estilo [[gótico isabelino]], e cunha [[sancristía]] acaroada detrás de época posterior. A nave ten unha planta rectangular, cos muros de cadeirado de [[granito]] e cuberta de [[lousa]] a dúas e catro augas. A fachada ten un [[arco de medio punto]] con grandes [[doela]]s, un pequeno [[rosetón]] céntrico con [[trazaría]]s, e espadana dun só corpo e dous vans. Aparece coroada por dous escudos nos laterais da fachada, nos que se distinguen as estrelas e a media lúa da [[Casa de Luaces|casa dos Luaces]], que estivo vinculada a esta parroquia dende o ano [[1574]]. No interior destaca a capela maior con arco triunfal de medio punto sobre columnas cuxos [[capitel|capiteis]] teñen os escudos dos Luaces, igual que a clave da [[bóveda]] nervada; dúas laudas sepulcrais no pavimento pétreo; [[retablo]] maior de estilo renacentista popular e retablos laterais de traza popular e máis moderna.
 
Ao seu carón sitúase, ademais, un fermoso [[cruceiro]] realizado en granito no adro: consiste nunha cruz florenzada coas figuras de [[Cristo]] no anverso e a [[Piedade]] no reverso; capitel con anxos nos lados e volutas nas esquinas, fuste poligonal coa custodia e os atributos da [[Paixón de Cristo|Paixón]]; con base tronco-piramidal sobre dous chanzos cuadrangulares e sen inscrición.